Arquivo do blog

Preferentes: conclusións

Durante o noso traballo, decidimos analizar a función das plataformas de afectados polas preferentes e a súa comunicación cos afectados.

Comprobamos que a súa repercusión varía moito en función do lugar. Nos núcleos urbanos teñen un maior poder de mobilización, pois os afectados mediante as novas tecnoloxías e, sobre todo, a través do ¨boca a boca¨ comunican qué se fai nas plataformas, o asesoramento que reciben delas, a colaboración con asociacións dispostas a defender os intereses dos consumidores etc. Pola contra, nos espazos rurais, a menor dispoñibilidade de acceso ás novas tecnoloxías e, sobre todo, ao quedar a comunicación restrinxida a un núcleo de veciños coñecidos de menor tamaño, o poder de convocatoria é moito menor.

Como vemos, o labor das plataformas non sería posible sen o potencial que aproveitan das redes sociais, do correo electrónico e das súas páxinas web. Alí verquen todo tipo de contido que cren que lles pode resultar interesante aos afectados. Dende convocatorias de manifestacións, anuncios de charlas informativas, enlaces a noticias publicadas nos xornais ou manifestos dos distintos responsables das plataformas. E malia que se poida pensar que ao tratarse, no caso dos afectados, dun colectivo de idade avanzada, reacio ao emprego da Internet, non é así. Ben coa axuda dos fillos ou mediante os coñecementos que adquiren nas clases de informática que imparten os concellos logran familiarizarse con estes trebellos.

Ademais, as distintas plataformas, xa non só a nivel autonómico, senón tamén estatal, están en permanente contacto a través das redes sociais, mediante as cuales comparten impresións, acordan posibles solucións ao conflito etc. Con todo, á hora de mobilizarse, cada unha vai pola súa conta.

Por último, asociacións como AGAPROFI ou ADICAE colaboran activamente coas plataformas. Por unha banda encárganse de impartir charlas e reunións cos afectados e por outra, ofrécense a actuar de cabeza visible na loita, ao carecer as plataformas dunha escala xerárquica (malia que si existen varias persoas encargadas de xestionalas internamente).

S1E

Preferentes: entrevista a membros de plataformas

No anterior post recollíamos a opinión de 3 persoas do rural ourensán que se amosaban pouco convencidos da efectiviade das mobilización e concentracións impulsados polas plataformas de afectados.

Agora, amosamos as opinións  de Ana Antelo Vilanova, veciña de Carballo  e de José Manuel Pereira Rodríguez, veciño de Compostela.

Ana ten 38 anos e recibe actualmente unha pensión por enfermidade. Perdeu parte dos seus aforros no calote das preferentes e decidiu que o mellor xeito de esixir a súa devolución é mediante as accións conxuntas das plataformas. Por unha banda, ofrecen asesoramento aos afectados durante as reunión que celebran todo-los sábados en Carballo  e, por outra, emprenden accións encamiñadas a dar a coñecer o conflito á sociedade. Preténdese solucionar o problema a partir da concienciación e da repulsa hacia as prácticas levadas a cabo polas caixas de aforro no pasado e que deron lugar a esta situación.

Jose Manuel ten 49 anos e exerce actualmente como mecánico en Santiago de Compostela. Perdeu 9000 euros ao ingresalos no que el cría que era un simple depósito. Agora, ante a falta de propostas que poidan dar unha solución ao problema, decide acudir xunto con familiares ás manifestacións convocadas pola plataforma que el mesmo se encarga de coordinar xunto a outros resposables. ¨Un individuo non fai nada se actúa por libre, pero se nos xuntamos todos os afectados podemos conseguir os nosos obxectivos¨.

A pesares dos quilómetros que separan aos entrevistados, ambos amosan o seu convecemento de que só mediante as accións colectivas e organizadas polas plataformas se pode dar solución ao conflito. O obxectivo é forzar á toma de decisións por parte de aqueles que teñen potestade para influir no asunto. Polo de agora, malia a gran presenza coa que conta nos medios de comunicación, seguen sen recuperar os seus aforros. Mesmo se argallan novas ideas coma a quita e o canxe por accións. Os afectados prefiren outras accións, aquelas que xeneren repercusións e  solucións.

Entrevistas TS

S1E

Deica Logo Sermos Galiza

O noso traballo chega o seu fin, e para rematar dun bo xeito queríamos deixarnos os links cos nosos reportaxes que Sermos Galiza publicou os pasados 26 e 27 de abril.

Reportaxe realizada por Javier García Casco, na que se amosa a situación que levou á degradación actual da Rïa do Burgo. Tamén falamos da participación cidadanía para resolver o conflito. Para a elaboración dela contamos coa colaboración de Ángel Sotillo, de ADEGA, Manuel Cao, patrón da COnfraría de Pescadores da Coruña; Rmón Sixto, voceiro da plataforma pola Defensa da Ría do Burgo.

http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/ria-do-burgo-vertedoiro-municipal/20130426181259014199.html

Entrevista Realizada por Federico Giordano o cantautor coruñés Xoel López, no marco da súa xirade presentación do seu disco Atlántico.

http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/-en-atlantico-vese-a-fascinacion-polo-novo-por-un-lado-e-unha-reivindicacion-do-que-e-meu-por-outro/20130426180048014197.html

Entrevistas realizadas por Leticia Francisco e Noemí Fiaño onde se amosan as realidades das preferentes dende unhas declaracións personais de Ana, Jesús, Carmen e Marina.

http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/catro-vitimas-do-calote-das-preferentes/20130427174855014235.html

Reportaxe realizado por Leticia Francisco e Noemí Fiaño onde nos adentramos na aCentral Folque, unha escola de música folclórica galega, na que o que prima non son os títulos e o recoñecemento, senñon unha aprendizaxe moito máis profunda.

http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/acentral-folque-tradicion-diversidade-e-contemporaneidade/20130427182348014236.html

E así resúmese o noso traballo colaborando con Sermos Galiza, do que gardaremos moitas experienzas de diversos tipos.

T4C

O que ocultan as fachadas

Un suposto encontro casual. Non o é. Está forzado por Cobb, quen logra os seus propósitos empregándoo como un simple utensilio para ir tecendo toda unha rede de feitos que acabarán sendo a súa perdición.

O que antes perseguía a aquel que lograba chamar a súa atención de entre a multitude, agora invade a súa intimidade e xoga con ela. Cre ter dominada a situación, pero non deixa de ser un elo da cadea. Os seus comportamentos están determinados por unha mente coñecedora da súa necesidade de atopar historias que inspiren a súa creatividade literaria.

Durante os ¨roubos¨, ambos experimentan unha sensación de placer ao descolocar as cousas do seu sitio ou amosándolle a víctima que viron os seus obxectos máis persoais (¨todo o mundo os garda nunha caixa¨ din). Ben poderían ser os extremadamente grandes botes de tallaríns para unha asiática de non máis de 55 quilos ou os restos de migas que deixa o parado romano durante o seu particular exilio no parque.

Pero esa sensación non se cingue ás catro paredes. Tamén a experimenta o protagonista ao pasear polas rúas e observando os comportamentos daquel ao que segue. Da igual que este non emita sons. As súas travesías, as úas pausas din moito do seu estilo de vida. A vítima: aquel no que recae o foco do caprichoso azar.

Todo isto ata que vontade e non o azar doutro acaba por romper o ciclo, facendo entrar ao protagonista nunha espiral sen saída. A parte do ¨eu¨que puxo a disposición de todos ao circular pola vía pública acaba por ser controlada por Cobb, quen, sen falar antes con el, xa coñece de antemán o que  vai facer.

García Casco, Javier T4C S1E

Unha panorámica da cidade sobre rodas

Os espazos amplos, xente extrovertida, descoñecemento das persoas coas que se atopan, presenza de varias culturas e xente de distinta clase social. Esta é a situación que amosa a película Gente di Roma. Avanzando no traxecto polos distintos recovecos da cidade, un non só atopa os famoso monumentos da cidade do Lazio. Atopa situacións da vida particular do que transita polas rúas sen deterse.

Por outra banda, escasos personaxes, distancias curtas, carácter reservado, coñecemento tácito do que lle acontece ao ¨outro¨ é o que aparece en In the mood for Love. Un pobo conservador nos seus costumes, máis pechado, cun particular código de honor imperante.

A convivencia entre habitantes nacidos na mesma cidade, a xulgar polo perfecto italiano no que se desenvolve o xornalista negro do autobús, parece harmónica ata que un detalle coma a cor da pel desata un sentimento de repulsa e rechazo hacia o outro. Da visión cosmopolita, un refúxiase nos que considera ¨similares¨. Tal feito non acontece na sociedade oriental, onde a existencia de individuos con longa tradición no lugar, crea unha certa homoxeneización.

O italiano que marcha de casa cada mañá a comer o bocadillo ao parque, agardando que a súa muller non descubra que foi despedido atopa na rúa a súa vía de escape. A mentira queda das portas da casa para dentro. Sen embargo, o romance entre Chow e Su, permanece oculto máis aló da habitación alquilada, o que non impide as teimas. Aquelas mismas que eles teñen das súas parellas, que actúan de alter ¨egos¨.

García Casco, Javier T4C S1E

 

A Voz de Rosalía

Sermos Galiza, no seu semanario nº 44, é dicir, o do pasado venres, incluiu unha peza na que se recollen os novos achados do exdeputado nacionalista Francisco Rodríguez, autor da primeira tese de doutoramento sobre Rosalía de Castro lida nunha universidade galega.

Trátase duns versos de Rosalía de Castro publicados en xuño de 1866 no diario madrileño La Soberanía Nacional. Están adicados a Salustiano de Olózaga, político  defensor da abolición da escravitude,  do progreso e da instauración da democracia parlamentaria en España.

Con todo, La Voz de Galicia, fai o seguinte.  Unha vez revelado o lugar onde se atopaba o poema, os seus redactores  buscan no arquivo dixital, tiran de copia e pega e amosan aos seus lectores a totalidade dos versos. Citan, de pasada, o nome do seu descubridor e omiten que a peza foi publicada en Sermos Galiza.

É evidente que os dereitos de autor expiraron e que a reprodución do documento debe ser libre e gratuita. Pero aqueles que adicaron horas da súa vida para achar o poema merecen, como mínimo, o recoñecemento e a autoría do descubrimento. Máis, se cabe, cando se trata do primeiro en afondar na figura de Rosalía de Castro, figura olvidada e silenciada durante décadas.

Eu non farei coma o señor Fernández-Latorre e reproducirei tan só as dúas primeiras estrofas e recoñecerei que non teríamos constancia dela de non ser polo traballo do profesor Rodríguez.

«Al Señor D. Salustiano de Olózaga.

Señor, no me conoceis /Mas porque yo os conocí/Aunque quien soy no sabeis/ Sabed que sois para mí/Recuerdo de sagradas armonías/Dulce esperanza de mejores días.

Jamás la grata memoria/De vuestra voz llena y fuerte/Que llama en torno la gloria/Que los peligros advierte/Y derriba potente al enemigo/Dejará nunca de existir conmigo.

García Casco, Javier T4C S1E

 

 

 

Vídeo: charla sobre as preferentes

O grupo S1E convidou a Xesús Domínguez, o voceiro da Plataforma Compostela Afectada polas Preferentes, a dar unha charla na Facultade o 8 de marzo  na que se explicou as orixes da fraude , o tratamento do tema nos medios de comunicación e as posibles solucións ao conflito. Aquí podedes ver un vídeo resumo:

Sermos Galiza: Fotogalería Ría do Burgo

Durante o noso traballo con SermosGaliza, realizamos unha reportaxe sobre a Ría do Burgo. Para amosar a penosa situación na que se atopa, sacamos fotos aos puntos onde se localizan as principais acumulacións de lodo.

T4C

Preferentes: Esa minoría silenciosa

Durante o noso traballo, realizamos entrevistas a varios membros afectados polas participacións preferentes de NovaGalicia Banco. Hoxe amosaremos a visión de 3 deles. Son do rural ourensá.

Antonio e Dolores son un matrimonio de xubilados da parroquia de Lobeira. Teñen 78 e 80 anos, respectivamente. Antonio adicou a maior parte da súa vida á carpintería e Dolores ao labor no agro. Hai algo máis de cinco anos depositaron 25000 euros no banco supoñendo que estaban contratando un produto sen risco. Non era así. Os empleados da sucursal déronlles participación preferentes, algo que eles non sabían. Coa crise de NovaGalicia, os seus aforros esfumáronse.

Eles, coma outros tantos anciáns, acollen na súa casa á súa filla e ao seu marido. Os gastos multiplícanse, pero os aforros seguen sen aparecer. Preguntados sobre se acudían a manifestacións e asembleas para esixir a devolución dos seus aforros, eles responden que non. Que non serve para nada. Dan os seus cartos por perdidos e resígnanse a seguir adiante coas súas pensións.

A mesma opinión comparte o seu paisano José Manuel Silva de 60 años. Tras toda unha vida de traballo no campo, decidiu depositar 10000 euros na ¨súa sucursal¨, a de Caixa Galicia. Foi a última vez que os viu, xa que, como el mesmo asegura, non conta con recuperalos. Tampouco cre na influencia das mobilizacións como medida de presión. Segundo el, non hai solución ao conflito.

Con este post, pretendemos amosar a visión dos afectados polas preferentes máis aló das imaxes que saen na televisión, na que irrompen nos plenos municipais, berran ás portas do Parlamento etc. Máis aló das accións coordinadas polas plataformas da zona do Morrazo, principalmente, existen moitas situacións de persoas que, pola súa personalidade ou por motivos de idade, prefiren non verse envoltos en manifestacións. Non as consideran eficaces, nin correctas. Son a outra cara do problema das preferentes. Como diría Mariano Rajoy, ¨esa maioría silenciosa¨, aínda que neste caso parece minoría.

S1E

Un poco de todo

Esta semana me toca a mí, Federico, hacer el post grupal, y os hablaré de lo que ha sido mi colaboración con Sermos. Debido a que mis compañeros de grupo han estado trabajando constantemente con asociaciones y organizaciones sociales, me surgió la idea de hacer algo diferente. Porque si bien estos medios de comunicación son una buena vía para darle voz a éstas asociaciones en las que todos vosotros estáis trabajando, también son una buena experiencia periodística, en mi caso la primera. Por eso, al ver que mis compañeros trabajaban con organizaciones sociales, me decidí por tratar un tema más cultural, y me puse a pensar qué temas culturales me interesaban, y cuáles eran de fácil acceso para mí, y rápidamente me decidí por la música. Así comencé mi andada para intentar conseguir una entrevista o un reportaje sobre algún artista o grupo musical que fuera afín a los intereses del medio. En primer lugar estuve intentando hacer una entrevista al grupo valenciano de rap Los Chikos del Maíz que tocaron en la Sala Capitol hace poco tiempo. Los elegí debido a la similitud ideológica que tienen con el medio, ya que son unas de las figuras más representativas de la cultura antisistema contemporánea. Sin embargo, tras muchas idas y vueltas, correos enviados y recibidos, etc. fue imposible concretar una entrevista debido a la escasez de tiempo con el que contaron. Proseguí mi búsqueda y me surgió una nueva oportunidad: el concierto del coruñés Xoel López en A Estrada. Al ser Sermos un medio hecho para el ámbito gallego, creía que sería muy interesante entrevistar a una de las figuras más importantes del panorama musical gallego. Y, tras varios correos, conseguí entrevistar a Xoel. Decir que es una persona fantástica sería quedarme corto, ya que tanto él como su representante Cristina en todo momento hicieron todo lo posible para facilitarme mi trabajo. El resultado fue una entrevista de media hora que podréis ver en los próximos días transcrita y publicada en Sermos. Esa ha sido mi andadura hasta ahora, pero espero que no sea el final de mi historia con este medio, ya que creo que mutuamente tenemos mucho que ofrecernos, tanto a mí como a cualquiera de mis compañeros.

T4C

Preferentes. ADICAE: Defendendo ao vecindario

Malia levar en funcionamento 25 anos e malia xurdir nun primeiro momento en Aragón, ADICAE é agora mesmo o símbolo na defensa dos dereitos dos consumidores no que materia bancaria se refire. Anteriormente xa tivera que tratar temas como a estafa de AFINSA e Fórum Filatélico, pero agora, coa crise económica e financeira que asola o noso país, ve incrementada a súa actividade.

Con numerosas delegacións espalladas por todo o territorio nacional, esta asociación gaña cada vez máis presenza nos medios de comunicación, chegando a liderar algunhas mobilizacións convocadas polos afectados polas preferentes.
Por este motivo entrevistamos á sua responsable en Santiago de Compostela, Eugenia Mariño. Dende a súa sé na Avenida Vilagarcía de Arousa, Eugenia explicounos o labor da asociación nestes momentos. Conta que antes do estoupido da crise, unicamente os seus socios recibían información sobre a seguridade dos distintos produtos financeiros. Agora, ademais de informar vía e-mail aos seus socios, tamén publican nas súas páxinas web todo tipo de materiais cos que pretenden informar dos novos avances nas negociacións co Goberno tanto no tocante á lei hipotecaria como ao caso das preferentes. Ademais, convoca foros de libre acceso aos que pode acceder todo cidadán, así como diferentes manifestacións en puntos simbólicos para esixir unha solución aos problemas xurdidos.

O único que non mudou e a defensa ou representación do consumidor nas demandas presentadas por ADICAE. Segue sendo preciso facerse socio, abonando unha cuota que garante o funcionamento da organización (ante a cada vez menor subvención que recibe do Estado).

Con todo, o seu labor á hora de asesorar e coordinar un movemento integrado por persoas con escaso coñecemento sobre os produtos financeiros está a ser moi destacado. Co sistema de consultas personalizadas e coa súa publicación online (http://laeconomiadelosconsumidores.adicae.net) logran informar dun xeito claro aos afectados. O seguinte paso é a reivindicación dos dereitos. O seguinte, o seu recoñecemento.

S1E

Sermos Galiza: Daqueles tubos, estes lodos

Esta semana entrevistamos ao presidente de ADEGA – A Coruña e portavoz da Plataforma pola Defensa da Ría do Burgo. Chámase Angel Sotillo e é de Carral. ¿Por qué vivindo en Carral segue tan de cerca a problemática da Ría do Burgo? Pois porque naceu en Culleredo e observou cando era rapaz todos os vertidos da fábrica da Cros e o aumento do número de habitantes esaxerado que se daba na zona.

Falando con él, amosounos un punto de vista bastante optimista sobre a situación. El sostén que os vertidos reducíronse en torno a un 75% nos últimos anos. A razón, desmantelouse a fábrica de aceites Bunge, a cárnica de Conchado veu reducida a súa actividade como consecuencia da crise, a fábrica da Cros leva pechada máis de 15 anos etc. Pero, sobre todo, os  residuos urbanos xa non se verten directamente á Ría. A depuradora de Bens aínda que con 5 anos de retraso, supón a principal solución para evitar que os lodos se acumulen ata superar os 1,75 metros. Parece mentira, pero é certo. Os propios eurodeputados que viñeron trala petición feita pola Plataforma o comprobaron. Eles síntense estafados porque a UE reservou partidas dos presupostos para a rexeneración da Ría e resulta que, ante o conflito de competencias entre a Administración Autonómica, Central e Municipal, non se puido levar a cabo ningunha delas. ¨Sen embargo, si hai cartos e entendemento para ampliar Alvedro¨ di Ángel.

¨A consecuencia de todo isto é que mentres que nos anos 80 había un total de 4000 persoas que se adicaban ao marisqueo na Ría, agora só teñen licencia 75¨. O potencial da Ría como fonte de riqueza ben sexa a través da propia actividade pesqueira ou como foco de turismo cun paseo marítimo que pouco lle ten que envidiar ao da Coruña, é enorme. Sen embargo, os únicos que protestan pola situación son os grupos integrados na Plataforma. Entre eles, asociacións de veciños, a CIG, o Clube de Regatas de Perillo, ADEGA ou a Confraría de Pescadores da Coruña. Precisamente será o seu patrón maior, Manuel Cao, o seguinte en falar con nós.

T4C

Baixando á realidade

Tras varias semanas estudando o conflito das preferentes, as súas características e a súa fradulenta comercialización, por fin comezamos a realizar entrevistas a afectados.

Unha cousa é coñecer os casos que aparecen nos medios e outra cousa tratar cos afectados. En canto nos damos conta de que son seres de carne e oso, máis aló do que nos amosan as cámaras, resulta imposible non sensibilizarse coa causa. Por uns minutos deixan de ser unha masa de xente que reclama a vía da arbitraxe irrompendo nos plenos dos concellos para convertirse en xubilados que depositaron gran parte dos seus aforros nuns produtos financeiros de alto risco dos que non tiñan ningún tipo de coñecemento. Así, dámonos conta de que non reclaman o seu diñeiro pensando no seu futuro. Non. O necesitan para coidar dos seus fillos que están no paro ou para gardarse as costas se isto sucede.  A impotencia que sofren ao verse estafados deste xeito é tremenda e a nosa presenza convértese nunha oportunidade para dicir todo o que pensan. Vacían toda a rabia ao atopar uns oídos dispostos a escoitar e a empatizar con eles.

Por outra parte, tamén temos concertada unha entrevista para a próxima semana con ADICAE – Galicia. Trátase dunha asociación adicada ao asesoramento gratuito e á defensa dos intereses dos consumidores de produtos financeiros. Alí nos falarán de cómo se poñen en contacto cos afectados, cómo celebran as xuntanzas, cómo consiguen explicar o funcionamento de produtos tan complexos a persoas cunha escasa formación no tema etc.

Algo que nos chamou a atención, ademais do gran número de afectados que hai en todo-los lugares de Galicia, é a súa accesibilidade. Non poñen ningún tipo de pega dende o momento en que contactamos con eles. Saben que esta información se vai empregar para un traballo e que será coñecida polos compañeiros. Sen embargo, non poñen pegas. O mesmo ocorre con ADICAE. Estas facilidades concedidas agradécense porque nalgunhas ocasións brillan pola súa ausencia.

S1E

A pé de rúa

Esta foi unha semana intensa para o noso grupo. Falando fai unhas semanas co director de SermosGaliza, Xosé Mexuto, suxerímoslle como práctica no xornal facer unha serie de entrevistas ás persoas afectadas polas preferentes e subordinadas de Santiago. Cada día publícanse nos medios de comunicación as últimas novas sobre este fraude, as mobilizacións que levan a cabo os afectados para divulgar o seu problema, que os escoiten e que lles ofrezan unha solución. E, dende o primeiro momento, o xornal co que colaboramos seguiu con especial interese toda a evolución deste asunto.

Elaborando estas entrevistas, queremos aportar a cara más persoal de todo este fraude, a das persoas afectadas. Persoas que teñen nome e apelidos e unha voz que esta desexando facerse ouvir. Sen perder máis tempo, a comezos de semana acudimos a sucursal bancaria de Novagalicia Banco, situada na Praza de Galicia da cidade compostelá, pois nese lugar reúnense varios días a semana un grupo de persoas afectadas polas preferentes. Alí fomos, gravadora en man, dispostos a falar coa xente, a escoitarlles e a que nos contaran a súa historia.

Pero para a nosa sorpresa, máis dispostos que nós estaban eles por falarnos do seu caso, por que se coñecera o motivo polo que eles cada día manifestábanse as portas do banco. Estas persoas, a maioría de elevada idade e xubilados, depositaran sen sabelo os seus cartos, os seus aforros de toda a vida, en preferentes. Firmaran os papeis sen saber moi ben o que firmaban, guiados polo traballar da sucursal no que tiñan confianza. Non é unha conto novo, non? Pero detrás de cada historia hai unha desesperación e unha impotencia grandísima. Carme, Carlos, Manuel, Ana… saben que os seus cartos non os darán recuperado por completo, e se algún día o conseguen, ese diñeiro non lles poderá curar todo o sufrimento polo que están pasando a día de hoxe.

 

Veciños pola causa

O noso grupo de seminario está a estudar a organización e a comunicación entre os afectados polas preferentes. O que puidemos coñecer durante este tempo é que as plataformas de afectados polas preferentes en Galicia  xurden dende abaixo, pola acción dos veciños afectados. Falan entre eles, decátanse da existencia destas plataformas a través dos medios e se unen a elas. Logo recoméndanlle a conocidos (tamén afectados) que se sumen aos actos que organizan. Nelas celébranse xuntanzas nas que, ou ben entre eles toman as
decisións sobre as vindeiras movilizacións ou ben falan con responsables de asociacións como AGAPROFI, que se encargan de informar de cómo vai a situación.

A súa toma de decisións é asamblearia, acordando horarios e actividades segundo os intereses dos integrantes. Por este motivo pode chegar a semellar unha falta de coordinación entre elas. Pero é que a súa esencia é a horizontalidade e o recoñecemento dos problemas dos afectados como propios. Mesmo os que actúan de enlace entre a plataforma e a prensa son persoas que están a vivir o problema moi de preto. O portavoz da plataforma Compostela, Xesús Domínguez, ten unha clínica dental, pero non dubida en sumarse ás protestas ao ver que os aforros do seu pai quedan atrapados nas preferentes. Isto non impide que haxa casos de colaboración por parte de persoas non implicadas no problema.  O secretario xeral de AGAPROFI, Xosé Antón Pérez Lema, malia ter o seu propio despacho, non dubida en ofrecer asesoramento gratuito ás plataformas.

Quizais estes movementos non poidan permitirse o luxo de reunirse nun lugar para manifestarse de forma conxunta. Xamais chearán a Plaza do Obradoiro ou de María Pita para reclamar unha solución. Pero sí que poden reivindicar a devolución dos seus cartos ás portas das sucursais que lle venderon o produto financiero. De feito fano, semá tras semá e logrando que os medios tradicionais os inclúan nas súas páxinas.

Poñendo o altavoz

Parece que teñan que acontecer sucesos desagradables coma o suicidio de persoas para que a cidadanía tome conciencia dos problemas da sociedade. É a acción, seguida de reacción (coa movilización cidadá) e repercusión (de fora que chegue ás altas esferas e que procuren resolver os problemas).

Para evitar situacións tan lamentables, resulta necesario a existencia de medios alternativos que realicen  entrevistas e reportaxes de contido alternativo e cun maior interese humán. Precísase dar voz aos colectivos máis desfavorecidos e que, por resultar minorías, quedan excluídos das axendas dos grandes medios.

Sermos galiza pretende precisamente isto. Dar voz a aqueles que endexamais aparecerían nos medios salvo para informacións tráxicas.

Tras falar con Xosé Mexuto, o director do medio, este deunos liberdade á hora de escoller tema. Iso sí, unha das súas consignas foi que tentaramos dar cabida ao maior número de fontes posibles e que nutríramos a peza de contidos fotográficos. Tamén nos insistiu moito na importancia de que os textos foran concisos e de áxil lectura.

Os protagonistas das nosas entrevistas e reportaxes serán persoaxes do noso entorno de certa relevancia coma portavoces de asociacións ou entidades deportivas. Pero, se queredes que a asociación coa que colaborades teña ese oco necesario para sensibilizar á sociedade, non dubidedes en falar connosco. Sermosgaliza encargarase de poñer en coñecemento dos seus lectores a situación particular de cada un de vós.

T4C

Ilustrar as cifras

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/03/01/afectados-preferentes-echan-cara-alcalde-falta-soluciones/0003_2013031362140606370757.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/03/01/afectados-preferentes-esperan-3-ex-directivos-ncg-juzgados/0003_2013031362131861157427.htm

Nun mesmo día aparecen dúas noticias relacionadas co asunto das preferentes. É a tónica habitual.

Nos medios dánse cifras, fálanse das axudas procedentes de Europa que reciben as entidades que máis comercializaron estes productos, recóllense os berros e insultos de xente desesperada que procura recuperar unha parte do seu diñeiro e se falan dos soldos que percibían os directivos das caixas nacionalizadas.

Sen embargo, o tratamento outorgado impide coñecer a situación particular dos afectados. Na meirande parte dos casos non se trata de inversores que operan regularmente a través da bolsa á procura dun beneficio a curto plazo. Tampouco se trata de xente algo máis prudente que estes e que deleguen a súa responsabilidade en fondos de investimento. Son persoas que, por idade, ben podería ser calquera dos nosos avós. Os mesmos que pasaron as penurias da posguerra, que doblaron o lombo durante horas e horas para alimentar á familia. Eses que agora aloxan aos seus familiares nas súas vivendas cando estes non poden facer fronte á hipoteca.

Por iso, nós trataremos de achegar mediante as entradas individuais e a seguinte entrada do grupo casos particulares do noso entorno. Daremos conta da situación de varios afectados cos que temos previsto contactar e intentaremos manter unha conversa cun dos responsables da plataforma de afectados polas preferentes.

Trátase, en definitiva, de poñerlle cara á situación, algo que se tende a perder cando di que ¨miles de personas se manifestaron¨ ou ¨grupos de afectados por las preferentes se concentraron a las puertas de la sede…¨.

S1E