Arquivo do blog

Un galego en Sevenoaks

eloi1O termo emigrar é, sen dúbida, un referente histórico para as e os galegos. Mais hoxe, quero falar do galego emigrante actual.

Eloy Vidal é un mozo de Bexo que, aos seus 26 anos, emprendeu rumbo a Sevenoaks o pasado verán, lugar no que actualmente reside.Tiven que a sorte de poder poñerme en contacto con el e que me contara a súa historia.

Cales foron os motivos polos que decidiches irte para Reino Unido?

Estaba sen traballo e tiña a necesidade de saber o que había fóra do mundo. E se as situación laborais eran como en España, ou pola contra, podería irme mellor.

-Como foi a experiencia no novo lugar?

A experiencia foi boa. Coñecín a moi boa xente que me aceptou case sen saber o seu idioma, o que aprendín traballando con ingleses e escoceses na cociña, cas súas continuas correccións…

Pero prefiro Galiza en canto á vida, o clima,….Por exemplo, a comida aquí é a que peor me encontrei.

De que traballas?

Coidando a un neno pola semana e de camareiro nos fins de semana.No meu traballo estou moi contento. De camareiro levo uns meses e xa me cambiaron de sección para unha mellor. O bo do traballo en Reino Unido é que as posibilidades de ascender son moi grandes, e as condicións laborais son mellores.

-O sentimento de morriña, a ausencia dos familiares e dos amigos,… que me podes dicir diso?

A morriña é algo co que aprendes a convivir cando estás lonxe da túa xente. Aínda que ás veces, é inevitable botar en falta á familia e aos amigos cos que medraches.

-Tes algún coñecido ou amigo que estea na mesma situación ca ti?

Si. Hector, un amigo de toda a vida, que tamén está aquí en Sevenoaks. El xa leva dous anos e veu porque lle frustraba o seu traballo de camareiro en Galicia con apenas días libres. Agora está traballando catro días e estudando para ascender no seu traballo. É algo moi común aquí, que a empresa pague un entrenamento para que poidas ascender.

-Cales cres que son as principais diferencias entre a economía de Galicia e a de Reino Unido?

Aquí os soldos son máis altos que en Galicia, sobre todo para a xente licenciada. Os prezos e os impostos tamén son máis altos e as condicións laborais mellores. O paro onde vivo eu é dun 4%, mentres que en Galicia é dun 22%, máis ou menos.

-Cres que moitos mozos seguirán tornando se esta situación segue así?

Moitos iranse e en Galicia só quedarán políticos, funcionarios e poucos máis, por desgracia.

-Cando tes pensando retornar?

Vou volver en maio e intentar traballar en Galicia algo no verán, pero non descarto volver para aquí, ou para outro país no futuro, se a crise segue avanzando.

eloy

GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

Galegofobia

Cheguei á Cidade da Cultura na procura de información relevante para o seguimento do traballo dos meus compañeiros. Dirixinme ás mozas que sentadas diante dun computador, observaban pasar o tempo. A súa cara de sorpresa foi a mesma que a miña, cando as vin chegar con toda aquela cantidade de libros….máis logo, chegou a idea.

Ao longo do século XIX os antigos tópicos despectivos herdados dos tempos coloniais e máis ou menos transplantados da Península, cobraron novas dimensións e, sobre todo, unha reactualizada capacidade de verosimilitude. A arribada masiva de inmigrantes galegos procedentes das zonas rurais, que, ademais, eran analfabetos, de escasa cualificación e bagaxe formativa, fixo que aquelas imaxes negativas se reactivasen e adquirisen novos significados.

Segundo Xosé Manuel Núñez Seixas, os galegos emigrados na Arxentina presentaban máis dun paradoxo. Os seus trazos étnicos distintos de orixe, eran caricaturizados:”Como podían chegar españois que baballaban o castelán con sete vogais e sen disterar gato de jato?”. Os arxentinos non entendían: os inmigrantes galegos falaban incorrectamente o castelán, non por ignorancia, senón por posuír outra lingua materna.

Así pois, recuperamos os testemuños de Claudio Fernández, chegado no 1905 a Bos Aires; do escritor Miguel Toledano e do xornalista francés Jules Huret.

Doutra banda, interpretamos a opinión dun amigo crioulo verbo da súa mucama*

A alternativa era negar a galeguidade de orixe, ou reafirmarse nela e secundar os motivos de orgullo para ser galego.

Para a maioría dos inmigrantes “ser galego era ser máis español que ninguén”, non obstante había unha colectivo de emigrantes que optou pola vía contraría: loitar polo galego.

analfabeta

*NOTA:

-mucama: persoa encargada do servizo doméstico

-encopetada: pertence a unha clase social alta / que vai moi ben vestida

NÚÑEZ SEIXAS, Xosé Manoel (2002). O inmigrante imaxinario. Universidade de Santiago de Compostela: Servicio de Publicación e Intercambio Científico.

GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02