Arquivo do blog

Preferentes. ADICAE: Defendendo ao vecindario

Malia levar en funcionamento 25 anos e malia xurdir nun primeiro momento en Aragón, ADICAE é agora mesmo o símbolo na defensa dos dereitos dos consumidores no que materia bancaria se refire. Anteriormente xa tivera que tratar temas como a estafa de AFINSA e Fórum Filatélico, pero agora, coa crise económica e financeira que asola o noso país, ve incrementada a súa actividade.

Con numerosas delegacións espalladas por todo o territorio nacional, esta asociación gaña cada vez máis presenza nos medios de comunicación, chegando a liderar algunhas mobilizacións convocadas polos afectados polas preferentes.
Por este motivo entrevistamos á sua responsable en Santiago de Compostela, Eugenia Mariño. Dende a súa sé na Avenida Vilagarcía de Arousa, Eugenia explicounos o labor da asociación nestes momentos. Conta que antes do estoupido da crise, unicamente os seus socios recibían información sobre a seguridade dos distintos produtos financeiros. Agora, ademais de informar vía e-mail aos seus socios, tamén publican nas súas páxinas web todo tipo de materiais cos que pretenden informar dos novos avances nas negociacións co Goberno tanto no tocante á lei hipotecaria como ao caso das preferentes. Ademais, convoca foros de libre acceso aos que pode acceder todo cidadán, así como diferentes manifestacións en puntos simbólicos para esixir unha solución aos problemas xurdidos.

O único que non mudou e a defensa ou representación do consumidor nas demandas presentadas por ADICAE. Segue sendo preciso facerse socio, abonando unha cuota que garante o funcionamento da organización (ante a cada vez menor subvención que recibe do Estado).

Con todo, o seu labor á hora de asesorar e coordinar un movemento integrado por persoas con escaso coñecemento sobre os produtos financeiros está a ser moi destacado. Co sistema de consultas personalizadas e coa súa publicación online (http://laeconomiadelosconsumidores.adicae.net) logran informar dun xeito claro aos afectados. O seguinte paso é a reivindicación dos dereitos. O seguinte, o seu recoñecemento.

S1E