Arquivo do blog
Qué nos din as cores?
Na actualidade, a comunicación mediante signos non lingüísticos ten comprobada a súa efectividade na transmisión de mensaxes, o que leva a unha transformación radical á atención que se lle ven prestando á imaxe e, máis concretamente, ás cores.
As cores inflúen sobre as persoas e os seus efectos psicolóxicos e físicos teñen moito que ver en tódolos aspectos da súa vida. Crean tristeza ou alegría, exaltación ou depresión, actividade ou pasividade, calor ou frío, etc. As cores actúan sobre o noso sistema nervioso central e as súas ramificacións, o que modifica non só as funcións orgánicas senón tamén as nosas actividades sensoriais, emotivas, afectivas e, por suposto, o carácter.
A publicidade estuda este fenómeno e o aproveita para os seus intereses. A través das cores, crea mensaxes de atracción e sedución que van destinados ao subconsciente dos compradores.
Este infográfico recolle os significados asociados ás distintas cores (para a cultura occidental) e ilústraos con exemplos reais coñecidos por todos.
Aquí vos deixo tamén algúns documentos moi interesantes se queredes afondar no tema:
http://drupal.puj.edu.co/files/OI087_Herman.pdf
http://www.fleitman.net/articulos/colorEnLaPublicidad.pdf
http://es.scribd.com/doc/29333521/El-Color-y-la-comunicacion-grafica
Cereijo Vázquez, S1F, 1B1