Arquivo do blog

And the winner is…

Onte celebrouse a X gala dos premios Mestre Mateo . Unha gala adicada ó audiovisual galego e a noite de todos aqueles que adican a súa vida a transmitir sentimentos ó público e facelos partícipes da súa historia, da historia que queren contar.

Dende logo esta gala estivo marcada máis que nunca polas reivindicacións, debido ós recortes que se están a producir con motivo da crise, e tamén para deixar ben claro que a cultura importa e é algo que se debe coidar. Pola súa banda o director da academia, Antonio Mourelos, deixou moi claro que o audiovisual galego é un sector que dá traballo a moita xente e “quen o ten que saber xa o sabe, se non fai nada é porque non quere ou non lle deixan”. Todo isto quedou patente nun xesto da presentadora da gala, María Castro, quen con unhas tixeiras na man, acercouse ó conselleiro de cultura, educación e ordenación universitaria e entregoullas por se quería facer algún recorte máis.

En canto ós triunfadores da noite, foron a serie Matalobos, con catro premios das catorce candidaturas ás que optaba, a longametraxe Doentes que recibiu cinco ó igual que Arrugas.

Unha gala con humor pero tamén con moita retranca que deixa ben claro que o mundo do audiovisual galego non ten nada que envexar ó nacional. Por último recordar as palabras do presidente da academia que reclamou unha televisión «pública, nosa e de todos». Tamén sinalou que era o momento de «recuperar o perdido nestes últimos anos».

Quiñoy Montero, S3B, 3B2

Os Mestre Mateo. Un ano máis.

Dende o 2003, a Academia Galega do Audiovisual, presidida polo noso ben querido Antonio Mourelos, celebra anualmente estes premios galegos, que serven como recordatorio de que temos un mundo cinematográfico e televisivo con talento e futuro.

Esta vez, foi unha gala adornada con humor e reivindicacións cara o cese de recortes na cultura e sobre todo no sector audiovisual. Como detalle, un dos momentos máis destacables da gala nese tema foi cando a presentadora, a formidable María Castro, regaloulle unhas tesoiras ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, por si se lle ocurría facer algún recorte máis, regalo dun remitente con apelido Merkel.

En canto os premios, a famosa serie Matalobos solo conseguiu catro premios aos que estaba nominado, mentres que Arrugas, longometraxe de animación, gañou 5 estatuillas e Doentes, unha dos films favoritos, recibiu outras cinco.

Dende logo, foi unha gala chea de retranca galega, que gritou a berros que o arte galego non é coma a Santa Compaña, segue viva e con as pilas cargadas.

Rego Rey, GBCP 3B3

Leña ao lume

Supoño que xa todos estaredes informados e máis que informados (a pesar da gran desinformación da CRTVG e da Xunta) do que está a pasar nas Fragas do Eume, unha das maiores catástrofes naturais que sufriu o noso país, incluso comparable ao desastre do Prestige.

Para este luns á noitiña, están programadas moitas concentracións en diferentes cidades do país. Acúsase sobre todo á Xunta de pouca prevención en materia antiincendios e de desinformación interesada no caso deste incendio.

Estou dacordo en que se pidan responsabilidades, e participarei en todo o posible nestas protestas, mais penso que quizais é demasiado pronto pedir responsabilidades polas múltiples casualidades do incendio (o da mina de andalucita que se fala). Polo tanto, quizais estas concentracións, na miña opinión son algo precipitadas, xa que se piden responsabilidades cando de momento o lume sigue queimando, o que me parece que é poñerlle paos ás rodas.

Rivera Rey, S3B, GOBE

Arde a información

Que os medios de comunicación están manipulados é algo que todos sabemos. É raro o día no que non se nos repita que a obxectividade non existe. Non nos enganan, unha vez que saiamos ó mundo laboral teremos que acatar as normas que se nos digan, probablemente non teñamos nin a máis mínima posibilidade de opinar e teremos que baixar a cabeza. Mentres tanto aproveitarei todas as oportunidades que teña para dicir o que penso.

Este “enfado”, por chamalo dalgún xeito, vén polo incendio ocorrido este sábado nas Fragas do Eume e a labor dos medios para dalo a coñecer. De non ser pola rede social “twitter” este incendio non tería acontecido ou pasaría a ser “un máis” dos que asolan o noso patrimonio. O incendio comezou ás 15:00 do pasado sábado, sobre as 00:00 conecteime á rede e foi cando descubrín o suceso. Para a miña sorpresa foran moi poucos os medios que se fixeran eco desta información. A propia CRTVG canle que, teoricamente, tería que contar ós cidadáns galegos o que ocorre na súa comunidade estaba a emitir con total normalidade. O propio twitter da Xunta non se pronunciou até o domingo ó igual que o da CRTVG. Todo isto sen contar que os datos que emitía o xornal “La voz de Galicia” na súa edición do domingo eran errados, pois a súa información era que foran 500 as hectáreas afectadas cando, en realidade, foran 2000 (diferenza bastante considerable).

Por último dicir que estase a queimar unha das xoias de Galicia, o incendio todavía segue activo, e foi provocado, gustaríame saber que hai detrás de tanto sangue frío.

ImageImage

Quiñoy Montero, S3B,3B2

Galicia, “Region of the Week”

Galicia na Unión EuropeaA páxina web da Unión Europea ofrece unha interesante sección chamada “Region of the week”, onde cada semana se da a coñecer unha das 271 rexións pola que está composta. Esta semana, o comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, concedeulle a quenda a Galicia.

Dende que España entrou na Unión Europea, a Política de Cohesión investiu en Galicia máis de 18.000 millóns de euros. Segundo a propia UE isto “contribuíu de forma significativa ao crecemento económico da rexión e a avanzar na converxencia real coa UE”. A pesares destas afirmacións, non tódolos galegos están de acordo con elas, xa que o seu ingreso supuxo grandes cambios na vida cotiá do noroeste da península.

Segundo un artigo publicado no número 17 da Revista de Economía de Galicia, “o balance macroeconónimo contén aspectos positivos e negativos. O PIB galego medrou de xeito destacable en termos absolutos e cunha atinada transformación da estrutura produtiva, aínda que en menor medida con relación ao resto de España”. No artigo explícase que “cunha menor capacidade produtiva Galicia ten unha pegada ecolóxica máis forte cá media española e mesmo cá media da Europa occidental” e que é preocupante “o proceso de avellentamento da poboación galega”.

Actualmente, Galicia centra os seus esforzos inversores en tres ámbitos prioritarios: transporte e enerxía; medio ambiente, protección dos recursos naturais, xestión, distribución e tratamento da auga e prevención de riscos; e, por último, desenvolvemento e innovación empresarial.

Cardalda Vidal, CL4X

RADIO FAVELA- LOITA POR UN FUTURO- ÉRGUETE.

Mencionar narcotráfico en Galicia é pensar automáticamente nunha serie de escenarios e de protagonistas. As Rías Baixas saben o que é ver perdida a toda unha xeración de mozos. Supoño que vós, lectores, coñeceredes xa a historia. Quen viva por esta zona de Galicia, comoé o meu caso, sabe que non queda vila nin aldea na que non houbera algunha vítima das drogas, especialmente a finais dos anos 80, época que coñeceu a miña irmá máis vella, que foi quen me contou o devir de aqueles anos. Un símbolo atopámolo en Pazo Baión e as súas réplicas, esparexidas por todo o Salnés, que controlaban o “cartel” galego a conta de fillos de obreiros ós que o futuro non lles prometía nada e que vían no trapicheo un “negocio” redondo. Radio Favela é un claro exemplo de xente que quere cambiar o sistema dende abaixo e que non se quere resignar a esperar un futuro peor. A importancia do medio á hora de levar a cabo o plan é fundamental pois a radio democratiza, óena brancos e negros, altos e baixos, feos e guapos…

Un país como o Brasil, onde existe unha forte discriminación racial e tamén grandes diferencias entre ricos e pobres é un terreo fértil para a propagación do narcotráfico, promovido polo mesmo goberno que arrinconando á pobreza en guetos fomenta a conflictividade social. Radio Favela é un raio de esperanza, unha voz que clama por unha sociedade máis xusta. No fondo non hai tantas diferencias entre Galicia e Brasil, pero como dí o refrán “non hai máis cego ca o que non quere ver”.

Enlace a un vídeo de Érguete: http://www.youtube.com/watch?v=7qa4fypQ2D4

 Image

Leiro Magdalena S2B 2A4