Arquivo do blog

A miña primeira vez

Onte puiden comprobar de primeira man a importancia da comunicación interpersoal na vida diaria. Sei que lle pode ocorrer a calquera, é que un despiste te pode traizoar, e non é necesario ir a moita velocidade. Todo sucedeu sobre as sete e dez da tarde cando ía ó supermercado no meu coche xa que ó ver que chovía decidín ir e así poder cargar máis do habitual. En cuestión de minutos comezou a chover con máis forza e de súpeto apareceu un coche diante miña que se dispoñía a incorporarse a outra rúa. Eu nunha manobra áxil intentei esquivalo xa que o tiña enriba, con tan mala sorte de que a estrada mollada fixo o resto e produciuse o  golpe. Inmediatamente saín do vehículo para comprobar os danos e vexo a miña aleta dereita afundida, e pola contra o outro vehículo implicado só tiña pinchada a roda contra a que lle impactei e poucos máis danos. O estado de nerviosismo dese momento faise evidente e pregúntaste por qué ten que pasarche a ti, pero logo recapacitas e pensas que non houbo feridos e que só foron danos materiais. No outro coche ían dúas señoras xa maiores, unha delas era a que conducía, que en todo momento actuaron correctamente, sen alterarse nin faltarme ó respeto. De súpeto aparece o axente de seguros da boa señora, que de casualidade pasaba por alí. A sorte foi que eramos da mesma compañía de seguros o que axilizou o proceso. Co sucedido dinme conta da importancia de manter a calma nestas situacións e saber comunicarse co resto de afectados e, aínda que sempre me quede iso de poder telo esquivado por pouquiño as cousas pasan e non hai máis voltas.

Image

Leiro Magdalena

S2B 2A4

Le han regalado un IPad al abuelo

http://biertijd.com/mediaplayer/?itemid=33329

Estes 32 segundos de vídeo son o mellor resumo para ilustrar o desaxuste xeracional ó que levamos asistindo dende hai xa dúas ou tres décadas. Baixo este “gag” agóchase un bo exemplo dos problemas de adaptación nos que os máis maiores, e non tanto, terminan por caer cando a súa capacidade de asimilar novas realidades se ve superada polas ditaduras do progreso. E é que se o avance técnico non vai acompañado dunha evolución social, inevitablemente nos conduce a caer nunha desconexión, nun desaxuste. En moi poucos anos, e a unha velocidade vertixinosa, en Galicia pasamos de usar o arado a presumir de sementadora ultra moderna. Ou aínda diría máis, pasamos directamente a esquecernos do campo.

Agora estamos atrapados nun limbo, nun punto de inflexión: importamos toda a tecnoloxía que podemos pero non sabemos utilizala. Así, ante nós eríxese unha xeración con problemas para adaptarse a todos estes cambios. Unha ciencia e técnica impostas da que non todos saben aproveitarse, e que moitas veces termina derivando en algo lesivo. Sempre recordarei o día que máis confuso vin a un familiar meu: unha mañá na que intentando pedir unha inofensiva cita por teléfono para o médico, terminou agonizando para conseguir convencer a aquela máquina que lle contestaba de que non quería pulsar ningún botón, que o único que desexaba era falar co doctor.

Evidentemente, a solución do noso protagonista non foi nin daniña nin nociva para el -si para o peto do que regalou o aparto-  pero os problemas de adaptación para estas xeracións, que contemplaron atónitos coma da radio pasamos á televisión, satélite, Internet, TDT e un longo etcétera aínda por descubrir, seguen aí. Con todo, o que máis me intriga disto non son os problemas de adaptación desta xeración pasada, senón os da nosa, do futuro. Nós, acostumados xa ós cambios vertixinosos desta sociedade, que desesperamos cando un maior non entende ou carece da rapidez suficiente para manexar estas tecnoloxías, repetiremos dentro de 40 este patrón? Sexa así ou non, sempre nos quedará o consuelo dunha literatura bravú que nos recorde que, polo menos, non fomos os primeiros.

Fernández Fernández, S2B, 2A3

Avós

Ante todo somos seres sociais e por iso necesitamos a persoas ao noso redor. Sen embargo na sociedade actual as presas  e o ritmo de vida provocan unha falta de tempo para comunicarnos cos demais. Isto pasa incluso dentro das propias familias. A maioría das persoas non se paran a escoitar a aquelas persoas que son as que máis nos poden ensinar da vida: os avós.  Nas culturas tradicionais como en México, apreciase aos avós e considéranos pozos de coñecemento e experiencia, pero con todo tamén se lles deixa de ter en conta cando comezan a perder as súas facultades. Ao non poder manterse ao ritmo que imprime a vida moderna vense desprazados. Temos que ter en conta que podemos aprender moito deles sempre que lles demos unha oportunidade. Os que tivemos o privilexio de coñecer a un ou varios avós seguramente recibimos ensinanzas deles que prevalecen ata hoxe. A pesar de que non nos demos conta, a influencia dos nosos avós marca o noso comportamento dalgún xeito aínda que non a recibiramos directamente senón polos nosos pais. Todos deberíamos dedicar un momento do noso tempo a falar cos nosos maiores e non permitir que o noso ritmo de vida actual acabe por rematar coa comunicación dentro das propias familias.

Díaz Leal, Carla; S1D, 2A1

Asertividad comunicativa

Todos temos un avó de dereitas sempre disposto a alabar ao actual executivo e sen ningún tipo de pudor á hora de insultar ao anterior socialista. Todos temos escoitado nalgún momento aquela frase de “xa pasou con Felipe González” que, polo menos a min, tanto molesta. O certo é que dei con esta idea buscando algo do que falar no post desta semana e atopei a solución ás discusións familiares. A clave é a comunicación asertiva e as seis normas de ouro para sobrelevar aos intereconomistas que repiten coma loros o que se fala en El gato al agua e derivados…

  1. Simular a rendición, facer crer que estamos de acordo co que está a dicir e pouco a pouco aportar un novo punto de vista, facerlle crer que foi unha idea súa.
  2. Ironía asertiva ante ataques de palabras maiores, danse conta de que se están a pasar.
  3. “Aceptar” o seu argumento rebatíndoo a continuación.
  4. Afondar na crítica para desarmar o argumento: “Non che gusta o anterior goberno, pero que é o que fixo mal?” A maioría das veces calan, pois non teñen guión para responder a iso.
  5. Repetir sistemáticamente unha idea para defendela, modificando a frase para non caer na mala educación.
  6. Utilizar unha frase breve para rematar a conversación e aplazala cando a discusión se volver demasiado acalorada.

Funciona, se non tamén podemos optar por ignorar aínda que este método non é apto para xente coma min. Recomendo este vídeo de Jorge G. Lemus.

Deus Rivadulla, S1E, 2A4

Onde **** está North Yorkshire?

 As formación dun individuo como persoa social débese segundo algunhas teorías á interacción co grupo, coa comunidade. Estando no propio concepto de comunidade a consideración de que aqueles que a forman son persoas sociais.

Hoxe querovos presentar a miña “outra” comunidade e unha importante parte da miña persoa. North Yorkshire. Fun por primeira vez a Thornton, a miña verdadeira aldea, cando tiña 15 anos pero xa a coñecía como se vivise alí dende sempre. A miña tía, a primeira e verdadeira nativa de Thornton e a miña nai encargábanse de que dende pequenos coñecesemos que había pouco que facer, que Dalby Forest era unha das mellores reservas naturais do mundo, que o café se fai en kettle e os postres acompáñanse todos con nata líquida ou incluso que un pub nun fogar da terceira idade é a cousa máis normal do mundo.

Este especial turístico que lín nun xornal esta semana, lembroume como sería coñecer de turista North Yorkshire. Algo que no fondo eu nunca fixen, a pesar de pasar 3 semanas de verán sen nada que facer. Supoño que o que quero dicir é que formar parte dun lugar non ten tanto que ver con nacer alí, senón co sentimento de pertenza, de coñecemento. Así como formar parte dunha comunidade non é ter “carnét de comunitario” senón as relacións que se establecen nela, a interacción e o coñecemento.

Bragado Paz, GBCP

De quen estamos feitos?

Esta semana falamos varias veces da “persoa social”, concepto que soa ben raro miremolo por onde o miremos. Segundo Carl Jung a “persoa” non posue un caracter real, non é individual, senón colectiva. É dicir, podemos considerar que a persoa “social” constituese no espazo comunitario, nas relacións comunitarias. Estas consideracións levaronme a facer unha pequena reflexión sobre os diferentes elementos do meu espazo comunitario que levaron e levan á “construción” da miña persoa.

Canto de min está formado pola miña curma que hai 20 anos vestía de negro, escoitaba The Cure e cambiaba tanto de cor de pelo como de bragas? Canto de min supón a miña adicciónn constante a Radio1 ou El País? Canto de min son as expresións das persoas que están ao meu arredor (divas todas elas, por suposto)?

Podemos facer un gráfico para saber que ten máis peso na nosa construción, ata que punto somos un mix doutras persoas e nada nós? Ou somos un todo nós que só se pode formar a partir doutras persoas?

E vos, de quen estades feitos?

Por se queredes estar feitos un pouquiño de min. Os meus tres ingredientes de hoxe:

–       Just like heaven.

–       El abuelo que saltó por la ventana y escapó.

–       Lord Snow  (Game of thrones. Episode 3)

Bragado Paz, GBCP

“Su sesión ha finalizado correctamente”

El miembros del grupo S2C hemos finalizado nuestro trabajo sobre las relaciones paterno filiales a través de las redes sociales. A lo largo del proceso, nos hemos puesto en contacto con pedagogos especializados para conocer su opinión respecto al tema. En su mayoría, no están a favor de que los hijos sean “ciber-amigos” de sus padres ya que lo consideran una invasión de la intimidad.

Sin embargo, tras las encuestas realizadas a dos centenares de estudiantes, hemos visto que a muchos de ellos no les preocupa compartir información con sus progenitores, o al menos, en algunas de sus redes.

Todos los resultados de nuestro trabajo, como ya os informamos, siguen expuestos en la facultad y ahora también en internet: https://docs.google.com/open?id=0B5Cfa2mLHT0CZ1J6X0RBU0lUT1E

 Digan lo que digan los expertos, se trata de una cuestión personal que, cada uno debe valorar de forma individual. Para finalizar con nuestro trabajo, nos gustaría saber que opináis vosotros sobre el tema.

 Esperamos haberos sido útiles para conocer un poco más como funcionan las redes sociales.

 Nosotros, cerramos sesión.

 Fontal Mato S2C,  2B2

“Grazas pola vosa atención”

Moito traballo detrás, pero todo para un bo final. O pasado xoves 12 tivemos a exposición do noso traballo TS. Moitos nervios pola nosa parte pero ao final todo saíu mellor do esperado, ou eso nos pareciu. E sobre todo estamos agradecidos porque a pesar de que a hora de comer e as ganas de marchar se botaban enriba, o noso traballo recibiu moi boa resposta, e moitos de vós preguntastes, ou compartistes as vosas sensacións con nós, o que é moi de agradecer. Agora, como parece ser que tivo bastante éxito, déixovos aquí o vídeo que visionamos aquel día coas nosas entrevistas á xente maior.

Entrevistas cos avós

Rivera Rey, S3B, GOBE

O galego na familia

Para o noso traballo TS sobre a aceleración do proceso desgaleguizador por mor da ditadura franquista decidín entrevistar ó meu pai, Antonio Cruz Barreiro, e á miña nai, Nieves Portela López. Ámbolos dous viviron os últimos anos do franquismo e coñecen as devastadoras consecuencias que tivo na conciencia da sociedade galega. Dende cativa levo escoitando os dous idiomas na casa, o galego e o castelán, e sempre me chamaron a atención os cambios constantes de lingua dependendo da persoa coa que se falase. Meu pai fala galego porque os seus pais sempre lle falaron galego pero aínda así recoñece que moitas veces cambia ó castelán cando lle falan nesta lingua. Cando ía á escola estaba obrigado a falar castelán na clase se non quería levar un bo castigo pero fóra das aulas os nenos cos que xogaba falaban galego. Foi quizais na adolescencia onde mellor aprendeu a falar o castelán xa que estudiou nun instituto da Coruña e alí a meirande parte dos rapaces falaba castelán: foi este o incentivo que o levou a falar o castelán.

 Miña nai fala castelán porque miña avoa lle ensinou a falalo. Meus avós maternos estiveron en maior contacto co castelán xa que emigraron a Alemaña e alí relacionáronse con outros emigrantes españois. Miña avoa sempre pensou que había que saber o castelán se querías progresar na vida. Miña nai recorda os castigos que levaban aqueles nenos que falaban con geada e non sabían pronunciar o sonido “gue”. Así, o idioma principal da miña nai é o castelán aínda que na actualidade fala galego coa miña avoa: “Cando medrei e miña nai viu que sabía falar castelán perfectamente comezou a falarme en galego e eu contéstolle no seu idioma porque sei que se sente máis cómoda”.

Opinión sobre o futuro do galego:

http://www.cervantes.es/imagenes/File/lengua/jornadas/Xose_Enrique_Monteagudo_2010IC.pdf

Cruz Portela, S1C, 2A3

Non hai mal que por ben non veña…

… “Ao feito, peito”. “Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe”. “Sarna con gusto non pica”. Estas expresións son do máis común no día a día da nosa comunidade. Son refráns, recursos propios de toda lingua e que agochan unha profunda sabiduría. Trátase de frases ou expresións populares breves que entrañan un consello ou moralexa, e serven para ilustrar e corroborar calquera mensaxe que queiramos transmitir, para dar argumentos que convenzan do que estamos a dicir. A orixe do refrán remóntase aos mesmos comezos da humanidade, como produto das primeiras experiencias do home. Estes modos breves e sinxelos de expresión foron pasando de xeración en xeración anonimamente de forma oral, converténdose así nunha mestura de coñecementos a partir da experiencia, que compartimos unha gran cantidade de persoas. Falan de distintos temas, que poden ir dende a trivialidade ou o cotián, a plantexamentos máis existencialistas ou cuestionamientos sobre a vida. Pero se por algo son importantes os refráns é porque neles condensa un pobo o seu pensar. Quen queira coñecer a fondo o espíritu dun pobo, ten que adentrarse no seu refraneiro. Constitúen o selo de identidade dunha cultura. E neste senso, debemos dar grazas a tódalas xeracións anteirores, as de onte, que se encargaron de que estes selos de identidade, os refráns, permanezan aínda vivos a día de hoxe. Agora, somos nós os responsables de que perduren ata o día de mañá.

Varela Fernández, S3B, T4B1

“Herramientas para el control parental en Internet”

Estamos contactando con fuentes y contrastando información. Nos ha parecido interesante buscar anuncios de padres que quieren saber herramientas gratuitas que les permitan saber qué hacen sus hijos en la red y hemos encontrado páginas como kioskea.net, foros, páginas web que muestran opiniones  bastante dispares, pero ganan en número aquellos padres que defienden el derecho a llevar a cabo algún tipo de control sobre las actividades de sus hijos.

Entre ellas destacamos:

Qustodio:  Un guardián invisible que ayuda a bloquear el contenido perjudicial y a limitar el tiempo que pasan los jóvenes en internet. Emite además informes individualizados sobre el uso de internet. Los padres  pueden especificar qué temas serán permitidos y qué temas se bloquearán en el navegador Web para cada uno de los usuarios. El programa permite también limitar el uso de Internet a un número de horas máximo o concretar en qué horas se podrá navegar y en cuáles no.

Ardamax Keylogger:  Registra las pulsaciones de teclado realizadas en todas las aplicaciones ( Microsoft Word, Internet Explorer… )y guarda la información en un fichero al que solo puede acceder aquel usuario que conozca la contraseña de acceso válido. No deja rastros de su presencia y no puede ser descubierto por el sistema del ordenador de forma que los usuarios no sospechan que están siendo controlados.

GoGoStar: Permite obtener información sobre la actividad de un usuario en la red, en cuanto al uso de lenguaje inadecuado, referencias a drogas, actividad sexual, edad de sus amistades..

Millos Castro, S2C

A Festa da Malla: un encontro entre xeracións

Cada vez que olvidamos unha vella tradición perdemos un chisco da nosa historia e da nosa cultura. A sociedade actual avanza a un ritmo abrumador e envólvenos nunha especie de espiral que nos fai olvidar o que sucedeu antes ca nós. O progreso e o recordo das tradicións foron, son e serán sempre compatibles e por esta razón cómpre manter vivos os vellos costumes na nosa memoria. Esta idea foi o piar fundamental da Asociación de Veciños de Santo Antón de Dexo, parroquia do Concello de Oleiros, que decidiu rememorar o proceso da malla e convertilo nunha festa que durou sete anos: dende o verán de 1991 ata o de 1997.

Xunto co obxectivo principal de manter vivas as vellas tradicións, había outras intencións que convertiron esta festa nun achegamento entre as diferentes xeracións. Nenos, mozos, vellos e non tan vellos compartiron historias, anécdotas e, sobre todo, coñecemento. Por primeira vez atoparon un tema en común no que os que máis sabían non eran os novos senón os máis maiores. Estes mostráronse encantados de rememorar as súas lembranzas da xuventude, de recordar os nomes daqueles apeiros de labranza que todos nós tiñamos gardados nos alboios e que xa non usabamos e, por suposto, de ensinarnos a sementar, a segar, a mallar e a facer o pan. Desta maneira, estes homes e mulleres da guerra e da posguerra recordaron unha práctica tan escrava e laboriosa como era a malla dunha maneira amena e divertida.

Cruz Portela, S1C

Hermano mayor

El viernes pasado tuve la ocasión de ver en hermano Mayor, un conocido programa de Cuatro. En este Pedro García Aguado, campeón del mundo de waterpolo y medallista olímpico que vio como su exitosa carrera se vio empañada por su inmersión en las drogas y el alcohol, ayuda a adolescentes con problemas de conducta y a sus famiias, que desesperadas ante el comportamiento agresivo y desencontrolado de sus hijos busca en Hermano Mayor, la última oportunidad para iniciar una nueva vida y restablecer el entendimiento y la comunicación con sus hijos.

En esta ocasión, trataba de ayudar a Vanessa la cual tiene un comportamiento muy agresivo con sus padres y lo cierto es que tanto la madre como el padre de familia forman un papel fundamental a la hora de conformar la personalidad en los hijos.

Muchos tratan de buscar el momento ideal para traerlos al mundo, buscan darles seguridad, que se formen sobre bases de valores, amor, espiritualidad. Que sean seguros para que puedan enfrentarse a la vida. Sin embargo, cómo hacerle frente a la adolescencia cuando se trae a cuestas experiencias tempranas marcadas de temor y dolor. Hay características de personalidad, tendencias heredadas y adquiridas, residuos de dependencia y crueldad infantil que de pronto, al no estar sanas se manifiestan en la adolescencia probablemente producto de una deprivación que el sujeto vivió durante su niñez.

Entonces, este niño/a inconscientemente buscará que el mundo reconozca su “deuda” o busca que el mundo le restablezca lo que perdió.

Seijas Rodríguez, Astrid S3c