Arquivo do blog

Unha xornada moi especial

Tras unha breve reunión coa directora do centro de Down Compostela que nos serviu para aclarar e solucionar certos inconvenientes que xurdiran no noso anterior encontro con ela puidemos comezar a nosa terceira sesión cos rapaces da asociación. Desta vez para celebrar unha ocasión moi esperada e especial. O festival de Carnaval.

A emoción e as ganas de pasalo ben notábanse no ambiente. Os rapaces esperaban impacientes o momento en que demostrar o moito que ensaiaran e o ben que lles saia o baile que tanto tempo lles levara preparar. Como decorado un mar de guirnaldas e un coche de cartón e plástico que eles mesmos fixeran coas súas mans. Todo estaba listo para unha tarde de diversión e distraccións.

                                             Imagen

Como a propia directora do centro xa nos comentara, este tipo de actividades nas que participan todos xuntos sírvelles tanto aos chavales como aos seus familiares para esquecer por uns momentos as diferentes situacións nas que están e os problemas anexos ao Síndrome de Down.

Nesta xornada tan especial para eles e para nós puiden comprobar un pouco mellor as poucas dificultades que teñen para relacionarse entre eles e tamén para relacionarse con nós. Eles achéganse a nós con curiosidade e sempre con preguntas para tentar coñecernos mellor. Isto sérvenos para gañar confianza con eles e así poder empezar a formar parte da súa comunidade.

Para finalizar o meu post deixo un enlace onde quedan aclarados algúns dos mitos, nalgúns casos moi arraigados na sociedade, relacionados co Síndrome de Down e coas persoas que o padecen. Na miña opinión é importante eliminar os prexuízos que poidan existir na sociedade cara estar persoas xa que considero que estes son a primeira barreira que hai que superar para a integración deste colectivo.

Lamas Lamas, Estefanía 142.D03

Los quehaceres del día

La lectura Los quehaceres del día del activista mexicano Gustavo Esteva incita a la insurrección. Pero una insurrección distinta, con un planteamiento diferente. Una que nos lleve a obtener una nueva democracia, una democracia real. Una que de verdad cumpla con nuestras necesidades las cuáles Esteva resume en 5 verbos: comer, aprender, sanar, habitar e intercambiar. Estos son los ejes que deberían conformar el Estado de Bienestar que se nos ha vendido pero que cada vez se va difuminando en mayor medida entre recortes y más recortes. Hasta, algún día no muy lejano, desaparecer.

Para lograr suplir estas necesidades de las que hablamos, grupos de personas de todo el mundo conforman colectivos que, escapando de la norma del Gobierno, se inclinan por opciones más acordes a su manera de ver las cosas. Esteva nos pone algunos ejemplos como la llamada free school (educación en casa) o los jardines comunitarios dentro de las ciudades en los cuales se cosechan todo tipo de alimentos para el consumo de toda una sociedad.

                                                                    Imagen

En los últimos párrafos del texto, Esteva se centra en explicarnos la ocupación simbólica de la Plaza de la Libertad en Wall Street durante los últimos meses del año 2011.  En ella los estadounidenses se unieron para reclamar sus derechos y para decir “Basta” a las políticas del gobierno.

Otra ocupación simbólica, pero esta vez en el territorio nacional, fue la de la Plaza del Sol en Madrid de la cual también habla el autor. Esta ocupación encabezada y promovida por el movimiento 15M sirvió de germen para que en otras ciudades europeas se repitiera la misma escena. Con ella los españoles intentaron hacer visibles sus protestas contra el Gobierno y cumplieron lo que nos dice Esteva en el texto. Esto es que los ciudadanos debemos reconstruir un tejido social fuerte apoyándonos unos en otros y luchando todos juntos por un interés común. Esta será la única manera de lograr una sociedad que decida su propio futuro y sus propias normas, sin necesidad de un gobierno que nos ignore, o aún peor, que nos oprima.

Lamas Lamas, Estefanía 142.D03

Compromiso coa integración

O noso traballo coas persoas con síndrome de down e sobre todo un traballo de colaboración e compromiso. Eu ao igual que as miñas compañeiras comprometémonos a pasar con eles parte do noso tempo para chegar a entender cómo se senten eles dentro dunha sociedade que en demasiadas ocasións non deixa que se integren nela. Queremos saber cómo se relacionan entre eles e indo máis alá como se relacionan con nós durante unha serie de actividades relacionadas co ocio.

Nestas actividades as persoas con síndrome de down fanse con novas ferramentas para que poder utilizalas despois a hora de relacionarse e integrarse con persoas fóra da asociación. Pero este traballo de integración non depende só deles. Para que haxa esta integración esta debe realizarse dende as dúas partes. O resto da sociedade tamén debe exercer un papel integrador con estas persoas, se non o proceso non funciona.

Imagen

No noso caso fomos moi ben acollidas por eles dende o primeiro momento por todos eles. Nada máis coñecernos xa nos consideraron compañeiras e nós o mesmo a eles. Ese achegamento é o que nos compre para levar a cabo o noso traballo. Sesión tras sesión irémolos coñecendo mellor e eles iranse abrindo máis a nós ata que nos consideren unhas amigas máis.

O meu compromiso particular é pleno tanto co traballo como co tema que imos tratar. O meu obxectivo é coñecer a maneira en que se relacionan estas persoas e a forma en que disfrutan do seu tempo de ocio esquecéndose, por uns instantes, da situación na que viven. Unha situación de “loita” por unha integración que é necesaria tanto para eles como para o resto da sociedade.

Por todos estes motivos, e aínda máis, enfronto esta nova experiencia con moita ilusión, agardando aprender deles o máximo que me sexa posible e disfrutando con eles de todas as actividades que se realizan tanto dentro como fóra da asociación.

LAMAS LAMAS, ESTEFANÍA 142.D03