Arquivo do blog

Estereotipos e división

A sociedade en que vivimos está moi marcada polos estereotipos. Fanse xuízos de valor á lixeira, ás veces inxustos ou que non se corresponden coa realidade. Se vistes dunha determinada maneira, se opinas determinadas cousas, se falas ou non galego, encádrate dentro duns determinados ideais. Na situación social actual existe unha división: ou es de dereitas ou es de esquerdas, ou  monárquico ou republicano. Esta división está moi patente nos discursos dos xornalistas dos medios de comunicación do noso país. A grandes trazos, isto é sobre o que opina Manuel Cruz no artigo “Cómo se recoñece a un filósofo de dereitas” no que lle ofrece ó lector unha serie de claves para recoñecer a ideoloxía do redactor que a el se dirixe. Argumenta que actualmente existe un baleirado dunha serie de conceptos, el fala de inquedanzas ou utopía no caso dos progresistas e de falta de empatía nos conservadores, que fan que os discursos reinantes nos medios sexan inconsistentes e sen fundamento.

Na reflexión final invita ós xornalistas, sobre todo ós de dereitas, a ser máis empáticos cos problemas dos cidadáns. Eu penso que ó fin e ó cabo ese é o labor do xornalista, debe ser honesto e claro nos seus argumentos, sendo fiel á sociedade e brindándolle o seu apoio, sendo a súa voz. Baixar do pedestal do poder político e poñerse do lado da sociedade, sobre todo nestes duros momentos de crise económica e social que se están a vivir e nos que a política cada vez cobra máis protagonismo.

Rodríguez Martínez, Raquel  CL4X