Arquivo do blog

ACTIVIDADE DE VISIBILIZACIÓN 152.D00– CHARLA CON IGNACIO CARBALLO

Para a nosa actividade de visibilización contamos coa axuda de Ignacio Carballo, delegado da Voz de Galicia en Santiago, que accedeu a darnos unha charla na nosa facultade sobre a súa relación coas fontes.

Citaremos, en termos xerais, o fundamental para este xornalista sobre o trato coas fontes:

  • É fundamental a confianza ao relacionarte coas fontes (sempre con profesionalidade)

  • Nunca nos temos que poñer límites, a nosa meta é afondar na información

  • Hai que aspirar sempre á información exclusiva

  • Se existen vínculos afectivos entre xornalista e fonte habería que establecer límites e aplicarse controis

  • Nunca fiarse ao 100% da información que che aporte unha fonte, pode que nos traizoe (aínda que se es rigoroso non adoita ocorrer). Contrastar sempre a información

  • A vía principal para alcanzar a confianza é a experiencia que nos dan os feitos

  • A especialización é a base para unha información de calidade

Adxuntámosvos un fragmento da charla. Moitas grazas aos que asististes e participastes nela!

https://www.youtube.com/watch?v=ngfKDSXgJ0o

Montáns Parmo, Lucía 152.D01

Platero Pérez, Claudia 152.D02

Rapado García, Carmen 152.D03

Río Otero, Helena del 152.D04

Rivera Molíns, Irma 152.D05

Richard Nixon: ” O New York Times é o inimigo”

A través do documental pódese observar como é o día a día dun referente mundial dos medios de comunicación, o The New York Times. Pero a pesar de ser un xigante do sector viúse afectado pola chegada de Internet, aínda quesigue desempeñando a súa función coa mesma calidade. Non creo que o papel esté condenado a desaparecer pola posibilidade de consultar un xornal na rede de xeito gratuíto (ou case). Ou polo  menos non a curto prazo, porque a prensa escrita aínda é un medio moi consumido pola sociedade, e como se di David Carr, tamén moitos outros medios empregan como fonte á prensa escrita (Carr referíase a que outros medios empregan a The New York Times como fonte de información).

history-films-page-one-newspapers-contrast-P

Pero o papel ten os días contados, é unha realidade; actualmente calquera medio de comunicación ten que ter un espazo en Internet se quere ser considerado como un medio competente. A prensa é, dos medios tradicionais, o que máis afectado se ve pola posibilidade (e obriga) de informar tamén a través rede, e isto ten porque implicar unha perda de calidade. Se existe un medio que poida adaptarse correctamente e con éxito a un servizo único a través da rede, ese é a prensa.  O exemplo que se menciona de ProPublica demostra que a calidade non está disputado cun xornalismo de investigación na web.

A loita pola supervivencia dos medios leva tamén a que se establezan acordos e colaboración, como é o caso de CNN e Vice: a primeira buscaba captar un público xove e o magazine precisa promoción para ampliar a súa audiencia.

As relacións interpersoais teñen un papel moi importante, como se observa especialmente no caso de David Carr. O seu tratamento coas fontes é directo e moi profesional, actuando co obxectivo de conseguir á información que esta buscando, e para isto, arríscase. O Tribune Company emprendeu accións legais contra o New York Times polas investigacións do xornalista.

Deixo para o final o referente á biopolítica e biopoder, porque non entendo que aínda hoxe se poida plantexar a discusión de se hai que tomar accións legais contra Julian Assange pola filtración de información ó Times, o xornal por publicala, ou contra os Estados que se mencionaban nos 90.000 documentos ós que tivo acceso. Esta claro que os medios de comunicación poden ser o cuarto poder da sociedade, pero cando os xornalistas poidan desenvolver a súa profesión con liberdade e co respaldo legal adecuado. Non podemos permitir que se condene ó xornalismo porque a información que se rebele non sexa a que quere oír o poder.

MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

Traballamos co público

periodismo-digital

Para o derradeiro post individual da materia, a miña compañeira Claudia Platero e eu saímos a rúa a preguntarlle a persoas de diferentes idades para estudar os hábitos que seguen á hora de manterse informadas. É importante coñecer o consumo que se fai dos medios en función da idade do individuo para saber se toda a poboación se está adaptando os cambios que se veñen dando no xornalismo desde a irrupción de Internet como un medio de comunicación máis a ter en conta. Os contidos seguen sendo os mesmos, pero a nosa tarefa como profesionais é adaptalos ós novos recursos e necesidades da sociedade. A continuación adxunto dous vídeos nos que lles facemos as mesmas preguntas (medios máis empregados, formatos dos mesmos, uso de Internet…) a dous perfís do público totalmente diferentes. Como se pode observar, os nativos dixitais estamos xa acostumados a empregar Internet e as redes sociais para estar ó día dos acontecementos que trocan en noticias. Este novo xeito de facer xornalismo permite informarse de practicamente todos os feitos que teñen impacto en calquera parte do mundo, cun carácter de inmediatez fundamental nun mundo cada vez máis dinámico e cambiante. Pero non toda a poboación se adapta igual ós cambios: as persoas de maior idade, que tiveron un contacto tardío con Internet, seguen consumindo os medios de comunicación tradicionais.

https://www.youtube.com/watch?v=z16wI7U0s9A&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=D_v3sK2rN1I&feature=youtu.be

A continuación déixovos dúas reflexións sobre a necesidade de adaptarse ás novas formas de facer xornalismo. ¿Debemos considerar o xornalismo dixital como unha futura saída profesional?

http://www.huffingtonpost.es/2014/10/29/entrevista-jeff-jarvis_n_6066254.html

http://www.saladeprensa.org/art766.htm

MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

¿Estamos realmente informados?

En el post de esta semana queremos reflejar cómo la información que proporcionan los medios llega a la audiencia y la manera en que esta la interpreta.

Para ello, hemos seleccionado cuatro temas que en la actualidad están siendo bastante mediáticos. Se trata del accidente de Angrois, del “caso Asunta”, de las preferentes y del ladrón del Códice Calixtino.

Tras elaborar un cuestionario con preguntas relacionadas con los temas citados hemos grabado a diferentes personas respondiéndolas.

Ahí os lo dejamos:

Como podemos observar, temas tan actuales y noticiosos como los elegidos, no llegan a la audiencia de forma homogénea. Las respuestas que hemos recibido por parte de los distintos sujetos a las mismas preguntas, nos llevan a pensar que, quizá, el proceso comunicativo no se está llevando de la mejor forma. Además, el hecho de que los ciudadanos estén tan mal y poco informados, debe hacer que nos cuestionemos la eficacia de los medios de comunicación.

GRUPO 152.D00 

MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02

RAPADO GARCÍA, CARMEN 152.D03

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

RIVERA MOLINS, IRMA 152.D05

Con La Voz de Galicia no Concello

IMAG0802 (1)O pasado 5 de marzo citámonos ás portas do Concello de Santiago con Rosa Martínez, xornalista encargada da información municipal para o xornal La Voz de Galicia, que está a colaborar con noso grupo de traballo. Grazas a ela puidemos acceder a sala de prensa ubicada no edificio Raxoi, onde compareceron o alcalde da cidade, Agustín Fernández, a concelleira de Benestar Social, María Corral,  e Paco Reyes, líder do PSOE de Compostela.

Os membros do goberno local, Férnandez e Corral, presentaron un programa de renda social para axudar economicamente as familias máis necesitadas do municipio. Trátase dun programa complexo, entre outras cousas, pola incompatibilidade que presenta con outras axudas procedentes da Xunta. Porén, antes de comezar a rolda de prensa, os xornalistas presentes recibiron por parte do alcalde unha presentación anticipada do programa de inclusión social, dado que o tema era moi denso e propicio para dar lugar a unha sesión de preguntas moi longa.

A pesar desta reunión anticipada, Rosa foi unha das xornalistas que máis partido sacou da quenda de preguntas. A súa man voaba polas follas da súa pequena libreta verde. Foi a xornalista que mais se interesou, desde o meu punto de vista, por recabar máis información que a ofrecida de primeiras polos representantes do goberno local.

De seguido chegou a voz pasou estar en boca da oposición, concretamente do seu líder, Paco Reyes, para falar do número de pasaxeiros que perdeu e está a perder o aeroporto de Lavacolla. Rosa preguntoulle polo programa de axudas sociais que instantes antes presentara o alcalde, e para sorpresa de todos, reiterou en varias ocasións que o PP non lles comunicara até o momento o programa social que se aplicará a partir de xuño.

Aquí vos deixo o resultado do traballo de Rosa Martínez:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/03/05/renta-social-santiago-completara-ingresos-familias-necesitadas-limite-risga/0003_2015031425559179222308.htm

Por outra banda, recupero a parte do traballo referente á análise das noticias vinculadas o accidente ferroviario de Angrois. Esta semana gustaríame ensinarvos a condena social, non tanto mediática, a que se viu sometida unha das caras máis vistas tras o accidente: Rafael Catalá, que por aquel entón era secretario de Estado de Infraestructuras.

La Voz de Galicia recolleu o pasado setembro a “indignación e rexeitamento” que sentían as víctimas do accidente polo nombramento de Catalá como Ministro de Xustiza. El foi unha das voces que criticou ós medios de comunicación por contar que se trataba dun accidente de alta velocidade. Aquí unha entrevista que o diario La Opinión lle realizou ó exministro días despois do accidente:  http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/07/29/rafael-catala-accidente-gravisimo-alta/746865.html .

Cando Jordi Évole o entrevistou sendo aínda secretario de Estado, defendeu unha alta velocidade “austera e barata”. Podedes velo neste vídeo (minutos 3:17 a 4:32)

https://www.youtube.com/watch?v=Fcq7scupDrA&feature=player_embedded

Deíxovos dous exemplos de como as veces os medios de comunicación serven para dárlles voz a unha minoría que non está falta de razón.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2014/09/24/victimas-accidente-angrois-rechazan-nombramiento-rafael-catala-ministro-justicia/00031411548318314758325.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/09/25/sombra-alvia-persigue-nuevo-ministro-justicia/0003_201409G25P3992.htm

MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

O que os xornalistas nos contaron

Despois de realizar unha enquisa á plantilla da Cadena Ser Santiago, obtivemos os resultados que a continuación comentaremos. Mais da metade dos xornalistas deste medio consideran que hai certas noticias que non chegan a ser comprendidas por parte dos oíntes. É un dato chamativo, posto que a tarefa dos profesionais do noso campo é facilitar a comprensión dos acontecementos que interesan á sociedade.

Para o próximo post grupal traeremos unha enquisa que faremos a pé de rúa para ver canta información chega a audiencia e como chega, para así poder determinar se a solución a este problema é dos xornalistas que non saben chegar a audiencia ou se, pola contra, é a audiencia a que non se esforza en coñecer ás noticias de actualidade.

Cando lles preguntamos polos criterios que siguen os xornalistas para acceder ás fontes, as respostas son diversas. Mencionan a accesibilidade, credibilidade, fiabilidade ou relevancia das mesmas. Definir cunha soa palabra esta acción tan importante é difícil, de aí que sexan máis relevantes as respostas dadas. A accesibilidade semella un xeito moi cómodo de chegar as fontes, máis non implica credibilidade das mesmas.

É lóxico que os xornalistas teñan unha rede de fontes ás que accedan con frecuencia. Pero non poden ser as únicas. A necesidade de contrastar informacións é un dos piares fundamentais do xornalismo, e nesta profesión a comodidade non se pode tolerar.

Na entrevista que poñemos a continuación, de AttacTV (até o minuto 1:26), Ignacio Escolar amósanos a súa visión sobre a responsabilidade do xornalismo en torno á crise. O debate público-privado, a idea de que os mercados se regulan sós… Ao final foron ideas e contidos que quedaron na mente da poboación. Sempre se di que os xornalistas teñen a obriga de saber chegar a audiencia, unha audiencia que a maioría das veces, é certo, actúa dun xeito pasivo e pouco crítico, pero: é máis importante chegar a eles ou como e con que calidade informativa se chega á sociedade?

GRUPO 152.D02foto

Montáns Parmo, Lucía 152.D01

Platero Pérez, Claudia 152.D02

Rapado García, Carmen 152.D03

Río Otero, Helena del 152.D04

Rivera Molíns, Irma 152.D05

A mellor forma de entender e explicar é coñecer as causas

Esta semana, como anticipaba a miña compañeira de grupo Irma Rivera Molins na súa entrada da semana pasada, comezaremos co traballo de campo que nos comprometimos a facer para esta materia. Despois de contactar e citarnos con Ignacio Carballo González (delegado en Santiago do diario La Voz de Galicia), conseguimos o aval que nos confirma a súa colaboración. Carballo púxonos en contacto con Rosa Martínez, a xornalista encargada da información municipal no concello de Santiago de Compostela. O vindeiro xoves acompañarémola nas súas tarefas profesionais como meras observadoras, mais recolleremos toda a información posible para poderen facer un estudo do seu traballo para este medio.

Por outra banda, como aportación individual para o grupo tras o reparto de tarefas, hoxe achégovos o comezo dun traballo de documentación centrado na cobertura que fixo este xornal do accidente do alvia acontecido en Angrois en xullo do 2013. Sempre sentín interese polo acontecido e pola seu tratamento por parte dos medios. Non sei se foi a miña vocación como xornalista a que me levou a mergullarme neste tema, ou se pola contra o fago polo sentimento de dor que sentimos aquel día os galegos. Ó mellor foi unha mestura de ambos, pero o caso é que acabei entrevistando a unha das afectadas deste accidente. Déixovos o resultado da mesma ó final do post.

O causas do accidente  sempre xeraron (e seguen a facelo) controversia por parte tanto dos afectados como dos políticos pola asunción de responsabilidades. No primeiro artigo publicado por La Voz de Galicia, horas despois do accidente, a rotundidade coa que se acusou de culpable ó maquinista, Francisco José Garzón, deixaba unha imaxe embazada da posibilidade de que el non fose o único responsable do falecemento das 81 víctimas mortais. Houbo unha cita (sen referencia de autor) que me chamou a atención sobre as demais, na que se di que se en Galicia o trazado de Alta Velocidade contase con ERTMS (sistema europeo de frenado automático), o sinistro non debía ter acontecido.

'How close to the truth do you want to come, sir?'

O día seguinte, uns dos titulares referentes o accidente rezaba que fontes (anónimas) de Renfe confirmaban que se podería ter evitado o descarrilamento e colisión do tren se estivese perfectamente adaptado a Alta Velocidade, con ERTMS inclusive.

Quizáis sexa comprensible á ollos da sociedade que nun primeiro momento se centrase a información mediática en falar de falecidos, idas e vidas de políticos ata Angrois, declaracións… mais a miña opinión é que desde o primeiro momento se debería ter estudado o por que do accidente tratándose dunha liña, como dixeron na súa inauguración, moderna e segura.

Tamén estiven ollando unha entrevista que o xornal galego lle fixo a Julio Gómez- Pomar o 1 de agosto de 2013. Naquel momento el era xefe de Renfe. Déixovos o enlace o pé deste post para que os que estén interesados o lean e saquen as súas propias conclusións. A entrevista, na que se pode respirar certo aire de incomodidade por parte de Gómez-Pomar, deixou ó entrevistado nalgún momento sen fala, como se indica.

No seguinte post que corra pola miña conta, seguirei comentando aspectos tanto admirables como criticables (desde o punto de vista dunha futura xornalista) da cobertura que se fixo deste tráxico suceso dende o momento no que aconteceu até a actualidade.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/08/01/acabar-ano-estara-operativo-sistema-ertms/0003_201308G1P8998.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/07/24/maquinista-tren-descarrilado-santiago-reconoce-iba-190-hora/00031374692270721158120.htm

Tamén vos deixo o primeiro artigo que publicaba La Voz de Galicia tras coñecerse o accidente.

EntrevistaFinalPDFF

Montáns Parmo, Lucía (152.D01)

Os medios como produtores da realidade

lavozpreferentes

O grupo formado por Lucía Montáns Parmo, Claudia Platero Pérez, Carmen Rapado García, Helena del Río Otero e Irma Rivera Molins, grupo D (152.D00) vamos estudar ó longo deste cuadrimestre as relacións interpersoais que se dan no xornalismo.

A proxecto ten como finalidade analizar a canle de comunicación que existe entre as fontes e os xornalistas, por unha banda, e entre os xornalistas e audiencia pola outra. Para comezar, tomamos a decisión de traballar cos tres medios de comunicación que consideramos chegan a un maior número de persoas: a radio, a televisión e a prensa. A nosa intención e facer un traballo de campo, isto é, observar os xornalistas no desenvolvemento das súas funcións, para poder sacar as nosas conclusións e contrastalas coa información que nos faciliten os profesionais. Ademais, estudaremos o tratamento de determinadas noticias do ámbito local-autonómico, como o caso das preferentes de Nova Caixa Galicia. Poderemos ver e ensinarvos cal foi o tratamento deste suceso por parte dos diferentes medios e a percepción que tivo a poboación dos mesmos, así como a existencia ou non dunha toma de postura por parte dos medios.

A Cadena Ser Santiago xa nos avalou, polo que o campo da comunicación radiofónica xa estaría cuberto. Tamén nos puxemos en contacto con unha xornalista de A Voz de Galicia, e nesta semana recibiremos unha resposta a nosa petición de aval e colaboración. Por último, faltaríanos contactar coa Televisión de Galicia, para poder desenvolver o traballo na súa totalidade.

MONTÁNS PARMO, LUCÍA (152.D01)