Arquivo do blog

De onde xorden as emocións?

Para finalizar a miña travesía por este blog decidín investigar sobre unhas constantes que acompañan ao individuo ao longo da súa vida, e que inflúen no seu comportamento e nas súas relacións interpersoais e intrapersoais: as emocións.

No libro de Eduardo Punset “Excusas para no pensar”, o autor fálanos de que moitos psicólogos se concentraron, case exclusivamente, nos aspectos privados, e non sociais, das emocións. Non só os psicólogos, moitos de nós pensamos que as emocións son elementos que aparecen de repente e que son o resultado das nosas propias interpretacións do que nos sucede. Con todo, se temos en conta todas as experiencias emocionais na nosa vida cotiá, a maioría das cousas que xeran emocións teñen que ver coa reacción doutras persoas. As nosas emocións están determinadas polo que pensan os que nos rodean, pois son produto do noso proceso de socialización. Isto lévanos á falar da existencia de diferenzas interculturais na expresión das emocións básicas e universais. Un exemplo desta diversidade é o feito de que determinados idiomas e culturas teñen certas palabras para designar unas emocións, que non teñen traducción directa noutras linguas. Brian Parkinson, profesor de psicoloxía social na Universidade de Oxford, cre que a maioría dos acontecementos que xeran en nós certos sentimentos teñen que ver con outras persoas: por exemplo, enfadámonos se alguén nos engaña ou alegrámonos se alguén nos felicita.

Hoxe sábese que todos nacemos coas mismas emocións básicas, independentemente da cultura onde nos desenvolvamos. Pero a expresión social desas emocións pode cambiar en función dunha cultura determinada.

 

Geada Ares

S2D

2b1