Arquivo do blog

Linguaxe Burocrático

Quen tivo algunha vez que tratar coa administración do estado? Ou coa Unidade de Xestión Académica da USC? Pois si así é, seguro que coñeces a fabulosa xerga que posúen, un linguaxe que non se entenden mesmo despois de ser explicado.

Mesmo os burócrata, eses seres malvados que están sentados fronte ao ordenador e con milleiros de solicitudes e papeis que quedan moi lonxe do entendemento humano, de feito, aínda non sei se estes seres son do mundo real. De feito, creo que a maioría dos mortais non somos quen de descodificar eses complexos mensaxes cifrados con códigos antiquísimos que nin eles mesmos coñecen. Pois así é o linguaxe que rodea todo proceso de petición formal a administración, ou como nos aconteceu durante a realización dos traballos, coas conversas co departamento de voluntariado ou coa asociación coa que colaboramos.

E o peor , non foi o traballo que nos levou comunicarnos senón que, agora boto a mirada atrás e por máis que o intento non son quen de lembrarme nin dun pouco desta lingua do descoñecido e, seguramente, cando volva verme nunha situación como esta, seguirei sen entender nada do que pidan.

Campos Gómez S1A Tit1B3