Arquivo do blog
Descolonización da información
Nunha charla na que se partía da idea da descolonización da información, o sociólogo portorriqueño Ramón Grosfoguel falounos do seguinte feito como punto de partida do coloquio: Por que na Universidade occidental unicamente estudamos as teorías de homes de cinco países? Italia, Francia, Inglaterra, Alemaña e Estados Unidos teñen monopolizada a información, que ten rasgos claramente machistas e racistas, ao non incluír a ningunha muller (nin deses países tan sequera) e a ningún home non centroeuropeo ou norteamericano. A súa explicación remóntase a, como el os denominou, tres xenocidios – epistemicidios: A conquista de Al-Andalus, a conquista de América e a queima de mulleres en Europa, consideradas bruxas.
Nos tres casos a fin era a mesma, a destrución da información e do coñecemento, borrando así a memoria destes pobos. Queimáronse bibliotecas, impuxéronse crenzas, desfixéronse de multitude de avances acadados polos indíxenas e lles implantaron o cristianismo, o que levou a deixar sen rastro a cultura destes lugares.
En definitva, creouse unha superioridade relixosa (o meu Deus é superior ao teu) que pasou a ser unha superioridade persoal (ti es inferior a min).
Estes feitos tampouco eran novos, xa Descartes dixera o ‘penso logo existo’, referíndose con esa existencia á do home occidental, e Kant afirmara que a racionalidade estaba en Europa, ao norte dos Picos de Europa.
Pero isto non é unicamente cousa do pasado. Actualmente, observamos como se intenta impoñer a ‘democratización’.
En canto a medios de comunicación, Grosfoguel aposta polos medios comunitarios. Exemplificaba este tema co caso de América do Sur e a prensa española. Nunca imos saber toda a verdade se lemos aquí algo que acontece alí. Porén, os medios comunitarios, que serven á cidadanía, non se rexen por un poder económico superior que lles impón sobre como informar, polo que será sempre unha información máis ‘limpa’, coa única fin de informar de forma veraz.
Platero Pérez Claudia, 152.D02
ACTIVIDADE DE VISIBILIZACIÓN 152.D00– CHARLA CON IGNACIO CARBALLO
Para a nosa actividade de visibilización contamos coa axuda de Ignacio Carballo, delegado da Voz de Galicia en Santiago, que accedeu a darnos unha charla na nosa facultade sobre a súa relación coas fontes.
Citaremos, en termos xerais, o fundamental para este xornalista sobre o trato coas fontes:
-
É fundamental a confianza ao relacionarte coas fontes (sempre con profesionalidade)
-
Nunca nos temos que poñer límites, a nosa meta é afondar na información
-
Hai que aspirar sempre á información exclusiva
-
Se existen vínculos afectivos entre xornalista e fonte habería que establecer límites e aplicarse controis
-
Nunca fiarse ao 100% da información que che aporte unha fonte, pode que nos traizoe (aínda que se es rigoroso non adoita ocorrer). Contrastar sempre a información
-
A vía principal para alcanzar a confianza é a experiencia que nos dan os feitos
-
A especialización é a base para unha información de calidade
Adxuntámosvos un fragmento da charla. Moitas grazas aos que asististes e participastes nela!
https://www.youtube.com/watch?v=ngfKDSXgJ0o
Montáns Parmo, Lucía 152.D01
Platero Pérez, Claudia 152.D02
Rapado García, Carmen 152.D03
Río Otero, Helena del 152.D04
Rivera Molíns, Irma 152.D05
Traballamos co público (parte II)
Como xa indicou a miña compañeira Lucía Montáns fai uns días no seu post, esta semana ela e máis eu saimos á rúa para facer preguntas ao público sobre os medios de comunicación que adoitaban escoitar, ver ou ler. A principal diferencia que atopamos foi que nas franxas de idades mais xoves, ler prensa escrita en soporte non electrónico é case inimaxinable. Os nativos dixitais obtemos información mediante internet, redes sociais ou calquera soporte similar. Son os medios convencionais protagonistas, pola contra, no ámbito dos deportes, como moitos dos entrevistados destacaron. Porén, a poboación de idades maiores afirmou preferir sen dúbida a prensa escrita en papel, a televisión e, en menor medida a radio. Moitos deles non nos permitiron que filmáramos a súa imaxe, pero dispoñemos dos audios coas súas respostas ao que lle preguntamos.
Gustaríame facer fincapé no feito de que na actualidade Internet e as redes sociais sexan unha fonte de información que se actualiza constantemente, á que estamos expostos en todo momento. É fiable toda a información que consumimos polo feito de estar publicada na web? Esta é unha das principais cuestións que analizamos tras facer o traballo de campo: por moito que sexamos nativos dixitais e esteamos adaptados a estas tecnoloxías, deberíamos ser conscientes de que non toda a información ten por que ser veraz ou contrastada, é isto pode supor unha falta de información para o pobo. Concluímos tamén, a raíz desta cuestión, que saber informarse é unha asignatura pendente da nosa sociedade: se non aprendemos a informarnos dende a nosa formación básica, pode que nunca cheguemos a facelo co mínimo de precisión que se require.
Déixovos a continuación un par de vídeos dalgúns dos enquisados máis novos.
PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02
¿Estamos realmente informados?
En el post de esta semana queremos reflejar cómo la información que proporcionan los medios llega a la audiencia y la manera en que esta la interpreta.
Para ello, hemos seleccionado cuatro temas que en la actualidad están siendo bastante mediáticos. Se trata del accidente de Angrois, del “caso Asunta”, de las preferentes y del ladrón del Códice Calixtino.
Tras elaborar un cuestionario con preguntas relacionadas con los temas citados hemos grabado a diferentes personas respondiéndolas.
Ahí os lo dejamos:
Como podemos observar, temas tan actuales y noticiosos como los elegidos, no llegan a la audiencia de forma homogénea. Las respuestas que hemos recibido por parte de los distintos sujetos a las mismas preguntas, nos llevan a pensar que, quizá, el proceso comunicativo no se está llevando de la mejor forma. Además, el hecho de que los ciudadanos estén tan mal y poco informados, debe hacer que nos cuestionemos la eficacia de los medios de comunicación.
GRUPO 152.D00
MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01
PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02
RAPADO GARCÍA, CARMEN 152.D03
RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04
RIVERA MOLINS, IRMA 152.D05
Documentación do traballo
Tal e como explicamos na presentación do noso proxecto, cada unha realiza a documentación sobre o tratamento de noticias que tiveron moita repercusión a nivel local en Santiago de Compostela. No meu caso, elixín o tema do roubo do Códice Calixtino. A día de hoxe xa é un caso no que se avanzou bastante, pero non foi así nun principio.
A raíz deste suceso xurdiron na sociedade debates que tamén serían factibles de analizar (para saber con que se quedou a audiencia), como por exemplo se é lexítimo que o manuscrito se conserve na catedral ou se, pola contra, debería ser nun museo ou en mans de entendidos de arte e historia, deixando a un lado os asuntos que atinxen á relixión.
A continuación, no análise do tratamento destas noticias, busquei en dous medios (na versión dixital) o que publicaron o día 4 de xullo de 2011, día no que se produciu o furto do manuscrito na Catedral Compostelá.
Estes son La voz de Galicia e El País.
As principais diferenzas que atopo no tratamento da mesma nunha lectura detallada son que no diario El País, aínda que cita a La Voz como fonte dun dato da noticia, centrase máis na explicación do que pasou, mentres que o diario galego aporta máis datos sobre o incalculable valor do Códice e xa cara ao final da noticia, fala sobre o acontecido e o traballo que a Policía Nacional estaba a realizar. Tamén, aínda así, cabe destacar que a noticia de El País ten como última actualización o día 7 de xullo e La Voz o propio día 4, cando sucedeu. Isto tamén inflúe en que a primeira sexa máis extensa que a segunda mencionada.
http://cultura.elpais.com/cultura/2011/07/07/actualidad/1309989604_850215.html
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/07/07/0003_201107G7P2995.htm
Ademais das dúas noticias do acontecemento déixovos outra do país na que explica, en 5 puntos clave, o acontecido e o desenlace do caso.
http://cultura.elpais.com/cultura/2015/02/18/actualidad/1424264777_363629.html
PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02
O que os xornalistas nos contaron
Despois de realizar unha enquisa á plantilla da Cadena Ser Santiago, obtivemos os resultados que a continuación comentaremos. Mais da metade dos xornalistas deste medio consideran que hai certas noticias que non chegan a ser comprendidas por parte dos oíntes. É un dato chamativo, posto que a tarefa dos profesionais do noso campo é facilitar a comprensión dos acontecementos que interesan á sociedade.
Para o próximo post grupal traeremos unha enquisa que faremos a pé de rúa para ver canta información chega a audiencia e como chega, para así poder determinar se a solución a este problema é dos xornalistas que non saben chegar a audiencia ou se, pola contra, é a audiencia a que non se esforza en coñecer ás noticias de actualidade.
Cando lles preguntamos polos criterios que siguen os xornalistas para acceder ás fontes, as respostas son diversas. Mencionan a accesibilidade, credibilidade, fiabilidade ou relevancia das mesmas. Definir cunha soa palabra esta acción tan importante é difícil, de aí que sexan máis relevantes as respostas dadas. A accesibilidade semella un xeito moi cómodo de chegar as fontes, máis non implica credibilidade das mesmas.
É lóxico que os xornalistas teñan unha rede de fontes ás que accedan con frecuencia. Pero non poden ser as únicas. A necesidade de contrastar informacións é un dos piares fundamentais do xornalismo, e nesta profesión a comodidade non se pode tolerar.
Na entrevista que poñemos a continuación, de AttacTV (até o minuto 1:26), Ignacio Escolar amósanos a súa visión sobre a responsabilidade do xornalismo en torno á crise. O debate público-privado, a idea de que os mercados se regulan sós… Ao final foron ideas e contidos que quedaron na mente da poboación. Sempre se di que os xornalistas teñen a obriga de saber chegar a audiencia, unha audiencia que a maioría das veces, é certo, actúa dun xeito pasivo e pouco crítico, pero: é máis importante chegar a eles ou como e con que calidade informativa se chega á sociedade?
Montáns Parmo, Lucía 152.D01
Platero Pérez, Claudia 152.D02
Rapado García, Carmen 152.D03
Río Otero, Helena del 152.D04
Rivera Molíns, Irma 152.D05
A nosa primeira rolda de prensa
Esta mañá, tres compañeiras e mais eu (do noso grupo de traballo e Paula, do Canal BCP) tivemos a oportunidade de acudir ao Concello de Santiago xunto con xornalistas de diferentes medios para asistir as diferentes roldas de prensa que se daban esta mañá.
Pola miña parte, estiven con Lara Salgado, unha xornalista en prácticas da Cadena Ser que se encarga da información local en Santiago.
Ás 11:00, pasamos á sala de prensa do Pazo de Raxoi, onde posteriormente chegarían o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Servizos Sociais, María Corral. Ambos presentaron unha proposta chamada “Santiago Suma”, que pretenden levar a cabo e a que abarca, entre outras medidas, unha renda de solidariedade ofrecida a aquelas persoas que non teñen os recursos suficientes.
Nós, como unhas xornalistas máis, tomamos nota do que alí dicían. Cando chegou a hora das preguntas, pola miña parte gustaríame apuntar outra relación interpersoal nesta profesión que observei e que me pareceu moi importante: os xornalistas dun medio cos de outro, é dicir, como respaldaban uns as preguntas doutros ou como as completaban para obter (ou “sacarlles”) a máxima información posible.
Vimos polo tanto o proceso que se leva a cabo nunha noticia deste tipo: A rolda de prensa, unha conexión en directo dende o Concello á radio, e, despois, como se elabora a información na redacción para o informativo de mediodía. Houbo tamén unha rolda do voceiro da oposición e outra mais, de información cultural sobre o festival Santiautor.
En canto a relación da xornalista coas fontes, soubemos que aínda que a rolda sexa por vontade do goberno local, non todos os días contan algo, polo que hai que conseguir alguén para obter información dos distintos grupos e dos distintos partidos.
A continuación, déixovos o resultado da noticia principal que se emitiu no informativo das 14:00h.
PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02
É obxectiva a nosa realidade?
Normalmente, na nosa sociedade os medios de comunicación transmiten unha información que a audiencia interpreta como unha realidade absoluta, sen ir máis alá. Para achegarnos un pouco máis ás prácticas xornalísticas e saber en que medida a información se achega ós feitos reais, queremos analizar as boas e malas prácticas que se levan a cabo na nosa futura profesión. Tamén, como explico a continuación, saber a metodoloxía que se leva a cabo para contactar coas fontes. En definitiva: as relacións entre os xornalistas e as fontes e os xornalistas e a audiencia.
Con respecto á relación entre os xornalistas e as fontes, centrarémonos en catro puntos clave: O primeiro serán os criterios de selección de fontes que seguen os xornalistas para a obtención da información e posterior elaboración das noticias; o segundo, será o tratamento das fontes e da información obtida mediante as mesmas; en terceiro lugar observar a súa axenda e ver cales son as fontes ás que máis recorren e por que; por último, analizaremos a fiabilidade destas.
Por outra banda, na relación dos xornalistas coa audiencia centrarémonos na percepción das noticias pola súa parte; tamén, se a información é o suficientemente obxectiva (ou pola contra haberá que contrastar con outros medios para poder chegar á verdade); e, por último a supresión de datos na elaboración das noticias e o por que.
Pola nosa parte, pensamos en analizar diferentes noticias que, por factor de proximidade, tiveron influencia a nivel local en Santiago de Compostela. Estas serían o caso Asunta, o accidente do Alvia en Angrois, o roubo do Códice Calixtino, e como comentou a miña compañeira no post anterior, o caso das preferentes.
Eu, en particular, dedicareime xunto a outra compañeira a facer este traballo na Cadena Ser Galicia, despois de analizar individualmente o tratamento destas noticias por parte deste medio.
Para rematar, deixo a continuación o documental “Cuarto Poder: los medios en la sociedad de información”, o que nos parece interesante para complementar o noso tema.
PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02