Arquivo do blog

Bassalto! (Baile Assalto na Gentalha!)

Os bailes Assalto que teñen lugar na Gentalha do Pichel os segundos venres de todos meses, están organizados pola organización coa que estamos a traballar nesta materia: aCentral Folque. O proxecto xurdía, fai xa uns meses, co obxectivo principal de tender pontes cara outras culturas irmás a través da danza e da música popular, dándoas a coñecer, deste xeito, aos veciños e veciñas de Compostela. O pasado venres, probamos a ir, e non decepcionou. Bailamos durante varias horas ao son de músicas bonitas e alegres. Aprendemos, tamén, costumes doutros pobos.

_untitled_ 069
Desfrutamos tanto que non dubidamos da nosa presencia no próximo Assalto. As danzas tradicionais bretonas non se caracterizan pola excesiva expresión corporal, porén pegados os uns aos outros, movéndonos a pasos pequenos e suaves, pasámolo en grande. Acompañadas da Tanda bretona e da Tanda Variété gozamos ao ritmo da boa música tradicional europea.

_untitled_ 065

_untitled_ 059
Aquilo parecía unha gran familia bailando. A pesares de non coñecérmonos de nada, o trato era familiar e próximo. As parellas mesturábanse e cambiaban continuamente seguindo o ritmo da música. Os organizadores, a xente de aCentral, tamén se animaron e uníronse ao baile. Comprobamos á perfección como a música é elemento cohesionador dunha comunidade, como propicia a relación e o diálogo entre as persoas.
A experiencia foi inmellorable. De feito, os Assaltos na Gentalha non deixan de aumentar o seu público mes tras mes. Nós, polo menos, repetimos seguro!

_untitled_ 063

Titorizado 5A  142.A00

Cando falla a comunicación

Ás catro e media estabamos coma un clavo esperando na porta. Apretaba o frío, pero quedaramos o mércores anterior con Mauro, o encargado da produción dos eventos d’aCentral Folque, para ver como funcionaba a Escola Livre de Música Popular Galega. Poderiamos ver algunhas das clases de múscia que se impartían en vivo e en directo, e poderiamos charlar cos profesores e alumnos. Pero o tempo pasaba, e a pesar de que levabamos varios minutos esperando ante a Trisca, ninguén aparecía pola rúa de San Pedro. A porta do edificio, ademais, estaba pechada.
Ao cabo duns minutos de espera apareceu un profesor da escola que nos abriu a porta e nos explicou que os luns estaban pechados para o público e que só atendían aos alumnos, e que por iso estaba todo pechado e as luces apagadas. Resgardámonos no recibidor do edificio, mentres liamos revistas de 2008 e 2009. Mauro seguía sen aparecer. O prefesor que nos abrira a porta retornou e pedímoslle que chamara a Mauro. Non había resposta. O home deunos o teléfono do produtor para que nós mesmas nos puxeramos en contacto con el. Pero pola nosa parte tampouco había resposta, nin ás chamadas nin aos Whatsapps. Dúas horas despois, Xoana, a coordinadora do noso grupo, recibiu unha chamada de Mauro explicando que non se presentara á nosa cita por un imprevisto e que non se pudera poñer en contacto con nós.
Con feitos coma este, dámonos de conta de que en calquera organización ou planificación, se falla a comunicación, xa sexa por omisión ou distorsión, vense abaixo todo o traballo. A comunicación e o entendemento son as bases de calquera empresa que queiramos levar a cabo.

comunicacion

Orge Fernández,  142 A02

 

aCentral Folque: unha toma de contacto

scale

Dende os albores da humanidade, a música é un elemento imprescindible en tódalas culturas. É un medio de comunicación eficaz, ademais de unha forma de ocio á que sempre se recurriu.

Tódalas culturas posúen un tipo de música característica, e como non, a galega non ía ser menos. Somos conscientes dunha música propia da nosa terra dende o medievo, onde se atopan as primeiras referencias a ela a través de cancioneiros e cantigas. Houbo épocas de auxe, así como de declive. Nestas últimas cabe destacar os Séculos Escuros, nos que a música se viu perxudicada de tal maneira que a súa única vía de transmisión era de maneira oral. A emigración, a urbanización e o franquismo tamén afectaron severamente á música popular, pero a partir de 1980 comezaron a xurdir grupos e agrupacións folclóricas, así como festivais, que forxaron o rexurdimento da música tradicional galega.

Consideramos que é  importante manter viva esta música tan nosa, polo que decidimos pornos en contacto coa Central Folque, en Santiago de Compostela, para estudar como as persoas se implican e coordinan entre elas e así facer chegar esta música á maior cantidade de xente posible,  facelas conscientes da nosa cultura e intentar inculcar o interese por ela.

 ORGE FERNÁNDEZ, MARÍA 142 A02