Arquivo do blog

ACTIVIDADE DE VISIBILIZACIÓN 152.D00– CHARLA CON IGNACIO CARBALLO

Para a nosa actividade de visibilización contamos coa axuda de Ignacio Carballo, delegado da Voz de Galicia en Santiago, que accedeu a darnos unha charla na nosa facultade sobre a súa relación coas fontes.

Citaremos, en termos xerais, o fundamental para este xornalista sobre o trato coas fontes:

  • É fundamental a confianza ao relacionarte coas fontes (sempre con profesionalidade)

  • Nunca nos temos que poñer límites, a nosa meta é afondar na información

  • Hai que aspirar sempre á información exclusiva

  • Se existen vínculos afectivos entre xornalista e fonte habería que establecer límites e aplicarse controis

  • Nunca fiarse ao 100% da información que che aporte unha fonte, pode que nos traizoe (aínda que se es rigoroso non adoita ocorrer). Contrastar sempre a información

  • A vía principal para alcanzar a confianza é a experiencia que nos dan os feitos

  • A especialización é a base para unha información de calidade

Adxuntámosvos un fragmento da charla. Moitas grazas aos que asististes e participastes nela!

https://www.youtube.com/watch?v=ngfKDSXgJ0o

Montáns Parmo, Lucía 152.D01

Platero Pérez, Claudia 152.D02

Rapado García, Carmen 152.D03

Río Otero, Helena del 152.D04

Rivera Molíns, Irma 152.D05

Page One, o retrato dun xornalismo cheo de cambios

Tras o visionado do documental “Page One” sobre o New York Times, periódico de referencia en todo o mundo, puidemos descubrir que a crise do xornalismo (especialmente o do soporte escrito) tamén lle afecta a el. Non é unha crise económica, é moito máis ca iso. O xornalismo sofre unha transformación que fai que a prensa escrita estea nunha constante loita xa que gran parte da sociedade prefire os xornais online de forma gratuíta.

No vídeo distintos xornalistas do NYTimes reflexionan sobre distintos temas, como o acceso a periódicos dixitais pagando, a veracidade dos feitos, a relación do poder coa prensa, etc., temas que seguen estando á orde do día.

En primeiro lugar falarei do trastorno que crearon as novas tecnoloxías. Esas novas ferramentas que desde hai uns anos pegou un salto brutal e que se reflectiu no xornalismo. Realmente, eu penso que o que importa é o contido e non o formato. Non pode ser que o avance que crean as novas tecnoloxías desemboque nunha crise, porque os procedementos de investigación e contraste seguen existindo.

A aparición dos periódicos online fixo que a moeda tivera dúas caras. Por unha banda, o gran avance que supuxo ler o periódico desde a casa, a dinamización dos contidos, a inmediatez etc., e, pola outra, o problema que xorde cando a información deixa de ter un prezo e todos os esforzos do xornalista non obteñen recompensa. Por iso o New York Times comezou publicando parte da información gratuíta e parte cun custo e rematou sendo unha páxina de pago.

Outro problema das novas máquinas é que todo o mundo pode xogar a ser xornalista: a credibilidade esvaécese no momento en que calquera pode publicar na rede información falsas. O certo é que a sociedade chegou a un punto no que xa non cren nada do que lles contan e comezan a desconfiar de calquera medio.

O poder dos altos cargos tamén é parte fundamental no mundo dos medios de comunicación. Estes moven o mundo do xornalismo como queren, ocultan información e impiden un xornalismo libre. Partimos da base de que un medio de comunicación público está en mans do goberno mentres que calquera outro medio responde a unha liña editorial fixa. O que está claro é que ese problema está aí, e se alguén quere tratar a información ao seu gusto, ten que ir por libre.

Outro dos problemas é que poden existir xornalistas pouco rigorosos que non publiquen unha información veraz e isto non só ten consecuencias para el, senón para todo o medio. É primordial estar 100% seguro da información que se publica para non cometer o erro de caer como xornalista e que o medio para o que traballas caia contigo.

Con todo, a prensa escrita non está morta, só está vivindo unha crise. Os bos xornalistas seguen aí, con papel ou sen el, e o que conta é que exista unha profesionalidade, que saiban transmitir historias reais e que logren atraer ao lector e así poder competir cos novos medios que invaden a nosa sociedade.

RAPADO GARCÍA, CARMEN. 152.D03

Hablando con la redactora de la SER Galicia

microfono

En este post quiero centrarme en la relación de una periodista concreta con sus fuentes, en este caso le realicé unas preguntas a Ainhoa Apestegui, redactora de la SER Galicia.

Para ella un periodista “es como una esponja, siempre está con los oídos abiertos para enterarse de cosas o ver hechos noticiables en muchos contextos y no sólo profesionales, uno puede conocer información noticiable como usuario de servicios (sanidad, administración), como padre o madre o como consumidor”

¿En qué se basa la relación de un periodista con sus fuentes?

En cuanto a las relaciones profesionales con políticos, responsables de entidades… siempre se basa en la confianza. A las fuentes hay que trabajarlas y no traicionarlas porque eso es pan para hoy y hambre para mañana; a veces hay que dejar de contar algo para no estropear la relación de confianza pensando a medio plazo. También hay que saber ver que la fuente a veces tiene un interés en la información que transmite, para no ser el medio con el que otra persona consigue un fin. El periodista se gana el respeto de las fuentes día a día trabajando con rigor.

¿Hasta qué punto insistes a una fuente para que te dé alguna información? 

Depende de la confianza que tengas con esa persona en cuestión pero no hay que parecer desesperado.

¿Alguna vez has sobrepasado el límite de “confianza” al desear saber más información de la que debieras?

No, cuando ya ves que la fuente no te quiere contar algo lo más que puedes hacer es dejarle claro que sabes que algo pasa y que vas a seguir intentándolo por otro lado.

¿Sueles establecer una relación de confianza con la fuente? ¿Crees que para conseguir más y mejor información se debe tratar a la fuente con confianza? 

Sí, por supuesto a ambas preguntas.

¿Estás de acuerdo en que no se deben establecer lazos afectivos (relación de amistad, etc.) con las fuentes porque puede poner en peligro la objetividad?

Yo creo que lo que hay que hacer es valorar el peso de la información antes de poner en riesgo esa fuente y esa confianza… La objetividad no está en peligro, es más una cuestión de estrategia.

¿Cuáles crees que son los errores más graves que comete un periodista al relacionarse con una fuente?

No contrastar la información suficientemente, ese es a mi juicio el mayor riesgo.

¿Hay algo de lo que comenta Ainhoa con lo que no estéis de acuerdo? ¿Qué os parece su opinión con respecto a la relación con las fuentes?

RAPADO GARCÍA, CARMEN 152.D03

¿Estamos realmente informados?

En el post de esta semana queremos reflejar cómo la información que proporcionan los medios llega a la audiencia y la manera en que esta la interpreta.

Para ello, hemos seleccionado cuatro temas que en la actualidad están siendo bastante mediáticos. Se trata del accidente de Angrois, del “caso Asunta”, de las preferentes y del ladrón del Códice Calixtino.

Tras elaborar un cuestionario con preguntas relacionadas con los temas citados hemos grabado a diferentes personas respondiéndolas.

Ahí os lo dejamos:

Como podemos observar, temas tan actuales y noticiosos como los elegidos, no llegan a la audiencia de forma homogénea. Las respuestas que hemos recibido por parte de los distintos sujetos a las mismas preguntas, nos llevan a pensar que, quizá, el proceso comunicativo no se está llevando de la mejor forma. Además, el hecho de que los ciudadanos estén tan mal y poco informados, debe hacer que nos cuestionemos la eficacia de los medios de comunicación.

GRUPO 152.D00 

MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02

RAPADO GARCÍA, CARMEN 152.D03

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

RIVERA MOLINS, IRMA 152.D05

Amarillismo e falta de ética profesional

asunta

Como dixemos ao comezo do noso traballo, ademais de analizar as relacións entre os xornalistas e as fontes e os xornalistas e a audiencia, tamén nos interesaba estudar as boas e malas prácticas realizadas polos medios de comunicación.

Por iso, no post de hoxe centrareime en analizar as noticias publicadas por La Voz de Galicia do Caso Asunta.

O 25 de setembro de 2013 este medio de comunicación publicaba que a nena era “herdeira universal” do patrimonio dos seus avós. Dous días despois, este xornal contaba que “Asunta non aparece no testamento dos seus avós pero recibiu bens en vida”.

Ademais, tamén se afirmou que aos pais de Asunta se lles investigaba polo asasinato dos avós. Tan só unhas horas máis tarde, non se publicou nin un desmentido, nin unha disculpa. Nada.

Estas son solo dúas noticias publicadas, pero o amarillismo e a falta de ética profesional son dous trazos que deixan bastante que desexar e que destacan en moitas publicacións sobre este caso.

Por todo isto, o Sindicato de Xornalistas de Galicia publicou un pronunciamento de excepción sobre o tratamento informativo do caso Asunta. No seu comunicado expresa:

“Ante o tratamento amarillo e sensacionalista que estes días se deu e está dando, nos medios de comunicación de Galicia e de España sobre o caso de Asunta Basterra o SXG reclama autocrítica e reflexión profunda aos editores dos medios de comunicación e advirte ao conxunto da sociedade e aos representantes da cidadanía de que o actual contexto laboral do periodismo é campo abonado para este indefendible modelo pseudo-informativo en moitas máis ocasións. […] O sindicato de Xornalistas de Galicia mantén hoxe, coa mesma forza de sempre e con todo o sentido, a súa intención de seguir esixindo unhas condicións de traballo dignas para facer un periodismo digno.”

Que opinades de que haxa que chegar a este límite no mundo do xornalismo? Non debería existir unha ética xornalística e un contraste antes de publicar algo? Credes que chegamos ao punto de que só importa superar á competencia en vez de contar simplemente a verdade?

RAPADO GARCÍA, CARMEN 152.D03

O que os xornalistas nos contaron

Despois de realizar unha enquisa á plantilla da Cadena Ser Santiago, obtivemos os resultados que a continuación comentaremos. Mais da metade dos xornalistas deste medio consideran que hai certas noticias que non chegan a ser comprendidas por parte dos oíntes. É un dato chamativo, posto que a tarefa dos profesionais do noso campo é facilitar a comprensión dos acontecementos que interesan á sociedade.

Para o próximo post grupal traeremos unha enquisa que faremos a pé de rúa para ver canta información chega a audiencia e como chega, para así poder determinar se a solución a este problema é dos xornalistas que non saben chegar a audiencia ou se, pola contra, é a audiencia a que non se esforza en coñecer ás noticias de actualidade.

Cando lles preguntamos polos criterios que siguen os xornalistas para acceder ás fontes, as respostas son diversas. Mencionan a accesibilidade, credibilidade, fiabilidade ou relevancia das mesmas. Definir cunha soa palabra esta acción tan importante é difícil, de aí que sexan máis relevantes as respostas dadas. A accesibilidade semella un xeito moi cómodo de chegar as fontes, máis non implica credibilidade das mesmas.

É lóxico que os xornalistas teñan unha rede de fontes ás que accedan con frecuencia. Pero non poden ser as únicas. A necesidade de contrastar informacións é un dos piares fundamentais do xornalismo, e nesta profesión a comodidade non se pode tolerar.

Na entrevista que poñemos a continuación, de AttacTV (até o minuto 1:26), Ignacio Escolar amósanos a súa visión sobre a responsabilidade do xornalismo en torno á crise. O debate público-privado, a idea de que os mercados se regulan sós… Ao final foron ideas e contidos que quedaron na mente da poboación. Sempre se di que os xornalistas teñen a obriga de saber chegar a audiencia, unha audiencia que a maioría das veces, é certo, actúa dun xeito pasivo e pouco crítico, pero: é máis importante chegar a eles ou como e con que calidade informativa se chega á sociedade?

GRUPO 152.D02foto

Montáns Parmo, Lucía 152.D01

Platero Pérez, Claudia 152.D02

Rapado García, Carmen 152.D03

Río Otero, Helena del 152.D04

Rivera Molíns, Irma 152.D05

Como tratan a información os xornalistas?

Co fin de coñecer un pouco máis como conciben os xornalistas o tratamento da información, realizamos un cuestionario aos traballadores da Cadena Ser.

Hai respostas de todo tipo, pero hai dúas preguntas específicas que chaman a atención pola variedade de respostas que se atopan nelas.

Nunha das preguntas formuladas (“Cres que hai unha parte da información que se oculta á audiencia?), a mayoría dos xornalistas opinan que é habitual ou incluso que sempre hai algunha información que se oculta ao público. Pero dúas persoas responderon que nunca se oculta información. Quizáis esto se deba a que estes dous xornalistas se guían polos principios éticos do xornalismo, confían demasiado na teoría que afirma que os medios deben contar toda a verdade.

Por outra banda, na pregunta “Debería a información ser só información  independentemente da opinión do xornalista?”, a mayoría das respostas afirman que si que debería ser só información e, en ningún caso, incluir unha opinión. Ao contrario, hai outras dúas persoas que contestan “Nunca”. A resposta destes dous xornalistas pode deberse a que pensan que no momento no que unha persoa é a que transmite información, aínda que sexa de forma inconsciente, vai levar parte de interpretación.

Vós a que credes que se debe esta diferencia de respostas? A realización deste cuestionario pode servir para debater as distintas opinións que temos os alumnos sobre este tema, así que, adiante!

cuestionario

RAPADO GARCÍA, CARMEN 152.D03

Coma pequenas investigadoras

Seguimos coa nosa andaina! Estamos intentando avanzar ao máximo no noso traballo, pero tras ter que enfocar novamente o noso tema e que as respostas dos medios non son moi rápidas, aínda non puidemos obter suficiente información para poder comezar coa análise.
O pasado venres achegámonos unha compañeira do grupo e eu á Cadena Ser, medio que colabora con nós neste proxecto. A nosa idea era acompañar a algún xornalista a cubrir algunha noticia local, e non nos puxeron ningunha pega. Poderemos ir cunha xornalista da Cadena Ser a cubrir algunha noticia referente ao Concello de Santiago, para así poder analizar en que consisten as súas prácticas e como as levan a cabo. Seremos coma “pequenas investigadoras”. Ademais, achegarémonos esta semana de novo para así pasarlles aos xornalistas que alí traballan un cuestionario sobre as relacións entre xornalistas e fontes. Segundo esta relación, poderiamos dividir as fontes entre ocasionais e fixas. As ocasionais son aquelas que falan tan só unha vez co xornalista porque, por casualidade, foron testemuñas da noticia. Por outra banda atopámonos coas fixas, aquelas que están en disposición de dar datos aos xornalistas de maneira habitual. O noso obxectivo é detectar, nestas últimas, que criterios seguen para a selección das fontes, cal é o tratamento da información e un sinfín de cousas que vos iremos contando e desenvolvendo nos seguintes posts.
Aquí vos deixo un enlace para que vos podades ir inmiscindo neste mundo das relacións interpersoais entre xornalistas e fontes.

Fai clic para acceder a la%20relaci%C3%B3n%20entre%20los%20periodistas%20y%20sus%20fuentes.pdf.pdf

front-periodistas
Fonte: http://www.contrapunto.com.sv/images/Enero15/front-periodistas.jpg

RAPADO GARCÍA, CARMEN 152.D03