Arquivo do blog

“ProT: Esquema-resumo 4B1”

O noso grupo ProT traballou coa asociación de Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC na elaboración dun plan estratéxico de comunicación para a captación de novos socios. A nosa relación coa asociación limitouse ao gabinete de comunicación, que coordinaba Iolanda Fernández, e á xestoría técnica (Inés Toca).

Achegamos novas ideas coa finalidade de dar un aire renovador ao conxunto da asociación. O principal obxectivo do plan era mellorar as súas estratexias comunicativas internas e externas, de xeito que conseguira manter os socios que xa tiña e captar un novo público. A persoa social da institución son exalumnos da USC que teñen que ter polo menos un ano cursado dunha titulación.

As dimensións que abranguen á asociación actualmente son as seguintes:

Dimensión tecnolóxica: conta cunha páxina web en proceso de actualización, un perfil de Facebook (pero aínda non chegou aos socios debido á súa idade).

Dimensión económica: a asociación mantense grazas ás achegas anuais dos socios (cota) e dunha subvención da Xunta que mantén o gabinete de comunicación.

Dimensión política: a asociación está organizada en estamentos descendentes, de maior a menor xerarquía (véxase cadro de comunicación interna).

Dimensión institucional/social: a asociación crea vínculos de amizade entre os socios e destes coa universidade.

Dimensión ideolóxica: búscase crear o sentimento de pertenza á USC.

Para elaborar o plan estratéxico levamos a cabo unha análise de partida para coñecer a identidade da asociación: misión, visión e valores. Neste punto definimos as finalidades sobre as que se sustentaría dito plan:

  • Conservar os lazos de amizade creados entre o que fora alumnado da USC

  • Promover o vínculo entre os integrantes da asociación

  • Apoiar á Universidade contribuíndo ao seu crecemento e desenvolvemento

  • Procurar, a través de programas e actividades, a vertebración da sociedade galega ao redor da USC.

Posteriormente, realizamos un análise DAFO para poder chegar a diagnosticar aquelas eivas que interrompen o avance da asociación e fomentar aquelas que axudan a un maior desenvolvemento:

Principais debilidades:

  • Baixos orzamentos.

  • Pouca visibilidade na sociedade galega.

  • Cadro de persoal limitado.

  • Os socios descenden día a día.

Principais ameazas:

  • Contexto económico, social e político pouco favorable.

  • Existencia dun gran número de asociacións doutras temáticas.

  • A sociedade non amosa implicación co asociacionismo.

  • É unha institución ríxida e convencional.

Principais fortalezas:

  • A nivel estatal, a asociación posiciónase como un exemplo a seguir para outras asociacións da mesma índole.

  • Camiña ao abeiro da USC

  • Convértese no punto de encontro de exalumnos da USC

Principais oportunidades:

  • Promover e contribuír un cambio de mentalidade

  • Crear un novo perfil de socio

  • Posibilita a creación de vínculos persoais e profesionais

Con vistas a unha maior aceptación no público, definimos un novo perfil do integrante da asociación que fixamos nunha idade comprendida entre os 35 e os 45, de ámbito urbano con titulación universitaria e de clase media.

No desenvolvemento estratéxico da xestión da comunicación decidimos ampliar fronteiras e descentralizar o programa de actividades (agora mesmos só se desenvolven en Santiago de Compostela) chegando a institución á cidade de Lugo, argumentado que alí tamén hai un campus da USC. Para que isto sexa posible, a xestora técnica debería delegar as súas funcións a un líder en Lugo, para favorecer a relación directa cos socios e contribuír a unha mellora na xestión das actividades.

Entendemos que a comunicación externa é moi necesaria para a asociación, polo que decidimos que sería conveniente relacionarse cos medios de comunicación locais achegando información relevante das actividades. Cómpre salientar a presenza da institución nas redes sociais (Facebook, Twitter, Linklin) e da comunicación 2.0 (blogs, foros…). Este espazo deberá ser usado polos socios e a web terá que ser actualizada frecuentemente.

En canto á comunicación interna sería beneficioso para a asociación que os empregados interioricen os obxectivos da institución, eviten as indecisións e contribúan a unha correcta toma de decisións. Elaboramos un pequeno informe no que salientamos a necesidade de promover un correcto sistema de comunicación horizontal na institución, fomentando un estilo de dirección participativo, creando confianza e compañeirismo e apostando por relacións cordiais entre os membros da asociación. Actualmente, a comunicación interna é vertical. O seguinte esquema representa esta situación:

Imaxe

Para finalizar o noso traballo coa asociación, aconsellámoslle promover actividades con outras asociacións co propósito de diversificar as actividades, buscar novos socios e animar ao asociacionismo. Vista a posibilidade da negativa da asociación (polo medo aos altos custes), insistimos na creación de convenios, para que se eviten gastos por ámbalas dúas partes.

ProT 4B1

Varela Fernández

Vázquez Peón

Veres Ojea

Yáñez Castro

“ProT: Se acabó lo que se daba”

Esta semana hemos estado en contacto con Iolanda Fernández, encargada del gabinete de comunicación, para aclarar alguna minucia que nos había quedado sin resolver. Ella misma nos comentó que la junta directiva seguía deliberando el tema en cuestión y que por lo tanto no tenía nada claro acerca del Plan de Comunicación. Nos comentó que, a pesar de que ya se le había terminado el tiempo en la asociación con la bolsa de trabajo, se pondría al tanto acerca de la aprobación o denegación del plan y que, en cuanto obtuviera alguna respuesta nos la haría remitir inmediatamente.

En los últimos días hemos estado juntas redactando la memoria ProT. También llevamos a cabo la redacción de la parte individual de la memoria. Hoy mismo, Elena Veres se encargará de adjuntar en un único documento la experiencia en la asociación de cada una de nosotras y nuestra propuesta de mejora.

A pesar de que esto supone un comentario personal, todas coincidimos en que la mayor dificultad a la que nos enfrentamos fue la propuesta de mejora de ciertos puntos pues, cada día nos recordaban que nos estábamos enfrentando a una asociación difícil con una base rígida que debíamos que aprender a pulir muy poco a poco.

Vázquez Peón,TS S3A, ProT 4B1

ProT: Esperamos novas sobre o Plan de Comunicación

O noso traballo coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC chegou ó seu final, mais a nosa memoria está en proceso de elaboración. Se ben é certo que elaboramos unha memoria para presentar o Plan de Comunicación á Xunta Directiva, temos que perfeccionala e darlle unha visión diferente para presentar nesta sinatura, non como Plan de Comunicación, senón como unha mostra das vías comunicativas da Asociación e dos ámbitos de traballo da mesma.. Agora, penso que ningunha de nós terá dúbidas á hora de facer a parte individual da experiencia, positiva canto menos.

Aínda que tamén estamos moi pendientes de recibir novas de Iolanda, responsable do gabinete de comunicación, debido á exposición do Plan Estratéxico ante a Xunta Directiva, reunión que sabíamos tería lugar esta semana. Todas as nosas esperanzas están volcadas nela e nese Plan, mais sabemos que a aprobación do mesmo por tódolos sectores da Asociación é complexo, debido ó carácter tradicional e conservador que identifica á mesma.

Esperemos que no noso seguinte post poidamos comunicarvos que o Plan foi aprobado e que se levará a cabo sen problema. Ese foi o noso obxectivo dende o comezo e o que mantemos agora.

Veres Ojea, TS 3C, ProT 4B 1

“ProT: Adeus ao gabinete de comunicación”

ImageO martes pasado, 27 de marzo, chegou á súa fin a nosa colaboración coa Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da USC. Logo de varias semanas tratando de establecer os puntos básicos do Plan de Comunicación para a captación de novos socios, era a hora de pasar a limpo tódolos apuntamentos e esquemas realizados. Durante os últimos dous días adicámonos a poñer en orde e redactar dito Plan, de cara a unha boa presentación do mesmo á hora da súa exposición ante a Xunta Directiva da asociación. Xa pasou un mes dende que comezamos o noso traballo con Iolanda, a responsable do gabinete de comunicación. A realización do ProT con esta asociación permitiunos coñecer e profundizar en termos e estratexias relacionados coa comunicación: DAFO, público potencial e obxectivo; comunicación interna, externa, corporativa… Pero, sobre todo, a título persoal, aínda que creo que o resto de compañeiras do grupo compartirán esta idea, a principal conclusión que obtiven é o importante que se fai un gabinete de comunicación, cando menos para esta asociación. Máis agora aínda que Iolanda abandoará o seu posto nunhas semanas e, polo tanto, a asociación deixará de contar con este departamento, fundamental para a comunicación cos seus públicos tanto internos coma externos. Agora toca plasmar todas estas conclusións na memoria final, tanto a experiencia grupal como individual.

Varela Fernández, S3B, T4B1

“ProT: Planificamos convenios con outras asociacións “

Esta semana na Asociación Antigos Alumnos e Amigos da USC tivemos que elaborar cada unha de nós unha nota de prensa para escoller, entre nós catro e a responsable do gabinete de comunicación, cal sería o formato adecuado para usar sempre que se comunique a asociación cos medios de comunicación.

Por outra parte, desenvolvemos varios proxectos de convenios con outras asociacións de Lugo e Santiago de Compostela para exemplificar a súa viabilidade. Decidimos incluír a cidade de Lugo para aumentar fronteiras, porque nos parece que pode ser unha cidade moi apropiada debido á situación dun campus da USC alí e agora mesmo a asociación conta con moi poucos socios deste lugar. Desta maneira, pretendemos que dende a directiva vexan con bos ollos a participación con outras asociacións coa finalidade de que os socios interactúen con outras persoas, desenvolvan actividades diferentes e se involucren noutro tipo de asociacións. Ademais de elaborar catro exemplos de como se planificarían as actividades, tamén incluímos un listado de posibles asociacións que valerían para realizar o convenio.

Xa rematamos de debater e poñer en común todos os puntos que imos a incluír no plan de marketing, polo que a próxima semana xa imos a redactar e finalizar aqueles apartados que quedaran máis incompletos. Que pouco queda para finalizar e para entregalo á Xunta directiva…esperemos que lle guste!

Yáñez Castro, S3D, 4B1

“ProT: Ser máis visible, ese é o obxectivo”

Na nosa colaboración coa Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da USC, esta semana continuamos a establecer o Plan de Comunicación, fundamental para a campaña de captación de novos socios que estamos a levar a cabo en conxunto con Iolanda, encargada do gabinete de comunicación de dita asociación. Se a semana pasada estudamos como a asociación debe comunicarse cos membros da mesma, os socios e socias,  nestes días centrámonos en dous puntos básicos: a comunicación externa e a campaña de marketing. No tocante a como a asociación debe comunicarse co exterior, debatemos diferentes estratexias sobre a quen e como debe chegar a asociación: á comunidade universitaria, aos medios de comunicación, á sociedade, á Federación de Asociacións… Ao mesmo tempo, tamén establecemos unha serie de estratexias de marketing, é dicir, publicidade, de xeito que a asociación se faga máis visible de cara ao exterior, e así a asociación e os seus obxectivos sexan máis coñecidos. Por exemplo, anunciarse en publicacións da facultade, patrocinio de cursos de formación, convenios con outras asociacións da cidade… Seguiremos informando en vindeiros posts.

Varela Fernández, S3B, T4B1

¿A fin das relacións en parella?

Haberá un mes, aproximadamente, que no programa da TVE “Documentos TV” retransmitiron un reportaxe de 50 minutos adicado á sexualidade e a parella no Xapón. Os resultados, as cifras e as testemuñas que alí se mostraron foron sorprendentes, incluso para ser Xapón. As estatísticas falan dun claro cambio de tendencias nas relacións de parella, onde o feito de tela se convirte nunha pesada carga, na maioría dos casos pola parte masculina, onde o sexo conxugal é unha obriga, unha imposición e unha perda de tempo. Xa son cada vez máis homes e mozos nipóns que prefiren unha boa “autosatisfacción” ( para iso dispoñen locais especializados, cabinas de masturbación…) ou que acuden a prostíbulos de cando en vez e  así evitan facer o amor coas súas respectivas. De feito o nº de mulleres insatisfeitas creceu nos últimos anos e que, segundo as enquisas hai quenes só o fan unha vez ó ano. Por outra banda, a industria erótica non deixa de medrar no país, e como exemplo a multinacional do onanismo Tenga. ¿Está o noso egoísmo chegando ata tal punto que ata no sexo vamos cara unha sociedade individualista que xa non conta co outro? ¿É Xapón unha excepción ou só é que vai por diante? Mentres respondedes a eso déixovos aquí o link a un fragmento da reportaxe que fala da “Xeración Quérome” o hedonismo elevado á máxima potencia. Consideran o “buscar moza” algo rancio, aparte de ser unha perda de cartos e de tempo.

 Pinchade aquí: http://www.youtube.com/watch?v=L2T2oSjcc7U

Leiro Magdalena S2B 2A4

ProT: Colaborando con ATEGAL

Esta semana xa nos puxemos as “mans na masa”. A semana pasada acudimos a diversas clases e observamos como funcionan. Foi unha grata sorpresa ver a capacidade de aprendizaxe e a boa vontade coa que os xubilados acudan a estas aulas. Teñen unha ansia de aprender poucas veces vista na xente moza.

Paula, a coordinadora da Asociación Cultura Galega de Formación Permanente de Adultos en Santiago, fíxonos varias propostas para poder realizar este traballo. A proposta na que chegamos a un acordo foi a de facernos cargo da páxina web da asociación: http://www.rumorosos.com/.

O primeiro que imos facer é acudir aos diversos actos dunha actividade de animación solidaria que organizan durante este mes,para obter a información. Despois deberemos elaborar artigos, dunha forma correcta e, a poder ser, en galego, para renovar a páxina web que leva sen actualizar dende o segundo trimestre do 2010. Unha vez teñamos feito isto a coordinadora da asociación en Santiago de Compostela revisará os artigos e posteriormente serán subidos a páxina web. Para comezar, deberíamos elaborar un breve artigo sobre a historia de ATEGAL e a súa función aquí, en Compostela, e posteriormente realizar artigos sobre as diversas actividades que leven a cabo.

Oujo Paz, Borja

3a2

“ProT: Plan de Comunicación”

Durante nuestras últimas horas con la Asociación de Antiguos Alumnos y Amigos de la USC, nuestro trabajo consistió en desarrollar un plan de comunicación con el fin de captar nuevos socios.

Empezamos analizando la situación de partida, la identidad de la asociación, su misión, visión y sus valores. Iolanda, la gestora del gabinete de comunicación subrayó además la importancia del estudio del entorno y de su evolución. El tercer pasó sería analizar el desenvolvimiento estratégico, los planes a medio-corto plazo y la gestión de la comunicación, es decir, cómo se está trabajando actualmente y qué se podría hacer para mejorar la imagen corporativa. Por último, Iolanda nos propuso un debate acerca de los objetivos que nos planteamos conseguir con este plan de comunicación. Para esto, llegamos a la conclusión de que principalmente tenemos que establecer un punto general que debe coincidir con aquello que se quiere comunicar y a partir de aquí marcar una serie de objetivos específicos concretos ordenados por importancia. Esto nos permitirá llegar al desenvolvimiento de la estrategia de Comunicación y nos servirá también para detectar los puntos o etapas en las que tenemos que incidir más o centrar más esfuerzos.

Vázquez Peón

ProT 4B 1