Arquivo do blog

ITINERARIOS E ENCONTROS: ¿Crítica ao capitalismo?

Camiñamos desde pequenos como o flânuer de Beaudelaire, o mundo parécenos pintoresco, sorpréndemos de todo e plantexámonos dúbidas. Pero pouco a pouco vai xurdindo o flâneur máis voyeurista de Walter Benjamin. Cando as rúas se volven camiños automáticos, o sorpredente, o “pintoresco”, é o que aínda non coñecemos (ou seica o que non podemos coñecer). Convertémonos en detectives, perdemos a decencia común orwelliana, devimos un producto da alienación da cidade. Corremos o risco de converternos en masa, nun obxecto máis do mobiliario urbano, observando e sendo observados ata o punto de perder a nosa individualidade.

A pregunta que me plantexo eu  (despois textos, películas e reflexións) é ¿estaba Walter Benjamin demonizando á cidade ou simplemente ao capitalismo? Atisbo unha crítica marxista de fondo; a alienación que neutraliza ao individuo, a dominación do home sobre o home, a sociedade de masas da que debes converterte nun “beneficiario feliz”.  ¿Quería W. Benjamin dicir que o capitalismo nos convirte en seres morbosos, voyeuristas obrigados, individuos sen individualismo levados pola masa?

García Botana T4A BCP

ITINERARIOS E ECONCONTROS: XEOCOMUNICACIÓN

Algúns dos nosos compañeiros falaban de “xeocomunicación”, un concepto moi extraño que moitos non chegabamos a entender por completo. Moitos autores enuncian sen medo que a sociedade condiciona ao individuo. Geertz e Orwell fálannos de sentido e decencia común; comportamentos provocados pola vida en sociedade, modos de vida determinados polo entorno. Pero cando falamos de psicoloxía falamos tamén de seres sen psique, de obxectos e paisaxes inertes. Os edificios, as rúas, os diferentes camiños, os comercios, os parques… A cidade condiciona o noso modo de movernos, de percibir o mundo, de aprender a coñecer. Todos aprendemos a vivir na nosa cidade, como flâneurs, os máis puros paseantes voyeuristas de Beaudelaire. Medimos as distancias dependendo de onde se atopa a nosa casa, de se debemos coller bus ou non para ir ata o centro, de onde viven os nosos amigos. Todo o que percibimos ao noso redor conforma o noso imaxinario, a nosa visión do mundo. Como o fotógrafo que describe Susan Sonntag, vamos recolectando pequenos anacos de realidade, regocijándonos coa observación, catando a empatía.

E desta relación co inerte, xurde o interese polo que habita nel. Esas persoas nas que nos fixamos, ás que lles construímos unha vida na nosa mente. Seres desposuídos da súa existencia individual para convertérense en meros obxectos morbosos de atracción

García Botana T4A BCP

Comunicación e minorías

Este é o derradeiro post do grupo ProT bautizado como T4A, que nestes últimos meses estivemos a traballar con Cogami. Aproveitamos este comentario  para facer unha reflexión sobre algo que quedou pendente na conferencia/debate de María Acuña, xornalista e responsable de Comunicación desa organización. O seu paso pola aula non pasou desapercibido, polo se poden aforrar as explicacións sobre a temática tratada.

Como o coloquio que mantivemos con ela foi moi animado, non houbo tempo para chegar a unha posta en común, a algunha conclusión que poida ser útil para nós no futuro. Un posible corolario do que se dixo e do que quedou só esbozado é que un/unha xornalista ten unha gran responsabilidade na construcción e destrución de tópicos e prexuízos.

Temos moi asumidos eses principios que todos pensamos que deben adornar a profesión xornalística (independencia, obxectividade, imparcialidade), e iso -polo que se pode comprobar- leva a algúns a non aceptar indicacións sobre o tratamento que se lle pode/debe dar a determinados temas, posiblemente por interpretar que coas suxestións que se lle fan estase a intentar condicionar a súa liberdade.

É posible que nalgún caso existan motivos espurios, pero sempre cómpre  ter en conta que vivimos nun mundo moi diverso pola variedade de niveis culturais, formación, orixe, raza, pensamento político, idade, sexo, crenzas relixiosas…. e mil diferenzas máis que un xornalista con vocación de dirixirse a un número amplo de lectores/ointes/televidentes non pode esquencer. Hai que ter unha sensibilidade especial coas minorías, sobre todo coas habitualmente marxinadas, porque moitas veces a marxinación vén da man de tabús e prexuízos que é posible erradicar.

É o caso das persoas con discapacidade. Non se lle fai ningún favor chamándolles inválidos, incapaces, inútiles, minusválidos e cousas así, e ademais é inxusto.  As palabras teñen un poder enorme. Cómpre ter sensibilidade á hora de utilizalas. Non nos pechemos nas ideas prestablecidas  á hora de escribir ou poñernos diante dun micrófono ou unha cámara de televisión. As persoas con discapacidade, os homosexuais, os xitanos, os enfermos de sida e otros mil colectivos foron -e son- habitualmente ignorados ou inxustamente maltratados pola sociedade. A través dos medios de comunicación é posible cambiar a mentalidade colectiva. Non renunciemos a iso.

T4A (Freire Riveiro, Gallego Estremera, García Botana, González Cid)

 

COGAMI: Presentación

O seguinte vídeo trátase dunha careta de presentación de COGAMI que elaboramos o grupo T4A como traballo de ProT. A asociación pedíunos que mostrásemos as diferentes facetas da confederación, tanto profesionais como educativas e de labor social (A día de hoxe, a confederación conta xa con 53 asociacións/delegacións en toda Galicia e está constituída de forma directa por 17 entidades). Intentamos recopilar imaxes de todos esos ámbitos para ofrecer unha visión xeral.

T4A

COGAMI: Presentación do vídeo

Durante os anos oitenta comezaron a aflorar conceptos como “integración” ou “participación activa”. Parecía que unha nova vía se abría timidamente para as persoas con discapacidade. Podían soñar xa con formarse, traballar, ser útiles para a sociedade; ter unha vida completa. Pero ese soño, esas esperanzas, carecían en Galicia dunha coordinación que o fixese plausible.

E entón naceu COGAMI, seguindo o modelo doutras organizacións nacionais para potenciar o movemento asociativo e para dar solucións ao illamento no que vivían a maioría das persoas con discapacidade, especialmente no rural. Lonxe da visión pesimista, do derrotismo e do conformismo, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade adica os seus esforzos desde fai vinte anos a potenciar capacidades.  A súa misión é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Este pequeno gran proxecto a día de hoxe conta xa con 53 asociacións/delegacións en toda Galicia. A Confederación está constituída de forma directa por 17 entidades: 4 Federacións Provinciais, 2 asociacións de ámbito autonómico e 11 asociacións de ámbito comarcal ou supramunicipal.

Pero sobre todo, COGAMI segue a ser a historia de persoas individuais. Xente que se forma, se relaciona, é apoiada, da e recibe servizos na comunidade, ten unha actividade laboral … A labor da Confederación na busca de novas metodoloxías de traballo e na prestación de servizos e innegable. Mais se as persoas coas que tratan non tivesen as capacidades que tanto loitaron por demostrar, todo os seus logros non serían posibles.

Cómpre dar as grazas a cada persoa que diariamente, co seu esforzo e a súa firme convicción, fan posible a labor de asociacións coma esta. Por iso, os protagonistas deste vídeo son eles. Son os rostros visibles da capacidade, a oportunidade, as gañas, a autonomía, a motivación e a implicación.

T4A

Hacia el final del camino

Nuestra tarea principal, como ya hemos dado a conocer en diferentes post, consiste en la elaboración de un vídeo que sirva de careta de presentación para COGAMI. Pero esta Confederación va más allá de las seis letras que conforman su nombre y abarca a 51 asociaciones que luchan desde 1990 por los derechos de las personas con discapacitad en Galicia. En este punto aparecía nuestro mayor problema, ¿cómo poder abarcar todas esas asociaciones y reflejar todo el trabajo que hay detrás de ellas? Decidimos centrarnos en las más cercanas a Santiago y también visitamos un Centro de Recursos en Silleda, realmente lo que más nos impactó.

Ahora, con más de dos horas de grabación, debemos realizar un pequeño vídeo, de unos tres o cuatro minutos. El proceso de edición es realmente complicado pero no solo por las dificultades que tenemos a la hora de manejar el programa informático, sino porque de todos esos minutos grabados debemos escoger los más representativos, los más impactantes y los que mejor resuman la gran labor de COGAMI. Estamos muy contentos de haber colaborado con esta Confederación pero sobre todo esperamos que nuestro vídeo cumpla sus expectativas. El resultado final lo veréis (si todo sale bien y lo terminamos a tiempo) el martes 23 en la charla que las responsables del Área de Comunicacion COGAMI vendrán a dar a la Facultad. Así que desde aquí os animamos a todos a que asistáis y conozcáis un poquito más de esta gran entidad.

Freire Riveiro, Adriana

Gallego Estremera, Juan

García Botana, Lucía

González Cid, Aris

T4A

¿Discapacitados?

Como supoño que saberedes, o noso grupo está facendo unha careta de presentación para COGAMI. Non falamos das 51 delegacións, das 17 entidades, do máis de medio centenar de empresas coas que colaboran. Falamos de persoas. Xente con nome e apelidos que cede á imaxe dunha “marca”. ¿E cal é esa marca? A discapacidade.

Parece moi duro dicilo así; pero desde logo non é discapacidade o que estamos vendo día a día. Obervamos cada semana o valor, a coraxe e sobre todo a valía de persoas anónimas que con pequenos xestos están cambiando a marxinación dun colectivo. E digo marxinación porque é certo: se non existise COGAMI a maioría deles non podería traballar, non podería formarse, estarían condeados a unha vida apartada da sociedade. Non son criaturiñas que merecen a nosa mágoa. Teñen grandes capacidades e desde logo poden desempeñar postos de traballo sen que a súa condición de discapacitados sexa impedimento.

É un tópico que no fondo todos somos iguais, somos persoas. Pero nós vivimos esa mágoa que se sinte cando vés a un home sen brazos, unha muller cega ou unha moza en cadeira de rodas. “Pobriños, mira como lles tocou vivir”. Dende logo, se de algo queremos fuxir, e da compasión, da maldita mágoa que tanto marxina. Despois da nosa experiencia, todos pensamos que hai que velo para comprendelo. Se calquera vé un home sen brazos nin pernas en seguida afloran os sentimentos negativos, o “pobriño”. Pero é que logo velo traballando nunha oficina, utilizando un ordenador como tódolos outros, encargándose do seu traballo el só, saíndo á hora do peche con tódolos demáis e montándose no seu propio coche. (Podemos xurar que isto é verdade).

¿Son historias de superación? ¿Son “superhéroes”? Non terían por qué selo. Eles mesmos amosan día a día que poden vivir felices e autosatisfeitos dunha maneira totalmente normal, non hai ningunha condición intrínseca a eles que llelo impida. Pero o que lles da máis valor é enfrentarse á visión desta sociedade, que os considera seres dalgún xeito inferiores, inválidos para tarefas normais, dependentes da axuda externa. O único que necesitan é o apoio, a oportunidade.

Pensade en qué sería calquera de nós sen a oportunidade de formación ou a opción dun traballo digno. ¿Poderíamos realizarnos como persoas ou converteríamonos en “discapacitados”?

T4A

COGAMI: Construír, optimismo, garantizar, alternativa, medrar, insertar

Nestas dúas semanas visitamos TRAMEVE, COREGAL, GES e DIXARDÍN. Antes de entrar en contacto coa xente eran iso, siglas. Ao remataren as xornadas, as siglas transformáronse en experiencias. Visitamos un centro de tratamento de vehículos, visitamos unha planta  de reciclaxe, visitamos un centro de xestión e visitamos uns xardíns preciosos levados por un persoal máis suxestivo aínda.

Todas elas son empresas que naceron a través de COGAMI ( Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), coa que estamos traballando no noso ProT, como xa vos contamos. No noso primeiro post grupal insistimos en que coñeceríamos de primeira man as tarefas que realizan os nosos protagonistas, e así o estamos facendo. Polo momento, poderiamos resumir a nosa travesía no seguinte:

EMPREGO+PROFESIONALIDADE + COMPROMISO+ OPORTUNIDADE

Transmítennolo os empregados, as persoas con discapacidade que foron relegadas do mundo laboral por seren consideradas non aptas. COGAMI brindoulles unha oportunidade e demostran día a día que traballan de verdade. Nós estivemos alí. Vimos como Víctor manexaba perfectamente un ordenador tendo unha discapacidade de tipo físico por faltárenlle as dúas mans. Vimos como José dirixía perfectamente unha planta de reciclaxe sendo nada máis e nada menos que o seu encargado. Vimos como Alba, cunha discapacidade de tipo visual, traballaba de administrativa.

RECORDADE: se paseástedes polo Pazo da Peregrina de Bertamiráns, se mandástedes o voso coche ao desgüace ou se usástedes papel reciclado, estádesvos beneficiando do seu traballo.

Freire Riveiro, Adriana

Gallego Estremera, Juan María

García Botana, Lucía

González Cid, Aris

T4A

COGAMI: XXIII años promoviendo la capacidad

“Nunca supe muy bien cómo puede determinarse la discapacidad. La incapacidad sí. Es una carencia. Lo que no se tiene, no se tiene. Pero la discapacidad es una limitación física o psíquica. Y no conozco a nadie que no la tenga en un grado o en otro”.

Estas son las palabras que Iñaki Gabilondo quiso expresar en su prólogo para una guía de estilo sobre discapacidad para profesionales de los medios de comunicación y es también el mensaje que intentan transmitirnos desde COGAMI.  Estas siglas se refieren a la Confederación Gallega de Personas con Discapacidad, la entidad que hemos elegido para desarrollar nuestro trabajo ProT.

Image

Comenzamos poniéndonos en contacto con sus responsables. Tras negociar con ellas cuál sería nuestra actividad dentro de la Confederación determinamos realizar un vídeo que resuma lo qué es COGAMI y cuáles sus principales áreas de trabajo. En resumen, una especie de “careta de presentación” que sintetice su labor y su trabajo. Nuestro siguiente paso será visitar los diferentes centros de recursos con los que colabora COGAMI para la inserción laboral de sus miembros. Con esta visita pretendemos conocer de primera mano las tareas que se realizan, para así concretar qué es lo que queremos reflejar en nuestro vídeo. Nos queda todo un camino por delante y un listón muy alto que vencer pero trataremos de llevarlo con optimismo y con ilusión, pues este es el espíritu que COGAMI trata de transmitir.

Freire Riveiro, Adriana

Gallego Estremera, Juan María

García Botana, Lucía

González Cid, Aris

T4A