Arquivo do blog

A culpa é túa papá

Normalmente pénsase que o comportamento dos nenos é froito do que lle inculcan os pais, o que aprenden no colexio, dos seus iguais… e así, déixanse á beira outros aspectos que cobran relevancia á hora de ensinarlle a un neno. Moitas das condutas negativas dos nenos dícese que son froito do que fan os pais.

Con respecto a este tema lembreime da diferenciación que fai Albert Bandura, psicólogo e pedagogo canadense. Este destaca dous tipos de aprendizaxe. Por un lado, existe un aprendizaxe activo (ou por experiencia propia) que se centra naquel coñecemento que se adquire ao facer cousas por un mesmo, e o aprendizaxe vicario, que se basea na observación dos demais. Ao tratar este segundo tipo de aprendizaxe fala tamén do reforzamento positivo e negativo. Quen non viu nunca un neno patalear nun local porque quería conseguir a cambio alg? Pois ben, se nesa situación os seus pais lle compran o que el quere por non escoitalo máis están actuando de maneira inaxeitada porque o neno ve que cos seus choros consegue algo; probablemente se volva a repetir a situación.

Este tipo de aprendizaxe por observación pode ser positivo se os nenos imitan condutas apropiadas. De non ser así, a imitación de condutas negativas leva a comportamentos nos nenos neste sentido, pensando que eles deben facer o mesmo, sen saber que están a ter un mal comportamento. Exemplo disto, podería ser que un neno que viviu a violencia de xénero no seu fogar, e na súa adolescencia  fose agresivo porque iso é o que aprendeu por imitación.  Ademais, o neno tamén pode aprender dos seus iguais imitando comportamentos dos mesmos pois observa que comportándose así obteñen certos beneficios (aquí aparece tamén o reforzo). Deberíamos prestarlle atención xa que hoxe en día non se lle dá importancia a educación dos nenos e témonos que dar conta de que eles son a sociedade futura.

 E para aprender máis de maneira amena: http://www.youtube.com/watch?v=KX5apW8h8WA

Lozano Aguiar, Lara

S2D

2b1