Arquivo do blog

Celta, Deportivo e sentimentos enfrontados.

Nesta sociedade téndese a xeneralizar o fútbol como un deporte maioritariamente masculino ou a tratalo como un tema baleiro. Un deporte de masas que só seguen borregos, pero que á hora da verdade move masas neste país e en certos casos, incluso unifica, chegando a ser mesmo obxecto propagandístico.

Tal e así, que queremos demostrar con este traballo que existe un sentimento, algo que vai máis alá da simple paixón polo balón e os goles. Sentimentos de unidade e amizade que se unen baixo o mesmo escudo, iso é todo o que queremos compartir e vamos a vivir.

Nun grupo composto por 5 rapaces, é curioso ser o único deportivista. Será, canto menos, curioso poder compartir un partido con peñas do meu eterno rival futbolístico, poder coñecer as súas tradicións e saber como se vive un partido no seu estadio, dende o lado local e non separado por una barreira tanto física como ideolóxica. Polo de pronto, xa nos acolleron cos brazos abertos ós seus festexos e iso é de apreciar, máis sei que as diferenzas cas peñas de A Coruña están aí. Quero comprobar como falan de nós e como se vive esa rivalidade, máis prometo disfrutar de cada momento que teña que pasar con calquera destes grupos, sexa do club que sexa e si algunha das reunión se descontrola demasiado pola euforia vivida, cantarme algunha canción branquiazul na casa rival.

Teremos que movernos, pero será un esforzo que merecerá a pena, tanto pola xente que coñeceremos como polo gusto que temos cara este deporte e espero poder saír de aquí aprendendo a compartir a paixón coa que moitas peñas se reúnen no campo ou fronte a un mesmo televisor para berrarlle ánimos ó Celta e o Depor como si os xogadores os fosen a escoitar, xa sexa desde Riazor ou Balaídos ou desde outras Comunidades Autónomas. A miña próxima parada, Chamberí Branquiazul, unha peña do Deportivo en Madrid, movemento que permite reunirse na capital a moita xente deste club, así como a bastantes galegos que quizais doutra forma, non se coñecerían. Unidade baixo a mesmo camiseta.

Imaxe

Forza Depor. 

Fernández Díaz Fabio 141 C02