Arquivo do blog

Sen comunicación non hai desenvolvemento

¿Qué unha comunicación para o desenvolvemento? É unha comunicación que sexa útil para o cambio nun país ou que promova os cambios. Isto pódese lograr a través do traballo coa sociedade civil e cos medios de comunicación.

Rosa María Alfaro, xornalista que estuda a Comunicación e o Desenvolvemento, apuntaba nunha conferencia que hai unha necesidade de facer cambios dende o xornalismo para poder producir transformacións sociais, e tomar neste proceso á sociedade civil como unha fonte de información e de opinión. “Atopámonos cun xornalismo que a pesar de que ingresou o tema do desenvolvemento nos medios, é un xornalismo que non coñece os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio”.

O outro día viamos no vídeo Voces del Magdalena como a sociedade vía importante a existencia da radio porque lles permitía falar daqueles temas que sacudían o país e tamén era un bo vehículo para lograr a boa educación dos máis pequenos. Un dos propósitos da Asociación de Red de Emisoras Comunitarias del Magdalena Medio é chegar a conseguir a paz no país, credes que o están conseguindo? Eu opino que, mediante o que vimos no vídeo, a xente ten ganas de que todos os problemas rematen, están como “enganchados” a esas radios que lles dan a ilusión para seguir día a día e síntense escoitados.

Déixovos aquí unha entrevista que se lle fixo a Rosa María Alfaro e que explica moi ben a situación das radios comunitarias en diferentes países.

Yáñez Castro, S3D, 4B1

Adiós desinformación. Hola Contrainformación.

La permanente exposición a la red temática de los medios, no solo mina ciertos criterios valorativos de la persona, también contribuye al empaquetado social en un sistema desinformado. Cuando vemos la televisión, dos de nuestros cinco sentidos permanecen embriagados por el contenido visionado en el proceso de comunicación mediática. En ese momento, nuestra capacidad de actividad simultánea se anula casi por completo y las aptitudes críticas permanecen aletargadas. Como consecuencia, nos olvidamos de actuar por nosotros mismos y lo hacemos en función de abstracciones que nos dirigen según las leyes del sistema comercial. Esas muecas que simulan nuestros hábitos cotidianos, son algunos eslabones del embuste dominante. Del mismo modo, con las conductas sociales del espectáculo, nos integramos en un sistema mediático totalmente mercantilizado, convirtiéndonos en objetos de supervivencia y renunciando a la singular construcción de nuestra vida.

No obstante, existe otra realidad que se construye al margen de los medios de comunicación. La Contrainformación se revela como una posición antagónica respecto del discurso oficial, pudiendo servirnos de herramienta formativa y crecimiento personal. Una comunicación transformadora que persigue redefinir la interacción libre e igualitaria entre los participantes del proceso de cambio social. En este sentido, ¿Concibís algún modelo de comunicación alternativa? ¿Seríais capaces de establecer un código informativo propio?

http://www.dariovive.org/audiovisuales_libros/contrainformacion.pdf

Veiga Amorín, S3E, 4B2

Comunicación e desenvolvemento

En relación ó documental visionado na última clase expositiva, quixen realizar un exercicio de abstracción e pararme a analizar o que verdadeiramente un entende despois de estar a realizar e ver proxectos sobre estes dous conceptos durante un cuadrimestre enteiro. Estas son as miñas conclusións:

En primeiro lugar, o proceso comunicativo sería incapaz de entenderse sen as relacións interpersoais. O desenvolvemento individual do home, que por unha banda adquire experiencia social e histórica día a día e, pola outra, mediante a comunicación entre as persoas está condicionada non só por el mesmo, senón por todos os individuos cos que se relaciona e está en contacto. Polo tanto, o proceso comunicativo, ademais de ser imprescindible para o home é, ante todo, enriquecedor e transformador para a súa personalidade.

En segundo, cabe aclarar que o desenvolvemento é un proceso que non só se debe entender como foco de melloras económicas ou tecnolóxicas, senón que trae sempre da man o benestar social. Durante o desenvolvemento das nacións leváronse a cabo moitas melloras técnicas e mesmo científicas mais, a un nivel intanxible, penso que comparativamente as melloras sociais, as melloras no mundo da comunicación son máis e mellores. Nace un intercambio non de bens, senón de ideas que renovan e fan renacer crenzas e pensamentos. Cambios na forma de vida non só traídos da man dos cambios tecnolóxicos, algo que nos permite desmitificar un pouco o progreso como se entende ata agora e pasar a ter máis fe no ser humano. Algo que ultimamente está gañando a pulso moitos escépticos.

Fernández Fernández, S2B, 2A3

El peor de los mundos

-¿Quién va a ganar hoy?- le pregunto a un par de jóvenes; una pregunta absolutamente normal antes de un partido.

-Tú no.- es la escueta y amenazadora respuesta que alguien me da entre dientes.

No me doy por vencido.

-¿Apostamos?

-Largo.- dice otro, estoy seguro de que habría preferido atizarme una. Pero el chico quiere entrar al estadio y quizá por eso renuncia a darme una paliza que sólo le habría impedido presenciar el partido. Y todo eso ocurre a pesar de que hay policías que, aunque sin llamar la atención, se mantienen al alcance de la vista.

Éste es sólo un pequeño fragmento del último libro escrito y protagonizado por el controvertido periodista Günter Wallraff. “Con los perdedores del mejor de los mundos”, convierte nuevamente  a Wallraff en la voz de los que tienen mucho que decir pero no tiene como contarlo. Haciéndose pasar por una persona negra, sufre el desprecio de la Alemania actual, adoptando los hábitos de un indigente en la intemperie, un empleado explotado, este periodista alemán vive en sus propias carnes la crudeza de unas vidas imperfectas y precarias en una actualidad de despilfarre y, sobre todo, de tolerancia.

Es un ejemplo de periodismo limpio y solidario, desinteresado y, ante todo muy claro. Que caigan en tus manos cosas como esta, introduce dentro de cada uno un atisbo de esperanza, es la voz de la gente en boca de alguien capaz de que llegue a nosotros.

“En un país que sigue siendo tan rico como antes, son cada vez más las personas que hoy tocan fondo”. – Günnter Wallfaff.

López Martínez S2E, 2B2

A cidade está ben en pequenas dósis, a pesar de que  outros dirán o mesmo dos pobos;eu defendo a miña postura. Nos pobos é o sitio onde se pode atopar algo de indentidade, de carisma, non seguen un patrón arquitectónico fixo,mentres que nas cidades parecen todas o mesmo escenario , que se reproducen dun rincón a outro do planeta, edificios, luces…

Tamén cambia a forma que teñen os individuos de relacionarse entre sí. Walter Benjamin, xa explicaba as contrariedades que este tipo de asentamento provocaba no home, tan pronto se podía sentir só, como tragado pola urbe. Nela temos todas as posibilidades para desenvolver as nosas necesidades,  pero pola contra, sucumbimos ante  a opresión de formar parte dun modelo. Alí é moito máis sinxelo caer nos gustos das masas e deixarte levar, mentras que no pobo, eu penso que cadaquén pode desenvolver  mellor o seu carácter sen este tipo de contaminación. O contacto entre a xente como di o sociólogo Louis Wirgh é superficial, anónimo, rápido. No pobo é moito máis denso e cercano, en moitos sitios o vecin e parte casi da familia e, tanto a él como a moita outra xente do pobo soen invitala a moitos acontecementos familiares, feito impensable na cidade.

Finalmente para mín o mellor é unha crianza no ámbito rural, estudo e traballo na cidade e a vellera xa se verá. Tamén e certo que a xente tende a pensar sempre que o pasado foi mellor, quizais por eso sempre queremos voltar os nosos orixes, maioritariamente ligados aos pobos.

Álvarez Gromaz Lucía S1F,1A3.

http://www.youtube.com/watch?v=O9I3502b3co&feature=related

Nos quita el miedo

“La radio nos ayuda a crecer intelectualmente (…) Nos quita el MIEDO”

Esta frase formaba parte de algunas de las declaraciones que escuchamos en el documental sobre la Radio Comunitaria el pasado viernes, en clase. Y es que en este tipo de medios se lleva a cabo una tarea muy comprometida y desde mi punto de vista, complicada. Se pretende informar, comunicar y culturizar a la población a través de un medio de comunicación algo que hace de la radio un instrumento para el desarrollo, entendiendo este como cambio “hacia delante” en materias concretas relacionadas directamente con la comunidad.

Pero volviendo a la afirmación con la que he comenzado el post, esta me parece muy importante. El miedo es algo que históricamente se ha utilizado como arma de control sobre la población y que desde los medios de comunicación (que defienden unos intereses específicos) se ha ido respaldando. Por eso, me parece tan “chocante” eso de “nos quita el miedo” porque considero que hoy por hoy, después de leer el periódico, ver las noticias o escuchar la radio cada día, acabamos con más miedo o temor del que teníamos. Terrorismo, inmigración, problemas económicos… son algunos ejemplos de esas noticias que consumimos diariamente y que nos hacen temer al mundo. Me parece sorprendente como se muestra lo importante que es la radio comunitaria en cuanto a esta labor, ya que demuestra que con el saber, con el conocimiento y la cultura, el miedo va menguando. Que algo como la radio sea considerada por esta comunidad como algo suyo, en la que ellos mismos pueden participar en la construcción de la agenda temática, me parece una muestra de que realmente este medio responde a los intereses de su audiencia y no a otros.

Sobre la reflexión del miedo como control social, os dejo este artículo de Pablo Alarcón-Chaires con el que coincido en gran parte.

http://archivo.lajornadamichoacan.com.mx/2008/10/12/index.php?section=politica&article=009n1pol

 Domínguez. Rodríguez, P. S2C, 2A2

O xornalista debe contribuír no cambio das sociedades?

O papel do xornalista, en particular, e o dos medios de comunicación de masas, en xeral, teñen como rol fundamental xerar unha nova atmósfera que implique o cambio. Na miña opinión, penso que estes medios deben traballar nun territorio acotado para ter maior número de usuarios que se identifiquen coa dinámica, idioloxía… do medio. Deste xeito, teríanse en conta tamén os problemas que só afectan a un pobo, a un grupo reducido de persoas…

Isto recórdame ao ben que funcionaban as radios comunitarias no documental visionado na aula o pasado venres: Voces del Magdalena. Era incríble a aceptación dos medios por parte da poboación, o que xera unha identificación coa radio. Deste xeito a radio daba voz a toda a poboación. Hoxe en día, os medios de comunicación están ás ordes dos gobernantes e dos que teñen o capital deixando de lado así aos problemas que afectan a grupos ou comunidades reducidas. Recollo así unha frase que resume o que está pasando: “A dependencia cultural exprésase polos desequilibrios internacionais dos fluxos informativos manexados por organizacións internacionais de información e programación”. Con isto parece que o capitalismo está acabando coas comunidades. Actualmente só se sabe poñer etiquetas aos países mentres se busca o ben propio.

Chama a atención como o que nun principio se concebía como unha idea de progreso hoxe é chamado desenvolvemento. Este desenvolvemento que só necesita eliminar ao pequeno para triunfar.  Agora non se respecta a cultura nin a identidade dos pobos xa que o desenvolventismo tende á homoxenización. E aquí é onde os medios deben intervir para frearlle os pés. Debemos, como xornalistas, pero tamén como cidadáns, darlle paso a que os pobos se expresen en total liberdade e non deixarlle só aos seus gobernantes ter o uso da palabra e da súa liberdade de expresión. O que non pode ser é que os medios de comunicación sexan a canle só dos máis fortes.

Lozano Aguiar

S2D

2b1

Homo economicus, Homo miserabilis, Homo sapiens

Un homo economicus da era industrial que se converte nun home miserabilis na época da posmodernidade. Así ve Ivan Illich ao ser humano na súa situación actual: unha vítima da institucionalización da escaseza durante as décadas de “desenvolvemento” nas que a construción de distintas redes sociais, en especial os medios de comunicación, converteron os desexos, as carencias e os límites naturais en necesidades fundamentais.

As novas xeracións froito deste sistema chegan a identificar a condición humana cunha serie de necesidades comúns a todos os homes e mulleres. Trátase dun proceso de miserabilización que afecta de forma xeral a todos os países. Unha situación onde, como xa expliquei nun post anterior, a desnaturalización das nosas verdadeiras necesidades e creación doutras de xeito artificial, fai que vivamos nun estado de resignación e impotencia nunha procura de pracer trivial e superficial.

Quizais sexa tempo de saír deste estado de insuficiencia permanente, e unha ferramenta fundamental para logralo é a Comunicación-Desenvolvemento (C-D). Unha nova forma de entender o “desenvolvemento”, cunha aposta cultural de cambio baseada na liberdade humana e no cumprimento das verdadeiras aspiracións das persoas.

Unha nova forma de comunicar fundamentada na humanidade do Homo sapiens como pobo librepensador e consciente de si mesmo. Onde a “paixón pola palabra” converta os nosos discursos en realidades con contido. Con memoria e historia, con verdades presentes e con vontade solidaria de futuro.

Para saber máis:

http://www.ivanillich.org.mx/Lidicc9.htm

https://comunepersoal.files.wordpress.com/2011/02/a-necesidade.pdf

Negreira Rey S2C 3A2

1,2,3… Un pasito pa’lante

La imagen de los medios de comunicación está asociada a la de los “guardaespaldas” de grandes grupos empresariales y partidos políticos. Es sorprendente conocer la existencia de medios comunitarios (abundantes en Latinoamérica) que centran su agenda mediática en los problemas y las soluciones que tienen éstos, dentro su comunidad.

Según Ul Haq la Comunicación-Desarrollo aborda las reivindicaciones políticas que hay dentro de la comunidad en lo referente a cuestiones de la vida cotidiana, para que el “desarrollo” sea un cambio cultural que ayude a alcanzar las expectativas de la gente. Para lograrlo: los medios se centran en difundir noticias que enfaticen los objetivos alcanzados y la resolución de problemas que afectan a la comunidad, ofreciendo una información honesta que les afecta directamente.

Radio Favela y el documental de la Región de Margarita son buenos ejemplos. La radio, como medio de Comunicación- Desarrollo permite avanzar culturalmente a la comunidad, es decir: sentirse partícipe de su comunidad, establecer lazos de unión más fuertes, extender la educación a todos los niñ@s, ayudando a aumentar el entendimiento.

La comunidad siente los medios como propios porque se siente participe de ellos. En el panorama actual, ver que los medios, realmente ayudan a la comunidad en su día a día, nos permite sentir la posibilidad de mejora más cercana. Es la mejor manera de cerrar los post.

Mirad este vídeo:

xcremq_las-radios-comunitarias_shortfilms

Quintana Fernández, S3E, 3B2.

E ti, de que libro es?

Segundo un estudo da Universidade de Ohio cando nos perdemos nun libro e nos seus personaxes podes chegar a cambiar o teu comportamento e pensamentos polos dun personaxe do libro, para sentirte identificado con el.

Segundo as consideracións deste estudo, a literatura, como proceso comunicativo entre o escritor e o lector, aínda ser lineal e non permitir na meirande parte das veces unha posterior interacción, pode seguir formando unha parte de nós. Así, como os lugares e as persoas. Pois con todos eles establecemos unha interacción, a formación do eu a partir do nós.

Reflexionando sobre isto, podemos levalo un pasiño máis alá. As referencias culturais que adquirimos a partir de certas obras literarias poden ser máis propias dun lugar  como cando comparamos a alguén co pai de Migueliño ou algo máis universais como cando se teñen dilemas como os de Hamlet.

A literatura como ese elemento que pode facernos a todos un pouco máis iguais pero tamén completamente diferentes. Por cantos libros estamos formados? Que libros forman parte de ti?

Estes son algúns dos meus 😉

I don’t even know what I was running for – I guess I just felt like it. O guardian entre o centeo

Nunca olvidaré a la primera persona que, al cabo de cuarenta años, reconoció en mi ciudad a Amparo Miranda. Irse de Casa

There is nothing either good or bad, but thinking makes it so. Hamlet

What came first, the music or the misery? Alta fidelidade

Bragado Paz, GBCP

Otro día, otro drama.

Le duela a quien le duela, la realidad que los medios de comunicación expresamos no es otra que esta. Los titulares catastróficos encabezan las noticias de otro suceso que tira el mundo un poco más abajo o, de manera más individual, por ejemplo, cómo hoy han perdido la vida cierto número de personas. Y en eso consiste lo nuestro, cierto. Pero ¿qué hay del periodismo por el desenvolvimiento?

Como podemos leer en el texto sobre Comunicación y desarrollo que se nos entregó en la clase de ayer, la comunicación es un medio y un fin asociado a los proyectos sociales que se producen.

El desarrollo mundial sólo lo conseguiremos al escapar del sistema capitalista en el que nos encontramos, que pretende, erróneamente, homogeneizar todas las culturas y crear un modelo central basado en el funcionamiento actual de los países de occidente. Dicho desenvolvimiento (o progreso) está potencialmente en manos de todos, pero es algo voluntario el participar en ello o no.

Día a día hay quien consigue pequeñas aportaciones y, a veces incluso, no tan pequeñas. Hay muchas organizaciones y personas trabajando en ello y, quizás, aunque no vayan a ocupar un espacio dominante en las páginas, ondas o pantallas, puede que sí se merezcan un reconocimiento por ello. Y sobretodo, ayuda de difusión para dar a conocer su trabajo y sus logros, que pueden ser una puerta entreabierta para muchos otros.

Pero, ¿cuántos de estos esfuerzos vemos en letra negrita? Pocos. Y no porque no los haya. Aunque, sí es cierto, son muchos menos de los que debería haber.

 Álvarez Bao, Arantxa; S1D, 1A3

Menos para vivir mellor: Decrecemento

O meu último post quero dedicarllo a unha parte dos apuntes que Marcelo nos deu hoxe en clase. A pesar de que falar sobre o vídeo da Radio Comunitaria de Colombia (na que a xente pasou de ser simples ouvintes a ser actores da radio) podería ser moito máis interesante, prefiro falar dun proceso mencionado nos apuntes e que me chamou a atención: o acrecemento ou decrecemento.

De partida, debo recoñecer dúas cousas: a miña ignorancia  pero tamén o meu interese respecto deste tema.

Os piares do acrecentismo aséntanse na defensa do ocio, o reparto do traballo, o triunfo da vida social sobre a lóxica da propiedade, a primacía do local sobre o global e a redistribución dos recursos a favor dos máis desfavorecidos. O seu obxectivo é, por tanto, unha sociedade onde se viva mellor, traballando e consumindo menos.

Parece que soa a utopía, a sociedade perfecta pero non vén de agora. Xa nos anos sesenta Illich e Castoriadis defenderon este proceso que, como todo, ten os seus detractores.

Algúns venlle dúas saídas: unha elaborada de xeito ordenado voluntaria e racionalmente, e outra culpable do encarecemento da enerxía e do cambio climático.

O acrecemento tamén é obxecto de crítica na actualidade debido a que hai xente que cre que a simple desaceleración do crecemento económico producirá un aumento das taxas de paro e empeorará, aínda máis, as condicións de vida. Outra detracción máis procedente daqueles que pensan que é unha ideoloxía de ricos para ricos, sen aplicación posible nos países menos desenvolvidos.

Porén, eu creo que unha das principais causas da nosa actual situación económica é o empeño nestes últimos anos en acelerar o proceso económico (por enriba das nosas posibilidades) só por igualar as demais potencias europeas. Quizais xa é hora dunha paralización. Non falo de ir cara atrás, senón de frear isto que xa se nos foi das mans.

Aquí vos deixou un vídeo de Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política, sobre “O decrecemento como alternativa”:

Díaz Villaverde   S2A, 2A3

¿Periodismo antropológico? ¿Antropología periodístico?

Esta semana, en el curso de periodismo social de Agareso, tuve la oportunidad de conocer la labor de Antropología Media Audiovisual, una productora de documentales etnográficos, entre cuyos objetivos no sólo está la divulgación de la investigación del ámbito de la antropología, sino también la transformación de nuestras sociedades a través de sus producciones.

Su director es Juan Robles, quien también da clases en la Universidad Autónoma de Madrid. Como si de una sesión con sus alumnos de antropología social se tratara, propuso a los asistentes del curso a realizar un “visionado activo”: ver un trozo de un documental de su productora y después señalar las características que revelan que el producto es efectivamente, un trabajo antropológico. Esta tarea fue más difícil de lo que se me antojaba en un principio, ya que a los pocos minutos del visionado me encontraba totalmente inmersa en la historia que me contaba, como en una emocionante película. Sin embargo, los hechos, nombres, lugares y datos que mostraba el video eran todos reales, y aunque una música y unos planos más poéticos podían inducir a lo contrario, estaba claro que yo veía un documental.

El documental etnográfico y el cine de ficción (especialmente el cine social) se entremezclan ágilmente, al igual que el documental y el reportaje periodístico. Juan Robles señala así que muchos periodistas hacen buenos estudios antropológicos, y muchos antropólogos hacen trabajos periodísticos. Entonces, ¿dónde está la diferencia entre la labor de uno y otro? La clave está en la perspectiva que adopte el profesional ante su sujeto, en cómo lo quiere representar. “La verdad no existe, existe la coherencia” son palabras de este profesor universitario, que los alumnos de periodismo hemos escuchado frecuentemente repetidas -con sus variaciones- en boca de nuestros propios profesores. De nosotros depende si crear un producto coherentemente espectactular o coherentemente comprometido con la sociedad que representa.

Neilson, S2F, 34A

A ti, a vós, a nós e a min que nacemos nunha era inagotable de esperanza

O mundo da comunicación está marcada por unha palabra: crise. A situación actual parece non deixar sitio para o traballo, a xustiza, a sanidade ou a educación. Os recortes, o despido libre e a amnistía para a corrupción política/económica enchen os nosos oídos a cada telediario e serven de café moi amargo a cada almorzo. Ante todo isto, vai un ano o mundo pidiu un cambio; vai para 365 días que o 15M, respaldado pola plataforma ¡Democracia real Ya!, TOMA LA CALLE, prendeu a semente da esperanza. Estes días, tempo despois desa revolución cidadá, parece que as cousas non cambiaron: a estafa segue, os dereitos séguennolos papando cada venres e a monarquía cae a cachos mentres non deixa de comer-NOS. O movemento do 15M non finou e por iso volverá a encher as rúas o próximo 12 de maio:

 

Eu e supoño que todos vós nunca imaxinamos que viviríamos isto. Nós que tiñamos a oportunidade de estudar, que podiamos ter agasallos todos os Nadais e a resposta a “que queres ser de maior?” sería o noso futuro. A través deste video, que fai referencia á xeneración dos 80, que nos quedará lonxe en tempo, pero moi preto en situacion, ilústransenos as promesas que nos fixeron a cada minuto e nos tranquilizaron, porque eramos “a xeración máis preparada”.

 

A comunicaión deu a luz aos movementos que están a reclamar cambio e xustiza. Porque grazas á virtude de poder relacionarnos comezou a xermolar a revolución social, e é que non hai nada máis humano e comunicativo que as reivindicacións a unha soa voz.

 

Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

S2D, 3A1

Son todos uns lambóns

Esta é unha das expresións que se lle pode oír á maioría das persoas á hora de falar dun colectivo que cada vez ten menos popularidade: os curas. Que se son uns lambóns, que se o único que queren son cartos… O certo é que os sacerdotes están cada vez peor vistos pola sociedade, polo menos ao noso redor. O caso é que a Igrexa afirma que está a facer unha gran labor humanitaria e o que parece que a sociedade percibe é todo o contrario. Se cadra un dos motivos polos cales acontece isto é por titulares como este publicado fai xusto un ano no diario Público onde se da conta das cantidades que percibe a Igrexa do Estado. Por certo, o titular facía referencia a unha realidade e en tempos de crise esas cousas non sentan moi ben.

Probablemente a Igrexa teña dificultades á hora de comunicar as súas actividades pero tamén pode ser que o problema veña de atrás. Eu aínda lembro cando era pequeno e o cura da miña parroquia ía casa por casa pedíndolles parte da súa colleita aos veciños e veciñas. Todos os anos había que apartar unha certa cantidade de trigo para o cura, e millo, e ovos… Con eses costumes é difícil acadar a confianza de alguén.

España Faqué, S2F, 2A4

La importancia del como lo decimos

Lo importante en un proceso comunicativo no es solo lo que decimos o transmitimos a nuestros interlocutores, sino también la forma y el contexto en el que lo decimos. Es decir, además de la comunicación verbal entran en juego otros factores denominados “comunicación no verbal”. Si, por ejemplo, te estás refiriendo a un amigo con una expresión malsonante pero en un tono jocoso y dándole palmadas en la espalda esta no deja de ser una broma o un saludo entre congéneres. Si utilizas esos mismos términos en una discusión con una persona que no tienes esa relación evidentemente la cosa cambia.

Los seres humanos por naturaleza gesticulamos, abrimos más la boca, los ojos, hacemos muecas, etc. Muchas veces, antes de crucificar a alguien o adorarlo por su forma de expresarse, deberíamos de fijarnos en como utiliza los distintos parámetros de esa comunicación no verbal, es decir su uso del lenguaje gestual y corporal, el lenguaje visual, la propia mirada que puede delatarnos nervios, seguridad, tensión, etc y el paralenguaje, es decir esas señales que matizan y que incluso cambian el significado de un proceso comunicativo.

En definitiva, y con esto quiero completar lo comentado en el anterior post sobre comunicación vía escrita, no podemos prescindir de la comunicación no verbal salvo que haya un gran conocimiento mútuo. Cualquier pequeño detalle puede valer un mundo en ese proceso comunicativo.

Martínez Montero, S2C, 3A2

Adicta al Krahe

Comunicar es compartir: inquietudes, esperanzas, conocimientos… Poner en común nuestra percepción personal de lo que nos rodea, influye, preocupa e interesa. Y esta plataforma ha servido precisamente para ello, dando cuenta de la diversidad de puntos de vista sobre innumerables temas so pretexto de la transversalidad de la comunicación, entre ellos, la música.

No me considero una melómana, aunque disfruto mucho sintiendo la música: la bailo, la lloro y, por supuesto, también la río. Obviamente tengo mis preferencias, entre las que destaca mi admirado Javier Krahe a quien, fiel a su cita compostelana, voy a ver cada mayo desde hace unos cuantos años.

Ante la posible inminencia de otra promesa electoral incumplida por Mariano Rajoy y la proximidad de la fecha del concierto, me acordé de Cuervo Ingenuo, censurada en 1986  por una TVE politizada, en el mal sentido de la palabra. Comparto la canción con vosotr@s; ejemplifica como una democracia puede ser deficitaria, una democracia de mentira:

Montes Mariano, S2B, 3A4

Que ten Preferencia na cabeza? Todo menos pelo

Resulta curioso como un simple mapa de calvas reflicte a idiosincrasia dun estadio de fútbol, mais é así. A visión privilexiada dunha ristra interminable de cabezas despoboadas de pelo que hai dende o alto de Preferencia comunícanos o grupo social que predomina nesa grada: homes de avanzada idade -exceptuándonos a nós, claro-.

Efectivamente, cada sector do estadio de Riazor responde, aplicando unha xeneralización inxusta, a un parámetro determinado. Así, Maratón Inferior é a grada dos hinchas radicais: canis de 15 anos ou “narices tortas” de trinta que se desviven por animar ó Depor. Pola súa banda, Tribuna é a grada dos señores de pasta que non animan para non perder o seu recoñecemento social. E Pabellón Inferior…Pabellón Inferior é a grada dos “postureos”, chea de rapazas que se sitúan de cara ás gradas, pois o que queren non é ver o partido, senón “fichar” chorbitos. Calquera que coñeza o estadio de Riazor sabe que non ando moi desencamiñado…

Deste xeito, asistir ó fútbol trascende para moita xente do puro lecer e se converte en todo un acto social, algo do que ós que nos gusta realmente o deporte rei non podemos senón renegar. É por iso que quero destacar o labor da Curva Turca nese sentido. Integrada por unha docena de membros, trátase dun colectivo de hinchas deportivistas nado este ano co obxectivo de desterrar dunha vez por todas a idea de que ós de Pabellón non lles interesa o partido. Así, xornada tras xornada, alí están eles, animando como os que máis, sen importarlles o Gran Hermano no que, nunha cidade de apariencias como A Coruña, se converte Riazor cada fin de semana.

Fernández Lema, S2B

¿Como se comunican as malas noticias?

Ter moitos coñecementos sobre medicina, non quere dicir que o médico saiba como comunicarse co paciente. A morte dun familiar ou unha enfermidade crónica son sucesos que a unha persoa que lle costa asimilar. Cando o médico debe comunicar estes sucesos a un paciente enfróntase a unha situación na que queda liberada ó azar ou á capacidade do profesional o “que dicir e como dicilo”. O acercamento entre o médico e o paciente demanda, como mínimo, unha hora e o profesional debe estar disposto a dedicarlle o tempo necesario. Porén, a irrupción desmedida da tecnoloxía no sector da saúde e o pouco tempo que se lle destina á consulta fixo que o médico se afastara do paciente, deixara de escoitalo e tamén de tocalo.

Para axudar a mellorar a comunicación de malas noticias en medicina, a doutora Guadalupe Bruera redactou unha protocolo de comunicación con etapas destinadas a brindar apoio e contención ó paciente e/ou familiares no momento de transmitir todo tipo de información sobre diagnóstico, pronóstico e tratamento. Estas etapas son:

 – Preparación do entorno onde se lles dará a noticia: tranquilo, privado e onde o médico non sexa tampouco molestado.

 – O médico debe avaliar o nivel de información que manexa o paciente acerca do seu problema e preguntarlle canto quere saber ó respecto.

 – Darlle a información empregando un vocabulario sinxelo, sen terminoloxía científica.

 – O médico debe facilitar a resolución dos sentimentos e axudar ós membros da familia a comprender e a aceptar a reacción de cada un.

– O médico tratará de demostrarlle ó paciente que o vai apoiar durante o proceso e que elaborará un plan de coidados para aliviar síntomas, compartir medos e preocupacións.

Díaz Villaverde  S2A, 2A3

15 M, versión 2.0

Hace ya casi un año de una de las mayores revueltas populares en la historia de nuestro país. La sociedad, harta de las injusticias cometidas por el gobierno, los bancos, y “los que maejan el cotarro” en general, salió a la calle en masa para protestar por la situación que estaban viviendo. Muchos de los manifestantes eran jóvenes desesperados por la falta de perspectivas para su futuro que vieron como única solución la protesta, un futuro con  recortes en educación,  con un paro juvenil de más del 50%…

La protesta de unos pocos se convirtió en la causa a seguir de muchos otros que también adolecían por las injusticias que estaban viviendo. Gente de toda España se movilizó, y lo que había comenzado en Madrid y Cataluña se propagó por toda la península. En poco tiempo, miles de personas se asentaron en las calles a modo de protesta, a pesar de las dificultades que suponía el vivir en la calle. Pronto superaron esas dificultades con una comunicación y una organización más que buenas y con la voluntad de todos los que participaban en la protesta. A pesar de ser tildados de “perroflautas” siguieron firmes en sus reivindicaciones, extrapolándolas a muchos países del mundo. Iniciativas como “Tomemos Wall Street” nos hacen ver la dimensión que se consiguió. Fueron portada en todos los diarios e informativos del mundo. Su protesta había llegado alto. Eran los INDIGNADOS.

El próximo martes se cumplirá un año del 15 de mayo, el día en el que todo empezó. El día en el que la comunicación entre distintas comunidades hizo posible una revuelta unánime de la sociedad. El día en el que mucha gente recobró la esperanza de salir adelante a pesar de las injusticias y penurias por las que estaban pasando. El 15 de mayo fue el día en el que España y el mundo supo que estábamos Indignados.

Aquí os dejo una buena reflexión sobre el moviento del 15 M, por Charles Eisenstein

Salgado Álvarez, Javier S3c, 4A2