Arquivo do blog

Paco Reyes: “Por desgracia, os medios de comunicación teñen ideoloxía”

Neste último post correspondente co contacto con fontes políticas no noso observatorio de medios, sobre ás eleccións municipais en Santiago, chegamos, por fin, ata Paco Reyes, candidato do PSOE á alcaldía. Ante a negativa do candidato socialista a atender as chamadas ao seu número de teléfono persoal, accedeu a contestar ás nosas preguntas a través do correo electrónico.

Contacto vía correo electrónico con el PSOE de Santiago de Compostela.

Contacto vía correo electrónico con el PSOE de Santiago.

Isto é o que pensa Paco Reyes sobre os medios de comunicación locais e máis o papel que xoga a muller no seu partido de cara ás eleccións:

– ¿Pensa que os medios de comunicación posicionanse á hora de informar sobre as eleccións municipais?

Por desgracia, os medios de comunicación teñen “ideoloxía” porque, ademais da liña editorial coa que nacen, dependen en boa parte de subvencións, publicidade e axudas das administracións. Mentres non estea regulado este tema, seguirá sendo así. Iso non significa que esteamos a falar de manipulación continua, en cada noticia. Tampouco todos os medios son iguais. Afortunadamente quedan algúns medios, ou mellor dito, xornalistas, que se esforzan en manter a obxectividade.

– ¿Está satisfeito co trato dos medios de comunicación locais hacia o Partido Socialista de Santiago?

Estou satisfeito co trato diario cos profesionais que traballan nos medios, se ben a presencia do Partido Socialista de Santiago nos medios é máis exigua do que nos gustaría, xa que emitimos máis información da que a menudo se recolle nestes medios.

– ¿Qué papel xoga a muller no PSOE na súa campaña de cara ás municipais?

Un papel fundamental desde o momento en que a nosa lista constitúe o 50% da candidatura (é unha lista cremalleira). Pero máis aló da presencia feminina, no noso programa apostamos pola promoción transversal da igualdade nas políticas da administración local: urbanismo, vivenda, educación, servizos sociais, seguridade, transportes públicos, emprego, sanidade e cultura. De chegar ao goberno, aseguramos a paridade no reparto de cargos, ademais da creación dunha área propia de Igualdade e un Consello Municipal de Igualdade coa participación do tecido asociativo de mulleres e sindicatos.

Un Plan Local de Igualdade, que sexa aprobado polo pleno da corporación, que conte coa colaboración e achegas da cidadanía e especialmente das ONG de mulleres, que marque un calendario e recursos políticos, humanos e materiais axeitados e con difusión e avaliación regular e pública de súa aplicación, é outro dos meus compromisos xunto á elaboración cada ano dos orzamentos participativos cunha perspectiva de xénero.

Paco Reyes, candidato del PSOE a la alcaldía de Santiago.

Paco Reyes, candidato del PSOE a la alcaldía de Santiago.

RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

Rubén Cela responde

Chamada ao Concello de Santiago de Compostela, así comenzou o traballo de campo previo a este post. Ante a negativa de atendernos do membro del PSOE, Francisco Reyes. Pedimos falar con Rubén Cela, responsable local do BNG, e somos atendidos pola súa secretaria. Ao solicitar a quenda co señor Cela, comunícannos que a súa apretada axenda impide un contacto directo con él durante estes días, así que insistimos e conseguimos que, vía e-mail, nos respondera a un cuestionario que formulamos para coñecer a súa opinión sobre o tema no cal está traballando o GT 152.B00. Así responde Rubén Cela ás nosas preguntas.

Imaxe que reflicte o contacto mantido, vía e-mail, co gabinete de prensa do BNG e secretaria de Rubén Cela.

Imaxe que reflicte o contacto mantido, vía e-mail, co gabinete de prensa do BNG e secretaria de Rubén Cela.

-Están os medios de comunicación posicionados na precampaña electoral?

Nos medios locais de Santiago de Compostela o tratamento informativo dos partidos con representación municipal adoita respetar os principios de proporcionalidade, pluralismo e imparcialidade; ademais de incluír outras forzas sen representación. Porén, nas noticias nas que se dilúe a fronteira entre información e opinión, usan a interpretación para favorecer xeralmente o partido que ostenta a Alcaldía. Iso acontece en todos os medios agás a TVG, que deixou de asistir ás convocatorias do BNG de Santiago nos últimos meses, desatendendo un dos principios básicos que debe rexer neste medio público.

-Cal é o papel da muller na campaña?

No BNG as mulleres teñen os mesmos roles que os homes na campaña, cunha participación activa tanto na organización dos actos como entre as persoas que asisten ás asembleas abertas e aos chamados “cafés para 5”, concibidos como un xeito de achegar e intercambiar propostas para o programa. Na lista existe paridade de xénero e entre as candidatas hai destacadas activistas feministas. De feito, o BNG sempre se caracterizou por reivindicar o feminismo e fai parte das plataformas do dereito ao aborto, dos actos contra a violencia de xénero… Na comisión electoral, de feito, as mulleres son maioría e teñen postos de responsabilidade. É unha mostra máis de que poñemos en práctica o que defendemos.

-Existen favoritismos sobre os partidos?

Pode existir a nivel individual por parte dalgún ou dalgunha xornalista afinidade por algún partido que se reflexa nas súas informacións, mais a tónica xeral é que exercen o seu traballo con profesionalidade.

Rubén Cela, portavoz e responsable local do BNG en Santiago de Compostela.

Rubén Cela, portavoz e responsable local do BNG en Santiago de Compostela.

 

RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

Víctor Casas: “Queremos que os cidadáns de Santiago síntanse orgullosos de selo”

O pasado martes, tivemos a ocasión de compartir unha conversación co secretario xeral de Podemos de Santiago de Compostela, Víctor Casas. O noso obxectivo era indagar máis en profundidade, con fontes implicadas coma esta, nos proxectos que os partidos están a formar de cara ás Eleccións Municipais. O primeiro que debemos destacar é que Víctor fala refiríndose a Compostela Aberta, e deixa claro que Podemos forma parte dela, pero que ningún integrante ou afiliado de Podemos se presentará para liderar Compostela Aberta, iso sí, forman parte importante do partido de cara ás municipais.

A nosa primeira pregunta ao secretario xeral de Podemos foi clara, no tema que nos ocupa, observatorio de medios, ¿Os medios están posicionados políticamente falando de cara ás eleccións? Víctor Casas deixa entrever que na súa opinión, os medios tenden a posicionarse e defender os seus ideais, deixando á marxe un concepto de obxectividade que deslumbra pola súa ausencia. A parte de outros más aspectos nos que tratamos na conversa, que poderedes ver íntegramente no vídeo adxunto neste post, destacamos o momento no que Víctor afirma que Compostela Aberta se presenta ás eleccións co obxectivo de facer sentir aos cidadáns de Santiago orgullosos de selo. Por último, fixemos fincapé no tema da muller, de como se presenta ese tema no programa de Compostela Aberta, e Víctor foi claro. O concepto cremalleira dixo, é dicir, nos cargos do partido estarán o mesmo número de homes que de mulleres, xunto con outras accións socias que comenta acerca da igualdade de xéneros que defenden.

Aquí vos adxunto a entrevista completa con Víctor Casas, secretario xeral de Podemos en Santiago de Compostela, escoiten e xuzguen vostedes mesmos.

RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

Primeira toma de contacto coa política Compostelá, buscando fontes

As vindeiras eleccións municipais de Santiago de Compostela están moi abertas, xa que as novas forzas políticas emerxentes poden alterar o panorama. No recente traballo de campo recalamos na Facultade de Ciencias Políticas como primeira toma de contacto coa política actual, para coñecer un pouco máis a fondo o mundo da política en Compostela. Nesta visita, o noso obxectivo principal era conseguir algún contacto directo con alguén que estea involucrado directamente no tema das Municipais. Sacamos algunha conclusión evidente, de voces de algúns entendidos na materia, e é que a xefatura da cidade, a día de hoxe, está moi deteriorada debido aos numeroso cambios de alcaldes nos últimos anos involucrados en casos de corrupción, como xa mencionamos en post anteriores.

O asunto que resultou ser máis relevante no tempo que estivemos investigando e preguntando por alí, e o que ten coma protagonistas ás novas forzas políticas, que, a ollos dos expertos, están sendo amenzas reais para os partidos máis asentados. Por iso, tratamos conseguir algún contacto e cumprir o que nos ocupaba. E así foi, a maiores de diversas opinións de expertos en política, levámonos dos seus despachos o contacto de dúas fontes protagonistas nas eleccións municipais coas que contactaremos próximamente. Víctor Casas, xefe de Podemos en Santiago, e Paco Reyes, candidato do PSOE.

Facultade de Ciencias Políticas da USC.

Facultade de Ciencias Políticas da USC.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04