Arquivo do blog

O barrio neoiorquino “Chelsea”, ou tamén coñecido como “Little Spain”

Continuando a nosa investigación sobre a emigración, pareceume curioso o que lin sobre un coñecido barrio neoiorquino chamado Chelsea.

Hoxe en día é un dos lugares máis caros de Nova Iorque, contando cun gran atractivo turístico e cultural, pero no barrio pódese encontrar tamén a historia da gran emigración do noso país. O lugar, na súa maior parte é residencial, pero tamén destaca pola gran cantidade de boutiques exclusivas, restaurantes e galerías de arte, atraídos polos cambios que se están a levar a cabo nos  últimos anos no lugar.

chelsea-midtown-manhattan-ny-nueva-york

Sen embargo, Chelsea foi o destino que moito españois elixiron cando rematou a Guerra Civil, en 1939, como fogar e centro de negocios. Hoxe se encontra alí a coñecida como Spanish Benevolent Association (Asociación Benéfica Española). Esta institución vai cumprir 150 anos e se trata dun dos poucos superviventes da coñecida, na década de 1970, como a “Pequena España”.

Aínda que no século XIX o barrio xa comezaba a estar habitado por algún que outro español, foi a partir da Guerra Civil cando comezou a oleada de emigrantes que saían do noso país. Ao longo deses anos eran incontables os negocios españois que se podían encontrar, desde restaurantes, ata tendas de roupa ou tendas exclusivas de produtos de exportación do outro lado do charco. Hai quen di incluso que grandes intelectuais como Federico García Lorca estivo un tempo vivindo no barrio

chelsea

Pero a maioría dos españois que alí estaban eran mariñeiros. Algún dos emigrantes que sigue vivindo alí conta que a vida en Chelsea era moi fácil, podían encontrar traballo rapidamente e todo era máis barato.

Pero por desgraza, o vecindario pasou na década de 1970 unha mala época, nos anos 80 tan só quedaban cinco tendas e no ano 2005 pechou a única libraría española que sobrevivía no lugar. Sen embargo, hoxe en día é un dos barrios máis adiñeirados de todo Manhattan.

Luengo Martínez, Diego 151. D05

O surrealismo de Eugenio Granell

Esta semana dirixímonos á “Fundación Eugenio Granell”, que se encontra na praza do Toural, en Santiago de Compostela. Alí atopamos información sobre Eugenio, que foi un poeta, escritor e pintor surrealista galego. No ano 1939 ten que exiliarse a Francia, e pouco despois ten que partir a Sudamérica, onde desenrola gran parte da súa obra. Foi unha gran figura nestes ámbitos e unha das máis importantes do POUM (Partido Obreiro de Unificación Marxista). Como limos en distintos textos, foi un militante sempre disposto a asumir as tarefas que se lle propoñían. Pode considerarse tan ampla a súa traxectoria artística como política, pero nos imos centrar na parte artística, da que non podemos falar sen nomear o surrealismo.

1247223237_0

Durante todos estes anos rodéase de diferentes autores contemporáneos  que o influencian no seu estilo e obra pictórica. A súa obra sempre estivo influenciada pola súa ideoloxía política e a súa situación. A obra literaria acompaña moi a miúdo a súa obra pictórica. Sempre lle da moita importancia ao texto, co que pode explicar a presenza das escenas visibles nos cadros.

Os títulos que Granell utiliza son distintas introducións a situacións a partir da súa imaxinación. Tamén pódese destacar os seus  personaxes, máis ben disfrazados, que parecen responder ás veces a identidades de indios, amantes ou cabaleiros, e moito máis a miúdo, a xitanas, toureiros, afeccionados da praza de toros, xinetes ou bailarinas. É moito o que poden contar os vestidos e os disfraces que atravesan toda esta obra, con pinta de toureiros, con faixas e capas, señoritas con mantóns e saias de volante, con tantos touros e cabalos, como se todos estes personaxes saíran de “Caprichos de Goya”, é dicir de un mundo acabado, perdido pero tan próximo dentro do seu potencial imaxinario.

Unha das súas obras máis importantes é “Elegía por Andrés Nin”, que ven acompañada da frase “Elegía por Andrés Nin, asesinado por el stalinismo y vuelto a asesinar por la cobardía del silencio de los intelectuales de igual calaña”.

poum_AndreuNin_elegía eugeniogranell

No noso país é practicamente un descoñecido, isto pode ser por diversos motivos, como por exemplo o seu exilio a países latinoamericanos, a súa pertenza ao POUM.

Para finalizar, un parágrafo que lin nun artigo sobre a súa pintura: “Cuando uno mira las obras de Granell, pinturas al óleo, dibujos, fotomontajes… se queda sorprendido por la homogeneidad que recorren tantos años de trabajo, como si se tratara para él de seguir una sintaxis iconográfica que se ha resuelto bastante pronto y que le deja, luego, una total libertad para proponer unas imágenes en las cuales el aspecto narrativo está más que presente, se hace incluso necesario.”

Luengo Martínez, Diego 151. D05

No bo camiño

Como vistes dende o primeiro post grupal a nosa liña temática foise orientando cara a emigración actual. Entrevistamos a Eloi Vidal, galego emigrante en Sevenoaks. Definiriamos isto como unha experiencia boa para coñecer como é a realidade dunha persoa que se vai nos tempos de hoxe. Como puidestes ver, hai unha gran diferencia ca emigración anterior. É posible que lle adiquemos máis tempo a este tema porque nos comentarios preguntástesnos polas condicións laborais ás que se ateñen (por que é máis fácil ascender, por que se ofrecen postos a estranxeiros, etc) Continuando ca emigración actual, contactamos con Global Galicia, a rede que pon en contacto persoas emigrantes en diferentes lugares. A cabalo entre a emigración a América do século XX e a actualidade, está o artigo que publicou a nosa compañeira Xiana das escolas de emigrantes. Non deixan de ser o resultado do traballo e investimento dos nosos antepasados que miraron cara o futuro e garantiron a educación das seguintes xeracións.
A principal problemática que atopamos á hora de investigar a emigración de galegos na actualidade é que é moi escasa cara América Latina. Porén, estase dando de forma moi frecuente cara Europa: Inglaterra, Suíza, Alemaña, Dinamarca… Intentaremos comunicarvos máis experiencias como a de Eloi Vidal. Outro inconveniente ao que nos ativemos foi á hora de investigar sobre a síndrome de Ulises, para o cal nos parecía convinte falar con psicólogos expertos mais non obtivemos resposta do Colexio Oficial de Psicoloxía.
Non queremos deixar de lado o noso obxectivo principal, o de mostrar os estereotipos que se crean en torno aos galegos na América. Mais, perduran estes estereotipos a día de hoxe para os galegos? Que outras connotacións sofren noutras culturas? Nas próximas publicacións intentaremos facer unha explicación histórica da emigración: como nace este fenómeno, como adquire novos significados e matices esta palabra e como se transforma no tempo.
Para continuar, mantemos o contacto co Consello de Cultura Galega. Casualmente están poñendo en marcha un proxecto para recuperar documentación gráfica da emigración. Calquera persoa que poida aportar fotografías ou outro tipo de soporte relacionado co tema será útil para a labor que están levando a cabo. Dependendo da evolución disto intentaremos compartir con vós este traballo.

castelao. a nosa rerra non e nosa rapaces

GRUPO 151.D00

AMOSA TATO, CRISTINA 151.D01

GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA 151.D03

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

LUENGO MARTÍNEZ, DIEGO 151.D05

Síndrome de Ulises

Continuando coa nosa investigación sobre a emigración atopeime co termo de “Síndrome de Ulises” que me chamou moito a atención. Temos claro que dentro do fenómeno da emigración  podemos encontrar moitas causas diferentes, pero todos intentan atopar unha vida mellor, por iso deciden abandonar o lugar no que viven.

Os emigrantes precisan adaptarse rapidamente á cultura e lugar ao que chegan. Isto pode crear estrés e ansiedade e, como consecuencia, unha maior lentitude á hora de adaptarse. Todo isto provocará un círculo do que será moi difícil saír e que pode rematar en depresión ou sentimento de soidade. É neste caso no que podemos comezar a faltar do “Síndrome de Ulises”.

Por qué se denomina así? Debido ao heroe grego, que viviu moitas adversidades e perigos no momento onde se encontraba lonxe dos seus seres queridos. Esta enfermidade é un dos posibles impactos psicolóxicos negativos que leva consigo a emigración.

MP900382693-copia

Cando a persoa marcha, marcha con esperanzas, pero ao chegar alí estas poden verse truncadas e comezar a sentir culpabilidade, tristeza, ou os coñecidos como trastornos psicosomáticos (insomnio…).

No seguinte vídeo, fálase de esta enfermidade explicando cales son os síntomas ou a quen afecta entre outras cousas. O vídeo conta tamén con algún testemuño de inmigrantes que chegaron ao noso país.

Luengo Martínez, Diego 151. D05

BIBLIOGRAFÍA

– Delgado, Sergio. 2013. El Síndrome de Ulises: el impacto psicológico de la emigración. Obtida o 10 de marzo de 2015, de http://www.psicologiaenlared.com/el-sindrome-de-ulises-el-impacto-psicologico-de-la-emigracion/

Os indianos de Avión

Durante a última semana, estiven investigando sobre a situación actual de moitos de eses emigrantes que no seu día tiveron que abandonar Galicia deixando atrás todo o que máis querían.

Durante a busca, atopei información sobre un lugar concreto na nosa comunidade que me chamou moito a atención, un municipio que pertence á provincia de Ourense, o seu nome é Avión.

Este lugar converteuse nun emblema do éxito da emigración galega cara América por diversas causas como por exemplo, a existencia dun gran número de casas de luxo e sucursais bancarias en comparación co número de habitantes. Outro aspecto interesante é a súa renda per cápita, bastante superior á media española. O certo é que para chegar á situación na que se atopan agora, moitos dos habitantes tiveron que emigrar, a maioría cara a México. Fóronse co obxectivo de encontrar fortuna, e con sorte, moitos dos habitantes de este municipio o fixeron.

Alí, en México, todos comezaban coa venda ambulante, pero pouco a pouco estes veciños de Avión comezaron a montar os seus propios negocios: restaurantes, hoteis… Así comezaron a gañar o seu diñeiro.

A realidade é que este municipio está practicamente deserto durante todo o ano, os “mexicanos” como os chaman aquí, os descendentes dos galegos emigrados, veñen a Galicia só en verán para pasar as vacacións.

avion

Fai uns anos, María e Marcos Hervera decidiron facer un documental sobre este lugar, onde se poden escoitar os testemuños dos habitantes de Avión e no cal se trasladan tamén a México para poder ver como viven os galegos que seguen alí. Pero o que realmente quixeron transmitir con este proxecto foi o sufrimento que provocou a emigración, no só centrarse nos éxitos traducidos en forma de diñeiro que apareceron no lugar. O documental pode collerse na biblioteca das facultades de Psicoloxía e de Ciencias da Educación da nosa Universidade, mentres aquí deixo un vídeo que comeza cun pequeno tráiler do documental e posteriormente entrevista aos directores do mesmo:

BIBLIOGRAFÍA

– Rodríguez, Rubén (2013). “Un documental recorre el éxito y el fracaso de los emigrantes de Avión”. Obtida o 24 de Febreiro de 2015, de http://www.economiadigital.es/gles/notices/2013/02/un_documental_recorre_el_exito_y_el_fracaso_de_los_emigrantes_de_avion_28692.php

– Ordaz, Pablo (2005). “Atrapados entre los Ferrari y la vejez”. Obtida o 24 de Febreiro de 2014, de http://elpais.com/diario/2005/06/01/espana/1117576806_850215.html

– Avión, el pueblo ausente: Un documental sobre la emigración gallega en América (2014). Consultado el 24 de Febreiro de 2014, páxina web de RTVE. http://blog.rtve.es/somosdocumentales/2014/07/avi%C3%B3n-el-pueblo-ausente-un-documental-sobre-la-emigraci%C3%B3n-gallega-en-am%C3%A9rica-.html

Luengo Martínez, Diego 151. D05