Arquivo do blog

Tinta Roja, Francisco J. Lombardi

Con este tráiler gustaríame que vos entrara a curiosidade de ver a película, si non é así, antes de soltar as miñas conclusións sobre a película, aí van algunhas perlas que nos deixan os seus personaxes:

descarga (1)

 

–          “El periodismo, como la prostitución, se aprende en la calle.”

–          “Vas a ser periodista, carajo, periodista, el cuarto poder y a veces somos el primero porque en este país la gente se caga de miedo.”

  –          “Nunca juzgues, ten compasión.”

–          “A veces es bueno hablar de lo que a uno no le gusta.”

–           “Titulares buenos hay todos los días, padres  – por cabrones que sean –  sólo uno.”

O primeiro que me chamou a atención da película foi a evolución do personaxe principal, Alfonso Fernández. Chega a redacción querendo facer espectáculos, acaba de prácticas na sección policial. Nun principio detesta e critica ao seu xefe, Saúl Faúndez, para rematar admirando e repetindo as súas mala prácticas.

Por outra parte tamén gustaríame destacar como a ambición por firmar exclusivas se apodera do reporteiro e deixa atrás os seus ideais por prácticas indignas para conseguir datos clasificados e fotos exclusivas.

Recomendo ver Tinta Roja e reflexionar sobre os principios profesionais e as malas prácticas.

HERNÁNDEZ VARELA, PAULA 142.D02

Política de minorías, Raquel Paiva

Antes de empezar, paréceme necesario deixar clara unha cousa, a definición de minoría:

MINORÍA: Grupo que, dentro dunha colectividade, está composto por un pequeno número de individuos.

Despois de ler a definición, o primeiro que pensei foi que, dunha maneira ou outra, todos pertencemos a unha minoría.

minorias

O tema principal do texto é como os grupos minoritarios exercen a violencia, en ocasión nomeada como terrorismo, para chamar a atención e así saír nos medios. E tamén de como outros grupos minoritarios viven en harmonía e do papel dos medios coas comunidades minoritarias.

A marxe de se as comunidades minoritarias viven en violencia ou en harmonía, a primeira conclusión que quitei é que todos pertencemos, dalgún modo ou outro, a unha minoría. Existen minoría étnicas, políticas, relixiosas, culturais, lingüísticas, económicas…

Nós, galegos, somos para España unha minoría, coa súa cultura, a súa historia e a súa lingua. E como dixo Curros Enríquez: “Non por pequeno é desprezable un idioma.”  Pois isto pódese aplicar a todas as minorías.

Creo que a clave está na tolerancia, na igualdade e na compresión. Cada un en si mesmo é unha minoría, por iso si todos nos respectamos non teríamos que falar nin de violencia nin de terrorismo nin de nada diso. A liberdade de expresión nos medios é necesaria para que isto funcione.

mafalda2derechos1HERNÁNDEZ VARELA, PAULA 142.D02

Da ilusión a…

pablo-pineda

O venres tivemos a segunda reunión coa directora, tiñamos ganas de estar cos rapaces pero antes tiñamos que pasar por certas formalidades. Firmar un contracto de confidencialidade, isto xa nolo comunicaran na primeira reunión, pero había certas cláusulas que impedían o seguimento do noso proxecto.

Isto resultou un problema. Estamos tentando solucionalo e seguir avanzando.

A marxe disto, lin algúns comentarios nos post das miñas compañeiras de grupo cos que non concordo plenamente. Entón gustaríame que escoitarades falar a Pablo Pineda, é un home con síndrome de down, é o primeiro estudante universitario europeo con síndrome de down e o gañador da Concha de Plata ao mellor actor no Festival de Cine de San Sebastián.

Adxunto dous vídeos, ambos curtos, o primeiro unha entrevista en ton máis serio e outro un fragmento de cando foi a El Hormiguero máis ameno.

Non só Pablo Pineda consegue grandes éxitos e leva unha vida independente. O venres coñecín a un rapaz con síndrome de down que estivo traballando nun banco e que vivía nun piso cos seus amigos, tamén con síndrome de down.

Espero que con estes exemplos todos nos decatemos de que moitas persoas con síndrome de down poden levar unha vida independente, sen problema e sen necesidade de tratalos de forma diferente.

HERNÁNDEZ VARELA, PAULA 142.D02

Actualidad, Isaac Joseph

Imagen

“Lo que llamamos realidad es una utopía,” esta é unha frase de Maurice Blanchot extraída da cita coa que Isaac Joseph abre este ensaio e coa que eu tamén quería empezar este post.

Para seguir falando do tempo (pasado – presente – futuro). Por unha parte fálase de que o tempo é constante e activo e por outra da non existencia do tempo. Traendo o tempo á actualizade dicir que parece que agora o tempo pasa máis a presa. A constante actualización vai da man da actualidade. Estes últimos días tivemos un exemplo moi bo, os xornais –  nas súas versións dixitais –  e os propios enviados especiais mediante as redes socias informaban ao minuto de todos os cambio que ocorrían en Kiev.

Outro punto a tratar, relacionado co anterior, é o xornalista como testigo do seu tempo. O historiador conta o tempo pasado e o xornalista conta o tempo presente. Isto, dende o comezo da profesión, é así. Pero agora este presente está caracterizado pola inmediatez e as noticias están en constante actualización.

Isaac Joseph fala de loitar contra o xornalismo de masas para lograr un xornalismo sociolóxico. Relacionando isto co que falaba anteriormente da actualización e inmediatez, ocorréseme cerrar este post cunha pregunta: ¿Ata que punto este constante actualización é boa? ¿Estaremos deixando polo camiño detalles importante?

HERNÁNDEZ VARELA, PAULA 142.D02