Arquivo do blog
Firma invitada: contactando con la CGONGD
Nuestro grupo (152.G00), centrado en analizar las expectativas del periodismo, ha contactado con la Coordinadora Gallega de ONGD para que esta nos explique en qué consiste, a qué dificultades comunicativas se enfrentas y otras cuestiones, como ya os explicábamos en anteriores posts. Os dejamos aquí lo que nos han contado, esperando que os sea de utilidad en el futuro y os resulte interesante.
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento está formada actualmente por 43 ONGD que traballan no eido da cooperación internacional, a axuda humanitaria e de emerxencia e a Educación transformadora. As 43 ONGD que conforman a Coordinadora son heteroxéneas en recursos, actividades e liñas de traballo e especialización. Algunhas son galegas (Panxea, Implicadas no Desenvolvemento, AGARESO…); outras son delegacións de ONGD con presencia en todo o Estado español (Entreculturas, Intered, Médicos do Mundo…) e outras son delegacións de organizacións con presencia internacional (Oxfam Intermon, Axuda en Acción, Amigos da Terra). Esta variedade de organizacións conforma unha Coordinadora Galega de ONGD plural que exerce de portavoz das ONGD en Galicia.
Previo: En primeiro lugar queremos facer un apunte sobre os dous tipos de medios de comunicación que recoñecemos dende a Coordinadora Galega de ONGD: os convencionais e os alternativos. Os convencionais, organízanse xerarquicamente e contan cunha redacción formado por persoas asalariadas. Nos casos de medios privados, estes son corporacións empresariais que, polo tanto, teñen intereses económicos e políticos que responden aos das persoas propietarias.
Os alternativos, entendemos que son medios formados por un equipo de persoas que traballa de xeito horizontal e que marcan a súa liña editorial de forma colectiva. Na maioría destes proxectos comunicativos o obxectivo é dar voz a persoas e colectivos invisibilizados polos medios convencionais e tratar temáticas que non teñen cabida nas axendas mediáticas. Neste tipo de proxectos, o ánimo de lucro non forma parte dos obxectivos.
¿Consideran que su organización se ve lo suficientemente representada por los medios de comunicación?
Como Coordinadora Galega de ONGD o que nos interesa dos medios (máis alá de que poidan facer referencia á nosa organización e que contribúan a dala a coñecer) é que falen das causas e consecuencias que motivan a nosa existencia e do traballo que levamos a cabo neste contexto. É dicir, que falen das causas das desigualdades sociais; das situacións de pobreza e exclusión no mundo; das alternativas propostas dende distintos ámbitos para mudar esta realidade; e do traballo que as ONGD, como sociedade civil organizada, levamos a cabo para mellorar as condicións de vida de milleiros de persoas en todo o mundo. Entendemos que informando neste sentido contribúese a xerar consciencia crítica na cidadanía e, polo tanto, á transformación social. Consideramos que, de forma xeralizada, as temáticas sociais non están suficientemente representadas nos medios. Entendemos por temáticas sociais aquelas que afectan directamente á vida das persoas e que fan referencia aos seus dereitos individuais e colectivos. No caso dos medios convencionais, a representación das ONGD (e doutros actores e temáticas sociais) ocupan un papel residual. Non só “a marca” da organización está pouco representada. Son sobre todo as nosas mensaxes as que non teñen o espazo que entendemos que merecen. Dende o noso punto de vista, esta realidade dista moito do rol de servizo social que deberían exercer todos os medios, tanto públicos como privados, como instrumentos de información ao servizo das persoas. Unha sociedade informada pode exercer un papel activo, crítico e responsable. No caso dos medios alternativos, as ONGD e as nosas mensaxes teñen algo máis de cabida pero seguimos tendo unha presencia limitada. Os motivos desta baixa presencia desenvólvense nas vindeiras preguntas.
¿Cuáles dirían que son las mayores dificultades con las que se encuentran a la hora de aparecer en los medios?
Entendemos que hai dúas esferas de análise nesta cuestión. Por un lado, as limitacións das ONGD. E pola outra, as limitacións dos medios. No caso dos medios convencionais, existen dinámicas de traballo que non encaixan coas das ONGD por varios motivos. Por unha banda, porque habitualmente traballan baixo un enfoque de inmediatez, de resposta rápida, sobre as cuestións propostas (exemplo: que opinión temos sobre propostas de cambios de leis “por sorpresa” / situacións de emerxencia / declaracións políticas). Neste casos, as ONGD teñen que responder sen tempo para reflexionar conxuntamente e iso implica que non todas poidan ou estean dispostas a facelo, o cal limita a súa presencia. A este feito hai que sumarlle que as peticións de información dos medios son case sempre “urxentes” e responden a unha axenda mediática que caduca rapidamente. O que pode interesar un luns un mércores pode non ter cabida. Iso implica que algunhas ONGD queden fóra por non ter a velocidade na capacidade de resposta esixida. Outra das limitacións é a falta de coñecemento real que teñen os medios sobre o que somos as ONGD e o traballo que levamos a cabo. Neste caso hai dobre causalidade (os medios deberían informarse máis á hora de facer o seu traballo; e as ONGD deberiamos mellorar a nosa capacidade de comunicación). Entendemos que a falta de coñecemento débese especialmente, no caso dos medios convencionais, ás difíciles condicións de traballo dos e das redactoras, á sobrecarga de traballo e á precariedade laboral que actualmente existe nos medios. Este contexto non permite ter a persoal especializado máis alá dos sección reinas: deportes e política. Así pois, as temáticas sociais (as que máis afectan a vida das persoas) que precisan de coñecemento e especialización pola diversidade de realidade que reflicten, son os que contan cun menor número de profesionais especializados. Esta limitación, non só fai que poidamos aparecer menos nos medios senón que aparezamos cunha información pouco axeitada, de baixa calidade e que en moitos casos vai en contra dos noso obxectivos comunicativos (téndese a simplificar, a estereotipar e a non acompañar a información cun contexto que axude a entender a realidade). Non saír reflectidas do xeito que quereríamos dificulta e limita a nosa presencia. Por último, e non menos importante, as ONGD temos pouca presencia nos medios porque na maioría dos casos non contamos feitos noticiables no formato que habitualmente traballan os medios convencionais. Estes están interesados en que ofrezamos datos (3 de cada 5; un 20%; Máis da metade…) e poucas veces están interesados en falar do contexto (político, social histórico…) da realidade da que falamos. As notas de prensa que máis se cobren son as que contan con este tipo de información no titular.
En relación ás ONGD, as dificultades que temos para aparecer nos medios son varias:
– Falta visibilizarnos entre os medios como fonte de información experta en temáticas concretas, non só para falar “do noso libro”, é dicir, dos proxectos ou actividades puntuais que levamos a cabo.
– Precisamos variar a nosa forma de contar as cousas, variar o tipo de información que ofrecemos. É dicir: non só enviar notas de prensa cando levamos a cabo unha actividade. Tamén facelo cando o contexto social, político, etc. permita opinar sobre unha temática das que somos expertas; amosar exemplos de superación; etc. Especialmente nas ONGD máis pequenas e con menos recursos:
– Falta de coñecemento sobre como funcionan os medios para saber, entre outras, onde queremos centrar os nosos esforzos, que prioridades temos, que tipo de información ten cabida,etc.
– Tendencia a elaborar notas de prensa con pouco interese para os medios (convencionais e alternativos). Ofrecemos información pouco noticiable.
¿Disponen de un organismo que funcione como gabinete de comunicación? ¿En tal caso, qué perfiles de profesionales lo integran (periodistas, publicistas y relaciones públicas,…?
No caso da Coordinadora Galega de ONGD temos unha área de traballo específica de comunicación na que hai unha persoa contratada a xornada completa licenciada en xornalismo e con experiencia en distintos medios de comunicación e de traballo coas ONGD. No conxunto das ONGD, a realidade é diversa. Pero o que acontece na gran maioría dos casos é que non se lle dá a comunicación externa (e interna) a importancia que se lle debería dar. Esta liña de traballo non é prioritaria aínda que se considera de moita importancia. Pero se asume á comunicación como algo complementario, non coma unha ferramenta indispensable á hora de acompañar a execucución da planificación estratéxica.
¿Que protocolo suelen seguir a la hora de ponerse en contacto con los medios?
O máis habitual é a elaboración dunha nota de prensa que enviamos a nosa lista de contactos de medios xeralistas (cando é información local, daquela tamén enviamos o correo aos medios locais). E chamamos aos contactos que sabemos que habitualmente cobren a información que mandamos para asegurarnos que recibiron a nota é que están interesad@s. Por outra banda, normalmente ofrecemos entrevistas para complementar a información. Dende hai tres anos non organizamos roldas de prensa porque a actual situación dos medios (peches e despido de persoal) fai que asistan moi pouc@s xornalistas. Só mantemos unha rolda de prensa ao ano: a da presentación da campaña do X Solidario para recadación de fondos do IRPF na declaración da renda con outras dúas plataformas de ONG de acción social (EAPN Galicia e CERMI Galicia). Por outra banda, cando un medio de comunicación se pon en contacto connosco sempre resolvemos a súa demanda ben sexa de forma directa ou ben facilitando un contacto e/ou información.
¿Cuál es la estrategia comunicativa que han seguido hasta ahora? ¿Ha cumplido con los objetivos iniciales o, por el contrario, consideran que necesita realizar algunos cambios?
A Coordinadora Galega de ONGD non conta cun Plan de Comunicación actualmente. Temos previsto elaboralo a finais deste ano. Aínda así, a principios de cada ano, e en función da planificación de actividades, marcamos datas e momentos do ano concretos nos que reforzamos a nosa comunicación externa nun sentido amplo (medios, redes sociais, boletín electrónico, presencia na rúa…). En relación ao ámbito dos medios de comunicación, en 2014, a Coordinadora enviou 12 notas de prensa, 7 convocatorias de prensa e cedeu 12 entrevistas. Nos últimos anos, e aínda que a realidade dos medios de comunicación en Galicia mudou moito, conseguimos manter a nosa presencia (a nivel cuantitativo) nos medios de comunicación: diminuíu nos convencionais e aumentou nos alternativos. Tamén comprobamos que os medios alternativos (Praza Pública, Galiza Ano Cero, Sermos Galiza….) cubren máis información relacionada co noso traballo (e dun xeito máis completo e que se adecuaba máis cos noso obxectivos de comunicación) que os medios convencionais . Ademais, este tipo de medios permiten participar de forma directa nos contidos que ofrecen (posibilidade de publicar artigos de opinión mensualmente, de ter un espazo nun programa, propoñer entrevistas…), un feito moito máis complicado nos medios convencionais.
A nosa estratexia de comunicación é seguir tendo presencia nos medios convencionais e alternativos. Tamén, reforzar o dereito de acceso aos medios públicos xa que a nosa presencia é moi baixa. Por outro lado, un dos obxectivos máis inmediatos é seguir reforzando a nosa relación cos medios alternativos e/ou que tratan as temáticas sociais dende unha perspectiva crítica, analítica e contextualizada. Para iso, organizamos en 2014 a primeira edición dos Premios Luceira de Comunicación Social que tiñan o obxectivo de visibilizar este tipo de proxectos comunicativos e reflexionar conxuntamente sobre o tipo de comunicación que queremos e promovemos dende distintos ámbitos. En 2016 levaremos a cabo a segunda edición. Tamén durante 2014 empezamos un proceso de reflexión interna sobre a comunicación que levamos a cabo as ONGD (non só cos medios de comunicación) co obxectivo de mellorala e resolver as principais problemáticas (algunhas das cales comentamos noutras preguntas). En 2015, estamos a seguir con este proceso de reflexión e temos a intención de organizar un encontro entre ONGD e xornalistas de distintos medios de comunicación para contribuír a acabar co descoñecemento mutuo.
¿Cómo es la relación entre los usuarios de esta organización (y en última instancia, la sociedad) y quienes la gestionan?
A Coordinadora Galega de ONGD aglutina actualmente 43 ONG de Desenvolvemento que traballan no eido da cooperación ao desenvolvemento, a acción humanitaria e a educación transformadora. Está xestionada por unha Xunta Directiva elixida en Asemblea. As persoas usuarias da Coordinadora poderían dividirse en dúas categorías:
– Persoas vinculadas ás ONGD galegas: directivas, voluntariado, persoas socias… A Coordinadora se relaciona con elas a través de ferramentas de comunicación externa; a través da organización de actividades de formación e divulgación; e a través da convocatoria de reunións e asembleas. Neste caso é o persoal contratado da Secretaría Técnica da Coordinadora (3 persoas) e a Xunta Directiva (9 persoas) as que promoven estas actividades.
– Persoas usuarias: Por outra banda, e a diferencias doutras organizacións sociais, as persoas usuarias (ou beneficiarias) das ONGD viven nos países do Sur e a relación establécese dende fóra de Galicia. Faise a través das delegacións das ONGD nos países onde se traballa pero, sobre todo, a través das organizacións locais socias coas que se desenvolve de forma compartida o traballo nestes países.
152.G00
Equus Zebra opina sobre la comunicación en su ONG
El grupo 152.G00 nos pusimos en contacto con Equus Zebra, la ONG dedicada a la integración sociolaboral de personas en riesgo de exclusión social, para que nos acercara su opinión sobre cuál es la labor de los medios de comunicación y en qué medida es efectiva. Así contestó nuestra firma invitada:
– ¿Se ven representados los grupos sociales que os ocupan en los medios de comunicación?
– ¿Existe una comunicación efectiva entre las personas de diferente raza o procedencia y las del país receptor? ¿Se ven incluidos en la comunidad?
– ¿Qué relación existe entre los miembros de la comunidad que compone Equus Zebra?
– ¿Creéis que las labores de sensibilización que lleváis a cabo son efectivas? Si no es así, ¿Qué creéis que falla? ¿Recibís algún tipo de ayuda en este sentido?
Nos acercamos a la recta final
Damos paso a la recta final de nuestro trabajo sobre las expectativas del periodismo. Hemos ido finalizando las entrevistas marcadas y planteándonos unas primeras conclusiones que desarrollaremos de forma más amplia en la memoria final.
Mis compañeras Cristina Pérez y Andrea P. Mosquera se acercaron hasta la sede compostelana de la Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores en la que pudieron observar que es un sector totalmente desatendido de los medios de comunicación. Esta asociación antes contaba con un departamento de prensa pero, a causa de la crisis, se vieron forzados a prescindir de él y dejarlo en manos de una editorial.
Mi compañera Laura Míguez se acercó a entrevistar a Mónica Barros, que trabaja en la dirección de comunicaciones de Aena. Tras la publicación del post ya se nos comunicó que la comunicación corporativa no se correspondía con la materia, ya que es algo que trataremos en tercero en la asignatura de Comunicación Organizacional. Este pequeño bache nos ha hecho comprender realmente el enfoque que debemos dar a este trabajo.
Patricia Novo dedicó su post al sector radiofónico. De la charla que mantuvo con Pepe Carreira pudo sacar en limpio que internet era el soporte en el que nos tenemos que apoyar en estos tiempos, un soporte sin el que no hacemos nada.
Andrea P. Mosquera continuó con el sector educativo, ya que decidió plantear el tema, muy extenso, en dos publicaciones. En la primera planteó las cuestiones que iba a tratar a modo de preámbulo y en la publicación de esta semana, a raíz de una entrevista con Myriam Alvariñas Villaverde, docente en la UVigo, explicó que por culpa de la crisis, aunque se precisa mayor comunicación en este sector, no hay medios para financiarla.
Andrea P. Presedo entrevistó a Lorena Cochón, redactora jefe de Comunicampus. Esta joven está llevando a cabo la gestión de la primera revista universitaria de la USC, enfocada hacia el estudiantado. Lo que hemos sacado en limpio de esa entrevista es que no hace falta irse muy lejos para encontrar nichos de mercado, ya que considera el colectivo estudiantil uno de ellos.
Como podéis ver, esta primera parte del trabajo la hemos centrado en hablar directamente con los medios más tradicionales de comunicación en un intento por ver la situación y proyección hacia el futuro del periodismo así como los huecos de mercado que pudiera haber.
Ahora damos paso a la segunda parte del trabajo de campo, que consistirá en buscar nichos de mercado en sectores desabastecidos de comunicación como la pesca, el pequeño comercio, el colectivo de personas con autismo, la comunicación aplicada a la seguridad y defensa del país, y al colectivo de la tercera edad –la gerocomunicación–.
Esperamos una vez más que toda la información que vamos publicando en nuestros post os sirva de ayuda y os permita ir encaminando vuestras ideas hacia el futuro en la profesión.
GT 152.G00
MÍGUEZ TORRES, LAURA; 152.G01
NOVO OLIVEIRA, PATRICIA; 152.G02
PÉREZ MOSQUERA, ANDREA; 152.G03
PÉREZ PRESEDO, ANDREA; 152.G04
PÉREZ RODRÍGUEZ, CRISTINA; 152.G05
Redescubriendo sectores
Durante estas dos últimas semanas hemos avanzado en nuestro proyecto. Nos hemos adentrado en la fase de trabajo de campo, en donde, a través de entrevistas, hemos podido contactar con gente de diferentes ámbitos.
La primera de las entrevistas que realizamos fue a David Cheda el pasado 25 de Febrero , de la mano de nuestra compañera Cristina Pérez. De ella hemos concluido que hay un sector desatendido por parte de los especialistas de la comunicación que es el correspondiente a la comunicación corporativo, esto es, la comunicación de empresas de diferentes sectores.
Posteriormente, el día 27 de ese mismo mes, nuestra compañera Laura Míguez tuvo el placer de entrevistar a José Precedo, redactor del periódico El País. Precedo le explicaba que no podemos centrarnos en los cibermedios exclusivamente, sino que debemos entenderlo como una herramienta a modo “escaparate” de nuestro trabajo.
El 3 de Marzo, Andrea P. Mosquera decidió dedicar una parte de su trabajo al sector educativo, una rama que nos parece de gran interés por la cercanía. Tras una charla con Myriam Alvariñas Villaverde, profesora titular en la Facultad de Ciencias de la Educación y el Deporte de Pontevedra, hemos podido conocer las deficiencias de este sector en términos comunicativos. Seguiremos estudiándolo ya que estamos a la espera de recibir más informaciones de esta misma fuente. Por el momento hemos concluido acerca de este sector que aunque sí existe la figura del comunicador en gabinetes de prensa, este sólo funciona a los servicios de los altos cargos, dejando a un lado las pequeñas investigaciones, que sólo tienen como medio de salida las páginas web de la propia Universidad.
El 5 de Marzo, nuestra compañera Andrea P. Presedo se acercó al centro de salud del Ventorrillo (A Coruña) para estudiar la comunicación que hay en el sector médico a nivel local. En la entrevista que mantuvo con Marlén Fernández los temas que se trataron fueron desde el periodismo científico –una rama del periodismo poco explotada y muy necesitada de comunicadores– hasta las dificultades impuestas por el Gabinete de comunicación del Sergas para establecer una comunicación con médicos y farmacéuticos. En definitiva, necesitan a intermediarios que no sean tan burocráticos como el gabinete oficial, siempre al servicio del gobierno y de sus propios intereses.
Para las próximas semanas tenemos concertada una entrevista con la Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores para estudiar este sector. También estamos intentando contactar con alguien relacionado con la radio, ya que aún no hemos tocado este medio tradicional. Asimismo nos gustaría poder entrevistar a alguien relacionado con el mundo de la televisión.
GT 152.G00
MÍGUEZ TORRES, LAURA; 152.G01
NOVO OLIVEIRA, PATRICIA; 152.G02
PÉREZ MOSQUERA, ANDREA; 152.G03
PÉREZ PRESEDO, ANDREA; 152.G04
PÉREZ RODRÍGUEZ, CRISTINA; 152.G05
Bitácora de un comienzo
Llevamos tres semanas de curso en las que nuestro proyecto ha ido tomando forma poco a poco. Primeramente empleamos un tiempo para comprender cómo lo íbamos a enfocar y tal y como hemos explicado en posts anteriores, nuestro trabajo sobre las expectativas del periodismo se va a centrar en buscar los sectores en los que la comunicación hoy día es escasa; nichos necesitados de comunicación.
Esta semana hemos abordado la fase de documentación con éxito a través de informes y libros de balances de comunicación tanto del Consello da Cultura Galega y del Colegio de Periodistas de Galicia.
Debido a la limitación de espacio de los posts apenas podemos mostraros lo que dicen dichos libros por lo que os invitamos de nuevo, si estáis interesados, a que los consultéis. Los libros suelen ir divididos por medios por lo que así podréis consultar aquel que os resulte más atractivo.
Estos son los enlaces a los dos libros de los que disponemos su versión digital:
– Estudo sobre a situación dos e das xornalistas en Galicia
– A situación laboral dos e das xornalistas galegos e o impacto da crise no sector
A través de ellos hemos podido tener una visión general de la situación actual de los diferentes medios de comunicación. La prensa escrita es quizás el sector más afectado en tanto a la revolución digital que estamos viviendo. Es así que el soporte digital está quitando terreno al analógico. Hablando con periodistas que ejercen como tal hoy día nos han contado que ya no es suficiente con un buen currrículum, sino que este ha de ir acompañado de una propuesta creativa que pueda encajar en el medio al que se está pidiendo trabajo.
¿Qué pasa con internet?
Es una pregunta que muchos nos habéis hecho en los comentarios. Internet es un arma de doble filo. Por un lado facilita el acceso a la comunicación, pero por otro fomenta la figura del periodista polivalente, precisando cada vez de menos personal para realizar las mismas tareas.
¿Qué viene después de la fase de documentación?
Tras informarnos un poco del contexto de nuestro proyecto es hora de dar por finalizada la fase de documentación y pasar al trabajo de campo. Para ello, hemos decidido hablar con los sectores que creemos que hoy día están más faltos de comunicación para poder confirmar o desmentir nuestras ideas principales así como entrevistar a gente que haya puesto en marcha iniciativas que les hayan podido proporcionar un puesto de trabajo.
Os iremos informando de nuestros progresos. Esperamos que nuestro trabajo no lo veáis como un mero proyecto académico, sino que os ayude a la hora de encaminar vuestra carrera y encontrar la manera de poder trabajar de ello, que creo que es a lo que todos aspiramos.
GT 152.G00
MÍGUEZ TORRES, LAURA; 152.G01
NOVO OLIVEIRA, PATRICIA; 152.G02
PÉREZ MOSQUERA, ANDREA; 152.G03
PÉREZ PRESEDO, ANDREA; 152.G04
PÉREZ RODRÍGUEZ, CRISTINA; 152.G05