Arquivo do blog

Esa función da radio

Sen dúbida, a radio é un dos medios de comunicación que máis se achega a vida das persoas e o seu entorno e é precisamente esta característica intrínseca do medio, unhas das razóns que marcan a diferenza coa televisión ou a prensa escrita.

Nalgunhas das películas proxectadas na clase, puidemos observar como en países menos desenvolvidos, onde as novas tecnoloxías non son algo xeneralizado, a radio xoga un papel fundamental. Este medio caracterizado pola súa inmediatez e proximidade achega os cidadáns historias do seu día a día, historias que se agochan nas esquinas das súas rúas. Medios como a televisión, onde todo debe estar perfectamente gravado e establecido de antemán ou a prensa escrita, que nos conta os principais acontecementos que ocorreron o día anterior, teñen outras vantaxes , pero non contan con esa inmediatez que si ten a radio.

Algúns expertos aseguran que Internet está competindo coa radio nesa carreira pola inmediatez, e que este lle esta a gañar a carreira. Así e todo, eu considero que a radio segue xogando un papel fundamental na nosa sociedade e os nosos avós, que aínda non navegan pola rede, séguense informando por este medio de comunicación.

Cid Nieto; S1D, 1B1

A súa volta a TVE

A televisión española anda axitada estes días por mor da volta dun presentador que foi icona da televisión pública ó longo de 16 anos. Un gran comunicador e un showman en toda regra, aínda que algo casposo e reseso para algúns pero que a mín me transmite confianza. Ten algo de entrañable en sí mesmo e como él dixo no programa +Gente no que acaba de saír entreter e comunicar nun medio como é a televisión é fundamental e non toda a audiencia é tonta, tamén ai quen busca calidade. 

Mais a televisión pública estatal semella regresar ás súas épocas escuras (baixo o dominio absoluto do todoPPoderoso). A volta deste carismático presentador retrotráenos a todos nove anos atrás, exacto, cando os sábados pola noite triunfaba o show de Jose Luís Moreno A.A (antes do atraco), o “Luar” español, “Noche de Fiesta” e os Informativos da TVE eran os adalides da opacidade e da desinformación cidadá, era a perversión española dende o punto de vista “soenguístico”. 

A verdade é que é oír a súa voz e regresar á infancia e primeira adolescencia. O primeiro que lembro é o “¿Que apostamos?” con Ana Obregón despampanante e eu inocente de min cos meu oito anos víaa ó final da programa cando se metían nesa ducha con aquela cancionciña tan pegadiza. E logo naquel efímero programa “Todo en familia” e cómo esquecerse do “Grand Prix del Verano” ! Unha maneira de facer televisión achegada a un público familiar sen morbos nin sexo nin prensa rosa. Benvido Ramón García,recibiremos o 2013 coa túa capa. Volta á infancia. Porque “LA VIDA ES UNA APUESTA Y NADA MÁS”

Leiro Magdalena

 S2B  2A4
>[http://www.youtube.com/watch?v=Rvgo_LBJk_k]<

Una apuesta casi sentimental

Desde hace un tiempo, que un periódico cierre por falta de dinero para subsistir se ha convertido en una noticia corriente. Vivimos en la época de los cibermedios, en el que mucha gente no está dispuesta a pagar por la información y las ventas, incluso de los más grandes, descienden casi a diario. Dentro de este panorama, podríamos afirmar que quien más crudo lo tiene es ese periódico local, que además de informar, realiza una labor social y de compromiso con la comunidad dando voz a los que no la tienen en los grandes medios que reciben presiones externas de según que gobierno o empresa. Este es el caso de El Heraldo de Vivero, que en febrero ha cumplido cien años de existencia y que al igual que otros medios locales gallegos, sobrevive como puede. Su actual director, Juan Carlos Neira Brochs, no cree que la solución esté en subir el precio o crear una versión digital, por muy negro que se presente el futuro ya que confía en que sus lectores quieren tocar el periódico, que sea algo real. Aunque quizás el periódico local encuentre su lugar en el ciberespacio, siendo más fácil de llevar económicamente que en el kiosko. El profesor Neira Cruz dijo una vez que el periódico local más que un negocio es una apuesta sentimental. Coincido en parte con esto pero además, pienso que en la comunidad existe también la necesidad de estos medios y que se apueste por los mismos como una responsabilidad personal, dejando a parte el tema económico . Si estamos de acuerdo en que son necesarios, ¿Internet no podría ser su salvación?

Sí os interesa, dejo aquí una referencia al Heraldo de Vivero por su centenario:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/02/27/galicia/1330372209_850095.html

 

Domínguez Rodríguez, P. S2C 2A2

 

¿A fin das relacións en parella?

Haberá un mes, aproximadamente, que no programa da TVE “Documentos TV” retransmitiron un reportaxe de 50 minutos adicado á sexualidade e a parella no Xapón. Os resultados, as cifras e as testemuñas que alí se mostraron foron sorprendentes, incluso para ser Xapón. As estatísticas falan dun claro cambio de tendencias nas relacións de parella, onde o feito de tela se convirte nunha pesada carga, na maioría dos casos pola parte masculina, onde o sexo conxugal é unha obriga, unha imposición e unha perda de tempo. Xa son cada vez máis homes e mozos nipóns que prefiren unha boa “autosatisfacción” ( para iso dispoñen locais especializados, cabinas de masturbación…) ou que acuden a prostíbulos de cando en vez e  así evitan facer o amor coas súas respectivas. De feito o nº de mulleres insatisfeitas creceu nos últimos anos e que, segundo as enquisas hai quenes só o fan unha vez ó ano. Por outra banda, a industria erótica non deixa de medrar no país, e como exemplo a multinacional do onanismo Tenga. ¿Está o noso egoísmo chegando ata tal punto que ata no sexo vamos cara unha sociedade individualista que xa non conta co outro? ¿É Xapón unha excepción ou só é que vai por diante? Mentres respondedes a eso déixovos aquí o link a un fragmento da reportaxe que fala da “Xeración Quérome” o hedonismo elevado á máxima potencia. Consideran o “buscar moza” algo rancio, aparte de ser unha perda de cartos e de tempo.

 Pinchade aquí: http://www.youtube.com/watch?v=L2T2oSjcc7U

Leiro Magdalena S2B 2A4

Dieta. P.D.: Para poder dicir…..

 

Como fixeron ata o de agora os nosos compañeiros, nós queremos que saibades o que pensamos nós do noso consumo de medios. Estas son as nosas reflexións:

  • O principal soporte que utilizamos para saber o que está a pasar no mundo é Internet, que delegou á prensa en papel a un consumo irrisorio onde só unha persoa a consume diariamente.
  • Aínda que Internet nos permite acceder a moitos lugares de información, as nosas fontes informativas centránse en “El País” “El Mundo” e TVE. Podedes dicir que contrastamos a información, pero nós pensamos que en realidade non se trata dun contraste moi profundo dado que só visitamos dous medios. O que queremos reflexionar con esto é que visitamos dous medios antagónicos en canto a ideoloxía para poder dicir que contrastamos a información, aínda que en realidade o contraste non sexa tal. Read the rest of this entry

Impresións do consumo

Despois de realizar a dieta de consumo de medios na semana do 28 de marzo ao 3 de abril, reunímonos co obxectivo de pór en común as conclusións ás que chegamos, tras unha breve paréntese dunha semana de reflexión.

Así, a continuación presentamos, a modo de síntese, as nosas resolucións.

  1. As membros do noso grupo temos unha rutina de consumo de medios que non adoitamos cambiar. Este feito ven condicionado polo noso horario lectivo, que limita o noso acceso a determinados medios, como por exemplo os informativos de televisión de mediodía.
  2. No noso caso, estamos habituadas a consultar tanto televisión como Internet. Non obstante a radio e os medios impresos carecen de presenza no noso consumo mediático diario, salvo algunhas excepcións. Read the rest of this entry

Amor e delegación

Aproveitando  un fin de semana máis relaxado logo de pasar o apuro de traballo, o relax que o meu corpo necesitaba repercutiu negativamente no meu consumo de medios. Empezando por un almorzo ás 11:00 da mañá tras algo máis de 10 horas de sono e unha visita rápida ó correo, o resto da mañá pasouse xogando á “La ruleta de la suerte”, un partido na videoconsola e o consumo da F-1 en redifusión. O obxectivo que teño con este post é criticar o que eu considero unha práctica errónea de xornalismo, e neste caso, xornalismo deportivo. Read the rest of this entry

Despedida de dietas con sabor anticonstitucional

O día comezou preto das once da mañá e tomei contacto cos medios moi rapidamente co programa de cociña de rne. Non me atraeu moito, co que rapidamente cambiei a radio galega. De novo non houbo demasiado éxito, co que acabei por poñer un cd na mini cadea.

Foi na comida cando máis influíron en min os medios, xa que, a pesar de que non sexa habitual na miña casa, comemos coa televisión de fondo que soaba dende a sala. Non chegamos a escoitar máis cós primeiros titulares de TVE, pero xa foi suficiente para que xurdira a discusión na mesa con meus pais. A manifestación convocada pola AVT para “rexeitar” a presenza de ETA nas vindeiras eleccións acabouse por converter, coma sempre, na escusa perfecta para que a extrema dereita sacase a pasear a súas benqueridas bandeiras anticonstitucionais. Hai moitos que din que é igual que cando os de esquerdas sacan a republicana, pero partindo da base de que a primeira é inconstitucional e a segunda democrática, creo que as diferenzas son abismais. De calquera xeito, o espectáculo foi case que espeluznanate por esa terrible manía que temos todos de confundir unhas cousas coas outras. Empezamos dicindo non a ETA e acabamos con “Zapatero dimisión, Rubalcaba a prisión”.

Pola tarde pouco contacto houbo cos medios. 15 minutos da serie “The Wire” mentres non volvía para Santiago e pouco máis. No camiño a Compostela a radio soaba de fondo mentres a miña compañeira de piso a usaba como banda sonora para me contar as súas andainas da fin de semana. Nada fóra do normal, a semana das dietas rematou e, como despedida, RNE me acompaña mentres van aparecendo as palabras neste post.

Riveiro Rodríguez, Lorena.

Con un millón de euros y mucho menos arte

Hoy he leído una noticia que me ha traido recuerdos preciosos y a la vez me ha entristecido e indignado mucho. Una mano invisible ha desembolsado un millón de euros para que los “okupas” del Tacheles se marchen y unos 80 ya se han ido. Uno de los lugares más mágicos que me encontré durante mi viaje de Interraíl, pero seguramente no podré volver.

Como seguramente ya sabréis, el Tacheles es un emblemático edificio de Berlín ocupado por inquilinos muy peculiares: artistas de todo tipo que no tienen medios para financiarse un estudio propio. Entre los pisos de la vivivienda hay un cine, un bar, lugares de trabajo, exposiciones y hasta zonas para bailar.

Fueron tres días de viaje los que decidimos quedarnos allí y nos faltaron muchos más para seguir disfrutándolo. Ahora, por causas económicas este atractivo símbolo de la anarquía en la capital alemana va a ser derribado… y por ahora ya han caído algunas esculturas que estaban expuestas en el exterior. Read the rest of this entry

Goodbye, my dear

Hoxe o meu día xirou arredor dos papeis do Erasmus. Mirar materias, buscar convalidacións, estresarse e demais.

Porén achei tempo para botar un ollo aos xornais. Como adoita ser, os meus ollos fóronse pousar nas versións dixitais das dúas grandes cabeceiras españolas, El País e El Mundo. Abondou para estremecerme co panorama tan pouco alentador que amosaban. Xapón, Libia, Costa de Marfil… produto mediático, carne de rutina, titulares para o almorzo.

Espero que os novos periodistas non fiquemos calados e decidamos coller o temón da nave, decidir nós o rumbo, dar un xiro de 180 graos ás cousas. Espero que as nosas conciencias esperten e que nos deixemos de corporativismos e burocracias. Que sexamos profesionais. Non nos van dar as cousas feitas, así que o mellor será empezar xa a alzar a voz e a deixar suor, que aínda queda moito camiño por andar.

Hoxe digo adeus á miña dieta de medios, pero non quero que marche sen antes terme despedido. Goodbye, my dear… Que tristes son sempre as tardes do domingo.

Mayo Cerqueiro Pablo (TGP 3Ñ)

 

Espíritu de sacrificio

O espíritu de sacrificio é algo que está para saír en momentos moi raros. Nestes momentos nos que algúns chaman “era post-zapaterista” as quinielas dos xornais están sempre a teimar quén será o candidato que perderá as eleccións xenerais de 2012. Todo parece indicar que será Rubalcaba porque en palabras dunha tertuliana “España non está preparada para ter unha muller candidata á Presidencia”. Read the rest of this entry

Bendita amnesia

Almorcei tranquilamente lendo El Correo Gallego. Velaí abría o xornal santiagués co caso do presunto asasino dunha moza en Corrubedo. Unha vez rematadas as tostadas e antes de poñerme a traballar en Industrias Culturais decidín botarlle un ollo a El País e a El Mundo, aproveitando que tiña que acender o ordenador.

Logo no xantar tiven unha máis que interesante conversa co meu pai sobre os medios de comunicación e a actitude das persoas. Onte todo o mundo estaba escandalizado coa catátrofe nuclear en Xapón, denuniaban a nociva enerxía nuclear e o vergoñento papel das autoridades. Hoxe case ninguén fala de Fukushima, como se a radiación desaparecera e no país nipón todos andasen tan tranquilos a comer sushi e troulear. Con Libia acontece tres cuartos do mesmo. Até hai unha semana todos concenciadísimos coa crise norafricana, a loita pola democracia e os dereitos humanos. Agora Gadafi non é senón outra figura mediática máis na rutina dos medios. Estamos pendentes do tema dous, tres, catro días, pero logo o vasto mundo ten que seguir a xirar e cada un a ir ao seu.

As desgrazas son xa parte da nosa rutina. As alleas claro. Ninguén lle adica máis duns días de atención aos veciños libios ou aos algo máis afastados xaponeses. Cando a desventura cae na casa, mudou o conto. É tal o bombardeo que os medios fan de contidos morbosos, catastróficos que estamos totalmente inmunizados contra as emocións. Houbo un terremoto, e que? Mañá haberá outro, ou haberá unha novo caso de violencia de xénero.. xa se encargarán os do telediario de buscar penurias. Parece que hai que vivir rápido, cada un mirando para o seu e facendo oídos xordos ao próximo.

Por certo, a tía avoa da miña nai sempre dicía que o telediario non se poñía durante o xantar que “tanta desgraza senta mal á comida” e viviu noventa e pico anos. Xa sabedes, sabedoría popular.

Ah, logo disto non tocaron máis medios por hoxe nin máis conversas ao respecto. Deíxovos asemade un vídeo da CNN que explica brevemente o problema do reactor na central. Até mañá.

Mayo Cerqueiro Pablo (TGP 3Ñ)

X solidaria e outros usos do facebook

Onte a noite alongouse co acordo do erasmus, así que hoxe o día comezou máis que tarde, case á hora de comer. Foi a mediodía cando entrei nos medios máis habituais (El País, El Mundo, Periodismo Humano) para logo pasearme polo facebook para ver os concertos e grupos que me poden interesar esta semana. Non emprego nunca as redes sociais, teño 2 amigos e unha chea de solicitudes que nunca contestarei porque, digámolo así, non é o medio que máis me gusta para comunicarme. Con todo, ás veces emprégoo para entrar no facebook de grupos ou eventos que me interesan porque nalgún caso só te enteras por aí. Foi así como atopei un interesante concerto para este mércores, que por certo reenviei rapidamente a unha amiga que, de seguro, quererá acompañarme. Read the rest of this entry

Sex at University

Hoy mientras cenábamos, una de mis compañeras de piso comentó una noticia que había visto en la televisión el mes pasado. Nos contó que en Estados Unidos se había levantado una gran polémica tras saberse que un profesor había mostrado prácticas sexuales en una clase.

Bailey, profesor de Sexualidad en la J. Michael Bailey, de la Northwestern University, en Chicago, propuso una clase de asistencia voluntaria en la que los alumnos podrían ver sexo en vivo y en directo. Avisó a todos sus alumnos de cómo sería la sesión y les invitó a contemplar esa lección si así lo deseaban. La mujer que se ofreció a llevar a cabo esta práctica tiene 25 años y es exhibicionista. Y tuvo un orgasmo delante de eso 100 alumnos de la universidad.

Read the rest of this entry

Y como los gorilas!!!

Somos primates

O morbo é un mal conselleiro. Todos o sabemos pero non podemos resistirnos a elo. Esta semana tiven dúas experiencias que confirmaron que os seres humanos seguimos sendo primates. Unha foi o pasado mércores cando unha compañeira me preguntou se no Luns a Venres poñía algo da detención dun cámara. Nun primeiro momento pensei que se tratara dun tema de censura, pero  cando fun mirar á biblioteca xa vin en El Correo Gallego que  o detiveran por ser sospeitoso dun asasinato. Read the rest of this entry

Ahora nos venden la democracia muda

El día de hoy lo hemos pasado dándole unas útimas pinceladas a nuestro TGA, pero entre pensar y escribir hubo tiempo para la charla. Y en estas me enteré por un comentario de que Portugal ha pedido un rescate económico a la Unión Europea. Vamos, otro más que ya no sabe cómo no ahogarse entre tanta crisis.

El presidente de nuestro vecino Portugal, José Sócrates, pretendía demorar la petición hasta que pasasen las elecciones anticipadas para que se ocupase del marrón el siguiente. Una práctica muy común entre los políticos esto de acumular problemas para que las herede el siguiente. Pero la brecha económica se estaba haciendo insostenible y, finalmente, Sócrates no ha podido encerrar más el asunto y ha tenido que pedir ayuda.

Read the rest of this entry

Conectad@s

Espertei canso de verdade. O único malo das noites do xoves é que van seguidas das mañás dos venres. Así e todo, unha vez preparado e almorzado, fun para a facultade lendo o meu gratuíto habitual. Rematou a mañá lectiva coa conferencia arredor das fontes informativas. Baixei para a casa con preguiza, xantei cedo rompendo a rutina e fun logo conectarme ao ordenador. Botei un cachiño parolando cos amigos a través das redes sociais. Isto daría pé logo a unha interesante conversa cuns amigos na terraza do Tokyo, precedida dunha merecida sesta tras unha semana de traballo frenético.

Xa na terraza un amigo comentábame que ultimamente pasaba medio día fincado fronte á páxina do Facebook facendo absolutamente nada, mais que chatear de cando en vez e estar pedente das actualizacións do resto. O que acontece é que en cuestión dun par de anos introducimos as redes sociais coma elemento básico nas nosas vidas e nalgúns casos mesmo case coma eixo vertebrador. Hai quen bota o día conectado até o punto de que parece que a súa Identidade Dixital vaia suplantar a persoa que fica fronte ao ordenador. Amosamos ao mundo as nosas festas, experiencias… Pero non podemos esquecer que na rede podes amosar o que queiras e isto non é senón un nesgo sobre como é a persoa realmente.

Read the rest of this entry

Cando a información “des-informa”

Hoxe comezaba o día logo dun concerto de Budiño que se alongou máis do esperado. Ás 9 estaba na facultade pero como cheguei tarde xa non entrei a primeira hora. Púxenme a ler un libro na cafetería e, mentres tanto, botáballe unha ollada de esguello á pantalla de EFE. Foi alí onde vin que Almodóvar volvía á Academia de Cine. Resultoume sorprendente, igual cá compañeira que me secundaba na mesa. De novo, collemos o Ipod e entramos a consultar a actualidade informativa. Como había tempo, o percorreido foi moito máis amplo: El País, El Mundo, EFE, BBC News e mesmo La Vanguardia, entrei en todo o que había por alí pero, como sempre que fago algo semellante, tanta información deixoume unha sensación de preocupante “desinformación”.

Vin tanto que só quedei co tema dos 5.000 millóns de euros, o regreso de Almodóvar e un remexido de cuestións referentes ás revolucións en países de Oriente das que quedei case como estaba. É curioso como un exceso de información pode acabar producindo o efecto contrario. Así llo dicía alarmada na clase ás compañeiras: Vin tanto que non me enterei de nada. Se a isto lle sumamos o dinamismo case frenético da lectura na rede, o efecto resulta demoledor.

Con esta sensación de “sobreinformación” collín o bus de volta a casa. No traxecto (no que, por certo, a loca condutora parecía que desexaba enfervorizadamente volcar o autobú) escoitaba o murmurio da radio. Na comida, con meus pais, saíron algúns temas dos que lera pola mañá, a pesar de que nunca comemos coa televisión posta. A tarde non deu para moito, pero ao chegar a noite meu pai sacou un tema interesante. Estaba a ver na tele “Hermano Mayor” e “flipaba” literalmente co comportamento de rapaces que, con 20 ou máis anos, non sinten respecto algún polos seus pais. Xa ten saído vairas veces o tema na miña casa, pero o curioso é que o outro día nos aseguraron que a estas familias lles pagaban gran cantidade de cartos para que esaxeran o máximo o morboso do asunto. O de sempre, o que pasa tamén con Callejeros e con todos eses programas que se mostran como “documentalistas” ou esclarecedores da verdade cando non fan máis que xogar suciamente no mundo das audiencias.

Decido liscar da televisión e de semellante espectáculo e métome na rede para atopar un pouco de “paz” ou “normalidade”. Sumrrá de fondo e a música volve ser a pequena saída dun mundo que, cada día máis, fala dende a mentira.

Riveiro Rodríguez, Lorena. TGP 3Ñ

Ao outro lado da raia

Quero centrar o meu post de hoxe en falar sobre un acontecemento que considero de gran revelancia e que está a ter lugar a excasos quilómetros de onde me acho. Refírome ao anuncio de que Portugal se decidise a pedir o rescate financeiro a Bruxelas. O asunto deume que falar coas miñas compañeiras do TGA, e tanto. Lin a noticia por vez primeira dende a versión dixital de El País para logo afondar no tema consultando fundamentalmente medios lusos.

José Sócrates, o dimisionario Primeiro Ministro portugués, afirma que ao país non lle queda outra saída que aceptar a axuda externa, cedendo así á presión dos mercados. A tentativa de reformas liberais suscitara un rexeitamento frontal por parte do pobo lusitano, que se nega á ceder en materia social. Isto rematou coa dimisión de Sócrates, que asegura ter loitado sen descanso para evitar a grave situación financeira na que se están a mergullar.

Read the rest of this entry

“Hacha de guerra”

 

A xornada de conferencias de hoxe serviunos para que cando voltáramos a casa xa pola noite e tras unha sesión agotadora de traballo saíra o tema do debate lingüístico e a participación da Mesa na normalización lingüística nos servira para plantexarnos que fan as situacións por nós. Read the rest of this entry