Arquivo do blog

TS. Rematando o traballo con Desconcierto Cultural

Esta semana a asociación Desconcierto Cultural foi presentada directamente cunha conferencia do seu secretario: Álvaro Álvarez. O certo é que notin que houbo gran interés na aula, xa que o final da conferencia, moitos alumnos preguntaron cousas que a eles personalmente lle interesaban; o certo e que me gustaría agradecer a Álvaro e á clase enteira pola súa participación.

Asemade, gustaríame falar da actividade que se fará o sábado 16 de juño, da cal tamén se falou na conferencia, esta é a Romería Pop. Unha tarde no parque de Parque de Belvís en Santiago de Compostela, onde se realizará unha xornada de concertos de grupos galegos, onde tamén se podrá degustar churrasco, pulpo, sardiñas… acompañados de Estrella Galicia ou outras bebidas (excluíndo bebidas alcohólicas agás cervexa e viño). Ademáis de concertos e o picoteo tamén haberá outras actividades paralelas como son a pinchada de música entre concertos, mercadillo de segunda mán, presentacións de libros, cortometraxes ou outras creacións que se presenten, así como actividades enfocadas os máis pequenos. O que pretende a asociación nesta ocasión e abrir o espectro do público que acostuma a ter: aficionados a música e asistentes a concertos en pubs e salas.

Por último, gustaríame rematar agradecendo a asociación Desconcierto Cultural pola súa colaboración e o resto do S3F polo seu traballo.

Suárez Otero, S3F, GOBE

TS: Festa de Desconcierto Cultural

Na xornada de onte celebrouse a festa da asociación Desconcierto Cultural, á cal asistín. Pola mañá, membros da asociación e compañeiros, desplazaronse ó Liceo Mutante en Pontevedra, onde se realizaría media xordana con outra asociación, os socios do Liceo Mutante. Alí diferentes músicos que están nas dúas asociacións xuntaríanse para realizar unha “Jam Session” (sesión de música improvisada). Os correspondientes músicos improvisarían mentres na terraza do Liceo prepararíase unha churrascada que todos degustaríamos ás 2 e media.

As oito da tarde, socios e acompañantes desplazaríanse a cear a Casa Fidel, na zona vella de Pontevedra, no que seríamos acompañados polo grupo vasco “Lisabö” que despois farían un concerto organizado por Desconcierto. Polvo, tortilla e demais picoteo ceamos mentres presenciábamos o partido de fútbol F.C. Barcelona contra o Real Madrid.

Con todo, as 23 horas, fumos a Sala Karma para o concerto, no que asistiron unhas 250 persoas. O grupo vasco sería teloneado polos locais MLK que presentaron unha mestura de gospel e blues, as doce sería o turno do grupo de San Sebastián: Lisabö. O grupo de Euskadi, a ritmo de dúas guitarras, dous baixos e tamén duas baterías, darían un concerto propio dun dos principais grupos de hardcore estatais. Por último, ademáis de que a experiencia da xornada foi magnífica, o presidente da asociación, Manuel Suárez, díxome que o resultado foi moito mellor cas súas expectativas.

Suárez Otero, S3F, GOBE

TS. Entrevista lista, e agora, esperando pola conferencia

Finalmente, parece que xa solucionamos o problema que tiñamos ca data da conferencia, na que o noso conferenciante non podería vir. Con todo, o cambio sería co grupo S2F, quenes tiñan o mesmo problema ca nos; así que, salvo calquer imprevisto, a conferencia será o xoves 10 de maio.

Ademáis, o video da entrevista que lle fixemos ó presidente da asociación Desconcierto Cultural, xa está editado e preparado, aínda que non se presentará ata despois da conferencia.

Subo o poster da conferencia, o cal pegarei na facultade unha ou duas semanas antes da mesma.

Suárez Otero, S3F, GOBE