Arquivo do blog

A crise dos medios de comunicación tradicionais

New-York-Times-AP

“Page One: un año en The New York Times” móstranos como a prensa en papel se tivo que adaptar as novas formas de comunicación. O papel ten que competir coas webs 2.0, principalmente as redes sociais.

A rede permite que se filtre a información e se produza de forma barata, con un simple tweet ou blog calquera se pode crer xornalista, mais este filme ensínanos que ser comunicador  é algo máis alá, mediante a redacción do The New York Times.

Neste xornal levan a cabo dúas reunións ao longo da mañá. Na primeira presentan as noticias e expoñen os pros e en contras das mesmas. Se falla a comunicación entre eles pérdese a información.

Times era unha institución imperial que se tivo que moldear a nova era informática e descubriron a ventaxa de poder coñecer de primeira man o que opina a voz colectiva, os seus lectores. Os medios tradicionais que souberon aclimatarse, non só sobreviviron, senón que obtiveron vantaxes, como a anterior. Que a sociedade teña a capacidade de poder grabar, informar mediante a rede ou crear un blog non significa que poden substituír ao xornalismo.

Vivimos co medo de que unha nova tecnoloxía acabe co anterior. Por exemplo, cando naceu a televisión pensábase ia acabar co cine e o mesmo pasou coa computadora ou internet. O número de lectores dixitais cada vez é maior, mais iso non sifinifica o fin do soporte tradicional. Hai que moverse nos diferentes campos para ofrecerlle a audiencia distintas posibilidades, mostrando o valor engadido da información e demostrando que estamos ao seu servizo, que non servimos nin ao Goberno nin a publicidade.

A información de verdade require tempo, diñeiro e intercomunicación para levar a cabo un traballo común e para todos. Os medios poden entrar en crise, pero o xornalismo non.

SALGADO BARBOSA, NOELIA  152.E04 Read the rest of this entry

Entre lusco e fusco dende 2010

Entre o atardecer e o anoitecer celébrase todos os martes o Mercado entre lusco e fusco preto do parque Belvís en Santiago de Compostela. Este espazo recolle os produtos ecolóxicos e naturais das terras compostelás, así como dos comercios.

images

A idea de facelo entre as seis e as nove da tarde naceu da necesidade de ofrecer unha alternativa real para as persoas que teñen horario de oficina,  que estudan polas mañás ou que simplemente non poden acudir aos mercados locais.

Non hai nada mellor que o contacto directo entre produtor e consumidor, un estabelecemento de relacións onde a confianza mútua é importante. A ausencia de intermediarios que encarezan os produtos ou a recuperación da tradición dos mercados populares fan este proxecto único dende xuño de 2010.

Para poder instalar os postos os comerciantes téñenlle que pedir licencias ao Concello de Santiago con atenlación. Entre os comerciantes atópanse agricultores da contorna e máis nesta época de plantación de hortalizas. Os seus principais vendedores son mulleres, que comercializan produtos de horta como as cebolas, tomates, pementos, porros etc para a súa posterior plantación ou produtos fresco. Elas mesmas se levantan cedo polas mañás, fan mollos e védenos nos diferentes mercados e feiras. Así é como se gañan a vida moitas das mulleres labregas que teñen explotacións agrícolas como os invernadoiros.

8131550

Os produtos da horta de Entre o lusco e o fusco proveñen do Ulla, viveiros Daplanta ou A Fieta Produtos Naturais.

Déixovos o seu facebook https://www.facebook.com/mercadoentreluscoefusco/timeline  para que poidades ver máis información e espero que vos animedes a pasar por os vosos mercados locais a comprar alimentos naturais.

SALGADO BARBOSA, NOELIA  152.E04

Agrosfera

Neste post vou continuar co análise da figura feminina nos medios audiovisuais, mais desta vez imos viaxar fóra das nosas fronteiras. E eu as miñas compañeiras en entradas anteriores estivémosvos mostrando o papel da muller labrega en revistas e programas dos medios de comunicación galego. Hoxe quero mostrarvos Agrosfera, un espazo de RTVE, dedicado ao campo e a toda a actualidade sobre o desenvolvemento sostible, proxectos, axudas, subvencións e colleitas. Ademais inclúen rutas turísticas e recomendacións de especialidades culinarias.

http://www.rtve.es/television/agrosfera/

 agrosfera

A estrutura do programa baséase en mostrar as noticias de actualidade que atinxen ao sector primario e tratar en cada programa as particularidades do campo de diferentes zonas de España.

Analizando diferentes programas concluín que as fontes acerca dos temas a maioría das veces son asociacións e expertos. Os agricultores e gandeiros que son sobre os que recae as consecuencias do acontecido teñen un escaso protagonismo.

Como en outros medios que xa pescudamos vólvese repetir o tópico de que a figura masculina é a que conduce a maquinaria e se encarga dos traballos máis técnicos, mentres que elas aparecen realizando labores máis manuais.

Chamoume a atención unha noticia en particular acerca da titularidade compartida das explotacións agrogandeiras, unha medida que toman poucas mulleres e que fai que o seu traballo conte coas seguridades e cotizacións pertinentes. Podédelo ver a partir do minuto vinte e nove. Unha cuarta parte de mulleres son traballadores do campo e cobran o 30% menos, mentres que outras nin sequera están dadas de alta na seguridade social.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/agrosfera/agrosfera-07-03-15/3031146/

Nesta noticia sí se centran na historia dunha agricultora que comparte  a titularidade da explotación co seu marido. “Ela encárgase da administración e dos traballos pouco pesados”.

SALGADO BARBOSA, NOELIA  152.E04

O Agro

o agro

Como xa nos adiantou Melissa no post anterior O agro é un microespazo da Tvg que en tan só uns minutos ponnos ao día sobre o mundo agrario así como as últimas cotizacións dos mercados galegos de gando. Como trata temas moi variados analicei varios programas para ver o papel que desenvolvía a muller agraria.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/plantas-ecoloxicas-e-comestibles-para-cultivar-dentro-da-casa

Neste programa sobre un invernadoiro de plantas comestibles que ten un matrimonio pódese apreciar de maneira ben diferenciada o papel que cumpre o home e a muller. El fala dos sistemas para regar, fertilizantes e sustratos, mentres que ela fala das prantas aromáticas e comestibles en si e onde podemos cultivalas nas casas.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/prezos-en-silleda-a-producion-de-maza-na-estrada

Neste outro programa, o papel da muller é nulo. Tratan a produción da mazá Estrada e todas as intervencións son masculinas e de homes que superan os trinta anos.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/produtores-de-grelos

Aquí as diferenzas son moi claras. A muller é a produtora de grelos, mentres que o home é o comercializador. Outro detalle que quería salientar e que me sorprendeu é que ela non se trata dunha labrega de idade como se soe tipificar.

Elexín estes tres programas con diferentes datas e tratando diferentes temas para comprobar que os estereotipos nos medios acerca do rural están moi marcados e aprécianse ben as diferenzas. Eles os encargados da maquinaria, pesticidas, fertilizantes, é dicir, traballos pesados. Elas encárganse da recolecta, clasificación, plantación e sempre vinculadas a un traballo máis manual.

Se queredes ver algún programa máis aquí vos deixo a páxina da Tvg, onde podedes atopalos todos. Estas minucias que analicei pasan diante dos nosos ollos todos os días. Ás veces non nos fixamos ou non lle damos importancia a estes roles que parecen delimitar dous campos diferentes.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/o-agro

SALGADO BARBOSA, NOELIA  152.E04

 

Unha Fouce moi especial

Logotipo de Fouce web

Tráiovos unha entrevista co director e xornalista de Fouce, Xosé García Rodríguez. Fouce é o único xornal de Galicia que se dedica en exclusiva aos problemas que atinxen ao mundo do rural. Podería soltarvos unha rollo de información, pero considero que a transcrición das súas palabras é o mellor xeito de mostrarvos esta fouce que non corta herba, pero que reinvindica os problemas dos nosos labregos.

– Como xurdiu esta iniciativa? En que ano?

O primeiro Fouce publicouse na clandestinidade, en novembro de 1973.
– Quen o leva?

Lévoo eu Xosé. Dende o punto de vista sindical, hai un Consello Editorial do que formo parte eu, dúas persoas da Executiva do Sindicato Labrego Galego, un labrego que está na Dirección Nacional e unha técnica do SLG. Este Consello Editorial é quen decide sobre os contidos que enchen as páxinas do Fouce. Non funciona como órgano censor ou que impón eses contidos, senón que traballamos en base a un diálogo entre todos e todas para decidir que temas de actualidade agraria e sindical son os que deben encher ás páxinas do periódico.

– Como é a organización do traballo? Contades só con xornalistas?

Contamos só con un xornalista, que son eu. Eu encárgome de todo: deseño, maquetación, fotografía, redacción, web, etc. Tamén hai colaboracións como artigos de opinión… e axudas puntuais, como compañeiros que fan fotografías por min para aforrarme desprazamentos, por exemplo. O Fouce, hoxe en día, é bimensual.
– Onde se realiza?

Actualmente, no meu domicilio privado de Melide, xa que estou traballando cunha xornada reducida por coidado de fillos menores de 3 anos. Até ter esa xornada reducida, traballaba na sede nacional do SLG, en Compostela.

– Contades con axudas, finaciacións para levalo a cabo?

Axudas cero. Hai moitos anos, tiñamos axudas por ser unha publicación en galego, mais dende que goberna Feijóo, as axudas a publicacións en galego deseñáronse de tal maneira que quedamos fóra e non levamos nin un céntimo. Só algunha inserción publicitaria de cando en vez, que non dá para moito.
Tendes moitos lectores?

O periódico envíase directamente ao domicilio dos nosos afiliados e afiliadas. Estamos a falar de varios miles de exemplares que habería que multiplicar para obter o número de lectores. O dato concreto do número de exemplares que imprimimos e enviamos non o podo revelar.

– Consideras que é un xornal reinvindicativo do rural?

Si, e ademais o único que reivindica demandas, como por exemplo, a soberanía alimentaria. O Fouce sempre foi moi crítico con aquelas políticas agresivas co medio rural e os nosos sectores produtivos, e é unha fonte non só de información, senón de permanente denuncia dende o ano da súa fundación.

A histora de O Fouce

Déixovos o enlace por se queredes ver algún número en liña http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=18

SALGADO BARBOSA, NOELIA  152.E04