Arquivo do blog

Miniaturas Eugenio Granell: final.

E ata aquí chegou a nosa viaxe. Un longo camiño que nos levou á creación deste vídeo documental no que os propios protagonistas da historia nola explican con todo luxo de detalles.

Benvidos ao surreal mundo das Miniaturas de Eugenio Granell.

O multiperspectivismo da cidade (II)

A cidade, como dicíamos, é rica en matices. O multiperspectivismo desde o que podemos observar e analizar cada encontro é boa proba disto. E o certo é que en calquera intre do día, masas tremendamente heteroxéneas se desprazan a través da cidade coma se de auténticos torrentes se tratase. E nestes torrentes humanos un convértense nun personaxe anónimo. Anónimo e, en certo modo, libre. Na cidade, entre a protección da masa, atópase a liberdade moral da que falaba Charles Baudelaire. “Un home que pasea non debería ter que preocuparse dos riscos que corre ou das regras da cidade”, afirmaba o novelista e ensaísta francés Edmond Jaloux no seu artigo Le Dernier Flâneur (Le Temps, 1936).

Está é a liberdade coa que xoga Bill en Following, a ópera prima de Christopher Nolan (1998). Escritor en paro e sen ideas, convírtese nun auténtico observador da cidade. O seu itinerario é o de seguir os itinerarios dos demais en busca de inspiración. Sinxelo, non? Bill márcase a si mesmo unhas regras, unhas pautas definitorias e limitadoras da súa actividade. Mais entón aparece Cobb, tan ben vestido. E Bill déixase seducir polo súa atractiva personalidade. En certo modo é enganado, e a invasión da intimidade e incluso da privacidade coas que xogaba o escritor deixan de ser un xogo para convertérense en auténticos delitos.

Co engano, igual que Cobb, xogan Chow e Su, os protagonistas de In the Mood for Love (Wong Kar-Wai, 2000). Porque en primeira instancia, as súas parellas engananos. Sonlles infieis e eles sábeno. Á súa vez, combatindo a soidade, realizan unha serie de encontros que se introducen na rutina dese Hong Kong dos 60. Con eles tentan escapar do mundo das apariencias no que viven inmersos. Respectan as distancias, sobre todo a ollos de veciños e outros círculos comúns; as súas son accións asociadas a valores e crenzas, é dicir, as accións que forman comunidade. E aquí, nestas ou noutras situacións de conflito, é onde debe entrar a acción comunicativa buscando consenso, espírito común e sendo axente ou catalizador dos cambios sociais que teñan lugar.

David Fontán Bestilleiro    T4B    S2C

CUAC FM: O noso adeus grupal

Aproveitamos este último post grupal TS para dúas cousas. En primeiro lugar, para agradecer ao equipo de Cuac Fm, e moi especialmente a Mariano, a oportunidade que nos brindaron ao facilitarnos as súas instalacións para moderar un grupo de discusión no que eles mesmos tiveron voz. E en segundo lugar, parecíanos interesante compartir convosco  un pequeno resumo do informe que redactamos coas conclusións deste grupo de discusión que comentabamos.  

A raíz do TS, puidemos visitar as instalacións de Cuac FM para realizar un grupo de discusión coas asociacións que colaboran coa emisora. Nun principio ían a asitir catro delas pero finalmente só pudieron acudir á cita dúas: Proxecto Cárcere e Radio Prometea. Xunto con Mariano e dous membros de cada unha destas entidades, inciamos o grupo de discusión que durou aproxidamente hora e media. Durante este tempo tratamos varios puntos para coñecer mellor a experiencia das asociacións ao colaborar nun medio comunitario.

O grupo de discusión iniciouse cunha breve presentación de Radio Prometea e Proxecto Cárcere na que nos explicaron os seus obxectivos como asociación e que tipo de programa levan a cabo na emisora.A primeria (Radio Prometea), é un colectivo formado integramente por persoas con diagnóstico psiquiátrico que petende difundir terapias alternativas á medicación para tratar este tipo de enfermidades. Entre os seus obxectivos tamén está a loita polos seus dereitos así como intentar informar aos oíntes sobre a linguaxe apropiada para referirse a este tipo de persoas nos medios de comunicación.

Por outro lado, Proxecto Cárcere é unha plataforma que pretende recuperar a memoria histórica da antiga cárcere da cidade de A Coruña situada enfrente á Torre de Hércules. Está formada maioritariamente por persoas relacionadas co ámbito artístico.

Unha vez presentadas, a nosa compañeira Marta, que fixo de moderadora, iniciou  grupo de discusón preguntando acerca da relación destas coa emisora, o papel que desempeña cada unha, o tipo de programa que dirixen e a implicación da emisora na decisión dos contidos.

Tanto Radio Prometea como Proxecto Cárcere. coincidiron en que “o límite está na ley”. Ambas afirmaron que a emisora deixalles total liberdade de decisión para elexir os contidos dos que van a falar. Respecto aos programas que realizan, Radio Prometea emite unha hora á semana e Proxecto Cárcere cada 15 días, onde mezclan contidos de actualidade cos seus intereses. Tamén aseguraron que poden convidar a quen desexan en calidade de invitado sin ningún tipo de limitación.

O segundo aspecto que tratamos foron as repercusións positivas de emitir un programa nunha emisora de estas características. AS dúas asociacións coincidiron na idea de que colaborar con Cuac, ademáis de ser unha oportunidade para expresar os seus intereses, porporcionoulles moitos contactos comprometidos co seu proxecto.

Finalmente o grupo de discusión desembocou nun debate sobre o papel dos medios convencionais na nosa sociedade: como a súa credibilidade descende a pasos axigantados e cómo os medios comunitarios, a ollos do cidadán común, goza de maior veracidade ao trataren temas máis próximos e menos globais e interesados. Citouse en varias ocasións o termo “medios de comunicación politizados” e falouse tamén da crise do xornalismo en xeral e da prensa en particular. Un dos membros de “Proxecto Cárcere” aseguraba non ler nunca un xornal dende que descubrira o verdadeiro funcionamento deste tipo de medios.

Pouco máis queda que dicir deste evento, unicamente resaltar o instructivo e enriquecedor que resultou para o noso traballo ter a oportunidade de compartir esa hora e media con colaboradores reais da emisora. Grazas de novo a Cuac fm por brindarnos a posibilidade de levalo a cabo.

 

dsc_0006-2

S2C

Fontán Bestilleiro

López Pereiro

Mallo Domínguez

Pereiro Fraga

ACENTRALFOLQUE: Eugenio Granell, música revelada

Neste video Alejandro Vargas resume en breves palabras como foi o seu comezo no proxecto de ACentralFolque.

Ao longo do noso traballo coa Central puidemos entrevistar aos principais artífices da publicación que acadou fai uns días o Premio Especial do Certame Cubadisco 2013. Ramón Pinheiro, Olga Noguiera e o mesmo Alejandro Vargas dan voz á peza audiovisual coa que rematamos a nosa andaina coa Central e que lles servirá nos próximos días como peza promocional da xira do espectáculo.
Dende as súas diferentes perspectivas, e en función da labor que levaron a cabo no proxecto, abriron as portas para que puideramos saber como foi todo o proceso que se atopa detrás do que hoxe vemos enriba do escenario.
Por unha banda, a escolma e o estudo das anotacións inéditas das que nin tan sequera a familia tiña constancia e, nunha segunda parte, o traballo de cómo facer soar esa música, conforman no seu conxunto o traballo final conformado polos dous libros e o CD, e sobre isto versan as reflexións achegadas que nestes momentos están en proceso de edición e coidamos que poidan ver a luz a vindeira semana.

T4B

Miniaturas de Eugenio Granell: un espectáculo surrealista

O xoves 18 de abril os membros do grupo titorizado 4 tivemos a sorte de poder presenciar no teatro Rosalía de Castro o comezo da xira das Miniaturas de Eugenio Granell, o proxecto da Central Folque co que estivemos involucrados durante os últimos tres meses. Temos que dicir que foi unha experiencia memorable, e un gran final para este curto pero fructífero camiño.

Pódese dicir que o jazz é a vertente musical que, polas súas características, máis se achega ao surrealismo. Liberdade artística e improvisación son os puntos converxentes de dúas correntes que atoparon a súa fusión perfecta baixo a batuta do gran Alejandro Vargas, acompañado dun elenco de excelentes músicos, tamén versados nestas linguaxes.

Non sabemos se esto era o que tiña en mente Eugenio Granell cando compuxo estas partituras, mais estamos seguros de que estaría encantado co resultado.

As miniaturas de Granell toman forma no Rosalía

“Son boísimos. E a xente non se entera. Se fosen de fóra…”. Isto era o que nos comentaba unha señora de certa idade, visibelmente emocionada, recén rematado o concerto; cando algúns de nós baixábamos coas nosas cámaras desde o Proscenio 3 do Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Ás portas deste teatro herculino tan especial chegaramos sobre as 5 da tarde, e por alí nos agardaba Ramom Pinheiro, Chito, historiador musical asociado a aCentralFolque que dirixiu a investigación sobre as miniaturas musicais de Eugenio Granell. Con el estivemos coñecendo os lugares do teatro que nos poderían ser de interese para filmar o concerto, e el mesmo foi quen nos concedeu unha nova entrevista para a videorreportaxe que estamos a editar.

Entre bastidores

Entre bastidores

Deixamos o Rosalía de Castro sobre as 10:30 da noite, logo de máis de 5 horas de traballo. Estivemos presentes durante as probas de son do septeto dirixido por Alejandro Vargas, o que nos preparou para o espectacular show que estabamos a punto de presenciar. Tamén vivimos con eles algúns momentos previos á actuación, coñecendo esa outra parte do espectáculo, a que sucede entre bastidores e que lle é descoñecida ao público. Por suposto, asistimos ao concerto e tivemos a sorte de poder movernos polo teatro coas nosas cámaras para gravar as imaxes de cara ao noso traballo.

Desde o escenario

Desde o escenario

Pouco podemos dicir que faga xustiza a tan tremenda actuación, ademais de animarvos a que acudades ao próximo concerto da xira, o 25 de maio no Teatro Principal de Pontevedra. Comentáranos Vargas nunha das nosas conversas que unha muller, logo da presentación do proxecto na Cidade da Cultura, se achegara a el e lle dixera: “Non sei se Granell soa así así, pero o que vós tocades encántame”. Non podemos facer máis que subscribir esas palabras.

T4B

CuacFM: Fotogalería

Na xornada do pasado luns tivo lugar nas instalacións de CUAC fm un encontro cos responsables das principais asociacións que colaboran con eles. O obxectivo: coñecer o funcionamento dunha radio comunitaria.

S3C.

Asociacionismo en la radio comunitaria de A Coruña

El lunes pasado visitamos Cuac FM, como ya hemos dicho en otros posts, para realizar un grupo de discusión con algunas asociaciones que participan en la emisora. En un principio contabamos con cuatro de ellas pero finalmente sólo pudieron acudir dos: Radio Prometea y Proxecto Cárcere – a las otras se les fue enviado un cuestionario por correo-. Alrededor de una hora y media fue lo que duró esta reunión donde los asistentes nos contaron cómo era su relación con Cuac FM y cuáles eran sus intereses. La verdad es que fue una práctica muy productiva que intentaremos resumir en este post.

Proxecto Cárcere, es una plataforma formada por varias asociaciones que surgió hace cerca de 3 años para intentar recuperar la antigua prisión situada cerca de la Torre de Hércules. Desde haces 6 meses tienen su espacio en Cuac FM con el programa ‘Ondas no cárcere’, que se emite cada 15 días. Para ellos es una oportunidad que les permite luchar por un espacio de autogestión y de identidad cultural a partir de la antigua e histórica carcel de la ciudad.

Radio Prometea, sin embargo, es un colectivo que trata sobre la autoestima de las personas con una discapacidad psicológica. Con su emisión en Cuac FM intentan dar voz a estas personas y reinvidicar todo lo que esta recogido en la convención internacional de los derechos para los discapacitados de la ONU.

Una de nuestras preguntas fue qué poder de decisión tenían en sus programas. Ambas nos respondieron que tenían total libertad de expresión, que el único límite marcado era el de la legalidad. Tanto Radio Prometea como Proxecto Cárcere aseguraron que durante la emisión de sus programas pueden tratar el tema que deseen al igual que llevar invitados para que participen con ellos.

Como dato, apuntar que que Cuac Fm es la emisora con mas horas de producción propia de la ciudad de A Coruña y que aún así el tiempo no es suficiente. Mariano reconoció que casi todas las asociaciones le piden que sus programas sean más largos.

Por último, los beneficios que Cuac FM le aportó a estas dos asociaciones en concreto, ésta fue otra pregunta, fueron múltiples. Además de ofrecerles la oportunidad de expresarse, como ya he dicho antes, sobre lo que quieran, la radio comunitaria les abrió muchas puertas en otros sentidos. Radio Prometea y Proxecto Cárcere afirmaron que gracias a su colaboración cuentan con muchos más contactos comprometidos con sus proyectos. Otra de las ventajas que destacaron fue la relación entre ellos y la posibilidad de conocer gente. “Facemos radio porque nos fai sentir mellor”.

S2C (Fontán Bestilleiro, López Pereiro, Mallo Domínguez, Pereiro Fraga)

La mente en blanco

Ya se ha hablado alguna vez aquí de la relación entre las obras de Granell realizadas en diferentes soportes, ese hilo conductor interdisciplinar que es el espíritu azaroso y espontáneo que subyace bajo sus creaciones.

Lo cierto es que las obras en las que más se percibe esta pretensión de eliminar el control sobre sí mismo son aquellas encuadradas dentro de la corriente del automatismo abstracto, un estilo que propone la creación inconsciente, con la mente en blanco, concibiéndola como la forma de arte más auténtica y pura.

El automatismo abstracto nace en el seno del surrealismo y el expresionismo abstracto. Algunos quieren ver en los dibujos de Alexander Cozens (San Petersburgo, 1717) un precedente de esta corriente, aunque es obvio que Cozens dista considerablemente, en términos cronológicos, de los impulsores más destacados de este estilo.

Alexander Cozens

Existen trazos de automatismo abstracto en muchas figuras clave del arte de la época: la necesidad de espontaneidad del expresionismo abstracto hace que en ocasiones se recurra al automatismo, propiciando el surgimiento del dripping y el action painting (Pollock, Goldberg, Stefanelli y un largo etcétera), en el que el automatismo englobaba la totalidad del proceso creativo; por su parte, los surrealistas obtenían mediante el automatismo abstracto los motivos de sus obras, aunque los modificaban posteriormente para lograr el acabado deseado, de forma planeada y consciente, de modo diametralmente opuesto al espíritu automatista.

Jackson Pollock

A raíz de esto surge en Canadá un grupo radical llamado Les Automatistes, formado por siete pintores de Montreal entre los que destacan Paul-Émile Borduas ―su fundador― y Jean-Paul Riopelle. Activos durante tan sólo cinco años (1946-1951) celebraron, poco después de su formación en 1946, la primera exposición organizada en Canadá por pintores abstractos.

Jean-Paul Riopelle

Actualmente, a pesar de la general falta de interés hacia este ámbito, encontramos influencias automatistas en gran parte del arte contemporáneo.

T4B: (Fontán  Bestilleiro, Gándara Porteiro, Garabato Carbón, Garea Albarrán)

CUAC FM, proyecto con sustancia

Mis compañeros de trabajo ya os han hablado sobre lo que es un medio comunitario, sobre cómo es CUAC FM, que es la radio comunitaria con la que trabajamos, y también la aportación de un directorio web con las principales asociaciones dedicadas a este tipo de medios informativos a nivel global. Esta vez queremos ofreceros los avances que se van produciendo. Hemos contactado con las distintas asociaciones que colaboran con esta radio universitaria de Coruña. Son varias:

Hay una fija que es radio Prometea y otras como la Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, la Asociación Histórico Cultural Gran Armada, Proxecto cárcere, el Colectivo de personas diagnosticadas de trastorno mental y un colectivo feminista. Algunas de ellas carecen de una organización formal, son colectivos simplemente y la mayoría se ubican en Coruña. Sólo hay una que está pendiente de comunicación. Y ahora vosotros diréis, que quieren hacer estos chicos con estos grupos de personas?  Pues la idea es poder juntar a estos grupos que colaboran con la radio para la  posterior mantenimiento de conversaciones y establecer un grupo de discusión, para saber un poco el funcionamiento entre ellos y que beneficios sacan las dos partes y de qué manera utilizan éstos el medio.

Esto de “grupo de discusión” responde a una cuestión sencilla, se trata de un número reducido de personas, entre cinco y veinte, que se reúnen para intercambiar ideas sobre un tema de manera informal, aunque con un mínimo de normas. Se trata, pues, de un intercambio “cara a cara” entre personas que poseen un interés común para discutir un tema, resolver un problema o tomar una decisión. Digamos que es como una mesa redonda, con posibles preguntas para encauzar el debate, o el escabroso tema de las licencias.

Estos temas los trataremos en próximos días de la primera semana de abril. El primer contacto estaría establecido ya para el próximo lunes en las instalaciones de la radio. Ya iremos viendo.

S2C (Fontán Bestilleiro, López Pereiro, Mallo Domínguez, Pereiro Fraga)

aCentralFolque: Miniaturas de Eugenio Granell. Música Revelada.

Unha casualidade. Así é como describen o comezo de toda unha investigación que deu a coñecer a eclipsada faceta musical de Granell. “Había un violín e varias anotacións musicais que non chegaban a ser composicións”. Suficiente para motivar a todo un equipo que remataría coa publicación de dous libros e un CD a partir de varios apuntes nun caderno esquecido e inédito.

Todo apunta a que a vertente pictórica e a musical se vinculan no mesmo xeito de proceder a pesar de ser modalidades artísticas diferentes. O automatismo psíquico xoga un papel principal na creación das súas pezas. A ausencia de control sobre a razón fai posible a obtención dunha imaxen inconsciente e imprevisible ao comezar a tarefa: non hai vontade por realizar unha peza preconcebida, senón que o artista non se da de conta do que está a facer até que remata a obra.

Alejandro Vargas levou a cabo o labor de reinterpretar e completar estas pequenas pezas convertíndoas en miniaturas musicais que, co tempo, fixeron posible a súa presentación ao cargo dunha banda formada por batería, contrabaixo, piano e voz, con colaboración de gaita, zanfona e viola.

En boca de Ramón Piñeiro – director do triple proxecto que consta da publicación da investigación do traballo musical, as máis de 200 anotaciós musicais e o disco-, Granell non pretendía copiar ou emular a música popular, senón que xurdiu da súa necesidade de inventar o popular.

O vindeiro 18 de abril a banda volverá a recrear a liberdade creativa de Granell xunto coas derivacións de Vargas no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

T4B

CUAC FM. DIRECTORIO WEB

Xa se falou con anterioridade do concepto de medios comunitarios, independientes, participativos… Neste post queremos ofrecer un pequeno directorio  das webs das principais asociacións deste tipo de medios.

http://splash.amarc.org/ Asociación mundial de radios comunitarias. Web que dá voz a esta asociación, ademais de proporcionar información sobre as iniciativas e actividades promovidas por esta.

www.communitymedia.se/cat Web na que aparecen recollidos os enlaces ás principais televisións comunitarias e de acceso público do mundo.

http://www.ourmedia.org/node/4972  Rede social comunitaria mundial. Os usuarios poden subir vídeos, podcasts, e demais material creativo da súa propia colleita e compartilos co resto da comunidade.

www.medioscomunitarios.net Rede española de medios comunitarios. Ofrecen un interesante mapa coas localizacións dos medios comunitarios en España e ademais teñen unha conta en twitter (@ReMC_org) na que informan das súas actividades e dan voz aos medios comunitarios españois.

www.aler.org Asociación latinoamericana de educación radiofónica. Talleres, podcast, unha biblioteca online na que se pode acceder a diversos documentos  e manuales relacionados coa súa labor formativa.

www.festival.sk Sitio web dun Festival de televisións locais celebrado en Eslovaquia. Vía de coñecemento e difusión dos medios de colaboración e comunitarios.

http://www.corme.net/regarlic/web/Inicio.html Rede galega de radios libres e comunitarias. Proporciona enlace coas principais emisoras comunitarias de Galicia.

http://www.tvlocal.com/cgalicia.htm Listado con gran parte dos medios comunitarios de Galicia organizados por provincias e con datos de contacto como teléfono, dirección postal, teléfonos e correos electrónicos, persoal directivo…

S2C: Fontán Bestilleiro, López Pereiro, Mallo Domínguez, Pereiro Fraga

Formando na tradición

Os desafíos do noso tempo son numerosos, e esixen un número de coñecementos cada vez superiores. As novas tecnoloxías traen consigo un aluvión de información que temos que filtrar, seleccionar e comprender. O mundo nunca estivera tan conectado, e, precisamente por iso, nunca fora tan sinxelo esquecer as propias orixes para pasar a sumarnos a esta onda de uniformidade, onde modas, trending topics e a repugnante radiofórmula alimentan as masas.

Afortunadamente, as novas tecnoloxías tamén se poden aproveitar na dirección contraria, e gracias a elas pode ter lugar a difusión de iniciativas que intenten recuperar a memoria dos pobos e formar á xente nas súas tradicións para que estas non queden esquecidas. A Central Folque, mediante a Escola Livre da MPG (Música Popular Galega), contribúe a poñer unha importante pedra neste dificultoso pero fructífero camiño.

Image

Segundo a propia organización, a «Escola Livre da MPG é o centro de estudos regulares que aCentral Folque ten en Santiago de Compostela, cunha orferta variada e especializada en diferentes eidos do patrimonio musical galego, fundamentalmente instrumentais: gaita, percusión, sanfona, requinta, violino, acordeón diatónico e canto». A escola ofrece, a través desta ampla oferta, unha oportunidade de formarse con algúns dos músicos de máis renome en Galicia, nun programa que, ademais da formación musical, inclúe unha contextualización necesaria na historia da música e a cultura galega.

Coidar do noso patrimonio, da nosa fermosa herencia histórica, é necesario e convírtese nun acto de responsabilidade nos tempos que corren. Cómpre non esquecermos quen somos, de onde vimos, e cara onde queremos ir.

Image

T4B

Cuac FM. Medios comunitarios: a voz dos sen voz

Bolivia. Finais dos 40. Un pequeño grupo de traballadores das minas decide abrir camiño. Enchen de aire os seus pulmóns de pó e metal e lanzan os primeiros berros de denuncia a través das ondas. As radios mineiras convértense nun altofalante pola dignidade que emite desde as entrañas da terra, nun auténtico instrumento de resistencia política, social e cultural.

Italia. 2004. Nace en Turín a asociación Videocommunity. O seu obxectivo, dar voz ás diferentes comunidades que conviven nesa cidade multicultural para favorecer a integración e a convivencia. Organización de obradoiros destinados ao encontro e o debate, realización de materiais audiovisuais que atendan a problemáticas de aqueles que non se sinten representados polos mass media… Voz da comunidade e para a comunidade.

Estes dous proxectos están incluídos na obra Comunidad y Comunicación. Prácticas comunitarias y medios comunitarios en Europa y América Latina, coordinada por Marcelo Martínez Hermida, Carme Mayugo i Majó e Ana Tamarit Rodríguez (ed. Fragua, 2012). Son dous exemplos alonxados no tempo e no espazo e atenden a cuestións completamente diferentes. Porén, teñen algo en común: sen intencións lucrativas, o seu afán é construír unha nova realidade comunicativa, facilitando o acceso ao discurso público, para así colaborar na construción dunha nova realidade social. Durante os próximos dous meses achegarémonos a diferentes experiencias de prácticas e medios comunitarios, con especial atención ao caso da emisora coruñesa CUAC FM, para tentar explicarvos este outro xeito de comunicar. Explicaba Van Dijk, o sociólogo e lingüista holandés, que o acceso desigual ao discurso público é unha das bases nas que se fundamenta o poder (Discurso e poder, 2008). E é que se os grandes medios se alonxan dos intereses da comunidade e esta carece de voz, credes que podemos falar de democracia?

S2C (Fontán Bestilleiro, López Pereiro, Mallo Domínguez, Pereiro Fraga)

aCentral Folque: desde o local até o universal

Setembro de 2008. Ugia Pedreira, voz de Chouteira, Nordestin@s ou Marful, presenta un novo proxecto de ensino e investigación arredor do mundo do folk galego. Trátase do Centro Galego de Música Popular aCentral Folque, herdeiro do CMTF (Conservatorio de Música Tradicional e Folque) de Lalín, que entre o 2000 e o 2007 se convertera nunha entidade de referencia para a nosa música popular tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

Image

O acordo acadado entre a entidade e diversas institucións permitía que a luz do CMTF, que desde a capital do Deza chegara a tantos rincóns do mundo, seguise brillando desde a cidade de Compostela. Hoxe xa son 13 anos de traballo os que serven como carta de presentación deste ambicioso centro, fundamentado no “estudo, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo”.

Desde a gaita á requinta, pasando polo canto ou a zanfona; a oferta educativa da escola é variada. Ademais, unha grande cantidade de proxectos de investigación, revalorización do propio e interrelación con outras culturas avalan o traballo de aCentral Folque. A posta en valor da figura de Florencio, o virtuoso cego dos Vilares; a produción da Descarga ao Vivo. Galiza-Cuba; os Encontros Internacionais de Acordeón Diatónico (Ponteceso) ou Zanfona Contemporánea (Narón); a investigación da faceta musical do coruñés Eugenio Granell, tema do que falaremos en próximas entradas e sobre o que realizaremos unha reportaxe audiovisual, etc. Estes son só algúns exemplos que amosan a riqueza do noso patrimonio cultural á vez que enchen un baleiro que as institucións do país, a pesar do seu certo apoio a este e outros centros, nunca tiveron demasiado interese en ocupar. “Buscamos chegar desde o local até o universal”, explicaba Ugia Pedreira aló por 2008. Así, coñecendo a cultura propia, é como teremos o noso lugar no mundo e poderemos comprender e valorar as culturas do resto dos pobos.

T4B