Arquivo do blog

“ProT: máis sobre COGAMI”

O cronograma de actividades realizadas para colaborar con COGAMI dende o noso grupo de ProT xa se deu por finalizado, aínda que todavía temos pensado pasar alguna vez máis por alí.

Esta semana quería recomendarvos que lésedes as historias persoais que se contan no blog. Son historias das vidas de xente relacionada coa asociación ( traballadores, usuarios, colaboradores…) e que mostran que con afán de superación e ilusión pódense conseguir cousas increíbles. É certo que para este colectivo a integración na sociedade todavía non é completa, pero lendo iso un comeza a pensar que posiblemente cada vez esté mais cerca de selo.

“Nunca supe muy bien cómo puede determinarse la discapacidad. La incapacidad sí. Es una carencia. Lo que no se tiene, no se tiene. Pero la discapacidad es una limitación física o psíquica. Y no conozco a nadie que no la tenga en un grado o en otro”. Iñaki Gabilondo

Paz Fraga s2F, 3A2

Escritores de la libertad

Falamos dunha historia real: unha mestra e unha clase. Viaxamos ata Los Ángles, nun momento no que os disturbios raciais eran abundantes debido ó incidente de Rodney King. Recuperamos unha historia: o holocausto nazi. Así séntanse as bases dun film que comeza tras dun debate mantido na clase de Erin Gruwel, interpretada por Hilary Swank, sobre o racismo. Isto conduce a mestra a levar ós alumnos a unha visita ó Museo da Tolerancia, para amosarlles as consecuencias desta masacre.

Consecuentemente, moitos dos rapaces descobren o Diario de Ana Frank, o que marca un punto de inflexión na historia. Ademais de que os estudantes cheguen a coñecer a catro superviventes do xenocidio –interpretados por personaxes auténticos- a profesora fará chegar ós estudantes diarios nos que plasmarán a violencia que os rodea. Así,  atopará unha maneira de unir a un grupo de estudantes dividido ata entón por diferenzas raciais conseguindo mellorar tamén os seus resultados académicos.

Penso que, en realidade, decidín amosarvos esta historia polo papel da mestra, que en certo modo me cautivou, unha mestra que a través de métodos nada tradicionais consegue un gran cambio. Algo que non tódolos profesores, ben sexa por falta de tempo, ganas ou intención, son capaces de lograr. Isto, en definitiva, é unha chamada de atención a todos aqueles docentes que asenten sen réplica ante as esixencias dun plan educativo, que pensan que unha oposición aprobada é un cheque en branco,  sen contrapartida e iso, só conduce a andar cara atrás.

Fernández Fernández, S2B