Arquivo do blog

Praza Pública: o resumo da nosa colaboración

Praza

Preto de San Marcos, nome do director de Praza Pública, chegou a fin da nosa viaxe na colaboración co medio dixital galego. Ó fin temos publicadas as nosas traballadas reportaxes na web do diario, para que todo o mundo as poida ler durante esta fin de semana ou cando teñan un chisco de tempo. Asimesmo, rematamos o tan ansiado vídeo promocional despois dos numerosos problemas que tivemos para recabar o material. Imos punto por punto.

Reportaxe do Cineclube de Compostela

Como viñamos anunciando dende hai semanas, unha das nosas reportaxes consistiría en realizar unha ‘caricatura’ do Cineclube e iso foi o que realizamos. Mediante a conversa que xa explicamos en post anteriores, realizamos un texto de citas dando voz aos cinco membros que prestaron as súas palabras amablemente para este traballo. Quedou un texto moi cómodo de leer e que voz aconsellamos a todos se queredes coñeces o cine máis alá d’As Cancelas e do Valle Inclán.

REPORTAXE > Cineclube de Compostela: “Sempre tentamos suscitar preguntas máis que dar respostas”

Reportaxe de Samia Zahidi

O noso segundo traballo consistiu na elaboración dunha segunda reportaxe. O tema foi entre o deportivo e o social, xa que mediante as declarancións dunha triatleta marroquí, cuxo nome é Samia Zahidi, elaborouse un esquema da situación dos deportistas máis novos do país, que están sustentados por patrocinadores e que teñen unha gran presión enriba deles. Ademais, fálase tamén da situación de Medhi, cuxos alaridos resoaron en todas as illas Mauricio. Disfrutádeo.

REPORTAXESoños de triatlón nas Illas Mauricio

Elaboración do vídeo promocional

Por último, o vídeo prometido xa está na nube. Grazas ás imaxes da Catedral de Santiago gravadas polas nosas cámaras, as capturas da web, as fontes de Praza, as gaitas e á voz de Maika aguado, conseguimos que quedase un spot bastante decente. De feito, Marcos Pérez díxonos que probablemente se empregue nos actos do segundo aniversario de Praza, polo que a nosa colaboración rematou de xeito exitosa. E mellor que tantas letras, deixámosvos o vídeo.

Praza Pública: Os lectores son os xefes

A Fundación Praza Pública é a responsable do xornal Praza Pública. É unha fundación sen ánimo de lucro que ten por finalidade o fomento da información e o debate público como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e a lingua galega.

Se habitualmente os medios dependen dos seus lectores para manter a súa viabilidade económica, o caso de Praza é o exemplo dun modelo de financiamento relativamente innovador e efectivo que, non obstante, entrega todo o poder aos lectores. É certo que en Praza Pública hai publicidade, que aporta unha parte do orzamento do diario. Porén, trátase en cáseque todos os casos de cuestións institucionais (Universidades) ou de empresas involucradas coa defensa da lingua galega e da promoción da cultura propia do país (Xerais). Estas empresas representan, ademais dun aporte económico non demasiado elevado, un alegato a prol de Galiza dos máis firmes que se poden facer: a través dos cartos.

Cando dicimos que Praza está en mans da audiencia, é pola opción, dentro do acceso gratuíto aos contidos, de aportar diñeiro, tanto de modo eventual como periodicamente, con dereitos de diferente índole segundo a contía da aportación, como vemos no seguinte recorte de pantalla do sitio web.

praza

Os cartos implican un compromiso forte co tecido mediático de Galiza, malia que en termos absolutos non signifique unha cantidade demasiado elevada de cartos. Aí está a cuestión. Mentres que noutros casos as decisións tómanas empresarios, afastados da realidade social e tamén da xestión real dunha empresa xornalística, en Praza Pública os xefes son lectores, que comparten a forma de entender a información do medio e queren que este se manteña, xogando para elo o seu propio capital.

T1A

Praza Pública: “Dúas prazas para o cine, por favor”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Chegou abril, e con él, o traballo de dar profundidade ás nosas reportaxes. A primeira, como xa comentáramos, irá sobre a estrutura do Cineclube de Compostela, un grupo de xente volcada coa difusión de filmes que proporcionen algo más que diversión á sociedade. Por isto, Sergio e Álvaro foron de visita Á Gentalha do Pichel, o local sito na Rúa santa Clara onde cada mércores se proxectan as películas.

Entre disparo e disparo dalgunha fotografía que empregaremos no noso artigo, comezou unha película sobre historia, en alemán e traducida ao galego. Sen dúbida, lonxe do que estamos acostumados a ver nas Cancelas ou mesmo no Valle Inclán. Sorprendente e diferente, así se podería definir a longametraxe á que asistiron unhas trinta persoas nese pequeno rincón de Compostela. Un por un, na entrada, axudaban cunha pequena aportación dun euro có grupo do Cineclube, recibindo a cambio unhas fotocopias coa explicación do que verían posteriormente.

E tras rematar a proxección, xuntamos a cinco -ver foto- dos que ‘sempre están ahí’ no Cineclube, establecendo unha conversa que sairá á luz. Case media hora de debate, risas e historias sobre o fantástico mundo do celuloide. Contáronos, adiantando un pouco o contido, que todo cambiou moito dende a década pasada, cando comenzaron a súa aventura. Recordan con ledicia os primeiros pasos e como pouco a pouco a idea foi crecendo e deixando huella en Santiago. Sen dúbida, agora todo o mundo ten ganas de pedir dúas prazas -públicas?- para o cine, pero sempre por favor.

T1A

Praza Pública: O cineclube, no centro da Praza

65992_100456146809478_1615000549_n

Despois da satisfactoria reunión que tivemos co responsábel de Praza, e coa rodaxe do anuncio xa en marcha, no grupo T1A avanzamos cara o noso seguinte obxectivo da colaboración con este medio. Así pois, a partir do 1 de abril comezaremos a traballar cos nosos compañeiros do grupo T6A para desenvolver unha reportaxe sobre o Cineclube de Compostela que será publicada en Praza Pública.

O Cineclube é un espazo cultural único na capital de Galicia porque anima aos asistentes ao coñecemento da cultura audiovisual de lugares menos habituais, e non por iso menos inspiradas ou talentosas. Para ver filmes estadounidenses (comerciais) sempre pode un pagar nos cinemas convencionais —ou descargalo ilegalmente, claro— e gozar cáseque sempre do refrito de ideas manidas e á vez decimonónicas sobre as relacións persoais e as mesmas situacións reformuladas. O que estea interesado noutras visións, noutras achegas á cultura, será ben acollido no Cineclube.

Debido a que Praza Pública é un medio que no plano cultural diverxe significativamente dos medios «tradicionais», o seu director viuse moi interesado pola idea de adicar unha reportaxe ao funcionamento desta asociación, da que el mesmo é socio. Deste modo, e tras o contacto satisfactorio co xa mencionado grupo T6A, elaboraremos unha reportaxe, que terá ademais contido fotográfico —na medida en que os responsábeis da asociación nolo permitan—.

No próximo post, avanzarémosvos algún aspecto da nosa visita ao Cineclube e os primeiros detalles da forma que terá o noso reportaxe unha vez presentemos a base da idea ao director de Praza Pública.

T1A

Praza Pública: De prazas vai a cousa

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Primeira reunión e van xurdindo as ideas. Din que a comunicación coa axuda das redes sociais e os teléfonos móbiles é máis sinxela, pero polo que puido experimentar o noso grupo, isto non é verdade. Costounos suor e bágoas -destas últimas non moitas- establecer un encontro co director de Praza Pública, home ocupado onde os haxa. Varios correos electrónicos e varias chamadas para poder falar como se facía antes, cara a cara, que ó parecer é coma mellor se entende á xente. Aínda así, a xuntanza resultou bastante satisfactoria polas dúas partes.

O principal tema foi presentarlle a idea de facer un vídeo promocional de Praza Pública, no que aparecesen diversas plazas de Santiago -e tentamos que de Galicia- con algún lema do medio online. Quizais non sexa unha idea moi orixinal, pero para el ten a esencia que queren trasmitir. Agora mesmo son unha das poucas webs ‘serias’ en lingua galega, polo que a súa idealización é bastante clara, de Galicia para Galicia -ou Galiza, como prefirades-. Agardamos que quede unha boa peza e que poida extenderse entre os internautas coa maior rapidez posible.

A segunda parte do noso traballo será a elaboración de dúas reportaxes, e aquí e onde entrades vosoutros, queridos compañeiros. Propúxemoslle que dúas das vosas asociacións nos proporcionasen fontes para eses traballos, pero sempre cun toque difrenciador. Puxo nas nosas mans dúas vertentes. Por un lado unha reportaxe que vaia na liña do medio (Stop Desahucios, aCentral Folque, Adega, etc.) e outra que sexa algo novo en Praza Pública, coma a residencia Volta de Castro ou Down Compostela.

Agardamos as vosas ideas e que llo comuniquedes aos vosos ‘superiores’ das asociacións coas que traballades por se lles pode interesar. Por agora hai dúas Prazas vacantes, e nunca mellor dito.

T1A

Praza Pública: presente e futuro do xornalismo en galego

En nada máis ca un ano, a aposta xornalística de Praza Pública converteuse en referencia no xornalismo en galego. Porén, debemos lamentar que por ser, é practicamente a única referencia na nosa lingua e, por suposto, non conta con versión impresa. O presente do xornalismo escrito está na rede e, como dixo un famoso xornalista español, «o futuro do papel é equiparábel ao dos vinilos, para especialistas dispostos a pagar máis por un contenido máis profundo e analítico». E, como no caso das gravacións en formato vinilo, tamén requirirá un pouco de excentricidade.

Voltando ao tema, o modelo informativo de praza aséntase en varios pilares: un deseño interactivo, atractivo visualmente e moi doado de utilizar; información en tempo real con contidos hipertextuais procedentes de medios de comunicación, blogs, canais de vídeos, etc.; artigos de opinión asinados por persoeiros de todos os ámbitos e ideoloxías de Galicia, e, finalmente, contidos culturais pouco ou nada presentes nos medios de comunicación xeneralistas (músicas do mundo, lusofonía, banda deseñada, deportes minoritarios…).

praza2

Os responsábeis de Praza Pública son conscientes de que a situación económica non é a máis propicia para a fundación dun proxecto xornalístico. É por iso que o xornal non conta cunha redacción física. A financiación realízase por medio da publicidade e das doazóns individuais, aínda que existe a posibilidade de facerse socio e tomar parte das decisións empresariais. Por outra banda, o medio asinou a finais de 2012 un convenio de colaboración económica e de contido con eldiario.es.

Nas nosas vindeiras entradas achegarémosvos ao mundo de Praza Pública a través de accións promocionais e realizaremos reportaxes para eles coa colaboración doutras asociacións dos distintos grupos de ProT.

T1A