Arquivo do blog

Comunicación e desenvolvemento

Como último post para despedir este blog que nos acompañou durante este segundo cuadrimestre, gustaríame falar dun tema tocado na clase do pasado venres.

Marcelo repartiu uns apuntes que falaban sobre comunicación e desenvolvemento. Segundo Luís Ramiro Beltrán, periodista e escritor, existen diferentes tipos de comunicación e desenvolvemento, unha delas, e a que máis me chamou a atención, é a comunicación de desenvolvemento.

Segundo este escritor os países desenvoltos, a través dos medios masivos, deben crear unha atmosfera pública que axude ó cambio e á modernización das sociedades. Por outra banda, Mattelart, sociólogo belga, considera que o desenvolvemento é un proceso de incorporación dos países desenvoltos no sistema comunicativo mundial que favoreza á occidentalización.

Eu, sen embargo, estou en desacordo con esta última postura. Considero que os países desenvoltos si deben axudar a outros países que precisen axuda, mais non impoñer o modelo occidental pois os costumes e a forma de vida non son a mesma e, por tanto, non se nos pode tratar do mesmo xeito nese sentido. Ademais estamos vendo que o noso modelo ten tamén os seus defectos e, quizais, non sexamos o mellor exemplo a ter en conta.

E vós, que pensades? Axudamos máis “impoñendo” o noso sistema ou deberíamos buscar outras vías para axudar a ese desenvolvemento?

Quiñoy Montero S3B, 3B2

Comunicación e desenvolvemento

En relación ó documental visionado na última clase expositiva, quixen realizar un exercicio de abstracción e pararme a analizar o que verdadeiramente un entende despois de estar a realizar e ver proxectos sobre estes dous conceptos durante un cuadrimestre enteiro. Estas son as miñas conclusións:

En primeiro lugar, o proceso comunicativo sería incapaz de entenderse sen as relacións interpersoais. O desenvolvemento individual do home, que por unha banda adquire experiencia social e histórica día a día e, pola outra, mediante a comunicación entre as persoas está condicionada non só por el mesmo, senón por todos os individuos cos que se relaciona e está en contacto. Polo tanto, o proceso comunicativo, ademais de ser imprescindible para o home é, ante todo, enriquecedor e transformador para a súa personalidade.

En segundo, cabe aclarar que o desenvolvemento é un proceso que non só se debe entender como foco de melloras económicas ou tecnolóxicas, senón que trae sempre da man o benestar social. Durante o desenvolvemento das nacións leváronse a cabo moitas melloras técnicas e mesmo científicas mais, a un nivel intanxible, penso que comparativamente as melloras sociais, as melloras no mundo da comunicación son máis e mellores. Nace un intercambio non de bens, senón de ideas que renovan e fan renacer crenzas e pensamentos. Cambios na forma de vida non só traídos da man dos cambios tecnolóxicos, algo que nos permite desmitificar un pouco o progreso como se entende ata agora e pasar a ter máis fe no ser humano. Algo que ultimamente está gañando a pulso moitos escépticos.

Fernández Fernández, S2B, 2A3