Arquivo do blog

Para toda la vida

Este sábado non foi un sábado calquera. Casaban os meus primos (unha de sangue e o outro político, claro está) e todos agardabamos con ilusión ese casamento. Levaban meses preparando esa festa, onde tamén se ía bautizar á súa primoxénita. Na Igrexa chegou o momento máis esperado, a entrada triunfal da noiva, do brazo de seu pai, que levaba á meniña en brazos. Todos os invitados nos mirabamos de xeito cómplice, ao mesmo tempo que a miña prima mantiña un sorriso nos beizos evitando que as lágrimas aflorasen á superficie. O noivo xa estaba emocionado cando ela chegou ao seu nivel.

Fixarse nos pequenos detalles é o que nos fai lembrar un acontecemento importante. As miradas cómplices, os movementos repetidos cun pé sobre o chan, o brillo nos ollos dos familiares… todas esas cousas comunican moito máis que calquera palabra e teñen a forza de contaxiar a mesma ilusión a todos os que estamos preto. Para min, iso é comunicación e reflicte perfectamente a esencia do que se coñece como “comunicación interpersoal”.

Salgado Santos, GBCP, 4A2