Arquivo do blog

Le han regalado un IPad al abuelo

http://biertijd.com/mediaplayer/?itemid=33329

Estes 32 segundos de vídeo son o mellor resumo para ilustrar o desaxuste xeracional ó que levamos asistindo dende hai xa dúas ou tres décadas. Baixo este “gag” agóchase un bo exemplo dos problemas de adaptación nos que os máis maiores, e non tanto, terminan por caer cando a súa capacidade de asimilar novas realidades se ve superada polas ditaduras do progreso. E é que se o avance técnico non vai acompañado dunha evolución social, inevitablemente nos conduce a caer nunha desconexión, nun desaxuste. En moi poucos anos, e a unha velocidade vertixinosa, en Galicia pasamos de usar o arado a presumir de sementadora ultra moderna. Ou aínda diría máis, pasamos directamente a esquecernos do campo.

Agora estamos atrapados nun limbo, nun punto de inflexión: importamos toda a tecnoloxía que podemos pero non sabemos utilizala. Así, ante nós eríxese unha xeración con problemas para adaptarse a todos estes cambios. Unha ciencia e técnica impostas da que non todos saben aproveitarse, e que moitas veces termina derivando en algo lesivo. Sempre recordarei o día que máis confuso vin a un familiar meu: unha mañá na que intentando pedir unha inofensiva cita por teléfono para o médico, terminou agonizando para conseguir convencer a aquela máquina que lle contestaba de que non quería pulsar ningún botón, que o único que desexaba era falar co doctor.

Evidentemente, a solución do noso protagonista non foi nin daniña nin nociva para el -si para o peto do que regalou o aparto-  pero os problemas de adaptación para estas xeracións, que contemplaron atónitos coma da radio pasamos á televisión, satélite, Internet, TDT e un longo etcétera aínda por descubrir, seguen aí. Con todo, o que máis me intriga disto non son os problemas de adaptación desta xeración pasada, senón os da nosa, do futuro. Nós, acostumados xa ós cambios vertixinosos desta sociedade, que desesperamos cando un maior non entende ou carece da rapidez suficiente para manexar estas tecnoloxías, repetiremos dentro de 40 este patrón? Sexa así ou non, sempre nos quedará o consuelo dunha literatura bravú que nos recorde que, polo menos, non fomos os primeiros.

Fernández Fernández, S2B, 2A3

“ProT: Repaso a ATEGAL”

E para rematar, hoxe ímoslle dar un repaso completo a ATEGAL, o centro de formación permanente de adultos no que traballamos Cruz, Borja, Óscar e eu, Jessica, para o ProT.

Antes de meternos en materia, recordarvos que ATEGAL é unha entidade sen ánimo de lucro, financiada pola Xunta de Galicia, na que se integran as Aulas da Terceira  Idade de Galicia.

–          A quen está dirixida? Quen é a persoal social á que se orienta e que se pretende formar nestas aulas?

Sendo o principal obxectivo do centro a promoción sociocultural para as persoas adultas que desexen perfeccionar a súa formación en diversas materias e contribuir, así, á elevación do nivel cultural da sociedade galega, temos que o perfil consumidor ou, mellor dito, alumno do centro é unha persoa activa, con máis de 50 anos, movida e motivada polas inquedanzas de aprendizaxe e, na maior parte dos casos, polas ganas de servir á sociedade.

–          Como é a organización do centro?

A organización do centro segue o modelo xerárquico, partindo do presidente a nivel comunidade autónoma, continúa cun vicepresidente, secretario, tesoureiro e vocais propios en cada sede.

Asemade, cómpre destacar a división interna en departamentos, segundo as distintas áreas nas que se inclúen as materias e onde se atopan os profesionais correspondentes.

Poderíamos dicir, entón, que a súa organización é vertical se falamos do órgano directivo e horizontal se nos referimos ao reparto por asignaturas.

–          Onde funciona? Cales son as súas redes?

Coa sede principal situada na capital galega, ATEGAL conta con centros espallados por toda Galicia: A Coruña, Padrón, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, Vilalba e Monterroso.

En canto a redes, a entidade mantén relación con numerosas organizacións destinadas a funcións e actividades sociais, que lles serven como apoio e complemento nas súas actividades. Algúns exemplos serían: a Cruz Vermella,  Entreculturas, Médicos Sen Fronteiras, Colexios de Xesuítas, alumnos das universidades…

–          Que buscan aportar? Que queren comunicarlle á sociedade?

Como organización social, ATEGAL promove o desenvolvemento de actividades socioculturais que permitan a mellora da formación integral daqueles maiores que o desexen; así como o intercambio de experiencias e prácticas encamiñadas á mellora da calidade de vida e benestar das persoas maiores mediante plans pedagóxicos axeitados. Todo isto, unido ao desenvolvemento de programas solidarios que favorezan a participación activa e creativa dos seus alumnos no mundo do voluntariado.

En resumo, a asociación ATEGAL ten como obxectivo final a mellora do benestar persoal, a saúde integral e a calidade de vida dos maiores a través das actividades socioculturais.

–          En canto ao desenvolvemento, como traballan?

Para levar a cabo os obxectivos descritos no anterior epígrafe, a asociación busca e promociona fontes de financiamento, subvencións e audas económicas que lle permitan alcanzar os fins establecidos e poder levar a cabo os seus proxectos. No que a estes se refire, temos que ATEGAL organiza e coordina cursos, xornadas, seminarios, congresos e todo tipo de actividades que contribúan á formación, reciclaxe e intercambio de experiencias.

Por último, cómpre salientar que ATEGAL edita o seu propio material, impreso en boletíns e revistas, así como material fotográfico, vídeos e publicacións multimedia, cuxa función non é outra máis que a de servir de sustentar as actividades propias do centro.

 Iso é todo, rapaces! Agardamos que a nosa actividade con ATEGAL vos servise de proveito 😉

Saúdos!

Méndez Lema, S2F, 3A2

¿Fiesta o abuso?

Poco queda para la llegada del verano y creo que todos lo estamos deseando, durante esta época suelen proliferar por toda españa las fiestas populares. Hasta aquí todo perfecto, verano = fiesta, pero centrémonos en las fiestas relacionadas con el mundo taurino, proliferantes por toda la geografía española. Pensando la planificación de Peñas 2012, la fiesta veraniega más popular en mi ciudad, Pontevedra, se me ocurrió indagar en otras similares, desgraciadamente no con el mismo fin que la celebrada en la capital de provincia gallega. Situándoos rápidamente, la fiesta de Peñas consiste en 4 corridas, distribuídas en las dos primeras semanas de Agosto, a la que acuden los aficionados taurinos. Por suerte, los miles de jóvenes que año tras año acudimos a esta fiesta, no nos involucramos lo más mínimo en la matanza que se produce en la plaza, ya que nuestra única finalidad es hacer de esta fiesta algo grande para la ciudad.

Pero echando un vistazo rápido al resto de España, en muchos pueblos no sólo son las corridas en la plaza las protagonistas de los festejos, sino que se trata de fiestas populares arraigadas en los pueblos que comportan agresiones o maltrato de animales. Entre las más salvajes y conocidas, me han impactado la del Toro de la Vega de Tordesillas (Valladolid), cuyo ritual empieza con la suelta de un toro bravo cerca de la Plaza Mayor de la Villa. Varias personas montadas a caballo dirigen al toro hacia el campo hasta una zona en la que los vecinos le atacan con lanzas hasta acabar con la vida del animal. Y la fiesta del Toro de Coria (Cáceres), en la que el toro va suelto por el recinto amurallado de la ciudad durante horas recibiendo los impactos de los dardos (“soplillos”, unos gruesos alfileres) que le lanzan los vecinos de Coria con sus cerbatanas. La tortura del animal no para aquí. Cuando su agotamiento y debilidad se va sobreponiendo a sus fuerzas el toro se acuesta, y ese es ell momento en el que los mozos le cortan los testículos mientras agoniza. ¿Siglo XXI? ¿Como lo veis vosotros?

García Varela, Miguel                  S2B

“ProT: Esto es to, esto es to, esto es todo amigos”

Tras un par de meses trabajando con ATEGAL toca el momento de que nuestros caminos se bifunquen. Han sido dos meses de distintas experiencias que nos han enriquecido tanto a nivel personal como a nivel profesional, ayudandonos a ganar algo de experiencia a través de la redacción de artículos de sus actividades y diferentes notas de prensa. Paula, Fátima y Miriam nos han acogido como cuatro miembros más, facilitándonos el trabajo. Cottolengo, merenda solidaria o Entre Culturas ya no serán nunca más términos carentes de sentido para nosotros.

Ahora toda despedirse, dar las gracias y acabar de elaborar la memoria de nuestro trabajo ProT, aunque esto no tiene por que ser un adios. Dejémoslo en un simple hasta luego, porque seguro que volveremos a encontrarnos sin necesidad de adecuarnos a las pautas de un guión de trabajo o al programa de una materia.

Creo, y hablo por el resto de mis compañeros también, que finalmente hemos dado en el clavo con la asociación. Gente muy cercana, amena, interactiva y participativa. Hemos tratado de mejorar su comunicación, hemos aprendido y aún encima hasta lo hemos pasado bien. ¿Que más se puede pedir?

Negreira Rey, Oujo Paz, Méndez Lema y Martínez Montero, eternamente agradecidos a ATEGAL. Para la semana os detallaremos más pormenorizadamente nuestra memoria, con los pasos resumidos que hemos dado.


Martínez Montero, S2c, 3a2

ProT: ATEGAL en internet

Cando chegamos o primeiro día e aínda non sabíamos o que iamos facer para colaborar coas Aulas da Terceira Idade non nos podíamos imaxinar que nos involucraríamos tanto e tan profundamente na labor da asociación. Tanto Paula como Fátima, as principais dirixentes de ATEGAL axudáronos pronto a situarnos no día a día.

Ao longo destes meses de traballo tivemos que ir a cubrir diferentes actos organizados ou promocionados polas Aulas da Terceira Idade de Galicia. Despois de realizar sesións fotográficas durante os actos e cubrir a información realizamos artigos para subir á páxina web da asociación: http://www.rumorosos.com. Pero no só nos dedicamos a iso, a nosa labor tamén consistiu en ir as clases, involucrarnos case ao cen por cen na asociación.

A verdade é que consideramos realmente positiva a experiencia de poder traballar con esta asociación durante este tempo. Aprendemos como funciona por dentro, e como se deben elaborar notas de prensa para facer públicos. Aprendemos, en definitiva, como se leva a comunicación nunha asociación.

Borja Oujo Paz, S2D, 3a2

Pasión, lluvia y decepción en Semana Santa..

  Semana Santa. Días de pasión, rezos, capuchones, cofradías, costaleros y  gente ansiosa por ver a sus santos después de un año de espera. Es increíble la devoción por la espera de mucha gente, sobretodo en el sur de España, en Andalucía, con sus múltiples cofradías y fiestas en cada pueblo, donde la Semana Santa está instalada desde hace siglos y parece una religión en si misma. Pero en estos días, donde la sequía y la lluvia escaseaba, llega Semana Santa y se cumple el refrán: ” Abril, aguas mil”, curiosamente más en el sur, que en el Norte, durante los lunes 2, martes 3, y miércoles 4, llovía a mares y retrasaba procesiones en Sevilla, Córdoba, Huelva, Granada, etc, mientras en Ferrol, Valladolid y León aguantaban algo más la lluvia.

Menos mal que el tiempo dio algo de respiro a los centenares de miles de fieles, que en Andalucía al menos, llevaban esperando más de un año, ya que la lluvia también fastidió la Semana Santa del 2011. En esta ocasión al menos fue parcial,    la lluvia hizo acto de presencia en diferentes capitales de provincia, pero no todos los días y los fieles pudieron ver con pasión y ferviente admiración, los pasos por los cuales esperan todo el año. Es curiosa la admiración, para toda la gente, ya que no atiende ni a sexo, ni religión, incluso gente que no se considera religiosa, admira y acude cada fiel a esta tradición tan típica española. Es una tradición que está arraiga en todos los rincones de la península, teniendo hueco también en el norte, con su máximo esplendor en Galicia, con Ferrol y Viveiro como exponentes declaradas ambas Fiestas de Interés Turístico Nacional.

 

 

La lluvia dio algo de respiro este año, esperemos que durante unos días se retrase  y llueve al término de la Semana Santa, para así poder dejar en paz a todos, a los que quieren lluvia, y para los seguidores de los pasos que así podrán ver a sus imágenes un año más. Así tenemos la fiesta en paz, otro año más..

http://www.abc.es/videos-es

http://www.abc.es/20120402/sociedad/abcp-lluvia-desluce-sevilla-primeras-20120402.htmlpana/20120407/pasion-devocion-lluvia-procesiones-1551869700001.html

 

Iván Cernadas, S3F

 

ProT: Dáme unha A, dáme unha T, dáme unha G

O pasado xoves a tarde chegaba demasiado tranquila ás aulas de ATEGAL. Nesta xornada de folga festiva xeral, mentres a xente paseaba tranquila baixo o sol, nós dispoñiámonos a pasar probablemente o último día de actividades solidarias.

Aínda que o previsto era unha charla interxeracional con alumnos universitarios de psicoloxía xerontolóxica, a particularidade do día fixo necesaria a improvisación. E Miriam, alumna en prácticas, deixou voar a imaxinación para unha clase de expresión corporal.

Chegadas as seis da tarde, reunímonos nunha clase á que só acudiron outras cinco alumnas. Tras as presentacións de rigor coas que aínda non nos coñecían, Miriam presentou a actividade: xogar ás películas, isto é, representar coa mímica algún dos seus protagonistas ou algunhas pistas do título. Pronto nos trasladamos ás escenas de Casablanca, Memorias de África ou La vida es bella. Unha vez esgotada a carteleira, pasamos a outro xogo de maior dificultade: representar as letras dunha palabra co corpo.

Así pasamos algo máis dunha hora, durante a que a vergoña deixou paso ao riso neste singular concurso.  Unha tarefa sinxela pero proveitosa, na que as alumnas, ademais de  pasalo ben, puideron traballar a imaxinación, a psicomotricidade e a memoria. Pero sobre todo aprenderon que as palabras non son imprescindibles para comunicárense cando compartimos unhas referencias básicas comúns.

Sen dúbida foi unha agradable pausa á xornada, na que nós tamén disfrutamos e aprendemos. Polo momento, seguimos elaborando os artigos sobre as actividades. A ver que nos depara a vindeira semana.

Negreira Rey, S2C, 3A2

ProT: ¿De veras hay salida?

Óscar Vallo y yo hemos continuado nuestra convivencia en la plataforma por la Búsqueda Activa de Empleo (EBAE). Cuando llegamos allí por segunda vez, la afluencia de gente había disminuido. 1 persona en el ordenador, dos como mucho en la mesa cubriendo todo el material administrativo que exige la Cruz Roja para formar parte de su red de búsqueda. Y voluntarios, muchísimos. Eso sí. Gente dispuesta a ayudar a que el mundo cambie, aunque sólo sea aportando un pequeño granito de arena.

Me pregunté si alguno de ellos encontraría ya empleo, y con ellos me refiero a las personas que pasan por allí y que de forma desesperada entregan su currículum para conseguir algo cuanto antes. Quizás porque no sepan cómo van a pagar las facturas de mañana.

He de decir, como crítica constructiva, y sin ánimo de ofender al colectivo de Cruz Roja, que no me parece lo más conveniente ayudarles por internet a introducir su correo electrónico en Infojobs o en plataformas tan masivizadas. Se supone que el EBAE está para asesorar individualizadamente.

Valencia Bermúdez,   S3D 4B2

“ProT: Bailaches Carolina, bailei si señor…”

Continuando con nuestro trabajo de TS la semana pasada, en concreto el jueves, hemos visitado con ATEGAL el centro Cottolengo. Este lugar alberga a minusválidos “de gravedad”, de tal forma que nuestra visita junto la de Fátima y Míriam además del resto de asociadas de ATEGAL es una novedad para los enfermos. Llegamos puntuales a la cita con Iván Varela, miembro del GOBE que le toca supervisar nuestros progresos. Al momento apareció la expedición ATEGAL. Nos enfrascamos en la tarea. No es una situación cómoda, pero hay que demostrar entereza. Globos en mano, sonrisa en la boca y alegría en el cuerpo. Nos conducen al salon de actos, en donde van llegando a cuentagotas las enfermas. Al final nos tocó ejercer de animadores, poner nuestro grano de arena para que ese día fuera inolvidable. Repartimos los globos, jugamos con ellos, animamos, bailamos, cantamos y hasta “peloteamos” con ellos. Hora y media más tarde tocó poner fin. Los internos  del centro del Cottolengo nos lo agradecieron, sabemos que ha sido un día inolvidable, en especial para alguna de las participantes que no pararon de pedirnos bailes con música de David Bisbal, Civera y compacompañía. Algunos pudieron participar más activamente en las actividades. Otros, por desgracias de la vida, no pudieron pero según nos han afirmado las enfermeras ha sido un soplo de aire fresco para su rutina diaria. Este jueves, más.

Martínez Montero, S2C, 3A2

ProT: A merendar!

Esta nova semana, continuamos a nosa particular aventura con ATEGAL. E dentro do ciclo de actividades que están a desenvolver en animación solidaria este xoves tocou… Merenda Solidaria!

Este é un acto que se celebra como quinto ano consecutivo, no que colaboran a  ONG Entreculturas, un grupo de alumnas voluntarias do Colexio San Francisco Javier, ATEGAL e tamén o Colexio Maior San Agustín. As voluntarias preparan, con elementos doados por patrocinadores, bolsas de merenda que levan un bocadillo de pan de molde, unha auga e unha froita. A merenda custa 3 euros pero cada un pode aumentar a doazón ao que desexe. O diñeiro recaudado destínase, mediante Entreculturas, a mellorar as escolas de países pobres do Sur, este ano as escolas do Chad.

Logo da merenda, a directora do colexio, María Chao, e o delegado de Entreculturas en Galicia, Pablo Rodríguez, ofreceron aos asistentes una breve charla a modo de explicación da colaboración das dúas entidades no proxecto.

Para nós foi unha tarde divertida e intensa, onde compartimos experiencia e conversas cos nenos, cos pais, cos organizadores do evento…e tamén cos nosos compañeiros xornalistas da TVG e de V Televisión.

No tocante á nosa relación coa asociación, o promedio de dúas visitas semanais fai que xa nos reciban como parte da familia, e así o sentimos nós tamén, que nos movemos polas aulas como polos corredores da nosa casa.

E para a semana máis e mellor, pois xa estamos a organizar con eles unha visita ao Cotolengo para o próximo xoves!

Negreira Rey, S2C, 3A2

ProT: Colaborando con ATEGAL

Esta semana xa nos puxemos as “mans na masa”. A semana pasada acudimos a diversas clases e observamos como funcionan. Foi unha grata sorpresa ver a capacidade de aprendizaxe e a boa vontade coa que os xubilados acudan a estas aulas. Teñen unha ansia de aprender poucas veces vista na xente moza.

Paula, a coordinadora da Asociación Cultura Galega de Formación Permanente de Adultos en Santiago, fíxonos varias propostas para poder realizar este traballo. A proposta na que chegamos a un acordo foi a de facernos cargo da páxina web da asociación: http://www.rumorosos.com/.

O primeiro que imos facer é acudir aos diversos actos dunha actividade de animación solidaria que organizan durante este mes,para obter a información. Despois deberemos elaborar artigos, dunha forma correcta e, a poder ser, en galego, para renovar a páxina web que leva sen actualizar dende o segundo trimestre do 2010. Unha vez teñamos feito isto a coordinadora da asociación en Santiago de Compostela revisará os artigos e posteriormente serán subidos a páxina web. Para comezar, deberíamos elaborar un breve artigo sobre a historia de ATEGAL e a súa función aquí, en Compostela, e posteriormente realizar artigos sobre as diversas actividades que leven a cabo.

Oujo Paz, Borja

3a2