Arquivo do blog

Actividade de visibilización – Muller labrega

Como actividade final para o noso traballo decidimos realizar este vídeo con imaxes de todo o que fomos facendo ao longo deste cuadrimestre en canto a realización do traballo sobre a muller labrega nos medios.

Foi moi importante para nos e para o desenvolvemento deste traballo as entrevistas que realizamos con mulleres labregas xa que nos axudaron a comprender cal é realmente a súa situación, deixando a un lado os prototipos que a sociedade ten do papel da muller.

Despois da análise de medios de comunicación e estas entrevistas realizadas chegamos á conclusión de que os medios lle dan moi pouca importancia a figura da muller labrega con respecto a do home, a pesares de que o seu traballo é igual ou nalgúns casos maior que o do sexo oposto. Un exemplo disto é que a muller rural é a que leva, na maioría dos casos a economía doméstica, unha labor que, como moitas outras, non ten o recoñecemento que se merece.

GRUPO 152.E00

MARTINEZ REY, PATRICIA 152.E01

RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

RODRÍGUEZ SUÁREZ, MELISSA 152.E03

SALGADO BARBOSA, NOELIA 152.E04

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

Seguindo de cerca a situación das mulleres labregas

Gallega

O noso traballo da muller labrega-rural nos medios de comunicación vai tomando forma. Até o momento analizamos diversos medios, tanto audiovisuais como escritos, para comprobar cal é a súa presenza e o tratamento por parte de estes.
Nunha visión xeral, decatámonos que os medios de comunicación apenas tratan a figura da muller. Nas revistas, puidemos observar que a presenza das mulleres é reducida, aínda que aparecen seccións dedicadas a elas, estas son ínfimas e non se lle concede a importancia que estas merecerían. Por outra banda, na televisión a visibilidade da muller queda relegada a un segundo plano con referencia ó home, concedéndolle a este o protagonismo das entrevistas.
Puidemos ver tamén, e xa nunha visión máis positiva, que hai mulleres que están emprendendo novos negocios no rural que son vantaxosos para elas e tamén para o campo, que ultimamente poderíase dicir que está en crise.
Dende o noso aval, o Sindicato Labrego Galego, que conta cunha sección adicada á muller rural, Secretaría da Muller, déronnos a súa visión sobre estes asuntos e como eles concibían unha comunicación comunitaria sana e compartida; tema tamén de interese para a materia. Ademais, polo de agora tivemos encontro con algunha muller rural e labrega que nos contou a súa experiencia e o seu día a día no campo. Esperamos poder falar con máis en breve e que nos conten como ven o futuro da profesión e do agro.
Vamos seguir afondando nestes temas, e aínda que quedan poucos post para seguir contándovos, queremos seguir reflectindo a problemática das mulleres agrarias dende todas as perspectivas posibles, para que o asunto non quede no esquezo e poidades seguir, ó igual que nós, turrando polo tema.

Grupo 152.E00
MARTÍNEZ REY, PATRICIA   152.E01
RIVEIRO COLLAZO, PAULA   152.E02
RODRÍGUEZ SUÁREZ, MELISSA   152.E03
SALGADO BARBOSA, NOELIA   152.E04
VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL   152.E05

“Eu apostei sempre por relacións colaborativas”, Isabel Vilaba, secretaria xeral do Sindicato Labrego

Seguindo na liña de investigación dos movementos do noso aval , O Sindicato Labrego, hoxe neste post, contaremos un pouco as reflexións feitas por Isabel Vilalba, a secretaria xeral. Ela cóntanos un pouco como son as súas estratexias comunicativas, tanto entre os compañeiros do traballo así como con xente externa a cal axudan. Polo tanto, verase como falou da relación existente entre os compañeiros, os círculos que teñen creados entre si; así como eses círculos máis externos de relación coas mulleres rurais.

Sindicato-Labrego-Galego

“Eu creo que un pouco en xeral, supoño que no Sindicato Labrego Galego pasa coma en calquera outra organización. No momento no que eu estou xa na comarca xa se notaba que había un grupo de compañeiras e de compañeiros cos que realmente, dalgún xeito, tiña reflexionado sobre como intentar buscar relacións entre os compañeiros e compañeiras; que a xente puidera tomar a palabras, que as persoas que estábamos naquel momento tamén puideramos participar nos espazos e ter unha participación máis activa, ir ocupando responsabilidades e este tipo de cousas. Creo que a organización é igual ca outra, onde hai de todo, persoas que teñen un perfil non tanto de traballo colectivo e tampouco teñen tan presente valores de igualdade como na sociedade mesma. En xeral si que xa, polo menos cando eu entrei, había un grupo de xente que tiña preocupacións semellantes e nese caso as relacións para min no xeral eran positivas, aínda que nalgún momento houbera algunha persoa que non o entendera así, pero en xeral, xa levo bastante camiño andado coas compañeiras que me precederon e tamén por compañeiros que xa iniciaran esa reflexión. Hoxe en día, eu ocupo o cargo de Secretaria Xeral da asociación, a min gústanme as organizacións que debaten colectivamente os temas e cando o fan que tomen as decisións de maneira colaborativa, tendo en conta as perspectivas de todas as persoas. Non sinto que por ser muller cuestionen as miñas decisións, aínda que si que sinto que como somos unha organización onde hai moitas voces, pois as veces hai persoas que non teñen que estar de acordo coas decisións e pódense xerar debates, o cal eu creo que é normal e san nunha organización.

Hai xerarquía dende o momento que hai executiva, dende que hai ese tipo de cargos hai unha certa xerarquía. De todos modos eu non creo nas xerarquías, creo nos procesos colectivos. Intento sempre que tomemos as decisións colectivamente, en grupo e ter en conta as circunstancias.”

 No entanto a cuestións de relación coas mulleres rurais, á comunicación con elas, o que nos contou foi o seguinte.

Isabel-Vilalba-secretaria-general-SLG_EDIIMA20130305_0760_4

“Para min resúltame unha comunicación moito máis doada. Primeiro porque a min non me gusta a comunicación onde hai espazos moi verticais, onde hai un orador e unha relación de distancia entre a xente. Eu creo que as mulleres, en xeral, temos outra proximidade.

Sempre intentamos ter unha oferta para todo Galicia, facendo diversos actos, onde eliximos temáticas de actualidade, de conexión coa loita de outras mulleres. Hai atención para calquera afiliada, un coidado… intentamos sempre buscar a participación das mulleres nos distintos sectores, nos distintos ámbitos de traballo. Os locais son bastante diversos, hai locais nos que hai máis consultas de ámbito profesional (seguridade social…) e despois hai outros que tratan mulleres afectadas por malos tratos, relacións conflitivas no ámbito persoal ou familiar. Supoño que as veces depende dos recursos que haxa nas comarcas, hai lugares onde hai moi bo funcionamento de recursos de atención social e penso que hai moitos factores. Hai veces que se xeran relacións de moita confianza, as mulleres na Asociación poden ter acceso a un acompañamento segundo as súas situacións e hai algún outro local no que non se chegou a esa demanda.”

GRUPO 152.E00

MARTÍNEZ REY, PATRICIA 152.E01

RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

RODRÍGUEZ SUÁREZ, MELISSA 152.E03

SALGADO BARBOSA, NOELIA 152.E04

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

O descontento feminino labrego

I ela que de tal se estraña,

ferida no que máis sinte.

que a maltraten non consinte

i asi lles contesta huraña:

<<Aunque che son da montaña,

aunque che son montañesa

aunque che son, non me pesa>>

rosalia

Non podiamos empezar de outra forma que recordando a Rosalía de Castro. Antonte cumpriuse o 178 aniversario do nacemento desta gran literaria galega, representante da loita labrega e da figura feminista.

Este vídeo é unha mostra do descontento feminino labrego da nosa terra ante a problemática cas explotacións agrarias. O principal tema é o empobrecemento xeral dos negocios agrarios. As mulleres que se lle dá voz nesta rolda de prensa tamén tocan outros temas moi presentes neste mundo como:

  • A inferioridade que ten a muller respecto ao home.
  • A elección que teñen que realizar entre mandar os seus fillos a estudar fóra ou pola contra investir o diñeiro nas explotacións. Isto débese a que as mulleres son moi pouco remuneradas neste sector.
  • Os elevados custos de produción debidos a subida do IVE.
  • O empobrecemento do campo fai máis proclive certas depresións como a depresión e a ansiedade ante a imposibilidade de sacar adiante o seu traballo.

Estes temas son os máis salientábeis por Isabel Vilalba, Secretaria Xeral da muller dentro do Sindicato Labrego Galego. Recomendámosvos que vexades todos o vídeo xa que se reflicte a problemática das labores do campo para a muller que moitos non coñecemos incluso aínda que vivamos no rural. Hai que profundizar para ver certas desigualdades.

Grupo E: 152.E00

MARTINEZ REY, PATRICIA 152.E01

RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

RODRÍGUEZ SUÁREZ, MELISSA 152.E03

SALGADO BARBOSA, NOELIA 152.E04

VILLAMARIN ALONSO, MARIA ISABEL 152.E05