Arquivo do blog

Scouts, una última reflexión

Hasta aquí ha llegado nuestro viaje conociendo un poco más sobre los scouts. Para poner el broche de oro a este trayecto de meses, en el que hemos intentado dar voz y conocimiento a los scouts, pero también a otras asociaciones con las que comparten valores. Gracias a todos por vuestros comentarios y por haberle dedicado unos minutos a nuestro proyecto. Para acabar, un vídeo en el que resumimos alguna de las pautas de los scouts, así como una mirada al futuro, con una nota de humor al final del vídeo (lo sentimos, Pablo).

POST GRUPAL

Gómez Castro, David 151.H01

González Vázquez, Aida 151.H02

Iglesia Castiñeira, Silvia 151.H03

Lareo Vilela, Lidia 151.H04

A caída (?) do xornalismo tradicional en primeira plana

Cando a crise dun sector afecta a moitos membros dese medio, a cousa vai mal. Cando afecta a unha das cabezas máis visibles, arrastrando con ela a outros incontables membros, a cousa vai peor. The New York Times, considerado un dos xornais de referencia a nivel mundial, o que marca a axenda do día, ve como un xigante disfrazado de internet e redes sociais o vai acabar destruindo se non é quen de aliarse con el. E non é só o medo do xornal neoyorquino, senón que é motivo de preocupación para todos o que teñen no papel a maneira de gañarse o pan de cada día. Sen dúbida, é un obstáculo difícil de flanquear, pero xa din: ou renovarse ou morrer. Sabendo aproveitar a inmediatez da rede e aportando a veracidade e o rigor que está non sempre dá, podería converterse nun verdadeiro aliado, a pesar de que parece que o que ten data de caducidade é o tradicional.

Un dos motivos que agrava a situación é o que comentaba Brian Stelter, na actualidade ex-reporteiro do The New York Times, cando dicía que “a sociedade está acostumada a que todo sexa gratis ou pareza gratis”. É dicir, Internet apórtanos unha infinidade de sitios web nos que informarnos ó instante da última hora, de xeito gratuíto. Coa fuga de anunciantes que crearon as súas páxinas especializadas, as seccións de publicidade quedan baleiras, así como as arcas de medios como o Times, o que implica unha busca rápida dunha nova fonte de ingresos. Pagar por informarse? Reforzar a idea de “cliente” máis que de “audiencia” non parece ser moi ben acollida pola cidadanía.

A maioría das persoas que buscan informarse xa saben como facelo e a que deben recurrir. Teñen en conta que ante todo, son empresas que velan polos seus beneficios xa que detrás delas hai moitas bocas que alimentar. A isto se refería o magnate Sam Zell ao afirmar que el só pretendía contentar aos seus lectores, non coa verdade, senón co que lles gusta. E isto non ten por que ser así. Os medios actúan como formadores dentro da sociedade, pode concibirse como unha retroalimentación: medios que se nutren do que aportan as persoas e persoas que se nutren co que lles aportan os medios cada mañá. Contar algo novo que sirva para aumentar o coñecemento da cidadanía sobre a realidade é, ao meu pensar, elemental. Doutro xeito, que pasaría se ninguén informase dos secuestros de Boko Haram en Nixeria? Como iso está sucedendo a miles de kilómetros da nosa realidade non tería por que interesarnos. Pero interesa. E é necesario que se coñezan, a pesar de que moitos sucesos deste tipo quedan ensombrecidos por noticias de dubidosa relevancia.

Un medio calquera se non quere caer no esquecemento, e con elo na quebra, ten que saber renovarse tanto nas súas técnicas como nos seus materiais. Se por algo o The New York Times foi sempre un xornal de cabeceira é porque soubo darlle voz a temas especialmente delicados (o falecido David Carr tivo bastante que ver nisto). Aquí entramos no dilema sobre que se pode publicar; cando algo é tan escabroso que pode compremeter a seguridade de todo un país, é lícito e moral que se publique? Na miña opinión, unha sociedade informada de todo o que acontece ao seu arredor é capaz de facerlle fronte aos problemas que se poidan presentar. Se pola contra, o problema chega cos cidadáns desprevidos a capacidade de reacción será limitada.

Mais todo isto é cuestión de liña editorial. O que está claro é a renovación inmediata á que se deben someter tódolos medios, tanto audiovisuais como escritos, en tódalas partes do mundo, se non queren ser pisados pola actualidade tecnolóxica. De tódalas crises se sae xa que son ciclos, e o xornalismo non debería ser menos.

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

Famosos e scouts

Como xa dixemos anteriormente, son moitos os membros deste universal movemento, e entre estes xoves intrépidos tamén había algún que máis tarde sería recoñecido internacionalmente. Dende actores ata reis, pasando por presidentes do goberno e personaxes que nos tiveron en vilo na súa chegada á Lúa por primeira vez. Un breve repaso polos máis famosos que durante uns anos vestiron a pañoleta.

Dende que Baden-Powell sementara o xermolo do escultismo tivo numerosos seguidores ó longo e ancho do planeta. Empezando polo país británico, o mítico grupo Beatle contaba con dous scouts: John Lennon Paul McCartney formaron parte do movemento, así como o cerebro do que saíu o universo Harry Potter, J.K. Rowling. Ademais, Tony Blair, ex primeiro ministro do país, Kate Moss, modelo que desfilou nas mellores pasarelas do mundo, David Beckam ou Emma Thompson Keith Richards.

Paul_McCartney_as_boy_scout

Paul McCartney cos seus compañeiros

Estados Unidos, o referente para moitos do que é o escultismo, conta con numerosos rostros coñecidos que nalgún momento participaron nel. É o caso de Neil Armstrong e o seu compañeiro Buzz AldrinGeorge Bush, John F. Kennedy, Ronald Reagan, Bill Clinton Gerald Ford. Dentro do campo do espectáculo, Jim MorrisonHarrison Ford ou Fergie, e dentro dos magnates, Bill Gates conta cunha infancia moi relacionada cos Boy Scouts no seu caso.

armstrong_1

Neil Armstrong

 

En canto a España, cabe mencionar que os anteriores Reis, Juan Carlos I Sofía, tamén están incluidos, así como José Mª AznarJordi Pujol, agora en boca de todos, Alejandro SanzPaz PadillaEmilio AragónJoaquín Reyes e Belén Rueda son outros dos nomes que todos coñecemos, aínda que non precisamente polo seu pasado scout.

Con estes detalles curiosos queremos ir pechando o noso traballo de investigación con este grupo, así como intentar darlles unha maior visibilidade.

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

Traspasando fronteras

Hoy nos hemos reunido con nuestra scout experta, Uxía Cabaleiro, que nos ha explicado desde su experiencia propia las relaciones entre las diferentes organizaciones que existen en el mundo y, sobre todo, sobre la WOSM (World Organization Of Scout Movement).

Esta asociación, que cuenta con alrededor de los 40 millones de integrantes, de los cuales 54000 son españoles, aunque cuenta con miembros de lugares tan dispares como la Guyana o Mónaco. La WOSM se fundó en 1920, creando la primera organización scout de carácter internacional. Está formada por 6 miembros de cada asociación a nivel nacional (en el caso de que dentro de un país haya varias, deben de ponerse de acuerdo para repartir los 6 cargos). Su sede se encuentra en la localidad suiza de Ginebra cuenta con una larga historia así como reconocimientos de carácter internacional, como el Premio Educación Para la Paz, entregado por la UNESCO, en el año 1981.

La organización realiza reuniones periódicas, actualmente cada 3 años, aunque hasta el 1985 era bianual. La última reunión se celebró en el año 2014 en Liubliana, capital de Eslovenia. Tiene su contraposición femenina en la Asociación Mundial de las Muchachas Guías y las Guías Scouts (WAGGGS).

Dentro de la WOSM se encuentra la popular asociación estadounidense Boy Scouts of America. Este miembro cofundador de la WOSM es conocido por ofrecer la visión más tradicional de los boy scouts. Sus polémicas por no aceptar a miembros homosexuales causaron gran controversia dentro y fuera de la Organización Mundial.

Os dejamos este vídeo que habla sobre esta polémica dentro de Boy Scouts of America.

GRUPO 151.H00

GÓMEZ CASTRO DAVID 151.H01

GONZÁLEZ VÁZQUEZ AIDA 151.H02

IGLESIA CASTIÑEIRA SILVIA 151.H03

LAREO VILELA LIDIA 151.H04

O escultismo en Galicia

Como xa dixemos anteriormente, o movemento scout naceu a comezos do século XX, coa figura de Baden-Powell como cabeza visible e principal impulsor do escultismo.

A España, e concretamente a Galicia, non tardou moito máis en chegar. No ano 1920 fúndase en Ferrol o Primeiro Consello Local dos Exploradores, baixo o mando de Emiliano Balás: o grupo 19. Xa dende os seus comezos tivo unha gran acollida, chegando a contar con máis de 300 rapaces voluntarios a pesar das difíciles etapas que se aveciñaban. A duras penas foi sobrevivindo durante a Guerra Civil, con notables baixas dentro da asociación.

No ano 1940, xa cun sistema totalmente diferente ó existente nos seus inicios, unha Orde Circular enviada polo Ministerio da Gobernación obriga a suspender tódalas actividades que estaba a realizar a Asociación Nacional de Exploradores. Comezaba deste xeito un período de espera polo rexurdimento da actividade escultista, aínda que con moitos intentos de retorno nese intervalo de tempo.

Xa no ano 62 formalízanse e dáselles forma a eses intentos de regreso, comezando a cristalizarse os primeiros grupos scout en Galicia como tal. Dez anos máis tarde, o movemento é ramificado en dous: en escultismo laico e en escultismo católico. En canto ao primeiro, Galicia conta na actualidade con seis agrupacións escultistas laicas.

Considérase que a primeira en nacer foi a xa mencionada Grupo 19, que conta cunhas raíces que proceden da década de 1920.

Logo da caída da dictadura, a actividade scout é retomada con máis forza que nunca, sendo unha época na que fructiferan numerosos grupos de rapaces con intención de realizar tarefas coas que aprender e divertirse ao mesmo tempo. Destes, sobreviven o Grupo Scout Chan, nacido en Santiago de Compostela no 1975, o Grupo Scout Semente na Coruña un ano máis tarde, o Grupo Scout Hércules, na mesma cidade no 1977.

hqdefault

Xa en 1985 aparece en Ferrol a asociación protagonista en tódolos nosos posts, o Grupo Scout Guía Vasco da Ponte. E moi recentemente, comeza a súa andaina en Lugo o Grupo Scout Tesela no ano 2014.

Todos eles pertencen a ASDE Galicia, pero o fundamental é que teñen o propósito de acadar unha mellor convivencia en sociedade, algo que se debe aprender dende ben novos e que non se debe esquecer aínda que se madure.

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

O que o Movemento Scout protexe

Ao tratar un tema como o dos scouts, directamente relacionado coa infancia e a xuventude, ao ser os máis novos os que conforman esta organización, este grupo ve necesario explicar o contexto no que nos movemos. É dicir, dar unha pequena orientación do que son os Dereitos dos Nenos. Consiste nun Tratado amparado polas Nacións Unidas que establece cales son os dereitos que protexen a tódolos menores de 18 anos, así como os deberes que están obrigados a cumprir.

Entre os puntos máis importantes, estarían o dereito á vida, á non-discriminación ou á toma de decisións, por parte dun adulto ou organización encargada, que máis favoreza ao neno, así como o respeto ás opinións que transmita de xeito acorde á súa idade e madurez e sempre que non atente contra outros dereitos. E o Movemento Scout, como organización que vela polo benestar e a boa formación e educación dos máis novos, está intimamente involucrado en todo o que ten que ver coa protección deses dereitos. Especialmente, o que recolle o dereito ao espacirmento, ao xogo e á participación en actividades culturais e artísticas, o que vén sendo a verdadeira razón de ser da existencia de dito Movemento.

A participación xunto coa Organización das Nacións Unidas é unha das actividades fundamentais dos Scouts. Ambos pretenden erradicar o traballo infantil e previr eficazmente a drogodependencia. A concienciación do perigo das enfermidades de transmisión sexual, e especialmente do SIDA, ocupan gran parte do intento por mellorar a calidade de vida e os sistemas de saúde en tódolos países do mundo. Neste enlace ofrécensenos as pautas de como a Asociación de Scouts de España ASDE traballa na protección da Convención dos Dereitos do Neno: http://www.scout.es/asde-y-el-dia-mundial-de-la-infancia/.

Imagen-56-300x1691

Isto quere dicir, con respecto ao núcleo deste traballo, que é a comunicación, que o Movemento Scout traballa alén dos seus. Pese a ser unha asociación pechada, en canto ó alto nivel de fidelidade que se esixe aos seus compoñentes para favorecer o traballo en grupo, tamén se move intensamente fóra dos “límites” que marcan as longas andainas, as acampadas e as pañoletas. Tal e como nos afirmou unha das nosas scout entrevistada, Uxía Cabaleiro, “a idea que se pretende acadar é a de facer unha sociedade mellor, onde exista unha colaboración mutua, así como fomentar os valores que axuden a crear esa sociedade mellor”.

En vindeiros posts profundizaremos na relación da infancia e da xuventude cos medios. Tamén falaremos de como eses medios de comunicación retratan ás asociacións e organizacións como as Scout, e como ese retrato que se dá pode influir na visión que a sociedade ten acerca do escultismo.

GRUPO 151.H00

GÓMEZ CASTRO, DAVID 151.H01

GONZÁLEZ VÁZQUEZ, AIDA 151.H02

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

LAREO VILELA, LIDIA 151.H04

O xerme que sementou Baden-Powell

Xa coñecemos ao noso grupo scout. Sabemos como traballan, como se organizan ou as actividades que realizan. Mais hoxe imos coñecer a súa orixe, os seus inicios, os que deron lugar a un movemento que hoxe está presente en máis de 165 países e que conta con máis de 30 millóns de adeptos.

Situémonos no Reino Unido de 1907, cando Baden-Powell decidiu adestrar a unha serie de mozos voluntarios, ca fin de poder protexer a vila de Mafeking, en Sudáfrica, constantemente atacada polos bóer holandeses, durante a Guerra dos Bóer (1899-1902). Procurou que foran expertos en labores estratéxicas máis que bélicas, unha acción que o convirtiría en heroe nacional. Rapidamente o movemento colleu pulo, e o seu fundador comezou a facer campamentos con rapaces de tódalas clases sociais, favorecendo a comunicación entre eles, que doutro xeito nunca se chegaría a realizar.

 

badenpowell_1591994c

 

Baseouse na capacidade de aprender ofrecendo servizos á sociedade mediante pequenos grupos coordinados, que teñen unha dobre función: a de fomentar a confianza nun mesmo e a capacitación de cooperar e colaborar. Para ofrecer unha maior organización, este movemento está rexido por unha Promesa e unha Lei Scout, para que cada rapaz acade unha formación que lle permita participar activamente nunha colectividade, da cal se falará máis minuciosamente en vindeiros post.

Non queremos acabar sen preguntarvos o que opinades sobre esa Promesa e Lei. Para moitos pode ser unha forma de garantizar a lealdade dentro do grupo, o que favorecería a comunicación interpersoal (entre os membros). Para outros moitos pode chegar a ser demasiado estricta, se temos en conta que son nenos e rapaces na súa maioría, o que os pode afastar das demais comunidades, limitando así a comunicación comunitaria. Contamos coas vosas opinións!

 

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

 

Reunión con los scouts

Este fin de semana nos encontramos, por fin, con nuestros compañeros del Grupo Scout Guía Vasco da Ponte. Nos citaron el sábado en su local del ferrolano barrio de Canido. Tras una larga caminata entre los murales de las Meninas de Canido, vino a buscarnos Uxía, la scout que coordina la colaboración con nosotros en este proyecto. Ella nos llevó hasta el local, situado en el sótano de una iglesia de la calle Pérez Parallé, que no tiene ninguna vinculación con la asociación, pues es un grupo laico.
A pesar de lo escondido que está, el local es verdaderamente alucinante. No sólo es enorme, sino que cuenta con varias salas, una cocina -en desuso- y un baño.  Tras acabar sus actividades del sábado, los scouts se reunieron con nosotros. En el propio local, colaboraron en la grabación de los vídeos que próximamente tendréis en el canal BCP. Además de resolvernos varias dudas planteadas por los compañeros en los comentarios de este blog, se comprometieron con nosotros a crear una comunidad por twitter, en la que vosotros también tendréis oportunidad de participar mediante un hashtag. Seguiremos informándoos a cerca de esta actividad y del resto de información que tenemos sobre ellos. Mientras, os dejamos unas cuantas fotos de lo que fue nuestra visita.

© Lidia Lareo

© Lidia Lareo

Flor de Lis | © Lidia Lareo

Flor de Lis | © Lidia Lareo

© Lidia Lareo

© Lidia Lareo

Local del Grupo Scout Guía Vasco da Ponte | © Lidia Lareo

Vista del local del Grupo Scout Guía Vasco da Ponte | © Lidia Lareo

Pañuelos scouts |© Lidia Lareo

Pañuelos scout |© Lidia Lareo

Grupo H: 151.H00

Gómez Castro, David 151.H01

González Vázquez, Aida 151.H02

Iglesia Castiñeira, Silvia 151.H03

Lareo Vilela, Lidia 151.H04

“O escultismo? Algo relacionado coa escultura, non?”

Continuamos tralos pasos do noso grupo de scouts, Guía Vasco da Ponte, e despois de recompilar datos, informacións e sobre todo vivencias, aventurámonos a saír á rúa para coñecer as ideas que a sociedade ten do concepto de scout e todo o que o rodea.

Non é difícil darse conta de que hai unha serie de nocións preconcebidas, quizais facilitadas polo cine norteamericano e as novelas que nos introduciron no mundo dos boy scouts estadounidenses. Pois ben, a nosa primeira pregunta foi se alguén nos sabería dicir algo acerca do termo escultismo. E a resposta, unánime: algo relacionado coa escultura, que ben seguro sería o que responderiamos a inmensa maioría. Ou no seu defecto, a opción máis escollida foi dicir “que non tiñan nin idea”. Aquí vos deixamos o vídeo que demostra a nosa experiencia.

E nós preguntámonos: que é o que falla? Será a falta de comunicación externa por parte das asociacións, ou a falta de interese dos cidadáns nestas actividades? O que está claro é que a realidade dos scouts é vista como algo que está moi lonxe de tocarnos a nós.

En vindeiros posts os meus compañeiros e eu encargarémonos de achegarvos o traballo deste grupo, a resolución do enigma por parte dunha das participantes na asociación (que é o escultismo), e máis material facilitado pola experiencia vivida co grupo Guía Vasco da Ponte, o cal aínda estamos analizando e organizando. O venres teredes novidades!

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03