Arquivo do blog
Le voy a hacer un trabajo que no podrá rechazar
“¿Vives con tu familia? Bien, porque un hombre que no vive con su familia no puede ser un hombre”, le decía Don Vito Corleone a Johnny Fontane. La familia es la base de la sociedad, la unidad mínima de comunidad. En la familia nacemos, nuestras familias nos crían y nos educan. Quienes pertenezcan a tu familia, como sean y como se relacionen entre ellos marcará nuestra evolución como individuos, nuestra forma de pensar y nuestra manera percibir el mundo.
Precisamente esto vamos estudiar nosotros, cuáles son las relaciones interpersonales entre los miembros de una misma familia. ¿Cómo se relacionaban nuestros abuelos con sus padres y sus hijos? Y estos hijos, nuestros padres, ¿cúal era su relación con nuestros abuelos? ¿y con nosotros? Y nosotros, ¿cómo nos relacionamos con las demás generaciones? Y mediante entrevistas a nuestros propios abuelos, abuelas, padres, madres, hermanos, hermanas y nuestra percepción personal, trataremos de construir un escenario general de interrelaciones familiares en cada generación.
Pero no nos vamos a quedar en los simples datos, compararemos también estos datos entre ellos, ¿qué ha cambiado de nuestros abuelos a nosotros en materia de relaciones interpersonales?
El interés de este trabajo está claro para nosotros, la familia está presente en todos los aspectos de nuestra vida, nacemos en una, crecemos en una, creamos la nuestra propia… por lo que el estudio de este campo se explica por si mismo.
Vázquez Pérez, Claudia 143 D03
“Cambiar de lingua non é coma cambiar de roupa”
Para conseguir máis información sobre a desgaleguización durante a ditadura franquista fomos falar con Xosé Henrique Monteagudo Romero, doutor en filoloxía galego-portuguesa e profesor de sociolingüística na Universidade de Santiago de Compostela. Antes de nada é preciso entender o contexto da ditadura franquista e o poder que tiña sobre a sociedade. O franquismo foi un réxime movilizador cunha ideoloxía moi forte e unha propaganda brutal. Amais, tratábase dunha ideoloxía españolista e antigalega que se inculcaba na escola, na Igrexa e nos medios de comunicación. A administración estaba controlada polo réxime franquista e se querías ascender socialmente tiñas que falar castelán. Pero o que máis influíu na castelanización foron os medios de comunicación. Coa TV, o franquismo métese nas casas e consigue o que non conseguira a Igrexa: ferir cruelmente ó galego ó impedir que se convertira en lingua de progreso.
Para comezar a estudar a desgaleguización en xeral hai que diferenciar entre dous conceptos: a desgaleguización interxeracional e a intraxeracional. A primeira consiste en deixar de transmitir unha lingua dunha xeración a outra, no século XX isto foi o que máis feriu ó galego. A desgaleguización intraxeracional dáse ó longo da vida das persoas, estas deixan de falar o galego debido a un cambio social moitas veces asociado a un cambio físico. Un exemplo é a migración ás cidades ou a Latinoamérica. Por outra banda, preguntámoslle ó profesor Monteagudo se se podía establecer o binomio campo-cidade á hora de estudar a desgaleguización e el respostounos que si: as cidades son focos de desgaleguización e antes foron focos de castelanización pola xente que viña de fóra. Son as clases altas e o clero os primeiros en asimilar o castelán. Ademais, as cidades tiveron no S.XIX un importante papel no proceso modernizador social e político grazas ó triunfo do liberalismo que viña asociado cun forte patriotismo español. Isto deu lugar a unha resposta galeguista que surxiu nas áreas urbanas e que non chegou a calar nas áreas rurais.
Para Monteagudo unha das feridas máis grandes que se lle fixo ó galego foi o éxodo rural e a emigración. A xente dinámica e en idade reprodutiva marchaba do pobo á cidade quedando no rural a xente máis vella. No caso da emigración ó extranxeiro foi nos países de América Latina onde se produciu unha maior castelanización, na emigración a Europa foi menor. Así, producíase unha desgaleguización intraxeracional: a xente deixaba de falar galego debido ó cambio social e físico. Estas persoas tampouco lle falaban ós seus fillos en galego e foi aquí onde se produciu un corte xeracional que feriu gravemente ó idioma.
Tamén queremos saber se o cambio de lingua responde a unha cuestión práctica ou de vergonza cara a lingua. Monteagudo recoñece que hai un certo autoodio pero confésanos que iso non lle serve para explicar a desgaleguización. A lingua é unha rutina moi interiorizada e forma parte da nosa rutina diaria e da nosa identidade persoal: cambiar de lingua non é coma cambiar de roupa. Así, para cambiar de idioma ten que haber unha motivación, ocasións para facelo e competencia lingüística. Así, diferenciamos dous tipos de motivación: a instrumental e a integradora. Na primeira fálase unha lingua porque é necesario, por exemplo, “necesito saber falar inglés para traballar nesta empresa”. Neste caso non hai variacións na identidade da persoa. A motivación integradora consiste en cambiar de lingua para integrarse nun grupo e aquí si hai modificacións na identidade da persoa.
Por outra banda, interésanos saber porque moitas veces relacionamos unhas persoas cunha lingua e outras con outra. Monteagudo explícanos que a lingua é unha conduta de rutina, de hábito: intentas rutinizar para non ter que estar elixindo en todo momento que lingua falar. A esencia da rutina é a economía do esforzo, hai xente que ten excelentes virtudes para o galego pero non o fala porque ten que romper unha rutina e cústalle moito.
Tamén lle preguntamos se se segue a asociar o galego co campo e a incultura. Monteagudo explícanos que é algo máis sofisticado: non xulgamos só pola lingua senón por esta en relación con outras cousas. Miramos que tipo de galego fala a persoa para relacionala cun grupo social. Así, analizamos tamén a variedade lingüística que fala e o seu acento. Os estereotipos forman parte da economía cognitiva e cando algo non cadra con eles chámanos moito a atención.
Para rematar a entrevista preguntámoslle pola situación actual do galego e o futuro que lle ve. Dinos que é un futuro difícil: o incremento do bilingüismo pode ser bo para o galego pero en boa medida aínda temos unha pauta de bilingüismo substitutivo, é dicir, o bilingüismo como paso de tránsito da desgaleguización á castelanización. Tamén existe o paso do castelán ó galego pero é cada vez menor: dáse máis por unha motivación instrumental que integradora. Dende o punto de vista de Monteagudo ten que haber unha reacción social enérxica.
Xosé Henrique Monteagudo Romero:
http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo/Curriculum.html
Cruz Portela, S1C, 2A3
“Coloquio con Henrique Monteagudo”
Despois de ir ó Instituto da Lingua Galega (ILGA) a semana anterior, esta semana fomos falar con Xosé Henrique Monteagudo Romero, doutor en filoloxía galego-portuguesa e profesor de sociolingüística. A nosa idea fundamental era coñecer os procesos de desgaleguización na familia así como as relacións lingüísticas entre os seus integrantes.
Gracias a esta interesante charla sacamos ideas fundamentais para o noso traballo como as actitudes motivadoras dos falantes á hora de cambiar de lingua.Como ben nos explicou Monteagudo, un non cambia de lingua dun día para outro senón que ten que haber un feito que motive o cambio: a parella é un bo exemplo. Cando dúas persoas falan dúas linguas distintas, o normal é que unha lingua se acabe impoñendo por riba da outra e son moi poucos os casos nos que as dúas persoas manteñen a súa lingua inicial. Isto depende de varios factores, o grado de desenvolvemento que ten a persoas na lingua do seu compañeiro, a actitude cara esa lingua, etc.
Pero ademais disto, aportounos o seu punto de vista sobre o proceso desgaleguizador a partir da ditadura franquista. Para Monteagudo, o máis decisivo na perda do galego foron os procesos de migración do campo á cidade e os medios de comunicación. A cidade xa estaba moi desgaleguizada dende antes da ditadura franquista e o cambio de ambiente do rural ó urbano motiva un cambio de actitude no falante, que comeza a falar castelán. Por outra banda están a radio e a televisión que se meten dentro das casas dos galegofalantes e fan propaganda do réxime e do castelán. Isto tamén o facía a Igrexa pero en menor medida xa que non sobrepasaba a esfera privada e en moitas aldeas, tal e como nos contou Monteagudo, moitos curas daban a misa en latín e galego.
Cruz Portela, S1C
Otra alternativa, la alternativa Vaivén!
La alternativa Vaivén que ofrece la Asociación Xuvenil Abertal ofrece actividades de tiempo libre a todos los niños y niñas del entorno de Abertal con el objetivo educativo en valores humanos a los grupos de Andaina y ADS. Lo que permite esta alternativa es conseguir integrara a todos aquellos chavales y que no haya diferencias entre ellos.
Lo que nosotros pretendemos hacer es colaborar en este proyecto y averiguar cómo es la comunicación con esos niños y niñas a través de la interacción en diversos juegos y actividades de tiempo libre. El objetivo que pretendemos conseguir es conocer la perspectiva que los niños tienen de los adultos a la hora de relacionarse entre ellos y ver cómo los adultos consiguen sacar su lado más infantil con los infantes.
La metodología que se emplea está basada en dos principios pedagógicos:
- Principio de acción-reflexión: Se pretende ofertar a los chavales experiencias concretas que favorecen a asumir valores.
- Acompañamiento: se pretende acompañar al chaval en su proceso de maduración ofreciéndole actividades que comprenden todo el periodo desde la niñez hasta la adolescencia.
Estos dos métodos son los que intentaremos investigar para ofrecer más información sobre la integración de los niños en la comunidad y la comunicación que se establece con los mismos.
Carlos Asensio ProT Titorizado 1a2
La comida como reflejo de la sociedad de cada época
Los cambios que ha sufrido el rito de la comida no son sino consecuencia de transformaciones sociales recientes.
A los largo de nuestro trabajo, indagando en la evolución del ritual de la comida a lo largo de tres generaciones, hemos comprobado que las migraciones que se han producido del campo hacía la ciudad, la incorporación de la mujer a la vida laboral fuera del hogar, la masificación de los medios de comunicación, el ritmo frenético al que nos movemos… repercuten directamente en todos nuestros hábitos.
No es excepción el ritual de la comida: hemos comprobado que para muchos, el comer en familia ha dejado de ser lo habitual o ha perdido el peso que se le cedía hace apenas 10 años, con la aparición de la televisión en la cocina.
Conclusións e peche
Unha vez finalizado o TGA, utilizaremos este último post para facer un resumo das conclusións.
En primeiro lugar, salientamos que na educación regrada o cambio máis salientable é sen dúbida o cambio na concepción da importancia dos estudos. Na xeración dos nosos pais, acudir a unha escola ou instituto (e xa non digamos universidade) era un luxo ó alcance duns poucos. Ademais, viase como algo prescindible no caso dunha apretada situación económica ou a necesidade de axuda en negocios familiares. Xa non é así, hoxe en día, os estudos son algo case imprescindible, tendo en conta que na súa primeira etapa son incluso obrigatorios. Son estes estudos máis “plurais”, con menos influencia da relixión católica, máis baseados no razoamento que na memorización e menos instaurados na disciplina e na severidade.
No canto da educación social mantense valores como o respecto ós demais ou o traballo como medio para alcanzar metas desexadas, se ben a relixión católica, a disciplina férrea e a violencia física case desapareceron da educación da nosa xeración. Todo isto xunto coa tendencia á igualdade nos roles dos pais na casa lévanos a formular que a educación mellorou moito no espazo de tempo estudado, que é arredor duns 40 anos. Os fillos xa non son entendidos como unha axuda e unha sucesión; agora (aínda que sempre hai excepcións) a xeración anterior procura que a nova consiga o que eles non puideron, utilizando se é preciso o seu esforzo.
TGA 4a1
Este é o fin
Hoxe démoslle os últimos toques ó noso traballo de TGA e por fin está acabado.
Ó longo de todo este tempo procuramos atopar as diferenzas á hora de narrar que posúen diferentes xeracións. Así que os distintos membros do equipo entrevistamos a 3 persoas cada un, un representante por xeración. Para o traballo utilizamos unha serie de fotografías simbólicas para observar as diferentes percepción que tiña cada persoa dunha idea, persoaxe, etc… Despois disto instamos ós nosos entrevistados a mostrarnos fotografías propias de cada un, da súa familia, de acontecementos, etc… Co cuestionario (aberto, dependendo de cada persoa) utilizado por cada un instamos ós nosos interpelados a iniciar un relato, mestura de emocións e historias persoais que nos axudaron a confeccionar unha visión da época vivida por eles, do seu mundo da vida. Emocións que se facían patentes conforme se achegaban ás fotografías máis familiares. Unha persoa querida que emigrou á Arxentina e que nunca se volveu ver, os anos en que se ía á escola…
Todas as entrevistas foron grabadas con grabadora, o que foi curioso á hora de comprobar se esta afectaba á hora de abrírense a nós e relatarnos as súas historias e pensamentos. Temos que engadir que comprobamos que as xeracións máis proximas a nós en idade tendemos a falar menos e contar menos vivencias. Tal vez porque aínda non vivimos o suficiente.
Grupo TGA: 4B1
Ti coñecías esta historia?
Ata aquí chegou a nosa andaina cos avós. Deseguido deixámosvos as conclusións que sacamos de toda esta aventura:
• Si que se dá transmisión de valores entre avós e netos, non plena pero si parcialmente.
• En relación co apartado anterior, o compoñente social determina que esa transmisión sexa de carácter parcial. A sociedade non é estática: o contexto no que viviron os nosos avós é diferente ao noso.
• O modelo de transmisión de valores é de tipo configurativo, onde netos e avós se imitan entre pares. Con todo, os valores pasan de maiores a novos e séguense tendo en conta a opinión e os pensamentos dos avós.
• Despois de reflexionar e a pesar de centrármonos máis nuns aspectos ca noutros, chegamos á conclusión de que os factores de maior repercusión para a transmisión dos valores son: o tipo de relación avó-neto, a familia e o contexto social.
Sin colorantes…ni conservantes
Hay rituales que se están perdiendo, un claro ejemplo de ello se ve reflejado en la conservación de los alimentos, en la preparacion de la comida, … Antes, estos conocimientos pasaban de generación en generación. Sin embargo, ahora se estan perdiendo estas costumbres.
Esto no es más que una consecuencia de la consabida transformación que ha sufrido nuestra sociedad, personificada en las enormes diferencias transgeneracionales que vemos día a día y que hemos analizado a lo largo de nuestra investigación. El cambio del rural a la ciudad y la aparición de nuevas tecnologías, que hacen de tradiciones antes necesarias algo obsoleto, son las principales razones que explican la pérdida tanto de ciertos rituales como de la forma de realizarlos.
En el siguiente vídeo se muestra cómo los métodos de la conservación de los alimentos ha ido cambiado a lo largo de los siglos, algo que de hecho, también se ha transformado desde la generación de nuestros abuelos hasta la nuestra en la actualidad.
Aquí acabouse o que se daba, ou case.
Unha das familias máis coñecidas da Historia
Última semana. Por fin. Temos importantes avances, xa que a introducción está totalmente redactada: a descrición de familia, de educación e tipos de educación (social e reglada). Temos tamén xa a descrición das tres familias que son obxecto de estudo. Ocupámonos neste punto de aspectos como: lugar e tipo de residencia, número de membros e situación laboral, entre outros.
Estamos a encarar a parte máis complexa do traballo, relativa ós condicionantes na educación dos pais, tales como a disciplina, a relixión e o contexto sociopolítico da época. Estes serán os eixes que utilizaremos na comparación coa educación recibida por nós mesmos.
Queda o estudo da educación dos pais e da nosa propia tendo en conta os factores que comentamos antes e as conclusión achadas tras esta análise ¿Somos tan diferentes no eido educativo ós nosos pais? ¿Consiguen transferirnos todos os valores que pretenden? Xa queda moi pouquiño para saber a resposta.
TGA 4 a1
Avoa, actualiza o féisbu!
Esta semana estivemos a mergullarnos na bibliografía. A unha vella colega chamada Margaret Mead deulle por falar de como se transmiten os valores entre as xeracións elaborando tres modelos teóricos.
O que atopamos máis axeitado para o noso caso cos avós é o dunha cultura configurativa, na que os avós e os netos se imitan entre pares. Isto é, nós comportámonos máis ou menos coma os outros mozos da nosa idade e eles coma os outros avós. Con todo, o modelo non é puro xa que seguimos tendo en conta os seus valores, as súas opinións, os seus pensamentos en conta.
Así mesmo, co desenvolvemento dunha cultura global, as novas tecnoloxías, as formas de nos comunicar… fai que camiñemos cara a un modelo de cultura prefigurativa na que os maiores aprenden dos novos. Unha evidencia disto é a avoa de Sara, que aí onde a vedes se fixo un Facebook e fala cos seus familiares na Arxentina. Quen dixo que o da Internet era cousa de novos?
Imaxe e lembranza. O principio da fin.
As ideas están xa todas postas en común; soamente nos queda facer o corpo do traballo, pero non resulta doado.
Esta semana, ás conclusións que fomos extraendo durante os dous últimos meses, fomos engadíndolle fundamentos teóricos, fundamentalmente do tema tres, debido á súa vinculación coa entrevista (ferramenta da que nos servimos en maior medida), pero tamén das unidades cinco, tres e unha. Foi curioso observar como feitos cotiás totalmente habituais na realidade, feitos que damos “por feitos” (e o escribimos aposta, críticos e correctores) se corresponden con fundamentos teóricos nos que nunca nós paráramos a pensar, se ben tamén hai certos aspectos da teoría que non somos quen de relacionar co observado nas nosas entrevistas.
Deste xeito, tras ter feito unha descrición dos nosos obxectivos e ferramentas, estamos a escribir como se relacionan as entrevistas e as súas respotas con conceptos que viamos tan afastados como as estratexias e tácticas de comunicación, o localismo, os espazos que inflúen na comunicación ou os “xeitos de facer”…
E… falando de entrevistas, deixámosvos con todos uns expertos (un en preguntar, o outro en contestar):
Con isto, despedímonos ata a semana que ven. Hasta mañana, pecadores!
GI4, 4B1
¡Nin que fora festa!
Supongo que habréis oído hablar de la escasez de la posguerra. Las urbanas cartillas de racionamiento iban de la mano de las pueblerinas “sopas de burro cansado”. Más concretamente, en el rural gallego, la autosubsistencia, aderezada de trueque o de la visita de la “pescantina” en el interior, eran las únicas maneras de procurarse alimento. Todo esto generaba una menesterosa alimentación, tendencia que se rompía algunos días del año.
Cosechas, fiestas del patrón de turno, bautizos o demás ceremonias sacramentales, todas eran buenas razones para desalar un jamón, descongelar un cordero o, siempre bajo encargo, comprar un par de quilos de langostinos. Estos manjares, unidos al vino de la casa, eran los protagonistas de unas comidas en las que se reunían desde abuelos hasta nietos pasando por primos terceros. Read the rest of this entry
Collendo forza antes do último esforzo
Esta semana seguimos traballando na redacción. É a última fase, é certo, e quizáis por iso xa estamos un pouco cansados. Pero non imos desfalecer. O certo é que non fixemos grandes avances todavía, sobre todo porque a redacción é un proceso que vai pouco a pouco para non cometer erros. Confiamos en que nesta semana avanzaremos bastante, xa que levaremos a cabo varias reunións para seguir traballando.
O estilo de redacción, tratando as tres familias en xeral, implica unha dificultade engadida. Pero sabemos que fará o traballo máis atractivo e se cadra interesante. Aínda así, o esquema que seguimos vai do máis xeral ó máis concreto, co fin de exemplificar as diferenzas entre as familias con paradigmas nas que queden moi ben reflexadas.
En fin, que seguimos traballando, que xa non queda nada. Coma sempre e esta vez por adiantado, dicir que sentimos non engadir imaxes ou vídeos ou calquera cousa que o Equipo de crítica e corrección considere atractiva para o post, pero é que pensamos que o noso traballo non require destes recursos.
TGA 4A1
Imaxe e lembranza: Os 5 fantásticos á conquista do mundo
En anteriores capítulos, cada membro do grupo estivo visitando ós diferentes entrevistados para sonsacarlles información a través das sobrecolledoras imaxes dos nosos albumes familiares. Unha vez acadados os seus maquiavélicos obxectivos (muahahahaha), “Os cinco fantásticos”, continuaron coa súa investigación na penumbra do seu recuncho secreto (“A Vazcueva”) e por fin puxeron en común as claves para a conquista do espacio exterior.
Agora baixo o lema “¡¡Todos un e un para todos!!” a súa misión pasou a ser un obxectivo común. Os nosos heroes xa teñen perfilada a estratexia que levarán a cabo para acatar as ordes de Marcelo e redactar o Informe Final. O mellor traballo escrito nunca por un ser vivo, incluidos chimpancés.
Proximamente… As conclusións serán reveladas para o público vulgar.
GI4, 4B1
As cadeas do pensamento
Algunha vez reparaches no que pensas das migracións? E de por que pensas o que pensas? En Galicia, moitas das nosas familias coñecen a emigración de primeira man, o que fai que nós tamén sexamos partícipes ou polo menos herdeiros da vivencia da emigración.
Dous titulares de prensa “seria”:
“Bandas de georgianos, rumanos, búlgaros y kosovares roban en pisos y empresas alavesas”
“Más de 11.000 jóvenes gallegos emigran al año en busca de empleo”
Xa vedes que a cousa é ben distinta. Como sabedes, a emigración en Galicia é un piar básico da nosa historia. Os avós lémbrannos día si, día tamén como a xente marchaba na procura dun futuro mellor. Os galegos deixaban a terra para traballaren, por necesidade, por pobreza… Agora, a inmigración é outro conto. Nestes titulares vemos a percepción social que temos do rol do inmigrante, percepción que muda radicalmente cando toca falar de nós mesmos. Frases como “antes marchabamos con todo regulado, Read the rest of this entry
Comunicación de ayer y hoy
Analizando las costumbres, pasadas y actuales, nos centramos ahora en la comunicación entre los comensales a la hora de la comida. Todos sabemos que actualmente, mientras comemos, la tele permanece encendida, ya sea de fondo o con todos atentos a ella sin mirar siquiera lo que nos llevamos a la boca, casi sin pestañear. Todo esto, siempre y cuando coincida la familia para comer.
Antiguamente, según nos cuentan, la comida era sagrada. Todos se sentaban a la mesa juntos y se contaban lo que habían hecho a lo largo del día, sus preocupaciones y demás, sin ningún tipo de distracción como la televisión o la radio. Así mismo, en la sobremesa, el cabeza de familia solía disfrutar de su café o chupito mientras seguían conversando. La mujer se encargaba de recoger la mesa con la ayuda de los hijos y por la tarde, en muchos casos, tocaba dormir la siesta, tanto mayores como niños. De hecho, estos últimos, de no querer dormir tenían que permanecer callados para no despertar a los otros. Sin embargo, llama la atención que la presencia de los medios sí que era notable cuando la mujer cocinaba y se quería entretener con la radio o la televisión. Read the rest of this entry
Queda menos, que non é pouco
Esta semana experimentamos un forte avance. Tras emplear varios días no traballo de campo, observando e estudando as nosas familias, consideramos que comezamos a ter o material axeitado e necesario para comezar un primeiro esquema do traballo. Ademais, preparamos un índice que, aínda que está suxeito a cambios, vai axudarnos moito na organización de todo o material conseguido. De todas formas, é importante constatar que, simplemente na discusión entre os membros do grupo coa fin de estructurar e por en común os datos, estar a surtir diferenzas moi interesantes, tanto nas situacións observadas como nos diferentes modos de educar e valores transmitidos polos pais. Nos próximos días falaremos co profesor para tentar resolver unhas cantas dúbidas de organización e redacción, xa que xa estamos entrando nesa fase. Quedan por diante moitas horas de reunión no grupo. Hai que levalo con ánimo. Seguiremos informando dos avances como está previsto.
TGA 4a1
“Serás de burra y mujer e irás al monte por leña” ou… xa non?
Tras recuperármonos da resaca dos avós de Cristina, comezamos a compartir as nosas reflexións sobre as conversas que tivemos cos avós. Os primeiros sorprendidos estamos a ser nós, xa que parecer ser que eses velliños que vemos botando o tute non están tan anticuados como pensabamos. Nin moito menos!
E falando de modernas aí están as nosas avoas que, aínda que si apandaban cos labores do fogar, comezaban a poñerlle os pés na terra aos seus homes; e é que ese espírito igualitario que se respira entre nós xa comezaba a agromar na súa época.
Mirade senón os consellos desta señoriña de Noia, que aínda que con máis mal raio cás nosas avoas, déixanos ben clariño como hai que repartir as cousas na casa. Cuidadito coa vella!
Xa vos iremos contando, que aínda por falar da relixión, da aparencia social ou da cuestión da emigración.
(3a1)
Izquierda!! izquierda!! izquierda, derecha, izquierda!!!!
Seguimos na fase de recompilación de historias. As anécdotas persoais ocupan a meirande parte do seu discurso. Unha das fotografía que máis invita a recordar e que esperta lembranzas xa esquecidas son as referentes ó servizo militar, a mili. Desapareceu hai xa unha década pero segue moi presente na memoria colectiva; como un símbolo de fidelidade á patria.
A vivencia no servicio militar non foi para todos igual. Para algúns non foi máis que un ano perdido, someterse a un férrea disciplina, acatar ordes, emanciparse con só dezaoito anos, perder de vista ós seres queridos; moitos volveron igual de inútiles do que se foron. Pero noutros casos, a milicia constituiu unha experiencia moi positiva, fixeron grandes amistades, sobre todo de xenerais o que facia que te libraras de limpar ou facer camas, adestrarse no manexo de armas, adquiriron maior disciplina; fixéronse homes. E noutros casos, por razóns de peso ou altura, médicas eu simplemente influencias, libráronse desta etapa. Todos estamos dacordo que a milicia é unha fonte inesgotable de relatos que intentaremos plasmar no noso traballo.
4GI 4b1