Arquivo do blog
A prostitución (voluntaria), negocio lexítimo
Non existen datos fiábeis sobre a porcentaxe de persoas que exercen a prostitución de xeito voluntario en España e as que a exercen no marco de redes de tráfico de persoas. Non obstante, é posíbel tomar unha posición ideolóxica sobre a cuestión da prostitución sen ter en conta estes datos, ao igual que se pode ser favorábel á legalización das drogas a pesar da existencia de grandes carteles que levan por diante a vida de miles de persoas no mundo. Coas armas de fogo, o mesmo.
O tema da prostitución é un dos máis controvertidos e, ao tempo, dos máis evitados nos espazos políticos. Non interesa meterse cun negocio que dá moitos cartos, pero tampouco se pode apoiar publicamente, pola evidente razón moral. Xa que logo, agóchase, evítase, e non se fai nada para solucionar a total desprotección coa que se atopan as persoas que gañan a vida coa prostitución.
Eu son partidario da normalización. Non falo de legalización porque nas discusións sobre este tema, os partidarios desta opción queren regular o traballo destas persoas, abrindo dous mercados: o legal e o ilegal. Con regulalo refírome a tarxetas de traballo, seguridade social, unha manchea de impostos e de trabas administrativas que gran parte das persoas que viven da prostitución non van estar dispostos a asumir, e que dará máis poder ás mafias no negocio somerxido, como xa fai nas drogas. Simplemente aceptar ás persoas que exercen a prostitución (de modo voluntario) como traballadores lexítimos e esixirlles que cumpran a lei. No tema da regulación, non serían a excepción. Segundo a miña opinión, temos que reducir a burocracia laboral. E moito.
Mentres tanto, e para todos os que non estean de acordo coa miña opinión, pouco ortodoxa por outra banda, recomendo a novela gráfica de Chester Brown, Pagando por ello. Este autor canadense, consumidor habitual de sexo de pago, dá unha visión singular e moi interesante da prostitución, situándose a favor da súa legalización (pero non regulación) e defendendo o dereito a desempeñar o seu emprego das persoas que o fagan de xeito voluntario.
Álvarez Vales, Sergio T1A S1D
Libertad vs. Divertad
A charla de COGAMI da semana pasada ensinoume ben poucas cousas. Non obstante, constatei un feito que xa notara noutras reunións con representantes de este tipo de organizacións que se adican a apoiar a sectores desfavorecidos: o interese monopolístico da empresa en cuestión pesa en moitos casos máis que as preocupación dos propios afectados. A imposición lingüística proposta insulta a intelixencia dos asistentes, e o desprezo polas opinións alleas non ten senso algún. É certo que COGAMI non quere impoñer unha linguaxe. Simplemente trata de imbéciles e desconsiderados aos que non utilizan o que eles propoñen. Mais, como dicía Abel no seu post sobre o tema, son unha empresa, e tratan de aproveitarse das vantaxes que acadaron con axuda pública para facer valer o seu modelo social. O que lles siga beneficiando, obviamente. Isto é moi lexítimo, aínda que moi criticábel tamén.
Un pouco máis radicais que os compañeiros de COGAMI na cuestión lingüística son os fundadores do Foro de Vida Independiente y Divertad, que saíron a debate cando eu fixen referencia sarcástica ao termo que propoñen como alternativa aos convencionais, diversidade funcional. O Modelo de Diversidade naceu nos Estados Unidos nos anos 70, e propón unha definición deste tipo de enfermidades en base da capacidade, comprendendo que todos os seres humanos teñen capacidades diferentes, e non por ter problemas de mobilidade ou comprensión se é menos. Até aquí semella razoábel. Todo este tipo de iniciativas teñen unha base real, mais erran cando elevan a súa percepción da realidade a esixencias para o resto de habitantes da comunidade. Porén, un feito interesante é asumir que todos temos capacidades reducidas para algunha cousa e seguir falando de persoas con diversidade funcional. No fondo, continúa separando a esas persoas do resto co pretexto de dignificar a súa situación.
Con respecto á linguaxe, algunhas das ideas que se expresaron na aula a semana pasada ían, na miña opinión, ben encamiñadas. A cuestión actual ofrécenos un vocabulario que foi inicialmente empregado como ofensivo. Non obstante, moitas desas verbas (discapacitado, parapléxico, etc.) perderon por completo o seu senso de agravio, ao asimilárense como termos axeitados co fin de evitar o uso doutros manifestamente insultantes (tullido, coxo, lisiado, etc.).
O intento de ridiculizar o uso de palabras aceptadas como habituais e respectuosas pola sociedade desprestixia os obxectivos honorábeis destas asociacións. Se fixesen unha política activa de promoción dun vocabulario que eles entenden como mellor para referirse ás persoas con discapacidade, en lugar de atacar sen cuartel aos que rexeitan esa escolla, terían máis éxito, posibelmente.
Álvarez Vales, Sergio T1A S1D
Praza Pública: o resumo da nosa colaboración
Preto de San Marcos, nome do director de Praza Pública, chegou a fin da nosa viaxe na colaboración co medio dixital galego. Ó fin temos publicadas as nosas traballadas reportaxes na web do diario, para que todo o mundo as poida ler durante esta fin de semana ou cando teñan un chisco de tempo. Asimesmo, rematamos o tan ansiado vídeo promocional despois dos numerosos problemas que tivemos para recabar o material. Imos punto por punto.
Reportaxe do Cineclube de Compostela
Como viñamos anunciando dende hai semanas, unha das nosas reportaxes consistiría en realizar unha ‘caricatura’ do Cineclube e iso foi o que realizamos. Mediante a conversa que xa explicamos en post anteriores, realizamos un texto de citas dando voz aos cinco membros que prestaron as súas palabras amablemente para este traballo. Quedou un texto moi cómodo de leer e que voz aconsellamos a todos se queredes coñeces o cine máis alá d’As Cancelas e do Valle Inclán.
REPORTAXE > Cineclube de Compostela: “Sempre tentamos suscitar preguntas máis que dar respostas”
Reportaxe de Samia Zahidi
O noso segundo traballo consistiu na elaboración dunha segunda reportaxe. O tema foi entre o deportivo e o social, xa que mediante as declarancións dunha triatleta marroquí, cuxo nome é Samia Zahidi, elaborouse un esquema da situación dos deportistas máis novos do país, que están sustentados por patrocinadores e que teñen unha gran presión enriba deles. Ademais, fálase tamén da situación de Medhi, cuxos alaridos resoaron en todas as illas Mauricio. Disfrutádeo.
REPORTAXE > Soños de triatlón nas Illas Mauricio
Elaboración do vídeo promocional
Por último, o vídeo prometido xa está na nube. Grazas ás imaxes da Catedral de Santiago gravadas polas nosas cámaras, as capturas da web, as fontes de Praza, as gaitas e á voz de Maika aguado, conseguimos que quedase un spot bastante decente. De feito, Marcos Pérez díxonos que probablemente se empregue nos actos do segundo aniversario de Praza, polo que a nosa colaboración rematou de xeito exitosa. E mellor que tantas letras, deixámosvos o vídeo.
Praza Pública: Os lectores son os xefes
A Fundación Praza Pública é a responsable do xornal Praza Pública. É unha fundación sen ánimo de lucro que ten por finalidade o fomento da información e o debate público como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e a lingua galega.
Se habitualmente os medios dependen dos seus lectores para manter a súa viabilidade económica, o caso de Praza é o exemplo dun modelo de financiamento relativamente innovador e efectivo que, non obstante, entrega todo o poder aos lectores. É certo que en Praza Pública hai publicidade, que aporta unha parte do orzamento do diario. Porén, trátase en cáseque todos os casos de cuestións institucionais (Universidades) ou de empresas involucradas coa defensa da lingua galega e da promoción da cultura propia do país (Xerais). Estas empresas representan, ademais dun aporte económico non demasiado elevado, un alegato a prol de Galiza dos máis firmes que se poden facer: a través dos cartos.
Cando dicimos que Praza está en mans da audiencia, é pola opción, dentro do acceso gratuíto aos contidos, de aportar diñeiro, tanto de modo eventual como periodicamente, con dereitos de diferente índole segundo a contía da aportación, como vemos no seguinte recorte de pantalla do sitio web.
Os cartos implican un compromiso forte co tecido mediático de Galiza, malia que en termos absolutos non signifique unha cantidade demasiado elevada de cartos. Aí está a cuestión. Mentres que noutros casos as decisións tómanas empresarios, afastados da realidade social e tamén da xestión real dunha empresa xornalística, en Praza Pública os xefes son lectores, que comparten a forma de entender a información do medio e queren que este se manteña, xogando para elo o seu propio capital.
T1A
Praza Pública: “Dúas prazas para o cine, por favor”
Chegou abril, e con él, o traballo de dar profundidade ás nosas reportaxes. A primeira, como xa comentáramos, irá sobre a estrutura do Cineclube de Compostela, un grupo de xente volcada coa difusión de filmes que proporcionen algo más que diversión á sociedade. Por isto, Sergio e Álvaro foron de visita Á Gentalha do Pichel, o local sito na Rúa santa Clara onde cada mércores se proxectan as películas.
Entre disparo e disparo dalgunha fotografía que empregaremos no noso artigo, comezou unha película sobre historia, en alemán e traducida ao galego. Sen dúbida, lonxe do que estamos acostumados a ver nas Cancelas ou mesmo no Valle Inclán. Sorprendente e diferente, así se podería definir a longametraxe á que asistiron unhas trinta persoas nese pequeno rincón de Compostela. Un por un, na entrada, axudaban cunha pequena aportación dun euro có grupo do Cineclube, recibindo a cambio unhas fotocopias coa explicación do que verían posteriormente.
E tras rematar a proxección, xuntamos a cinco -ver foto- dos que ‘sempre están ahí’ no Cineclube, establecendo unha conversa que sairá á luz. Case media hora de debate, risas e historias sobre o fantástico mundo do celuloide. Contáronos, adiantando un pouco o contido, que todo cambiou moito dende a década pasada, cando comenzaron a súa aventura. Recordan con ledicia os primeiros pasos e como pouco a pouco a idea foi crecendo e deixando huella en Santiago. Sen dúbida, agora todo o mundo ten ganas de pedir dúas prazas -públicas?- para o cine, pero sempre por favor.
T1A
Praza Pública: O cineclube, no centro da Praza
Despois da satisfactoria reunión que tivemos co responsábel de Praza, e coa rodaxe do anuncio xa en marcha, no grupo T1A avanzamos cara o noso seguinte obxectivo da colaboración con este medio. Así pois, a partir do 1 de abril comezaremos a traballar cos nosos compañeiros do grupo T6A para desenvolver unha reportaxe sobre o Cineclube de Compostela que será publicada en Praza Pública.
O Cineclube é un espazo cultural único na capital de Galicia porque anima aos asistentes ao coñecemento da cultura audiovisual de lugares menos habituais, e non por iso menos inspiradas ou talentosas. Para ver filmes estadounidenses (comerciais) sempre pode un pagar nos cinemas convencionais —ou descargalo ilegalmente, claro— e gozar cáseque sempre do refrito de ideas manidas e á vez decimonónicas sobre as relacións persoais e as mesmas situacións reformuladas. O que estea interesado noutras visións, noutras achegas á cultura, será ben acollido no Cineclube.
Debido a que Praza Pública é un medio que no plano cultural diverxe significativamente dos medios «tradicionais», o seu director viuse moi interesado pola idea de adicar unha reportaxe ao funcionamento desta asociación, da que el mesmo é socio. Deste modo, e tras o contacto satisfactorio co xa mencionado grupo T6A, elaboraremos unha reportaxe, que terá ademais contido fotográfico —na medida en que os responsábeis da asociación nolo permitan—.
No próximo post, avanzarémosvos algún aspecto da nosa visita ao Cineclube e os primeiros detalles da forma que terá o noso reportaxe unha vez presentemos a base da idea ao director de Praza Pública.
T1A
Praza Pública: De prazas vai a cousa
Primeira reunión e van xurdindo as ideas. Din que a comunicación coa axuda das redes sociais e os teléfonos móbiles é máis sinxela, pero polo que puido experimentar o noso grupo, isto non é verdade. Costounos suor e bágoas -destas últimas non moitas- establecer un encontro co director de Praza Pública, home ocupado onde os haxa. Varios correos electrónicos e varias chamadas para poder falar como se facía antes, cara a cara, que ó parecer é coma mellor se entende á xente. Aínda así, a xuntanza resultou bastante satisfactoria polas dúas partes.
O principal tema foi presentarlle a idea de facer un vídeo promocional de Praza Pública, no que aparecesen diversas plazas de Santiago -e tentamos que de Galicia- con algún lema do medio online. Quizais non sexa unha idea moi orixinal, pero para el ten a esencia que queren trasmitir. Agora mesmo son unha das poucas webs ‘serias’ en lingua galega, polo que a súa idealización é bastante clara, de Galicia para Galicia -ou Galiza, como prefirades-. Agardamos que quede unha boa peza e que poida extenderse entre os internautas coa maior rapidez posible.
A segunda parte do noso traballo será a elaboración de dúas reportaxes, e aquí e onde entrades vosoutros, queridos compañeiros. Propúxemoslle que dúas das vosas asociacións nos proporcionasen fontes para eses traballos, pero sempre cun toque difrenciador. Puxo nas nosas mans dúas vertentes. Por un lado unha reportaxe que vaia na liña do medio (Stop Desahucios, aCentral Folque, Adega, etc.) e outra que sexa algo novo en Praza Pública, coma a residencia Volta de Castro ou Down Compostela.
Agardamos as vosas ideas e que llo comuniquedes aos vosos ‘superiores’ das asociacións coas que traballades por se lles pode interesar. Por agora hai dúas Prazas vacantes, e nunca mellor dito.
T1A
Praza Pública: presente e futuro do xornalismo en galego
En nada máis ca un ano, a aposta xornalística de Praza Pública converteuse en referencia no xornalismo en galego. Porén, debemos lamentar que por ser, é practicamente a única referencia na nosa lingua e, por suposto, non conta con versión impresa. O presente do xornalismo escrito está na rede e, como dixo un famoso xornalista español, «o futuro do papel é equiparábel ao dos vinilos, para especialistas dispostos a pagar máis por un contenido máis profundo e analítico». E, como no caso das gravacións en formato vinilo, tamén requirirá un pouco de excentricidade.
Voltando ao tema, o modelo informativo de praza aséntase en varios pilares: un deseño interactivo, atractivo visualmente e moi doado de utilizar; información en tempo real con contidos hipertextuais procedentes de medios de comunicación, blogs, canais de vídeos, etc.; artigos de opinión asinados por persoeiros de todos os ámbitos e ideoloxías de Galicia, e, finalmente, contidos culturais pouco ou nada presentes nos medios de comunicación xeneralistas (músicas do mundo, lusofonía, banda deseñada, deportes minoritarios…).
Os responsábeis de Praza Pública son conscientes de que a situación económica non é a máis propicia para a fundación dun proxecto xornalístico. É por iso que o xornal non conta cunha redacción física. A financiación realízase por medio da publicidade e das doazóns individuais, aínda que existe a posibilidade de facerse socio e tomar parte das decisións empresariais. Por outra banda, o medio asinou a finais de 2012 un convenio de colaboración económica e de contido con eldiario.es.
Nas nosas vindeiras entradas achegarémosvos ao mundo de Praza Pública a través de accións promocionais e realizaremos reportaxes para eles coa colaboración doutras asociacións dos distintos grupos de ProT.
T1A