Arquivo do blog

A outra cara da moeda

Luis Celeiro, director del Gabinete de Comunicación de la USC (izquierda), acompañado del investigador Ángel Carracedo

Luis Celeiro, director do Gabinete de Comunicación da USC (esquerda), acompañado do investigador Ángel Carracedo. elcorreogallego.es

A semana pasada visitabamos o laboratorio de Ángel Carracedo e él mesmo comentábanos os problemas que vía na relación coa propia Universidade. Así que, despois de pensar un pouco, fómonos a pola versión da outra parte implicada: o gabinete de comunicación da USC. Para iso falamos cun dos seus integrantes: Roberto Castro.

Despois dunha longa conversa con este xornalista (e que publicaremos no próximo post grupal), obtivemos un punto de vista diferente. Castro considera que a relación da Universidade coa súa comunidade científica é “moi boa”, e máis tendo en conta que só se conta con tres profesionais da comunicación para preto de 1.800 investigadores. No entanto, recoñece que non poden chegar a todas estas persoas mentres que outras non contactan co gabinete por simple descoñecemento do mesmo. De tódolos xeitos, recoñece que “a xente confía máis” en eles co paso dos anos.

Para o laboratorio de Ángel Carracedo só ten boas palabras, destacando as gañas de axudar e a continua colaboración que ofrece este investigador, ao que Castro define coma “eminencia” e engade que pode ser “o xenetista máis citado do mundo”.

En canto ao xornalismo científico (ao que califica cun suspenso na nosa comunidade) pensa que os principais problemas son a falla de especialización nesta materia, o difícil acceso a algún dos investigadores así coma o vocabulario técnico que empregan. Tamén, desliza outro pequeno hándicap: a iniciativa dalgúns medios. Estes obteñen exclusivas sobre certos descubrimentos, facéndolle un flaco favor á comunicación externa da Universidade e impedíndolle a ésta proclamar a innovación a outros medios informativos. Gustaríame que debatísedes sobre este último punto que me parece realmente interesante. ¿Que lle compensa máis á comunidade científica, unha exclusiva ben tratada ou unha escueta nota de prensa emitida a varios medios?

http://www.usc.es/es/servizos/comunicacion/

http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=33906502

http://revistasenlinea.saber.ucab.edu.ve/temas/index.php/temas/article/viewFile/144/141

Díaz Martínez, Diego 141 D02

Individuo vs Comunidade

elblogalternativo.com

As individualidades ao servizo da comunidade. elblogalternativo.com

Unha simple cuestión de óptica. Así se explica esa delgada liña que separa ao héroe do vilán, ao san do demente, ao fiel do transgresor… A tenacidade e confianza dun individuo só atopa os límites en sí mismo. Un exercicio de fe nos valores e crenzas propias que pode chegar a poñer en xaque a toda unha comunidade. Esa é unha das moitas lecturas e moralexas que se extraen da película “Local Hero” e da que quería facer especial fincapé.

Antes de nada desexaría realizar unha puntualización ao respecto deste tema. Os límites márcaos o propio individuo, eso sí, sempre e cando non se invada nin se elimine a liberdade dos demais. A pesares deste pequeno hándicap o suxeito conta cun amplo marxe de manobra para facer a guerra pola súa conta, desafiando incluso a toda unha comunidade.

Moitas das celebridades (e non tan celebridades) que escribiron a súa páxina na historia con letras douradas, comezaron deste xeito. Foron tildados de tolos e o seu pequeno mundo acabou rendido aos seus pés, abraiado ante a potencia do seu descubrimento ou innovación.

E esta conxuntura non só é propia dun certo tipo de comunidades, senón que esos “héroes” tan pronto aparecen no ámbito científico ou político, coma no relixioso ou deportivo. Vexamos algúns exemplos. Poucos aventuraban o éxito do señor Christiaan Neething Barnard porén el confiou nas súas posibilidades e demostroulle ao mundo que era posible realizar un transplante de corazón. Así mesmo, Alexander Graham Bell fixo que a voz humana se puidese transmitir en tempo real a través dun aparato telefónico. Sen dúbida algunha, moitos o tomaron por tolo. Él sabía o que facía.

De tódolos xeitos non é preciso cambiar o mundo para deixar a nosa pegada e mellorar o que nos rodea. Así se xustifican os casos de Juan Bosco ou María Mazzarello, iconos para os máis relixiosos. Figuras tamén son Josep Guardiola ou o recentemente finado Luis Aragonés para todo amante do fútbol. Eles dous demostráronlle a un país enteiro que era posible gañar realizando bon xogo.

E para rematar quixera resaltar o caso que máis me chama a atención. Sorprendentemente, deuse no campo da política, ese sector tan criticado nos últimos tempos. Aí emerxeu a figura de Nelson Mandela, que deixou a un lado as diferencias de cor na Sudáfrica e uniu a un país fragmentado. A súa tenacidade e insistencia fixo recapacitar a gran parte dos seus contemporáneos e avanzar á sociedade. Quizais a clave se sitúe nese punto, nesa delgada liña na que os ideais dunha persoa axudan a unha comunidade a cambiar, a mellorar, a crecer. O individuo ao servizo da súa comunidade.

http://www.actitudfem.com/celebridades/articulo/mujeres-que-cambiaron-el-mundo

Díaz Martínez, Diego 141 D02

La comunicación científica: de puertas para fuera

Como ya adelantó Álvaro en su post, ayer fuimos a hacerle una visita a Ángel Carracedo, el director del Laboratorio de Medicina Genómica, y el pegamento que une a uno de los grupos más importantes de investigadores en este área de la medicina.

Recepción del Laboratorio de Medicina Genómica.

Recepción del Laboratorio de Medicina Genómica.

Dentro del laboratorio hay un sinfín de máquinas, probetas y gente con bata blanca muy concentrada. Es como en las películas. Son un grupo de más de 120 personas, de 15 nacionalidades diferentes que trabajan para lograr mejoras en la ciencia. Pero no queremos que os quedéis con lo que hay, sino con lo que no hay: no hay ninguna persona que se encargue de llevar la comunicación de uno de los laboratorios de medicina genómica más importantes del mundo. “Sería una pieza muy importante dentro del equipo”, nos aseguró Carracedo. La pregunta es: si tan importante es un periodista en el equipo, ¿por qué no hay ninguno?. Poderoso caballero don dinero. Resulta que la Universidad solo paga dos sueldos y ahí hay más de cien personas. No hay dinero para periodistas.

 La comunicación de cara al exterior

Aún así, habrá más periodistas que aunque no estén dentro del laboratorio llamarán y se interesarán por lo que pasa ¿no?. Sí. Hay un periodista científico en toda Galicia que suele llamarlos, pero lo normal es que “si no descuelgas tú el teléfono y los llamas a ellos no sales en ningún lado”, nos explicaba Carracedo.

“No tenemos ninguna estructura de comunicación de cara al exterior. Nuestras instituciones tienen oficinas de prensa pero estamos desconectados. Yo particularmente soy muy activo, le doy mucha importancia a la divulgación, porque me parece que si hay una desintonía entre lo que haces y lo que la gente entiende tenemos un problema en la vida real”. Precisamente por la falta de interés por parte de muchos periodistas en esta materia, las novedades en las ciencias quedan más bien relegadas a revistas especializadas. Carracedo sabe que esto es así, y por eso acude  siempre que su agenda se lo permite a institutos u otros lugares a dar charlas sobre el mundo científico. Esta es una de sus conferencias, precisamente sobre la divulgación.

La comunicación dentro del laboratorio

Carracedo nos guió por el laboratorio hasta el lugar en el que se produce la mayor parte de la comunicación entre los científicos que trabajan con él: la salita del café. Ahí dentro había una docena de personas que a pesar de investigar sobre distintos temas se reúnen en las horas de descanso para conversar. Al margen del  escaso tiempo libre, hay reuniones con cada grupo de investigación cada semana, y una vez al mes se reúnen todos juntos. Al ser un laboratorio tan grande hemos decidido que vamos a dividirnos y cada uno de nosotros se encargará de observar a un grupo diferente a lo largo del mes que viene.

La próxima semana vamos a quedar con uno de los periodistas del gabinete de comunicación de la USC, Roberto Castro, para que nos de su opinión sobre lo que nos ha contado Carracedo.

Titorizado 141 D00

A ditadura da actualidade

lacolmenavirtual.wordpress.com

Xornalista actual.lacolmenavirtual.wordpress.com

Cando Isaac Joseph publicou este pequeno ensaio sobre a actualidade, seguramente non era quen de imaxinarse un escenario coma o actual. Un panorama no que a súa “actualidade” exerce unha ditadura a niveles insospeitados sobre os habitantes do planeta terra.

O poder da novidade explícase realmente ben co emprego e auxe de Internet. As posibilidades que nos ofrece este medio a nivel informativo son infinitas, chegando ata o punto de que nun ínfimo espazo de tempo se poden renovar centos de noticias, quedando as anteriores totalmente obsoletas. A actualidade impón o seu ritmo e as súas normas. Incluso deslízase a posibilidade de que ela mesma sexa a que remate cos tradicionais xornais en papel, cos que todos nacimos e nos criamos.

Os usuarios cada vez demandan unha maior inmediatez, sen que iso signifique que renuncien á calidade e precisión das informacións. E o principal problema é para o xornalista, que ten a obriga de responder ás necesidades das infinitas bocas que lle dan de comer. O comunicador ve como se multiplica o seu traballo e cambian as súas rutinas. Observa como contra o seu pesar, prima a velocidade sobre a meditación e investigación. Como os acontecementos se tratan máis someramente e sen a profundidade necesaria.

A fiabilidade e a credibilidade deste danado sector profesional está en xogo. Os avances técnicos castigan aos xornalistas máis que axudalos. A fusión da actualidade e a tecnoloxía conforman un cóctel explosivo para todo xornalista. Un cóctel diferente, que xera enormes cantidades de estrés e ansiedade en  vez de relaxación e sorrisos.

A profesión non está en risco, pero sí o modelo. Sempre haberá alguén disposto a comunicar e alguén esperando escoitalo impaciente. No entanto, os tempos da precisión e da reflexión vislumbran o seu fin. Os comunicadores están a derivar en simples transmisores de datos. En auténticas máquinas deseñadas para copiar e reproducir. Ese é o seu rol actual. Lonxe quedan aqueles homes e mulleres que abandoaban os seus fogares en busca de novas, dispostos a comunicalas da mellor maneira posible para espertar interese e xerar interrogantes no lector, espectador ou ouvinte.

O xornalismo está en crise. O xornalismo de investigación muda cara un simple mecanismo de reproducción. Só nos queda o recoñecemento deses receptores anónimos, cada un na súa casa, que devoran as nosas verbas, esperando que a súa curiosidade se reavive como auga de maio.

http://telos.fundaciontelefonica.com/telos/articuloperspectiva.asp@idarticulo=1&rev=66.htm

http://www.youtube.com/watch?v=OmaqNhxzokg

Díaz Martínez, Diego 141 D02

Carne de laboratorio

prensa.argentina.ar

prensa.argentina.ar

Despois do noso breve e frustrado paso polo mundo do racismo, empazamos a barallar diversas alternativas para realizar o noso traballo. O docente desta materia propúxonos algunhas opcións e apostamos por iniciarnos nun dos itinerarios que nos suxeriu. Durante as próximas semanas indagaremos sobre os mecanismos de comunicación na comunidade científica. Para iso adentrarémonos no Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Unha auténtica referencia no sector, xa que se convertiu no líder de producción científica en Medicina Forense entre os anos 2001 e 2011 segundo Thomson & Reuters.

http://imaisd.usc.es/grupoficha.asp?idpersoatipogrupo=75635&i=es&s=-2-26-148&v

Queremos analizar os seus códigos propios, rituais e maneira de traballar para posteriormente comprobar como chega esa información aos cidadáns. Para iso, xa nos puxemos en contacto con dúas das partes clave neste proceso. Primeiramente, chamamos a Ángel María Carracedo López (Catedrático da USC e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela) e despois contactamos con dous xornalistas do gabinete de comunicación desta mesma Universidade: Roberto Castro e Noa Díaz.

Esta última rexeitou traballar con nós debido a que se atopa de baixa nestes intres. Castro e Carracedo aceptaron a nosa proposta sen ningún tipo de problema. Quedaremos con ambos en persoa nos próximos días para entrevistalos e coñecer de cheo a súa realidade. Agora a nosa tarefa céntrase en dous aspectos principais: plantexar unha batería ampla de preguntas para ambos os dous e simultáneamente documentarnos sobre a materia. Andamos na procura de máis bibliografía. Mentres tanto, conformámonos con ir devorando  dous textos: “Artículos sobre el periodismo científico y periodistas” y “El Periodismo Científico”. O primeiro paso xa está dado, veremos se a ficción que se nos mostra en programas como CSI se corresponde coa realidade.

Díaz Martínez, Diego 141 D02

Os media somos nós!

A radio é un medio relativamente económico e cun gran público receptor. No entanto, presenta un notable inconvinte: a obtención dunha frecuencia radiofónica e a súa licencia de emisión; para poder chegar así á audiencia. Este feito non debe supoñer un hándicap no noso obxectivo comunicativo.

emedia.es

TI E EU SOMOS OS MEDIA. emedia.es

Todas as persoas sempre teñen algo que contar e dicir, de feito é unha necesidade en todo ser humano. Moitas veces, non interesan as nosas verbas e mesmo podemos chegar ao punto de que nos queiran silenciar. Porén o silencio é imposible. Por moitas pedras e dificultades que nos sitúen no camiño e por moitas canles que nos restrinxan, sempre existe unha maneira ou fórmula para que a nosa mensaxe chegue ao seu destinatario. O texto “¡Seamos los media!” así o reflicte con diversos exemplos acaecidos en países latinoamericanos.

Eu agora quero trasladarme á miña realidade, ao ámbito cercano. Pretendo mostrar as diversas alternativas das que dispoñemos, por se a alguén se lle ocurre a brillante idea de silenciarnos. A prohibición do emprego dunha canle a un comunicador non é máis que un tiro nun pé para o que ordeou esa medida. As opcións que manexamos son múltiples e multimedia.

Os amantes da palabra oral poden facer uso de radios libres e comunitarias mentres que na escrita se abre un abano de posibilidades aínda máis amplo. Un sinxelo folleto, un escueto tríptico ou un pequeno suplemento poden supoñer a base e o punto de partida dun gran imperio. De esta maneira se fundaron varios dos grandes grupos comunicativos españois: dende o máis primitivo e rudimentario foron crecendo paseniñamente ata convertirse en medios de referencia.

Así se pode explicar o impacto e crecemento de grandes conglomerados comunicativos na nosa comunidade coma o Grupo El Progreso. As diferentes xeracións da familia Cora viron como o seu patrimonio ía aumentando exponencialmente. O xornal El Progreso supuxo o xerme dun grupo que na actualidade aglutina a outros medios como o Diario de Pontevedra, a Axencia Galega de Noticias, De Luns a Venres ou Telelugo entre outros.

Se non nos convencen os medios tradicionais e apostamos sempre pola innovación, debemos aproveitar a potencialidade de Internet. A día de hoxe, atopámonos na denominada sociedade 3.0, unha sociedade da información e a comunicación. A rede de redes ofrécenos unha serie innumerable de posibilidades de expresión: páxinas Web, redes sociais, blogues… E todo a un simple golpe de rato e cuns costes económicos ínfimos.

Antes de pechar este pequeno artigo, quixera facer unha última reflexión. Os medios non naceron sós, apareceron polo esforzo de certas persoas con ansias de comunicar. As canles poden variar ou incluso desaparecer, como os que aventuran a morte do papel. O que nunca morrerá son os comunicadores. Nós somos os media!

Díaz Martínez, Diego 141 D02