O xoves 18 de abril os membros do grupo titorizado 4 tivemos a sorte de poder presenciar no teatro Rosalía de Castro o comezo da xira das Miniaturas de Eugenio Granell, o proxecto da Central Folque co que estivemos involucrados durante os últimos tres meses. Temos que dicir que foi unha experiencia memorable, e un gran final para este curto pero fructífero camiño.
Pódese dicir que o jazz é a vertente musical que, polas súas características, máis se achega ao surrealismo. Liberdade artística e improvisación son os puntos converxentes de dúas correntes que atoparon a súa fusión perfecta baixo a batuta do gran Alejandro Vargas, acompañado dun elenco de excelentes músicos, tamén versados nestas linguaxes.
Non sabemos se esto era o que tiña en mente Eugenio Granell cando compuxo estas partituras, mais estamos seguros de que estaría encantado co resultado.