Arquivo do blog

Un ano en The New York Times

No documental visto na última clase interactiva da asignatura observamos as transformacións do The New York Times dende dentro. Un ano dentro do xornal para ver a evolución da industria mediática nun momento de crise, tanto externa como interna.

Considéranse cuestións moi interesantes: a aparición das redes sociais e o traballo coas mesmas, o enfrontamento entre medios tradicionais e as novas formas de xornalismo ou a relación coas fontes. Está claro que estamos a falar dun dos máis grandes medios a nivel internacional e que máis lectores ten. Introducirnos na redacción dun xornal desta dimensión foi toda unha aprendizaxe.

No documental chegamos a ver un cambio de editor, o envío dun dos protagonistas de xeito inesperado a Bagdad, a despedida dalgúns xornalistas que levaban toda unha vida no xornal ou mesmo a publicación dun artigo que deu a volta o mundo e que deixaba en mal lugar a credibilidade, xa non só da xornalista que o publicou, senón do medio mesmo.

No filme tamén se realiza unha boa análise da relación entre os periodistas e as fontes (tema tratado no noso grupo). A confianza e crear unha relación interpersoal saudable é un dos puntos básicos para que esta relación sexa correcta e frutífera. Co protagonista do documental, David Carr (xornalista de The New York Times), podemos ver tamén como funciona o xornalismo no momento en que toca o poder. Así, vemos como o biopoder, que se oculta nos medios, chega á información mesma.

david-carr--575x323

     David Carr, xornalista recentemente falecido e protagonista do documental. Foto:  www.laverdad.es

Sen dúbida este paseo pola redacción do The New York Times serviunos para confirmar o que levabamos todo o cuadrimestre estudando: o xornalismo ten moito camiño por diante e os cambios, tanto os correctos como os erróneos, achegarannos a un xornalismo independente das grandes empresas que nada teñen que ver coa información. Non sei se seremos nós os que cambiaremos este modelo, mais estaremos intentando facer camiño.

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

ACTIVIDADE DE VISIBILIZACIÓN 152.D00– CHARLA CON IGNACIO CARBALLO

Para a nosa actividade de visibilización contamos coa axuda de Ignacio Carballo, delegado da Voz de Galicia en Santiago, que accedeu a darnos unha charla na nosa facultade sobre a súa relación coas fontes.

Citaremos, en termos xerais, o fundamental para este xornalista sobre o trato coas fontes:

  • É fundamental a confianza ao relacionarte coas fontes (sempre con profesionalidade)

  • Nunca nos temos que poñer límites, a nosa meta é afondar na información

  • Hai que aspirar sempre á información exclusiva

  • Se existen vínculos afectivos entre xornalista e fonte habería que establecer límites e aplicarse controis

  • Nunca fiarse ao 100% da información que che aporte unha fonte, pode que nos traizoe (aínda que se es rigoroso non adoita ocorrer). Contrastar sempre a información

  • A vía principal para alcanzar a confianza é a experiencia que nos dan os feitos

  • A especialización é a base para unha información de calidade

Adxuntámosvos un fragmento da charla. Moitas grazas aos que asististes e participastes nela!

https://www.youtube.com/watch?v=ngfKDSXgJ0o

Montáns Parmo, Lucía 152.D01

Platero Pérez, Claudia 152.D02

Rapado García, Carmen 152.D03

Río Otero, Helena del 152.D04

Rivera Molíns, Irma 152.D05

Nada novo baixo o sol

Achégase o final do noso proxecto e este xa é o derradeiro post individual. Aquí expoño algunhas das conclusións que saquei logo do traballo con xornalistas de diferentes medios ao longo destes meses.

Nas relacións fonte-xornalista debe existir unha total independencia, aínda que a confianza e o respecto deben ser a base desta relación. Os xornalistas dos diferentes medios cos que tivemos a oportunidade de falar foron rotundos nas súas opinións: a confianza e o respecto cara as fontes ten que ser absoluta. Se non existe unha relación saudable a información obtida tampouco o será. Outro punto a cuestionarse é que, se sempre recorremos ás mesmas fontes, ao final caemos no erro de non cuestionarnos as súas palabras e non contrastar a información. Este último caso é o que máis ocorre nun medio público como a TVG: as fontes máis utilizadas son as da Xunta de Galicia e membros do poder autonómico polo que estamos a perder unha das normas básicas do bo xornalismo.

Foto: http://gruporeputacioncorporativa.com/2014/08/28/rueda-de-prensa-preguntas-antes-durante-y-despues/

Está claro que existe dependencia entre o xornalista e a fonte: uns necesitan que unha información se publique e outros obter noticias que publicar. Ao longo de todo o noso proxecto vimos como estas relacións non sempre son sinxelas. Os xornalistas usan as fontes, pero tamén as fontes os usan a eles polo que poden ser manipulados. Dende os medios cos que estivemos a traballar botan en falta moitos recursos, entre eles o económico claro está, pero o máis importante é o tempo. Non hai tempo para contrastar as informacións ou para buscar outras máis interesantes das que xa veñen dadas e ao final acábase botando man das axencias de noticias e pouco máis. Así pois o mito de que o xornalista é o que lle da voz ao pobo non se cumpre de todo, ao final énchense as páxinas dos medios coas caras dos presidentes, ex-presidentes ou empresarios con poder. A clase dominante, os homes, as persoas brancas, etc. falan máis e, polo tanto, son máis escoitadas que o resto da sociedade.

Déixovos este artigo de José Cervera, defensor da comunidade do lector do eldiario.es, que narra as rutinas cotiás do xornalista. Eu non o podería escribir mellor, así que botádelle un ollo, a ver que vos parece!

http://www.eldiario.es/defensor/periodismo-periodistas-redaccion_6_212138794.html

“El profesional debe localizar fuentes de información, obtener de ellas los datos, valorarlos y construir a partir de ellos un relato razonable y comprensible”

Nihil novum sub sole; nada novo baixo o sol.

 

 

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

¿Estamos realmente informados?

En el post de esta semana queremos reflejar cómo la información que proporcionan los medios llega a la audiencia y la manera en que esta la interpreta.

Para ello, hemos seleccionado cuatro temas que en la actualidad están siendo bastante mediáticos. Se trata del accidente de Angrois, del “caso Asunta”, de las preferentes y del ladrón del Códice Calixtino.

Tras elaborar un cuestionario con preguntas relacionadas con los temas citados hemos grabado a diferentes personas respondiéndolas.

Ahí os lo dejamos:

Como podemos observar, temas tan actuales y noticiosos como los elegidos, no llegan a la audiencia de forma homogénea. Las respuestas que hemos recibido por parte de los distintos sujetos a las mismas preguntas, nos llevan a pensar que, quizá, el proceso comunicativo no se está llevando de la mejor forma. Además, el hecho de que los ciudadanos estén tan mal y poco informados, debe hacer que nos cuestionemos la eficacia de los medios de comunicación.

GRUPO 152.D00 

MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02

RAPADO GARCÍA, CARMEN 152.D03

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

RIVERA MOLINS, IRMA 152.D05

E os medios públicos que?

Durante todo o noso traballo estamos a ver que a relación fonte-xornalista non sempre é real e, na maioría dos casos, é unha relación manipulada ou perezosa, por chamarlle dalgunha maneira.

Os medios cos que estamos a traballar son meramente tradicionais e, pese a ser de ámbito local, descubrimos como unha porcentaxe bastante alta das noticias saen á luz grazas ás subscricións ás noticias de axencias. É tanto o custe, por exemplo, de envíar un xornalista da empresa a un suceso ocorrido en Santiago como para ter que facerlle chegar ó público esa información mediante unha axencia? Se o miramos dende a perspectiva de “empresa da información” a resposta é claramente afirmativa. No caso analizado nun post anterior dunha manifestación acontecida en Santiago de Compostela puidémolo ver perfectamente.

Estamos analizando esta relación en prensa escrita con La Voz de Galicia, e na radio coa Cadena Ser. A nosa intención é saber tamén como actúa un medio público como a TVG, mais aínda non contestaron ás nosas peticións e só puxeron trabas. Esperamos ter contactado con eles e, nos vindeiros posts, ter preparado a análise dos tres medios.

Ao non obter resposta decidimos facer unha análise dun telexornal do mediodía da TVG. Así, como meras espectadoras, puidemos sacar algunhas conclusións de interese para o noso traballo. Na maior parte de noticias as fontes limítanse a novas sacadas por xornais locais, roldas de prensa institucionais (Feijoo ou calquera membro da Xunta de Galicia copan a maioría do telexornal) e noticias de axencia. Se falamos da parcialidade das novas abriríamos un debate que daría para encher máis dun post. Poderíamos concluír que as fontes alternativas son bastante escasas e, en maior medida nas noticias de interese público -non nos olvidemos que estamos falando dun medio público-.

Feijoo-defiende-Galicia-interesante-invertir_EDIIMA20131028_0672_3

 

Aquí vos deixo unha web na que traballadores da CRTVG denuncian as prácticas de “manipulación” que eles detectan no noso medio público e defenden a creación dun consello de informativos. https://eunonmanipulo.wordpress.com/ Bótadelle un ollo porque é ben interesante.

Esperemos que pronto alguén nos conteste e así saber de primeira man como é esta relación xornalista-fonte dentro dun medio público como a CRTVG. 

 

 

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

 

O que os xornalistas nos contaron

Despois de realizar unha enquisa á plantilla da Cadena Ser Santiago, obtivemos os resultados que a continuación comentaremos. Mais da metade dos xornalistas deste medio consideran que hai certas noticias que non chegan a ser comprendidas por parte dos oíntes. É un dato chamativo, posto que a tarefa dos profesionais do noso campo é facilitar a comprensión dos acontecementos que interesan á sociedade.

Para o próximo post grupal traeremos unha enquisa que faremos a pé de rúa para ver canta información chega a audiencia e como chega, para así poder determinar se a solución a este problema é dos xornalistas que non saben chegar a audiencia ou se, pola contra, é a audiencia a que non se esforza en coñecer ás noticias de actualidade.

Cando lles preguntamos polos criterios que siguen os xornalistas para acceder ás fontes, as respostas son diversas. Mencionan a accesibilidade, credibilidade, fiabilidade ou relevancia das mesmas. Definir cunha soa palabra esta acción tan importante é difícil, de aí que sexan máis relevantes as respostas dadas. A accesibilidade semella un xeito moi cómodo de chegar as fontes, máis non implica credibilidade das mesmas.

É lóxico que os xornalistas teñan unha rede de fontes ás que accedan con frecuencia. Pero non poden ser as únicas. A necesidade de contrastar informacións é un dos piares fundamentais do xornalismo, e nesta profesión a comodidade non se pode tolerar.

Na entrevista que poñemos a continuación, de AttacTV (até o minuto 1:26), Ignacio Escolar amósanos a súa visión sobre a responsabilidade do xornalismo en torno á crise. O debate público-privado, a idea de que os mercados se regulan sós… Ao final foron ideas e contidos que quedaron na mente da poboación. Sempre se di que os xornalistas teñen a obriga de saber chegar a audiencia, unha audiencia que a maioría das veces, é certo, actúa dun xeito pasivo e pouco crítico, pero: é máis importante chegar a eles ou como e con que calidade informativa se chega á sociedade?

GRUPO 152.D02foto

Montáns Parmo, Lucía 152.D01

Platero Pérez, Claudia 152.D02

Rapado García, Carmen 152.D03

Río Otero, Helena del 152.D04

Rivera Molíns, Irma 152.D05

Cando a relación xornalista-fonte está en dúbida

Dende o noso grupo seguimos a introducirnos nas tarefas do xornalista e na relación xornalista-fontes e xornalista-audiencia.
Hoxe, seguindo co noso traballo de documentación queríamos analizar unha noticia do ámbito local publicada en dous medios para así comparar o tratamento da mesma en ambos. Tentamos buscar unha noticia na que a sociedade fora a protagonista e non unha simple nova de algo acontecido no Parlamento, por exemplo.
A noticia elexida foi a manifestación a prol da medicación para todos os enfermos de hepatite C o pasado 1 de marzo en Santiago de Compostela e os medios La Voz de Galicia (Edición Santiago) e El Correo Gallego.

Pareceunos unha nova que afectaba á sociedade en xeral e así poderíamos ver a relación xornalista-fonte e xornalista-audiencia. O primeiro que vemos é que os dous xornais non envían a ningún xornalista do propio xornal á manifestación pese a ser na mesma cidade. Ambos medios cobren a información coa axencia Europa Press.

HEPATITE C

Foto: Europa Press

Unha xornalista dun dos medios -que non quixo que publicaramos o seu nome nin o medio- puidemos saber que, agora mesmo, as redaccións están baixo mínimos e que só se cobren as noticias esenciais ou algunha de última hora que rompe coa axenda establecida, nada máis. Unha vez máis o económico prevalece sobre a información. Vendo isto, a relación xornalista-fonte e xornalista-audiencia está sendo unha relación real nun caso coma este? Eu penso que unha manifestación a prol dun dereito básico coma este debería ter máis seguimento que o de un só medio: a axencia Europa Press.

La Voz de Galicia si que enviou a unha fotoxornalista: Sandra Alonso.

Sandra Alonso Foto: Sandra Alonso

Seguiremos analizando esta relación e traballando man a man con xornalistas para ver unha relación que, neste caso e outras moitas veces, pode estar en dúbida.

 

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

DESINFORMACIÓN

O traballo de documentación estase a alongar un pouco máis do esperado, pero aquí seguimos, traballando arreo para acadar o noso proxecto final.

Este Nadal alguén que me coñece moi ben regaloume o libro ‘Desinformación. Cómo los medios ocultan el mundo’ de Pascual Serrano. Pensei que sería un libro moi útil para o campolaboral no que soño con moverme algún día, mais finalmente tamén me serviu para este proxecto de Relacións interpersoais no xornalismo basándome máis concienciudamente na maneira de elexir as fontes e a relación coas mesmas dos diferentes medios.

A mecánica do libro é desentrañar o funcionamento dos grandes medios e empresas de comunicación, xa que, quizais, o que cremos que está a suceder no mundo é unha falsedade ao servizo dos intereses duns poucos. En cinco capítulos fai un repaso a casos de manipulación informativa en cada un dos cinco continentes (Europa, sin conocer lo que pasa en casa; América Latina, ¡Que viene el populismo!; EEUU, todo bajo control; Asia, la guerra contra el terrorismo; África, el gran olvidado).

Fixándonos na publicidade e en quenes son os donos dos medios, podemos facernos unha idea de que intereses nos van a vender no seu xornal, tv ou radio e así ter unha opinión máis crítica fóra do marco establecido.

Hai fontes informativas plurais? Ata onde chega esta suposta pluralidade? como se realiza a elección das fontes? E a das noticias? Por que a prensa española, pese as súas diferenzas, remata por coincidir en tantos puntos? Estas e outras cuestións intentaremos ir respondéndoas ao longo do proxecto, traballando con diferentes medios locais.

Recoméndovos este libro xa que é unha maneira de abrir os ollos ante a desinformación que reina no momento actual de “teórica” sobreinformación.

DESINFORMACIÓN

Aquí vos deixo tamén unha entrevista a Pascual Serrano. Espero que sexa do voso interese!

https://www.youtube.com/watch?v=Ttcpm9JLuXc

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

BIBLIOGRAFÍA:

-SERRANO, PASCUAL (2009). “Desinformación. cómo los medios ocultan el mundo”. Editorial Península. Madrid.