Arquivo do blog

A letra pequena, esa gran amiga

Descoñecemento, falta de tempo, vagancia … calquera escusa é boa para non ler a letra pequena. Pasa o mesmo que co de “isto non o estudo que seguro que non o pregunta”, cantos desgustos nos aforraríamos se prestásemos un pouco máis de atención!?

Evitaríamos moitas molestias tanto a nivel económico como emocional, coñeceríamos os efectos secundarios dos medicamentos, os cargos nunha póliza de seguros, as comisións dunha conta corrente, as garantías de calquera produto que mercamos e un sinfín de cousas. Pero non, preferimos vivir ó límite. Xa o dicía Bacon: “o coñecemento adquírese lendo a letra pequena dun contrato; a experiencia, sen lela”.

Pérez Capelo, S2E, 3B2