Arquivo do blog

“Tamén hai que comer”

Co primeiro de maio chegan con máis forza ca nunca as reivindicacións dos traballadores e dos empregados, as persoas que a cada día que pasa teñen menos seguridade no seu porvir e no dos seus seres queridos. O benestar e a dignidade do pobo xóganse nunha partida de dados allea a el. ¿Somos escravos ou somos homes e mulleres en posesión dos nosos destinos? ¿E os xornalistas? Recentemente estivemos observando como co paso do tempo os  medios máis exitosos son aqueles que venden noticias, que empregan as súas forzas e o seu tempo en cubrir e informar das banalidades e dos produtos dos seus investidores e colegas no poder. Non hai interese por descubrir, por revelar, por destapar o que xace na outra cara do entorno público e do merchandising. Un xornalista ten que gañarse o seu pan, pero ¿de qué modo?

Fina ironía

O xornalista ideal -especime raro e de escasa notoriedade- debería pensar no seu beneficio en canto que é capaz de salvar ao seu amigo cidadán da ignorancia. O acto da comunicación debe servir a un propósito verdaderamente útil para os interlocutores: o receptor está ao tanto dos feitos que por si mesmo no pode presenciar e o xornalista gaña un público educado e, tamén, algún que outro ducado (3. Nome de numerosas moedas antigas de ouro, varios países). O xornalista ten que manterse cos fondos necesarios para vivir e realizar a súa labor -¿para qué enganarnos?-, mais sempre elaborando información non fraudulenta, sen intencións ocultas… en definitiva, sen venderse a cambio dun trato favorable coas altas esferas, sempre desexosas de comprar xornalistas paraque falen de tódolos chanchullos agás dos seus.

Os xornalistas deben coidarse de non morrer de fame, e coidarse de non traballar para outro xefe que non sexa o cidadán ou o desvalido.

Pereira Vila, Jorge CLX4

Odio ó futbol moderno

Non son un gran forofo do fútbol, máis ben gustame xogar ao fútbol como o que é, un xogo. Do mesmo xeito gustame ver aqueles partidos nos que se xoga, non partidos que son un negocio.

Por eso non entendo que na clasificación da liga española haxa dous equipos liderando a taboa con arredor dos 90 puntos e o seguinte, con algo máis de 50, pouco máis da metade. O que se reflexa nesta liga son dous equipos que disponen de moito capital para poder facer fichaxes e invertir en xogadores, fronte ao resto do grupo que xoga ao futbol cos xogadores que pode ter.

Asi como cada clásico, que baixo ver á cafetería na compañía dos compañeiros son dos únicos que non se sentan fronte á televisión na que se retrensmite o partido, sentome coa disposición de ver a televisión á que a maioria lle da a espalda e vexo fantásticos documentais, reportaxes ou o que coincida. Pero o seginte día dinme “eii, queres vir tirar unos tiros a pista” e vou, porque a diferencia é que vou xogar ó futbol e non como facian os dous grandes equipos aquel dia.

Salgado Fernández, Gutier S3A