Arquivo do blog
EL GRITO MUDO DE TODOS
Ayer fue día de salir a la calle. Ayer fue día de ser todos. Porque, como decían algunas pancartas #12M Somos todos. Ayer fue día de demostrar que nunca nos hemos ido. Que siempre hemos estado ahí. Fue día de gritar para que nos escuchasen. Ayer fue día de comunicarle a un gobierno y a un país que hay descontento ciudadano. Y ayer debía de ser día de tirar a la mierda los prejuicios. No estoy aquí para explicar qué es el movimiento 15M ni para rebatir opiniones ni entrar en debate. Estoy aquí para explicaros otra manera diferente de comunicar en el 15M. Un lenguaje universal.
Seguro que todos habéis visto como los indignados agitan sus manos en símbolo de aplauso. Este símbolo se adoptó por dos maneras: una forma de hacer que en las asambleas, mientras se habla, la persona que está en el micrófono pueda seguir hablando y los que escuchen poder aplaudir sus ideas sin interrupción. Por otra parte, es un símbolo universal que todos podemos entender.
Ayer, en la Puerta del Sol, a las 00:00 se hizo efectivo el grito mudo. Consistía en un silencio, mientras se agitaban las manos con un pañuelo blanco en ellas. Otra manera de simbolizar y patentar que es un movimiento pacífico en donde las únicas armas son las mentes y la palabra. El 15M comunica para todos, de todas las maneras posibles en dobles y triples vertientes.
El #12M15M es una lucha que lleva ya 365 días en marcha. Amigos de La Razón, vuestras verdades son las mentiras sobre el pueblo. Mientras, las verdades del pueblo, son las verdades de todos.
Barca Marrero, Karla S1A 1A1
“15-M: Non é un adeus, senón un deica logo”
Toca xa despedirse deste traballo que desenvolvemos a modo de análise comunicativo do movemento 15-M. Dende este derradeiro post do noso grupo TS, o S1F, pretendemos achegarvos tanto unha reflexión sobre o que supuxo este traballo para nós, as conclusións que sacamos nestes case tres meses de pesquisas ao mesmo tempo que vos contamos máis ou menos cómo estruturamos as labores e cómo organizamos todo o traballo.
Nestas dúas últimas semanas rematamos a montaxe e posprodución do vídeo e tamén a redacción da memoria.
Durante a elaboración do vídeo o máis difícil foi seleccionar as declaracións máis interesantes para o traballo de entre todo o material dispoñible. Foi sobre todo no caso do profesor en psicoloxía social, Sabucedo (podedes ver o resumo da súa entrevista pinchando aquí, e o resumo das entrevistas aos membros do Comité de Comunicación de #AcampadaSCQ e a Sofía Krysiak pinchando neste outro enlace), onde nos atopamos con este problema. Unha vez seleccionadas as declaracións, foi necesario ordenalas para que a peza audiovisual tivese certa coherencia e respondese ós parámetros temáticos que buscábamos no traballo. Esta tarefa foi máis doada do usual xa que decidimos dividir os cuestionarios en dous bloques, un de preguntas comúns para poder contrastar os puntos de vista dos distintos entrevistados sobre os mesmos items, e outro bloque adicado exclusivamente ao entrevistado en cuestión onde lle pedíamos un afondamento máis específico sobre o 15-M segundo fose o seu perfil de implicación. Finalmente, dedicamos dous días máis á posprodución de audio e vídeo, para que non houbese moita diferenza entre as tres entrevistas e se mantivese unha mesma liña estética.
Para a elaboración da memoria decidimos dividirnos cada un dos puntos que debían integrala entre os catro membros do grupo. Deste xeito, cada un dedicaríase a un dos bloques temáticos do traballo: 15-M, redes sociais, grupo social e cidade. Pero tamén se encargaría de describir os distintos puntos do proceso. O portavoz designado ó comezo do traballo encargaríase de reunir cada unha das partes e de envialo ó profesor, unha vez fose revisado por tódolos membros do grupo.
Sen dúbida, o que máis botamos en falta á hora de facer o traballo foi dispoñer de máis tempo para afondar nos distintos temas que tratamos. Isto fixo que se tocasen de forma moi superficial para o noso gusto, pero se cadra era un traballo demasiado amplo, que impedía este tipo de tratamento. Ademais, ter que compaxinalo con outros traballos complicou bastante esta labor. A todos nos pareceu un tema moi interesante, sobre o que nos gustaría continuar investigando no futuro.
Este traballo foi unha oportunidade para analizar o movemento 15-M dende unha óptica que non nos era familiar. Serviunos para sumerxirnos na organización interna das acampadas, no día a día nas prazas, nas razóns dos “indignados” manifestarse, pero tamén supuxo toda unha bagaxe histórica e cultural que nos marcou os puntos en común da “Spanish Revolution” co resto de revolucións, protestas e manifestacións que tiveron lugar neses axitados meses da primavera e verán do 2011, dende o goberno cidadán de Islandia ata as protestas cidadás de “Occupy Wall Street”, pasando por unha chea de primaveras árabes.
Se algo sacamos en claro é que o 15-M non está morto, chegou para quedarse pero, como todo movemento sen unha cúpula organizativa clara, terá momentos de maior e de menor actividade. A axitación está nas rúas, os cidadáns agudizaron o seu espírito crítico e son máis conscientes ca nunca de que está nas nosas mans e non nas dos dirixentes cambiar aquilo que non nos guste ou que consideremos abusivo. Dende a sombra, o movemento segue traballando, levando a cabo reunións e organizando novas protestas e actividades que, gran a gran, están a contribuír a que cambiemos, por fin, o rumbo do noso futuro.
Xa para rematar, volvemos colgar o froito do noso traballo, ese video-documental que editamos a partir das entrevistas realizadas a tres perfís diferentes de participantes do 15-M: o de manifestante, o de organización interna e o de estudo académico do movemento.
Agardamos que vos gustase o noso traballo ou, como mínimo, que vos aportase algo novo, que vos sorprendese ou chamase a vosa atención.
Moitas grazas por chegar ata aquí.
Bereijo Piñón, S1F, 1A3
Cereijo Vázquez, S1F, 1B1
Bo é o que ben remata
Despois de moitas horas de traballo, de crebadeiros de cabeza, de complicacións, de dúbidas, de días nas “cavernas” editando, de desesperacións e, como non, de momentos absurdos e de risas, xa está, rematamos.
Acontéceme o mesmo cada vez que remato proxectos coma estes. Síntome como unha nai que pare un fillo. Si, si, de verdade. E que despois de tantas horas de sufrimento, porque editando, queridos amigos, e máis aínda se é en AVID, sófrese. Non digamos aínda, facer unha páxina web sen ter nin idea de programación… ou de páxinas webs!
Pero despois, cando xa tes a web rematada e o vídeo exportado, tan bonitiño el… esquezo todas esas horas nas que me estiven tirando dos pelos e un sorriso debúxase na miña cara, porque mereceu a pena.
O video-documental sobre o 15-M poderédelo ver en breves, nun post do meu grupo TS que Juan Caamaño subirá dentro dunhas horiñas. E a web da Asociación Feitizo… bueno, teredes que esperar un pouquiño máis, en canto amañe con eles o tema do dominio, pero colgarei aquí o link nada máis o portal saia ao aire.
Cereijo Vázquez, S1F, 1B1
Análise do grupo social do 15-M
Definir o grupo social que compón o movemento 15-M non é unha tarefa doada. Moitos son os debates orixinados ao respecto pero, aínda a día de hoxe, non hai unha resposta unánime e que convenza a todos.
Á hora de realizar o análise, centrareime exclusivamente en aqueles membros ou simpatizantes do movemento 15-M da zona de Santiago de Compostela, no que se denominou Acampada Obradoiro.
Para comezar, cómo se forman os grupos? O profesor en psicoloxía Tous i Ral, traballou sobre este aspecto e concluíu que a formación dos grupos é un proceso de catro fases. En primeiro lugar estaría o encontro, da socialización do encontro pasaríase á reunión, baixando un chanzo máis cara a socialización interpersonal formaríanse diadas e, da interacción entre as diadas xurdiría o grupo. Tous puntualiza que estas fases son mutuamente dependentes entre si.
Os acampados no obradoiro chegaron realmente a constituír un grupo social porque, ademais de reunirse durante un certo período de tempo nun espazo común ou de compartir unhas mesmas inquedanzas e reivindicacións, decidiron facer postas en común a través de Asembleas e das que posteriormente xurdiron distintos comités para levar a cabo as decisións acordadas entre todos. A asemblea constituíu o caldo de cultivo perfecto para a socialización do encontro ao grupo.
Pola súa banda, o profesor Sabucedo estudou as características da mocidade galega e a súa relación e interese pola política. Os resultados non puideron ser máis reveladores.
É certo que a mocidade galega manifesta un distanciamento e receo do sistema político, pero porque mantén unha actitude crítica ante o sistema, froito da percepción do afastamento das instancias políticas das preocupacións e problemas cotiáns da poboación. É dicir, a mocidade galega non se implica na vida política, pero iso non significa que non se preocupe por este ámbito, todo o contrario xa que para máis do 70% dos mozos e mozas non lles é indiferente quen estea ao fronte das instancias de goberno.
De forma maioritaria, os mozos galegos rexeitan a utilización de actividades violentas. A poboación debe aspirar e loitar non só por ser oída polos poderes públicos, senón tamén polo cambio social. Neste sentido, non debe escandalizar que aqueles sectores que teñen menos posibilidade de influencia política, fagan uso de diferentes estratexias de presión política, sempre e cando estas non se enfronten ás normas básicas de convivencia democrática, entre as que se atopa o abandono da violencia como forma de resolver os conflitos.
Como pode apreciarse, estes resultados non fan máis que marcar a tendencia do comportamento da mocidade galega. Unha tendencia de rexeitamento da violencia, de afastamento dunha clase política cada vez máis allea ás preocupacións da mocidade, de crítica construtiva e de diálogo democrático que se poría de manifesto nas pasadas reivindicacións de maio na praza do obradoiro.
Con todo, pódese concluír que, se ben foron as mozas e os mozos os principais instigadores e o grupo maioritario que acampou no obradoiro, non foron os únicos. Os “indignados” son un grupo totalmente heteroxéneo que teñen en común o rexeitamento e protesta dunha situación que consideran intolerable.
Por unha banda está a pasividade da clase política ante os ditados dos mercados e, pola outra, as condicións persoais dos manifestantes, que se caracterizan por ser persoal altamente cualificado que se atopa en situación de desemprego, de precariedade laboral ou por ser simplemente simpatizar coas reivindicacións expostas na praza pública.
Por último, en canto á adscrición política do grupo social do movemento 15-M, si que é certo que se observa unha tendencia cara a esquerda, pero que non é determinante, xa que os manifestantes pertencen a todas as clases sociais e ideoloxías.
Cereijo Vázquez, S1F, 1B1
Fontes consultadas:
DELGADO, Lola e LOZANO, Daniel: Tribus Urbanas: Guía para moverse con soltura entre frikis, solidarios, cool, hiphoperos, tuneros, cutrefamosos… (1994). Ed. La Esfera de los Libros S.L., Madrid.
MARC, Edmond e PICARD, Dominique: La interacción social (1992). Ed. Paidós Ibérica S.A., Barcelona.
SABUCEDO, Xosé M. e ARCE, Constantino: Xuventude e Política en Galicia (1992). Ed. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.
TAIBO, Carlos: Nada será como antes: Sobre el 15M (2011). Ed. Catarata, Barcelona.
TOUS I RAL, Josep M.: Comportamiento social y dinámica de grupos (1993). Ed. Promociones y Publicaciones Universitarias S.A., Barcelona.
“José Manuel Sabucedo: O 15M non fallou”
Nesta semana fomos falar cun profesor da factuladde de psicoloxía, José Manuel Sabucedo quen está levando a cabo un importante estudo sobre as protestas socias. Decidimos falar con el para tratar en concreto, o asunto que nos incumbe, o 15 M e a relación cas redes sociais.
Neste encontro, Sabucedo destaca duas cousas moi importantes a ter en conta. Por unha banda o fundamental das redes sociais para poñer en contacto a xente. Xa que se trata dun medio polo que non pode haber censura, e através do cal se pode chegar moi rapidamentea todo o mundo. Polo que a xente tivo a portunidade, e os medios necesarios para manifestar maisvamente o seu enorme descontento cunha clase política que non o representaba.
Por outra banda, está o feito da manipulación, a que se viu sometida o acontecemento. Isto foi o que ocorreu en casi todos os medios. Non cesaban de terxiversar aos manifestantes así como de correr un pano opaco que evitase a transferencia de calquer información relaicionada co momevemento 15M. Segundo o profesor Sabucedo, estos grandes atrancos foron os que axudaron a crear na sociesade grandes perxuizos hacia o movemeto e hacia os seus integrantes.Un exemplo desos perxuizos, e duras críticas inxustificadas pode ser visto neste articulo do País, onde o escritor Sánchez Dragó se despacha agusto.
Eu concretamente quédome cunha frase da entrevista: “Non debemos esquecer que a sobernaía está en mans do pobo, o decide quen lle debe gobernar”.
Álvarez Gromaz. SF1.1A3.
“El apoyo del 15M”
Centenares de ciudadanos ha asistido a la asamblea informativa convocada por el Movimiento 15M en la Plaza del Pilar de Zaragoza este mediodía, donde los convocantes han informado sobre la reforma laboral, han protestado contra la misma y han apoyado la huelga general convocada por los sindicatos para el 29 de marzo.
Un miembro del Movimiento 15M ha indicado a Europa Press que “la reforma plantea un retroceso, es una ruptura del pacto social y la idea es que tienen que echarla porque ya las reformas anteriores eran malas”.
En opinión de este miembro del Movimiento 15M la reforma laboral aprobada por el Gobierno de España en 2012 “no va a llevar a ningún beneficio a la mayor parte de la gente”.
El Movimiento 15M considera que la reforma laboral provocará “precarización, pobreza” y perjudicará más “a los mismos a los que está atacando ahora la crisis, a los jóvenes, a los parados con familia, a las mujeres”. El Movimiento está realizando asambleas en varios barrios de la capital aragonesa.
Juan Caamaño, S1F.
“15M e as Redes Sociais”
Neste artigo reflíctese un pouco o que nós queremos amosar en noso traballo. A maiores facilito esta páxina de: El Correo gallego, onde se poden ver fotos do asentamento do 15M en Santiago de Compostela.
http://www.elcorreogallego.es/fotos/ecg/acampada-movimiento-indignados-santiago/idGaleria-4618/
Para levar a cabo noso traballo necesitabamos contar coa axuda de tres experiencias moi distintas, unidas polas redes socias e a labor do 15M. Estamos a falar por unha banda dun participante do movemento por outra dunha persoa organizadora do mesmo e por último dun experto que nos fale das relacións sociais actuais entre persoas e redes sociais. Para esta última labor decidimos contar co profesor de psicoloxía José Manuel Sabucedo. E agora atopamosnos na fase de elaboración de entrevistas para abranguer o campo de acción destes tres actores, que serán o eixe do noso traballo. Álvarez Gromaz-Grupo TS1F.