Arquivo do blog

Comentando Page One, un ano no The New York Times

 Page one, un año en The New York Times trata varios temas interesantes e que serven para a reflexión do novo mundo do xornalismo e dos vellos métodos que xa caeron no esquecemento, ou que están empezando a facelo.

Compre ter en conta varios aspectos: por unha banda a degradación dos medios impresos e a crecente emerxencia de Internet e das páxinas web. Por outra banda, sendo o xornalismo unha actividade profesional que intenta buscar a verdade e a xustiza, como se reflexa no filme, algunhas acción emprendidas por xornalistas de recoñecido prestixio deixan nada máis que en banalidades estes lemas.
Búscase unha nova forma de chegar a sociedade que calle de cheo e que dalgún xeito restableza os vellos valores pero dun xeito distinto. Trátase entón de intentar crear novas formas de traballar colaborativas, que ofrezan a posibilidade de interactuar coas audiencias e que estas axuden a entender mellor a información para poder chegar así dun xeito máis adecuado a verdade.
É aquí onde entra en cuestión un dilema que moitas persoas teñen en mente: Deberían de seguir existindo os medios tradicionais ou non? O xornalismo tradicional segue funcionando ou non?
Aínda que os xornais de toda a vida xa non son o que eran pois o mundo é cambiante e hai unha nova forma de interacción; seguen sendo grandes redaccións onde todos falan soamente da información que deberían mostrar o público e cal non, e seguen sendo tamén grandes cabeceiras de referencia para a poboación, que busca neles solventar a necesidade de información.
Polo tanto, e como xa comentei arriba, non creo que os medios tradicionais teñan problemas e deixen de existir pola súa forma impresa senón polo seu xeito de chegar o público, necesitasen novas formas de interacción para un mundo que está en constante cambio e interacción. Unha comunicación na que se transmita algo realmente bo e veraz, e a poder ser en constante renovación e achegados a sociedade.
É necesario que os vellos xornalistas se acheguen os novos métodos. UNHA VOZ COLECTIVA CONECTADA

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

Ata pronto con comida ecolóxica

Neste último post quero eu, e en nome do meu grupo, facer unha reflexión sobre todo o que levamos afondado en post anteriores acerca do mundo rural e a presenza destas mulleres rurais nos medios de comunicación. Para elo quero mostrarvos unha noticia que saíu na Voz de Galicia, na cal se entrevista a varios empresarios que empezaron no mundo da agricultura ecolóxica como nova saída profesional. En concreto interésanos a última moza entrevistada, Judith García Andrade,  que como moitas das mulleres coas cales falamos di que “ o traballo do campo é moi gratificante pero está moi pouco valorado”, aínda así, esta moza coruñesa pareceulle máis interesante a idea de dedicarse a agricultura que seguir estudando, algo raro no mundo actual.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/agro/2015/04/12/nicho-agricultura-ecologica/0003_201504G12P40995.htm

97cf773f92a2adeb61c6f0abbd55c980

A iniciativa desta rapaza a facer agricultura ecolóxica non é estraña, e como vimos ó longo de todo este tempo, é a principal para as mulleres que se queren dedicar a isto ou que simplemente levan toda a vida no campo e queren reinventarse. Dende aquelas que apostan por crear a súa propia tenda, aquelas outras que teñen distribuidores que comercializan o produto en diferentes fogares, até aquelas últimas que venden en mercados como o de Santiago de Compostela “Entre Lusco e Fusco”. A agricultura e gandaría ecolóxica é un sector en auxe que está facendo que as mulleres rurais se encontren cómodas nun espazo que moitas veces se ve masculinizado, e eu creo que ese é un paso moi importante para que se vexan os labores tan importantes que realizan as agricultoras no rural.

3sicil

Polo tanto, e amodo de pequena conclusión, aínda que penso que queda moito camiño por recorrer para que a presenza do xénero feminino no rural se vexa na sociedade igual que o masculino (aínda que na realidade é maior); o desenvolvemento de novos tipos de agricultura que permitan a muller unha maior visivilización e un maior recoñecemento do seu traballo son fundamentais, aparte de novidosos e gratificantes.

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

Xa é hora de que se vexa o que facemos

Seguindo afondando no mundo rural, nese mundo rural de mulleres, hoxe déixovos aquí unha conversa que tiven con Carmen Rodríguez, muller que viviu toda a súa vida no rural e que actualmente traballa nunha empresa vitivinícola; a cal ten formada a súa plantilla con seis mulleres e catro homes, dato cando menos curioso. É interesante coñecer a súa opinión sobre o mundo actual das labregas,xa que ela ó vivir sempre no campo e traballar case de continúo no agro, puido ver dunha maneira segura como o traballo do xénero feminino se foi transformando. Experiencias, ademais, que conta de primeira man.

IMG_4363

“Traballo no agro porque me gusta, traballei na hostalería en en outros sectores pero o que me fixo feliz sempre foi o campo. Gústame andar o aire libre, é moito máis duro e pódenselle poñer moitas máis pegas, pero sempre foi o que me fixo sentir máis ben e por iso aquí estou.

É certo que a xente pensa que está menos valorado; unha, porque pagan menos que por outros traballos que requiren menos esforzo, e dous porque é duro e ninguén o quere. A figura da muller aínda ten máis problemas neste sector, xa que o xénero masculino pensa que non defendemos o traballo coma eles e iso é mentira. Eu farteime a traballar con eles e facía exactamente o mesmo; andiven con motoserras, con desbrozadoras, plantando… e todo igual ca eles. Porén xamais o consideraron así, e creo que aínda queda un chanzo para que isto cambie.

Os medios de comunicación penso que si lle están dando importancia a muller labrega no campo, actualmente fálanse algúns temas que fai anos sería impensable. Penso que se debe seguir facendo porque está visibilidade sexa completa, e  para todos aqueles que pensan que o traballo da muller é inferior, retoos a poñerse canda min a traballar durante unha xornada a ver como acaban eles e a ver como acabo eu.”

tumblr_inline_mgy7rhFJuc1rz3byc

Con estas últimas palabras de Carme déixovos que reflexionedes, porque como ela dicía, xa é hora de que se vexa a realidade das mulleres rurais. Non chega con que só uns poucos recoñezan o seu esforzo e a súa maneira de traballar. A sociedade enteira debe de estar concienzada.

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

Labrando a igualdade

Como xa falamos en post anteriores, hoxe vamos a analizar un deses programas da televisión de Galicia que trata asuntos agrarios; vámolo analizar porque compre saber como é o papel da muller e o tratamento desta, así como saber se realmente ten importancia a distinción entre o home e a muller nestes tipos  de programas que as veces son tratados dende outra perspectiva.

Inauguración de Gandagro    IMG_9961

A labranza do día 1 de marzo trata as feiras Cimag e Gandagro, nelas fálase sobre a maquinaria agrícola e sobre o mundo agrícola e gandeiro en xeral. As principais declaracións que se observan son de homes, que falan sobre as innovacións do sector e sobre as metas acadas nestes eidos. Tamén se ven imaxes das feiras das cales está a tratar e pódese observar un claro predominio do xénero masculino; a maquinaría segue sendo un eido no que as mulleres aínda teñen un papel mínimo.

É difícil saber, polo tanto, até que punto neste tipo de información se dá un tratamento igualitario en ambos sexos xa que fala das innovacións no sector e nas diferentes empresas, así como premios que levaron polos avances; cabe salientar, como xa dixen, que as declaracións son exclusivas de homes, polo que tamén cabe pensar que só hai homes nestes momentos tratando estes temas.

Nas imaxes da feira Grandago vense máis mulleres que na do Cimag, pero o predominio dos homes segue a ser claro. Isto lévanos a pensar que non é que o programa faga un trato prioritario cara os homes, que non creo que o faga, senón que no sector da maquinaria agrícola a muller aínda está nunha posición inferior, cunha escasa representatividade nas esferas públicas. Tense que loitar para abrir oco e para que esta clase de problemas se poidan solucionar dun xeito equitativo.

D19C8F1

Aquí vos deixo o enlace dese programa; http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/feiras-cimag-e-gandagro .Hai moitos máis que tratan ouros temas, pero a problemática está presente; nas esferas altas e na representatividade cara o público o papel da muller rural e agraria segue nunha situación de inferioridade que hai que facer por cambiar para que isto non sexa así.

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

Adictas ó sacho

Non é sempre fácil poñerse na pel delas,desas mulleres que traballan todo o ano no campo. Saber o que costa andar todo o tempo aí fóra; con frío, con calor, con chuvia, con xeadas…

A próxima semana, e sen facernos demorar máis, teredes a entrevista de dúas mulleres labregas que traballan todo o ano no campo. Hoxe, para ir abrindo o apetito e ir saciando a vosa curiosidade, deixámosvos unha noticia de La Voz de Galicia que recolle información sobre mulleres emprendedoras que decidiron facer do campo e da comida ecolóxica o seu negocio e o seu estilo de vida.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/25/0003_201104G25P5991.htm

Un tema no que tamén vamos afondar máis, xa que cada día son máis as mulleres que se unen a esta iniciativa e deciden facerse un oco neste novo sector ata fai pouco inexistente.

Captura-de-pantalla-completa-30012013-1101061-268x200O rural, sabemos dende sempre, que foi un espazo de traballo duro, onde a capacidade de forza e aguante sempre estivo moi presente. A muller neste eido, polo tanto, sempre se lle viu relegada a un papel secundario con respecto ó home, aínda que como sabemos todos, traballaba de igual maneira. Nos últimos anos xurdiron iniciativas , que ademais de saudables, son enxeñosas e permiten realizar o xénero feminino negocios de emprendemento e saber estar fronte a comunidade. Un novo xeito de dicir “nós estamos aquí e estamos loitando”.

Coa fama da comida basura, dos químicos, dos alimentos transformados xenericamente… son moitas as persoas que rexeitan o consumo de produtos que a longo prazo son prexudiciais para a saúde. É aquí onde entra en xogo o mercado creado por persoas como Isabel e Dolores; comida da horta natural e san, que ademais ofrece todas as garantías. “É o de sempre, o traballo de horta que sempre fixo miña nai”, comenta Maricarmen, outra muller que tamén traballa neste sector.

Convídovos, ademais de probar estes produtos, a que leades a noticia que adxunto, é realmente interesante e podemos aprender moito de estas loitadoras. Dende o Sindicato Labrego tamén nos porán en contacto con máis mulleres que emprenderon no rural e estaremos encantadas de contarvos todo o que nos digan.

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05