Arquivo do blog
INAUGURACIÓN SEN PINCHOS
Boas compañeir@s comuniqueir@s!
Queda con esta entrada inaugurado oficialmente o blogue deste curso 2013-2014 para a asignatura de Comunicación Interpersoal e Comunitaria. Agardemos todo vaia vento en popa a toda vela –e que “no corra el mar, sino que vuele”- o noso traballo conxunto. Recordámosvos que tedes aquí colgados os vosos localizadores grupais e individuais, e por aquí o libro de estilo que debedes seguir sempre.
Para as dúbidas que poidades ter estaremos os compañeiros do GBCP (ou “los del blog”) e o profesor Marcelo Martínez. Iso si, antes de preguntar botádelle un ollo á Guía do Alumnado, seguramente a vosa resposta estea por alí. Tedes tamén neste blogue subidos os traballos de anos anteriores, polos que podedes guiarvos nun primeiro momento.
Que non decaiga, aprendede e falade. Xa sabedes, COMUNICACIÓN!!
GBCP