Arquivo do blog
Preferentes: conclusións
Durante o noso traballo, decidimos analizar a función das plataformas de afectados polas preferentes e a súa comunicación cos afectados.
Comprobamos que a súa repercusión varía moito en función do lugar. Nos núcleos urbanos teñen un maior poder de mobilización, pois os afectados mediante as novas tecnoloxías e, sobre todo, a través do ¨boca a boca¨ comunican qué se fai nas plataformas, o asesoramento que reciben delas, a colaboración con asociacións dispostas a defender os intereses dos consumidores etc. Pola contra, nos espazos rurais, a menor dispoñibilidade de acceso ás novas tecnoloxías e, sobre todo, ao quedar a comunicación restrinxida a un núcleo de veciños coñecidos de menor tamaño, o poder de convocatoria é moito menor.
Como vemos, o labor das plataformas non sería posible sen o potencial que aproveitan das redes sociais, do correo electrónico e das súas páxinas web. Alí verquen todo tipo de contido que cren que lles pode resultar interesante aos afectados. Dende convocatorias de manifestacións, anuncios de charlas informativas, enlaces a noticias publicadas nos xornais ou manifestos dos distintos responsables das plataformas. E malia que se poida pensar que ao tratarse, no caso dos afectados, dun colectivo de idade avanzada, reacio ao emprego da Internet, non é así. Ben coa axuda dos fillos ou mediante os coñecementos que adquiren nas clases de informática que imparten os concellos logran familiarizarse con estes trebellos.
Ademais, as distintas plataformas, xa non só a nivel autonómico, senón tamén estatal, están en permanente contacto a través das redes sociais, mediante as cuales comparten impresións, acordan posibles solucións ao conflito etc. Con todo, á hora de mobilizarse, cada unha vai pola súa conta.
Por último, asociacións como AGAPROFI ou ADICAE colaboran activamente coas plataformas. Por unha banda encárganse de impartir charlas e reunións cos afectados e por outra, ofrécense a actuar de cabeza visible na loita, ao carecer as plataformas dunha escala xerárquica (malia que si existen varias persoas encargadas de xestionalas internamente).
S1E
Preferentes: entrevista a membros de plataformas
No anterior post recollíamos a opinión de 3 persoas do rural ourensán que se amosaban pouco convencidos da efectiviade das mobilización e concentracións impulsados polas plataformas de afectados.
Agora, amosamos as opinións de Ana Antelo Vilanova, veciña de Carballo e de José Manuel Pereira Rodríguez, veciño de Compostela.
Ana ten 38 anos e recibe actualmente unha pensión por enfermidade. Perdeu parte dos seus aforros no calote das preferentes e decidiu que o mellor xeito de esixir a súa devolución é mediante as accións conxuntas das plataformas. Por unha banda, ofrecen asesoramento aos afectados durante as reunión que celebran todo-los sábados en Carballo e, por outra, emprenden accións encamiñadas a dar a coñecer o conflito á sociedade. Preténdese solucionar o problema a partir da concienciación e da repulsa hacia as prácticas levadas a cabo polas caixas de aforro no pasado e que deron lugar a esta situación.
Jose Manuel ten 49 anos e exerce actualmente como mecánico en Santiago de Compostela. Perdeu 9000 euros ao ingresalos no que el cría que era un simple depósito. Agora, ante a falta de propostas que poidan dar unha solución ao problema, decide acudir xunto con familiares ás manifestacións convocadas pola plataforma que el mesmo se encarga de coordinar xunto a outros resposables. ¨Un individuo non fai nada se actúa por libre, pero se nos xuntamos todos os afectados podemos conseguir os nosos obxectivos¨.
A pesares dos quilómetros que separan aos entrevistados, ambos amosan o seu convecemento de que só mediante as accións colectivas e organizadas polas plataformas se pode dar solución ao conflito. O obxectivo é forzar á toma de decisións por parte de aqueles que teñen potestade para influir no asunto. Polo de agora, malia a gran presenza coa que conta nos medios de comunicación, seguen sen recuperar os seus aforros. Mesmo se argallan novas ideas coma a quita e o canxe por accións. Os afectados prefiren outras accións, aquelas que xeneren repercusións e solucións.
S1E
Sin habla
Sin habla
¿Quién no ha conocido alguna vez a una persona muda y pensado “pobrecillo, no se puede comunicar como los demás”? Con este último post quiero desmentir ese pensamiento y hacer una reflexión sobre la comunicación que ejercen personas incapaces de hablar.
Por un motivo u otro tendemos a pensar que la comunicación en una comunidad tiene que ser siempre mediante palabras, oraciones completas y cohesionadas. Sin embargo, comunicarse va mucho más allá. Sin ir más lejos, personas mudas que son incapaces de articular palabras, consiguen comunicarse igual o mejor que lo hacemos los que sí que tenemos habla. ¿Cuál es el secreto? Necesidad. Todo ser vivo tiene la imperiosa necesidad de comunicarse, especialmente el ser humano, y más si tenemos en cuenta que vivimos en comunidad. Como se dice por ahí, la necesidad agudiza el ingenio y el lenguaje de signos constituye el modo comunicativo que emplean las personas mudas. Sí que es cierto que es necesario aprender ese código para poder mantener una charla con esa persona, sin embargo, la comunicación va mucho más allá de una serie de códigos ya sean lingüísticos o gestuales. Una mirada, un ceño fruncido o una sonrisa pueden aportar y transmitir mucho más que un elaborado lenguaje de signos que poca gente logra descifrar.
Con esto, pretendo transmitiros que no debemos sentir lástima por esa gente que es incapaz de hablar; también quiero haceros reflexionar que que no puedan hablar, no quiere decir que no puedan comunicar. La transmisión de un mensaje comunicativo no puede verse limitada a la capacidad del habla, y eso es algo que como periodistas debemos tener muy presente, ya que nuestra labor es transmitir información y darles voz a los que no la tienen.
Comunicar no es solo hablar; lo que se dice es tan importante como el cómo se dice.
Boo Lamas, Zaira T2C S1E
Vídeo: charla sobre as preferentes
O grupo S1E convidou a Xesús Domínguez, o voceiro da Plataforma Compostela Afectada polas Preferentes, a dar unha charla na Facultade o 8 de marzo na que se explicou as orixes da fraude , o tratamento do tema nos medios de comunicación e as posibles solucións ao conflito. Aquí podedes ver un vídeo resumo:
Preferentes: Esa minoría silenciosa
Durante o noso traballo, realizamos entrevistas a varios membros afectados polas participacións preferentes de NovaGalicia Banco. Hoxe amosaremos a visión de 3 deles. Son do rural ourensá.
Antonio e Dolores son un matrimonio de xubilados da parroquia de Lobeira. Teñen 78 e 80 anos, respectivamente. Antonio adicou a maior parte da súa vida á carpintería e Dolores ao labor no agro. Hai algo máis de cinco anos depositaron 25000 euros no banco supoñendo que estaban contratando un produto sen risco. Non era así. Os empleados da sucursal déronlles participación preferentes, algo que eles non sabían. Coa crise de NovaGalicia, os seus aforros esfumáronse.
Eles, coma outros tantos anciáns, acollen na súa casa á súa filla e ao seu marido. Os gastos multiplícanse, pero os aforros seguen sen aparecer. Preguntados sobre se acudían a manifestacións e asembleas para esixir a devolución dos seus aforros, eles responden que non. Que non serve para nada. Dan os seus cartos por perdidos e resígnanse a seguir adiante coas súas pensións.
A mesma opinión comparte o seu paisano José Manuel Silva de 60 años. Tras toda unha vida de traballo no campo, decidiu depositar 10000 euros na ¨súa sucursal¨, a de Caixa Galicia. Foi a última vez que os viu, xa que, como el mesmo asegura, non conta con recuperalos. Tampouco cre na influencia das mobilizacións como medida de presión. Segundo el, non hai solución ao conflito.
Con este post, pretendemos amosar a visión dos afectados polas preferentes máis aló das imaxes que saen na televisión, na que irrompen nos plenos municipais, berran ás portas do Parlamento etc. Máis aló das accións coordinadas polas plataformas da zona do Morrazo, principalmente, existen moitas situacións de persoas que, pola súa personalidade ou por motivos de idade, prefiren non verse envoltos en manifestacións. Non as consideran eficaces, nin correctas. Son a outra cara do problema das preferentes. Como diría Mariano Rajoy, ¨esa maioría silenciosa¨, aínda que neste caso parece minoría.
S1E
Preferentes. ADICAE: Defendendo ao vecindario
Malia levar en funcionamento 25 anos e malia xurdir nun primeiro momento en Aragón, ADICAE é agora mesmo o símbolo na defensa dos dereitos dos consumidores no que materia bancaria se refire. Anteriormente xa tivera que tratar temas como a estafa de AFINSA e Fórum Filatélico, pero agora, coa crise económica e financeira que asola o noso país, ve incrementada a súa actividade.
Con numerosas delegacións espalladas por todo o territorio nacional, esta asociación gaña cada vez máis presenza nos medios de comunicación, chegando a liderar algunhas mobilizacións convocadas polos afectados polas preferentes.
Por este motivo entrevistamos á sua responsable en Santiago de Compostela, Eugenia Mariño. Dende a súa sé na Avenida Vilagarcía de Arousa, Eugenia explicounos o labor da asociación nestes momentos. Conta que antes do estoupido da crise, unicamente os seus socios recibían información sobre a seguridade dos distintos produtos financeiros. Agora, ademais de informar vía e-mail aos seus socios, tamén publican nas súas páxinas web todo tipo de materiais cos que pretenden informar dos novos avances nas negociacións co Goberno tanto no tocante á lei hipotecaria como ao caso das preferentes. Ademais, convoca foros de libre acceso aos que pode acceder todo cidadán, así como diferentes manifestacións en puntos simbólicos para esixir unha solución aos problemas xurdidos.
O único que non mudou e a defensa ou representación do consumidor nas demandas presentadas por ADICAE. Segue sendo preciso facerse socio, abonando unha cuota que garante o funcionamento da organización (ante a cada vez menor subvención que recibe do Estado).
Con todo, o seu labor á hora de asesorar e coordinar un movemento integrado por persoas con escaso coñecemento sobre os produtos financeiros está a ser moi destacado. Co sistema de consultas personalizadas e coa súa publicación online (http://laeconomiadelosconsumidores.adicae.net) logran informar dun xeito claro aos afectados. O seguinte paso é a reivindicación dos dereitos. O seguinte, o seu recoñecemento.
S1E
Baixando á realidade
Tras varias semanas estudando o conflito das preferentes, as súas características e a súa fradulenta comercialización, por fin comezamos a realizar entrevistas a afectados.
Unha cousa é coñecer os casos que aparecen nos medios e outra cousa tratar cos afectados. En canto nos damos conta de que son seres de carne e oso, máis aló do que nos amosan as cámaras, resulta imposible non sensibilizarse coa causa. Por uns minutos deixan de ser unha masa de xente que reclama a vía da arbitraxe irrompendo nos plenos dos concellos para convertirse en xubilados que depositaron gran parte dos seus aforros nuns produtos financeiros de alto risco dos que non tiñan ningún tipo de coñecemento. Así, dámonos conta de que non reclaman o seu diñeiro pensando no seu futuro. Non. O necesitan para coidar dos seus fillos que están no paro ou para gardarse as costas se isto sucede. A impotencia que sofren ao verse estafados deste xeito é tremenda e a nosa presenza convértese nunha oportunidade para dicir todo o que pensan. Vacían toda a rabia ao atopar uns oídos dispostos a escoitar e a empatizar con eles.
Por outra parte, tamén temos concertada unha entrevista para a próxima semana con ADICAE – Galicia. Trátase dunha asociación adicada ao asesoramento gratuito e á defensa dos intereses dos consumidores de produtos financeiros. Alí nos falarán de cómo se poñen en contacto cos afectados, cómo celebran as xuntanzas, cómo consiguen explicar o funcionamento de produtos tan complexos a persoas cunha escasa formación no tema etc.
Algo que nos chamou a atención, ademais do gran número de afectados que hai en todo-los lugares de Galicia, é a súa accesibilidade. Non poñen ningún tipo de pega dende o momento en que contactamos con eles. Saben que esta información se vai empregar para un traballo e que será coñecida polos compañeiros. Sen embargo, non poñen pegas. O mesmo ocorre con ADICAE. Estas facilidades concedidas agradécense porque nalgunhas ocasións brillan pola súa ausencia.
S1E
Veciños pola causa
O noso grupo de seminario está a estudar a organización e a comunicación entre os afectados polas preferentes. O que puidemos coñecer durante este tempo é que as plataformas de afectados polas preferentes en Galicia xurden dende abaixo, pola acción dos veciños afectados. Falan entre eles, decátanse da existencia destas plataformas a través dos medios e se unen a elas. Logo recoméndanlle a conocidos (tamén afectados) que se sumen aos actos que organizan. Nelas celébranse xuntanzas nas que, ou ben entre eles toman as
decisións sobre as vindeiras movilizacións ou ben falan con responsables de asociacións como AGAPROFI, que se encargan de informar de cómo vai a situación.
A súa toma de decisións é asamblearia, acordando horarios e actividades segundo os intereses dos integrantes. Por este motivo pode chegar a semellar unha falta de coordinación entre elas. Pero é que a súa esencia é a horizontalidade e o recoñecemento dos problemas dos afectados como propios. Mesmo os que actúan de enlace entre a plataforma e a prensa son persoas que están a vivir o problema moi de preto. O portavoz da plataforma Compostela, Xesús Domínguez, ten unha clínica dental, pero non dubida en sumarse ás protestas ao ver que os aforros do seu pai quedan atrapados nas preferentes. Isto non impide que haxa casos de colaboración por parte de persoas non implicadas no problema. O secretario xeral de AGAPROFI, Xosé Antón Pérez Lema, malia ter o seu propio despacho, non dubida en ofrecer asesoramento gratuito ás plataformas.
Quizais estes movementos non poidan permitirse o luxo de reunirse nun lugar para manifestarse de forma conxunta. Xamais chearán a Plaza do Obradoiro ou de María Pita para reclamar unha solución. Pero sí que poden reivindicar a devolución dos seus cartos ás portas das sucursais que lle venderon o produto financiero. De feito fano, semá tras semá e logrando que os medios tradicionais os inclúan nas súas páxinas.
Ilustrar as cifras
Nun mesmo día aparecen dúas noticias relacionadas co asunto das preferentes. É a tónica habitual.
Nos medios dánse cifras, fálanse das axudas procedentes de Europa que reciben as entidades que máis comercializaron estes productos, recóllense os berros e insultos de xente desesperada que procura recuperar unha parte do seu diñeiro e se falan dos soldos que percibían os directivos das caixas nacionalizadas.
Sen embargo, o tratamento outorgado impide coñecer a situación particular dos afectados. Na meirande parte dos casos non se trata de inversores que operan regularmente a través da bolsa á procura dun beneficio a curto plazo. Tampouco se trata de xente algo máis prudente que estes e que deleguen a súa responsabilidade en fondos de investimento. Son persoas que, por idade, ben podería ser calquera dos nosos avós. Os mesmos que pasaron as penurias da posguerra, que doblaron o lombo durante horas e horas para alimentar á familia. Eses que agora aloxan aos seus familiares nas súas vivendas cando estes non poden facer fronte á hipoteca.
Por iso, nós trataremos de achegar mediante as entradas individuais e a seguinte entrada do grupo casos particulares do noso entorno. Daremos conta da situación de varios afectados cos que temos previsto contactar e intentaremos manter unha conversa cun dos responsables da plataforma de afectados polas preferentes.
Trátase, en definitiva, de poñerlle cara á situación, algo que se tende a perder cando di que ¨miles de personas se manifestaron¨ ou ¨grupos de afectados por las preferentes se concentraron a las puertas de la sede…¨.
S1E