Arquivo do blog

1. Down Galicia

.Imagen

A nosa primeira reunión coa directora de Down Compostela, Marta Rodríguez, serviunos para aclarar o noso proxecto e modificar algúns parámetros

A nosa primeira intención era traballar con nenos que estiveran adaptándose á vida escolar pero neste momento démonos conta de que isto era sumamente complicado xa que non poderíamos nin sacar fotografías nin gravar vídeos debido a lei de protección de menores. No artigo 4.2 da lei orgánica de protección xurídica do menor recolle o seguinte:

 La difusión de información o la utilización de imágenes o nombre de los menores en los medios de comunicación que puedan implicar una intromisión ilegítima en su intimidad, honra o reputación, o que sea contraria a sus intereses, determinará la intervención del Ministerio Fiscal, que instará de inmediato las medidas cautelares y de protección previstas en la Ley y solicitará las indemnizaciones que correspondan por los perjuicios causados”

Isto fíxonos modificar a nosa idea principal e tomar a decisión de en lugar de tratar con nenos tratar con adultos e con xente da nosa idade. Todas creemos que foi a decisión correcta xa que estamos moi contentas coa xente que estamos a coñecer e coa que nos estamos relacionando.

TITORIZADO 3B, 142.D00

A pesar de todo, sorrisos

Cando cheguei a Down Galicia o primeiro que me chamou a atención foi o clima que había na recepción.  Foi un luns a primeira hora da tarde e alí xa estaban as nais cos seus fillos que estaban ansiosos por saber cales eran as actividades de ocio para o venres. Todos os mozos sorrían e achegáronse a nós para presentarse e invitarnos a ir o venres con eles as actividades de ocio. Déronlles un papel que poñía que actividade ían realizar esa semana, tocou preparar o baile de Entroido. A felicidade debuxouse nas súas caras.

Nese momento, nós tamén estábamos contentas de escoller este proxecto.

Imagen

O principal obxectivo do noso proxecto é observar e analizar as relación das persoas con síndrome de down tanto entre eles como con nós. Para iso eliximos participar nas actividades de ocio que propoña a asociación – Down Galicia – e as que propoñan os mozos e mozas.

Nós decidimos facer o proxecto en Down Galicia pero foron os propios membros da asociación, os mozos, os que nos invitaron a participar con eles antes de coñecernos e saber quen eramos.

A amabilidade, a bondade e a simpatía que comparten dinos que acertamos na nosa elección e que con esta actividade imos poder compartir moitas experiencias e aprender nós deles e eles de nós.

HERNÁNDEZ VARELA, PAULA  142.D02