Arquivo do blog

Estamos tolos, estamos no aire

Trala proxección de “Radio Favela” enchen o blog os post relacionados con esta película pero a min gustaríame falar doutra radio que (teño que recoñecelo) nunca escoitei e que coñecín grazas a un anuncio pero, aínda así, parece moi interesante. Trátase de La Colifata.

Hai xa 20 anos, nacía este proxecto sen recursos técnicos, económicos nin institucionais. Tratábase dunha radio, a primeira no mundo, que emitía dende un psiquiátrico como parte da terapia de recuperación dos seus internos. Grazas ás doazóns conseguiu medrar e sobrevivir, chegou a obter premios e recoñecementos tanto a nivel local como internacional e, actualmente, o seu modelo de radio é imitado por todo o mundo.

O máis importante na súa historia é que La Colifata axudou no camiño de recuperación de centos de internos do hospital psiquiátrico de Borda, modificou a idea de que son xente perigosa e mellorou a comprensión xeral do problema da demencia.

Xunto con Radio Favela, La Colifata é unha proba máis de que a radio non é só información, aparato de influencia, de guerra fría, de interacción mediática; senón que pode ser un instrumento de creación de cultura e comunidade.

A ciencia non nos ensinou aínda se a loucura é ou non o máis sublime da intelixencia” Edgar Allan Poe (1809- 1849) Escritor estadounidense.

Pérez Capelo, S2E, 3B2