Arquivo do blog

O galego na familia

Para o noso traballo TS sobre a aceleración do proceso desgaleguizador por mor da ditadura franquista decidín entrevistar ó meu pai, Antonio Cruz Barreiro, e á miña nai, Nieves Portela López. Ámbolos dous viviron os últimos anos do franquismo e coñecen as devastadoras consecuencias que tivo na conciencia da sociedade galega. Dende cativa levo escoitando os dous idiomas na casa, o galego e o castelán, e sempre me chamaron a atención os cambios constantes de lingua dependendo da persoa coa que se falase. Meu pai fala galego porque os seus pais sempre lle falaron galego pero aínda así recoñece que moitas veces cambia ó castelán cando lle falan nesta lingua. Cando ía á escola estaba obrigado a falar castelán na clase se non quería levar un bo castigo pero fóra das aulas os nenos cos que xogaba falaban galego. Foi quizais na adolescencia onde mellor aprendeu a falar o castelán xa que estudiou nun instituto da Coruña e alí a meirande parte dos rapaces falaba castelán: foi este o incentivo que o levou a falar o castelán.

 Miña nai fala castelán porque miña avoa lle ensinou a falalo. Meus avós maternos estiveron en maior contacto co castelán xa que emigraron a Alemaña e alí relacionáronse con outros emigrantes españois. Miña avoa sempre pensou que había que saber o castelán se querías progresar na vida. Miña nai recorda os castigos que levaban aqueles nenos que falaban con geada e non sabían pronunciar o sonido “gue”. Así, o idioma principal da miña nai é o castelán aínda que na actualidade fala galego coa miña avoa: “Cando medrei e miña nai viu que sabía falar castelán perfectamente comezou a falarme en galego e eu contéstolle no seu idioma porque sei que se sente máis cómoda”.

Opinión sobre o futuro do galego:

http://www.cervantes.es/imagenes/File/lengua/jornadas/Xose_Enrique_Monteagudo_2010IC.pdf

Cruz Portela, S1C, 2A3