Arquivo do blog

CICLO CINE II: COMUNICACIÓN SUTIL

Neste segundo post sobre cine, quero resaltar un dos grandes elementos que se utilizan sempre nos filmes, e que moitas veces non lle damos o valor que realmente teñen: as bandas sonoras. A música comunica, e en In the mood for love, podemos ver como os personaxes seguen diferentes itinerarios e teñen determinados encontros que, moitas veces, maniféstanse a través da música. Repetindo continuamente as mesmas cancións, os espectadores logramos relacionar determinadas situacións.

En Following, as imaxes estaban máis distorsionadas, eran máis abstractas. A comunicación semellaba cortada, pero mesmo así, o personaxe lograba realizar todas as actividades e sentirse máis cómodo para escribir, aínda que a comodidade non era precisamente unha característica soportable. Neste caso, a banda sonora non é un elemento tan característico, pero sí moi importante, pois o seu efecto comunicativo é moi importante. E en Gente di Roma, as personaxes relacionábanse a través dos encontros e recorrendo certos itinerarios, como a entrevista no bus e a charla profundamente efímera, así como a conversación dunha muller coa súa cuñada sobre a súa situación sentimental. A historia atravesa etapas que se vén marcadas polo paso do tempo. Todo complicado inténtanno simplificar. A comunicación moitas veces, é ese elemento simplificador.

Fernández Trasmonte, Lidia S2D T3A

CICLO CINE I: A COMUNICACiÓN SEN PALABRAS

Todos os camiños levan á Roma, pero en Gente di Roma, as persoas non perseguen esa meta, senón aclararse cos demais, e sobre todo consigo mesmos. Neste filme podemos atopar diversos personaxes: brancos, negros, emigrantes, pobres, menos pobres… Todos se comunican igual: a través do que din, e do que non din.

Atopamos diversos itinerarios: o camiño feito en bus, o parque onde come un desempregado, unha cociña, un centro onde tratan o alzheimer… E todos teñen un problema: non se entenden coa sociedade, porque esta mesma non se adapta a ela. Pero o mesmo pasa en In the mood for love e en Following. Vemos en ambas dúas películas personaxes con diversos problemas, e que intentan encontrarse co que queren seguindo diferentes itinerarios e a través de distintos encontros. En Following, o desexo de escribir levouno a unha situación onde a comunicación non era transparente, e ademais era confusa. Non sabía en qué estaba metido nin qué estaba facendo exactamente, pero as ansias de conseguir o amor da muller loira cegábao. En In the mood for love, acontece o mesmo. No Hon Kong dos anos 60, dúas persoas teñen encontros, que se ven fomentados por un contexto símil: ambos teñen problemas no seu matrimonio, e decidin buscar unha posible solución a través dunha comunicación interpersoal entre eles.

Tres películas, varios personaxes en diferentes situacións e que intentan comunicarse coa sociedade seguindo diferentes itinerarios e tendo diversos encontros. Porque a comunicación, moitas veces, non necesita servirse das palabras.

 

Fernández Trasmonte, Lidia     S2D     T3A

Sempre nos quedará a radio

Coa suba deste último post remata o noso traballo de ProT, un traballo no que demos bastantes voltas ata atopar o camiño, e que mesmo unha vez nel, nos perdemos nalgunhas ocasións.

O dito, ao T3A costounos chegar, pero chegamos. Cumprimos co proposto, 3 entrevistas a un total de 5 compañeiros de clase que se prestaron moi amablemente a relatar como foron as súas experiencias cos seus respectivos traballos de ProT en COGAMI, IGAXES e AGADEA. As 3 entrevistas xa foron remitidas á emisora, para a súa pronta emisión. Tamén realizamos a pequena peza audiovisual coa intención de dar a coñecer e difundir a labor de Cuac FM, da cal nos sentimos moi orgullosos e que tamén remitimos a Cuac vía Facebook para que eles a difundan nas súas redes sociais.

Non foi doado traballar, as negociacións con Cuac levaron tempo, bastante máis do esperado, debido á súa estrutura organizativa de tipo horizontal; non había un xefe ao que dirixirse e co que negociar directamente, eles mesmos tiñan que decidir cousas entre todos antes de pórse a discutir con nós. Bueno, con Antón, xa que outro dos problemas do que nos demos conta sobre a marcha foi que as negociacións pola nosa parte recaeron case que exclusivamente no compañeiro Dubra. Resultaba lóxico, tratábase dunha persoa que xa traballara en Cuac, polo cal tiña un nivel de confianza maior que calquera membro do resto do grupo para negociar coa xente da emisora, porén non resultou xusto, xa que así o traballo non recaeu de xeito equitativo en todos os integrantes do grupo.

De todos xeitos, unha vez definimos ben as actividades, a realización das mesmas non nos deparou moitos infortunios. Dende o T3A podemos dicir que quedamos contentos de ter colaborado con Cuac FM, e mesmo algúns dos membros se plantexan volver a colaborar coa emisora a nivel individual. Porque é bonito pensar que sempre se pode volver a unha radio feita por e para os cidadáns.

Por último, aquí deixamos enlazados o documental sobre CuacFM e as entrevistas a AGADEA, COGAMI e IGAXES.

Os parrulos xornalistas despídense (polo momento) de CuacFM.

Antón Dubra, Uxía Estévez, Lara Fernández e Lidia Fernández.

T3A

CIDADE-RURAL: A PERSONIFICACIÓN DA REALIDADE

Semella que estamos mudando, que estamos redirixindo o noso camiño todos os días. Quizais os pasos que demos non nos leven a ningures, ou tal vez nos conduzan á un lugar. Dá o mesmo que divisemos o horizonte detrás do tronco dun pino, e tamén dá igual que o fagamos a través dos ocos das cortinas da ventá dun oitavo piso. Chega un momento no que o tío Marcial e os seu séquito de paletos eleva anclas. E faino ata alcanzar o que nun principio tanto desexaba. Poida que o transporte non sexa o adecuado e que, moitas veces, nin sequera o haxa, pero sempre lograrán chegar. Porque os cambios futuros son incertos, tanto na súa planificación espacial coma na temporal. Por este motivo, aventurarse a dicir que dependemos exclusivamente dun goberno, dunha autonomía, non é excusa fiable.

A comunicación tanto pública coma privada ten os seus límites, e cada un sabe o que ten que facer e o que se vai facer. Agardar por unha resposta política na maioría das veces pode ser eterno, a resposta non chegará ata dentro dun determinado tempo, cando os problemas se agraven (véxase o tema dos incendios) ou se vexan xa moi lonxe (como a dinámica dos transportes).

Vivir na aldea ou na cidade xa non debe ser un problema. Polo menos na teoría. Poida que as diversas disposicións das infraestruturas ou instrumentos non sexan os mesmos nin os máis eficientas nalgúns casos, pero todos temos unhas necesidades que queremos cubrir. E entre elas, está a comunicación. Agora, que cada un trate o tema como lle apeteza.

S2D  (Fernández Trasmonte, Garea Albarrán, Lorenzo Pérez, Nespereira Vale)

XORNALISTOS COMUNICATIVOS

Durante o cuatrimestre, temos que realizar traballos entre varios grupos. Recordo cando éramos máis pequenos, e moitos rezábamos para que os traballos os poidéramos facer cos nosos amigos. Dende que entrei en xornalismo, empecei a escoitar e a dicir: «odio traballar en grupo». Vexamos por qué. O problema non son os compañeiros, nin moito menos. O principal obstáculo somos nós mesmos, os nosos horarios e os nosos intereses. Realmente acollemos o traballo con entusiamo, pero empezamos a velo con outros ollos cando non cumplíamos o plazo ou cando decidíamos a quen lle tocaba subir os famosos post grupales ó blog.

Pero chegar tarde ás reunións, enfadarnos entre nós, cabrearse con uns por non facer nada ou chamarlle mandóns ós que máis fan, en verdade son elementos básicos dun grupo que se leva ben, e que finalmente, e despois de dicir que somos un desastre planificando, facemos un bo traballo. Pode que este post non estea centrado nin no meu traballo ProT nin no TS, pero penso que fala da comunicación entre os membros, do que se supón que trata o blog e a asignatura.

Interesarse polo que fan os teus compañeiros e aprender algo tanto dos temas que nos gustan como os que máis nos aburren, foron algunhas das premisas coas que contábamos cando empezamos a traballar para esta materia. Comunicación e comunidade eran as palabras que máis escribíamos nos post sen saber nin sequera de que estábamos a falar (nalgúns casos, non en todos, por supuesto), pero finalmente, a comunidade formámola nós, os de clase, e penso que as preguntas e as charlas que se produciron foron un síntoma dunha boa comunicación entre nós. Fin do comentario.

Fernández Trasmonte, Lidia    S2D   T3A

TODOS SOMOS UNHA RADIO…COMUNITARIA.

Despois de mostrar o vídeo de fixéramos para a clase e para CuacFM, quedamos bastante satisfeitos. Por qué? Porque dun xeito comunicativo, logramos transmitir o que era a radio comunitaria. Pero resulta que me dei conta dunha cousa, aínda que tampouco é que descubrira América: todos somos unha radio comunitaria, tanto se queremos coma se non.

Os bos días, as primeiras noticias que comunicamos ó ler o periódico, comentar o que pasou a noite anterior, o que lle aconteceu ó teu móbil por caer ó chan… Incluso as maiores tonterías son noticias que voan a través de nós, por iso somos unha radio, porque informamos sen obstáculos para unha comunidade que se mostra receptiva. Pode que isto que estea a dicir soe moi melodramático, ou dramático a secas, pero encántanos que nos escoiten. Falamos para que nos escoiten. Por isto somos radio.

Pretendemos ter as mellores noticias para contar, sen pensar que ás veces, a cousa máis breve pode ser a que máis repercusión teña. Dispoñer dun medio como unha radio comunitaria, favorece a nosa paixón por ser xornalistas, ou simplemente a nosa paixón por falar pola radio. Non fai falta ser o máis guapo, nin o máis listo, nin o que usa o vocabulario máis culto, simplemente, para acudir á CuacFm, necesitas levar a uns amigos, e ter ganas de rirte de todo. Porque a liberdade, empeza polas palabras, aló menos na radio.

Fernández Trasmonte, Lidia     S2D     T3A

Cidade-Rural: O conto do tío Marcial

Hoxe faleceu Marcial, un labrego máis que coa súa aixada cavou terras pola meirande parte da provincia de Ourense. Polo menos ata finais dos anos sesenta. De familia humilde, Marcial adicouse ao xornal para axudar á mantenta da súa familia e dos seus irmáns. Chegado o desenvolvemento económico do tardofranquismo, o rural galego comezou o seu despoboamento gradual en forma de éxodo ás cidades. Moitos dos seus compañeiros de partida, emigraron cara as novas industrias que se instalaron en Galicia da man do “desarrollismo” tecnócrata. E el non foi menos. O esquecemento do medio rural por parte das autoridades (in)competentes foi o xerme da situación de desmantelamento que presenta o país hoxe en día. Falo de xerme, porque despois de Marcial, os seus fillos e netos tampouco acharon oportunidades de asentarse no campo.

Esta é unha historia das mil que podemos atopar na Galicia de hoxe en día. Os labregos coma Marcial personalizan a pasividade da administración pública de crear riqueza no campo. Trátase dun feito que non só condiciona a demografía, senón a identidade do pobo, provocando a polarización dos medios rural e urbano. Se a coxuntura non cambia, veremos como aldeas e vilas galegas perden poboación e tamén, teñen condicionados servizos básicos como sanidade e educación ao seu tamaño.

S2D (Lorenzo Pérez, Nespereira Vale, Fernández Trasmonte, Garea Albarrán)

Cuac FM: Acercándonos a la verdad

Tras nuestra visita a las instalaciones de Cuac FM el pasado 5 de abril, pudimos conocer en primera persona el funcionamiento de la radio comunitaria y la situación actual de éstas en el Sector de la Comunicación.

 Además de poder observar cómo se realizan los programas de radio, tuvimos la oportunidad de hablar con los responsables de la emisora, en especial Mariano Cabarcos, que nos explicaron el concepto de radio comunitaria, afirmando que los responsables de este tipo de medio son todas las personas que participan en él de un modo u otro. Por otra parte, nos hablaron de la problemática con la vigente Ley audiovisual que prohíbe todo tipo de publicidad o promoción en estos medios y, además, nos explicaron las facilidades que Cuac FM ofrece a los que quieran emitir un programa de radio o quieran convertirse en socios de la comunicad.

Para finalizar con nuestra aportación, esta semana hemos entrevistado a algunos compañeros de clase que participaron en diferentes asociaciones como COGAMI e Itínera para saber cómo fue su experiencia y lo que aprendieron allí con este trabajo. El objetivo de estas entrevistas es emitirlas en varios microespacios en Cuac FM y poder dar a conocer las diferentes opiniones sobre el trabajo realizado de nuestros compañeros.

 Actualmente, nos encontramos editando el mini documental que recoge todas las declaraciones que nos proporcionaron y varios planos del exterior de las instalaciones y del interior del estudio en el que se estaba emitiendo el programa de “La Medina”. Podréis visualizar este documental en el próximo post que subiremos aquí.

ProT T3A

Medios comunitarios: Inimigos do establishment

Contábanos hoxe Mariano Cabarcos, de Cuac FM a historia de Merindad de Valdivielso, un concello da provincia de Burgos de 432 habitantes, na súa inmensa maioría vellos. Un pobo moi pequeno que pode presumir dunha inmensa cultura e unha comunicación extraordinaria por medio dunha peculiar radio comunitaria. Para facernos unha idea: Se unha veciña quédase en pleno inverno illada na súa casa por mor da neve unha chamada á radio fará que outros veciños que escoiten a mensaxe ao vivo vaian ao rescate da señora. True story.

ImageComa se caese un meteorito, Jokin Garmilla aterra en Valdivielso en 2001 para mudar o xeito de comprender a información e comunicación dos lugareños fundando a Radio Valdivielso. Cada mañá Jokin encargábase de espertar aos valdevilsianos e informarlles do tempo, das novas máis importantes e dos eventos que se van dar na bisbarra burgalesa. Un medio de comunicación exclusivo para 400 persoas por e para o pobo.

Cada personaxe que pasaba preto do pobo era levado á emisora, a xente tiña ao seu dispor unha cantidade moi grande de información diferente. Economistas que explicaban dun xeito máis sinxelo a crise ou famosos que se achegaban para contar as súas experiencias no val crearon unha conciencia e un nivel cultural nos habitantes que antes non imaxinaban. Un labor social moi importante que tiña data de caducidade.

No ano 2010 o concello decide non renovarlle a licenza á emisora entendendo que esta politizouse. O PP e o PSOE deciden silenciar a voz que acompañou aos veciños durante 9 anos. Non o podían controlar.

Image

Agora dende internet, pretende recuperar a dignidade do medio rural e transmitir aos seus escasos habitantes que o

envellecemento, a despoboación e en ocasións o esquecemento institucional que padecen, son causas contra as que se pode e se debe loitar con vehemencia.

http://radiovaldivielso.es/

ProT T3A

Paletos

La figura del paleto de pueblo es tan recurrente como polémica. Durante siglos se ha asociado a aquellos que residían en zonas rurales a la total inferioridad con respecto a la población urbana.

Como cualquier estereotipo, se difunde socialmente por las vías del arte y de los medios de comunicación. No es condenable, ya que el humor no tiene (o no debería) tener límites éticos que, al fin y al cabo, cada uno es libre de establecer en el punto que más le plazca, sin que coincidan con los de los demás ni representen ningún tipo de verdad absoluta.

A pesar de esta legitimidad, es cierto que este prejuicio no beneficia en absoluto a la imagen actual de las zonas rurales. Incluso en los diccionarios se tilda a los residentes en estos territorios de «ignorantes», «palurdos» y «zafios», por citar sólo algunos de los adjetivos que colman las entradas. Sin embargo, no se puede achacar toda la culpa a la Academia, ya que ésta ha limitado su función en los últimos tiempos asimilar medidas que la gente aplica en el habla y adoptarlas oficialmente, con muchísima calma, diez años más tarde. La Academia, al fin y al cabo, tiene que acabar siguiendo por fuerza a la norma popular.

La base de este prejuicio ―que se manifiesta, como ya se ha dicho, en todo tipo de soportes y ámbitos―, tiene lugar en la propia psique del pueblo. Los medios simplemente solidifican esas impresiones previamente concebidas por la gente, que está, por su parte, en pleno derecho de juzgar como le plazca, con mayor o menor precisión, cualquier cosa.

La cuestión es si esta imagen es merecida o no, dado que, de no faltar a la verdad, no habría nada negativo que achacar a este tópico.

Conscientes de que entre nosotros hay estudiantes que provienen tanto de espacios rurales como urbanos, ¿cuál es vuestro punto de vista? ¿La imagen del mundo rural que se tiene fuera de éste ha quedado obsoleta y pertenece al siglo pasado o, por el contrario, creéis que sigue adecuándose en gran medida a estos estereotipos?

S2D (Garea Albarrán, Lorenzo Pérez, Nespereira Vale, Fernández Trasmonte).

Ciudad-Rural: Tranquilidad y Deshumanización

Las puertas están abiertas y los miedos sellados. La paz descansa mientras la tierra se labra. Todo está tranquilo. Sin tráfico, ni ruido, ni prisa, hasta los pájaros parecen volar dormidos. El campo da a aquellos afortunados la tranquilidad expropiada a la ciudad. Esta voluntad de renunciar a la vida urbana ofrece a muchas personas la posibilidad de establecer un contacto más personal y familiar con sus convecinos. Sin duda alguna, esta característica crea un tipo de comunicación interpersonal más intensa donde nuestro alrededor es lo importante.

Por esto, los vínculos sociales son mucho más fuertes en el campo y las noticias se convierten en lo que ha sucedido en la casa de al lado. Esto es imposible en la ciudad. La urbe asiste todos los días a un espectáculo de deshumanización donde los demás son individuos sin nombre que nos cruzamos en la escalera. No existe un contacto directo. La gran cantidad de transeúntes hace que los despersonalicemos y los despropiemos de toda identidad. Sólo son caras borrosas en un fondo gris.

Nuestro origen forja nuestro carácter y la pertenencia al campo o a la ciudad puede originar dos personalidades totalmente opuestas. ¿De qué forma creéis que influye esto? ¿Estáis de acuerdo con la visión que se da en el texto de ambos mundos? ¿Qué proponéis pare mejorar la comunicación interpersonal en la ciudad? El debate nos llevará a la reflexión.

 S2D (Lorenzo Pérez, Nespereira Vale, Fernández Trasmonte, Garea Albarrán)

CUAC FM: Os parrulos seguen no aire

Como xa avanzamos noutro post, o noso ProT é comunicarnos con vós, e a través de vós, mediante CuacFm.

Despois de falar cos membros desta emisora, éstes decidiron que as actividades que propuxéramos eran totalmente adecuadas. Vexamos: o que vamos a facer é realizar microespazos de 10 minutos que serán emitidos entre programa e programa. Polo de agora, aínda estamos a traballar nestes miniproxectos, polo que non vos podemos desvelar cómo serán cando salgan da fábrica. Por outra banda, tiñamos pensado facer un documental sobre a emisora. Pensabamos describir e mostrar o traballo, o día a día de CuacFm e os seus membros, pero tamén nos demos conta de que poderíamos aproveitar algúns dos vosos proxectos, para mostralos. Polo tanto, gustaríanos moito que nos facilitárades certa información e documentación, ademais da vosa imaxe e voz. Pretendemos facer un mini documental no que teñamos voz propia, e así, poidamos recopilar ou resumir todos os vosos traballos e os seus frutos. Que vos parece?

Ademais, CuacFM invitounos a participar nun proxecto, que segundo eles, pode ser un gran traballo de investigación xornalística. Deste tema non vos podemos avanzar máis, pois mesmo para nós é aínda un misterio. Pero un misterio ansiado, pois é un exemplo de confianza nos alumnos. Sen embargo como xa vos dixemos, este asunto aínda ten que ser debatido, pero esperemos que, no caso de facelo, logremos elaborar un bo produto de comunicación.

ProT T3A

CIDADE- RURAL: SUMAR E RESTAR DISTANCIAS

Os da Costa da Morte aínda seguen esperando pola autovía, a cal planearon fai “dez” anos, empezaron a facela fai “cinco”, e acabarán dentro de “trinta”. Pode que esaxere un pouco nos anos, pero moitas veces a realidade supera á ficción. A Costa é rural. A autovía semella unha opción só para os da cidade. E coma este caso, milleiros en Galicia e en España.

 O tema que estamos a tratar no noso TS son as diferenzas na formación e na educación no entorno familiar directo, facendo contraste entre o rural e o urbano. E diredes vos:«Entonces que ten que ver a introdución deste post co tema?». Moito, porque a distancia está na comunicación. Agora… ¿Ésta afecta sempre negativamente ou, pola contra, pode chegar a afinanzar máis a relación entre dúas persoas?

 Dise que a relación entre un avó e o seu neto é máis forte na aldea que na cidade. Pero dinse tantas cousas… Toda relación depende dun mesmo e dun mesmo con demais. Sí que é certo que os lugares onde crecemos chegan a maior parte das veces a determinar certos comportamentos, certas actitudes. Pero todo é relativo. Non chove sempre a gusto de todos.

 Está a comunidade prexudicada pola distancia ou non? Alonxámonos nós mesmos nunha burbulla para conservar a propia identidade ante os demais? Pensades que neste caso, as circunstancias xeográficas sí que determinan o concepto de interiorización dun mesmo? A educación e sobre todo as formas de educar están infravaloradas no rural, e viceversa?

S2D (Lorenzo Pérez, Nespereira Vale, Fernández Trasmonte, Garea Albarrán)

CuacFM: Parrulos radiofónicos

O grupo titorizado T3A ten algo en común: a paixón pola radio; así que cando na listaxe de asociacións dispoñibles atopamos a CuacFM, resultou sinxelo saber que unha colaboración coa emisora sería o proxecto no que máis ilusión e ganas poríamos.

MicroRadio

Que é CuacFM?

Coido que non hai mellor presentación que a propia, podedes ollala aquí.

Qué queremos facer?

Non nos levou moito tempo chegar a conclusión de que nunha emisora de radio, o lóxico sería facer contidos de radio. Logo de poñernos en contacto cos de Cuac, chegamos ao acordo de realizar varios microespazos de 10 minutos de duración. Resultou a solución idónea, xa que para nós son máis sinxelos de resolver e eles andan algo escasos dese tipo de espazos (os cales emiten como separación entre programa e programa). O contido dos microespazos aínda está sendo discutido, pero a nosa idea sería falar dalgúns dos proxectos que estades realizado o resto de vós coas asociacións que escollestes. Porémonos en contacto con vós en breve para ver se estades interesados en contar as vosas experiencias.

Pero o titorizado T3A tamén queremos coñecer o que acontece cando se apaga a luz vermella: cómo funciona unha radio comunitaria? cales son as diferencias respecto ao resto de radios? Para iso iremos máis aló das ondas hertzianas e porémonos mans á obra coa realización dunha pequena peza audiovisual.

Estes parrulos comezan a súa colaboración en Cuac FM porque lles gusta a radio. Porque estimula a imaxinación. Acompaña incondicionalmente. Ten o poder de multiplicar significados, unha soa palabra pode xerar miles de interpretacións, o cal abre debates e convida a pensar. Porque é o medio de comunicación por excelencia, o de máis íntima chegada, o de máis pronta resposta, o que crea climas, o que permite soñar.

ProT T3A

CIDADE- RURAL: Os mundos de Galicia

A ninguén se lle escapa que Galicia é, ou maioritariamente foi, terra de regatos e leiras, de lareiras e montes. Aínda así, durante o século XX o emigrante tamén foi protagonista da historia dos galegos. Unha situación que desvertebrou o modelo familiar tradicional e fixo que mudaran os roles na comunicación. Xa a mediados de século, a migración cara as cidades deulle un novo xiro copernicano ao asunto: unha nova forma de vida, unha nova experiencia, unha nova comunicación.

Malia isto, a ruralidade na identidade galega segue a estar moi presente. Os costumes tradicionais galegos mestúranse coa cultura urbana dando lugar a unha nova concepción da Galicia tradicional. A modernidade e a técnica chegan ao campo e moitos dos avances da tecnoloxía transforman a realidade e crean unha nova concepción da vida na aldea.

Sen embargo, aínda podemos visualizar con claridade as diferenzas existentes nos modelos familiares, xunto cos perfís sociolóxicos, entre dous mundos que pasan un momento histórico moi próximo. Apreciámolo na linguaxe publicitaria, nos medios de comunicación, na cultura ou na vida cotiá. En definitiva, a cidade e o campo conforman dúas concepcións diverxentes da comunicación persoal comunitaria nun país que experimenta un continuo proceso de transformación. A conxuntura da globalización está a mudar progresivamente os roles comunicativos dentro do propio núcleo familiar, que manifestan diferenzas notorias segundo a pertenza o rural ou ao urbano.

¿Que diferenzas hai entre o individuo rural e o urbano? ¿ Como cambian as estruturas familiares? ¿ E os modos de vida? O debate queda aberto.

S2D (Lorenzo Pérez, Nespereira Vale, Fernández Trasmonte, Garea Albarrán)