Aproveitamos este último post grupal TS para dúas cousas. En primeiro lugar, para agradecer ao equipo de Cuac Fm, e moi especialmente a Mariano, a oportunidade que nos brindaron ao facilitarnos as súas instalacións para moderar un grupo de discusión no que eles mesmos tiveron voz. E en segundo lugar, parecíanos interesante compartir convosco un pequeno resumo do informe que redactamos coas conclusións deste grupo de discusión que comentabamos.
A raíz do TS, puidemos visitar as instalacións de Cuac FM para realizar un grupo de discusión coas asociacións que colaboran coa emisora. Nun principio ían a asitir catro delas pero finalmente só pudieron acudir á cita dúas: Proxecto Cárcere e Radio Prometea. Xunto con Mariano e dous membros de cada unha destas entidades, inciamos o grupo de discusión que durou aproxidamente hora e media. Durante este tempo tratamos varios puntos para coñecer mellor a experiencia das asociacións ao colaborar nun medio comunitario.
O grupo de discusión iniciouse cunha breve presentación de Radio Prometea e Proxecto Cárcere na que nos explicaron os seus obxectivos como asociación e que tipo de programa levan a cabo na emisora.A primeria (Radio Prometea), é un colectivo formado integramente por persoas con diagnóstico psiquiátrico que petende difundir terapias alternativas á medicación para tratar este tipo de enfermidades. Entre os seus obxectivos tamén está a loita polos seus dereitos así como intentar informar aos oíntes sobre a linguaxe apropiada para referirse a este tipo de persoas nos medios de comunicación.
Por outro lado, Proxecto Cárcere é unha plataforma que pretende recuperar a memoria histórica da antiga cárcere da cidade de A Coruña situada enfrente á Torre de Hércules. Está formada maioritariamente por persoas relacionadas co ámbito artístico.
Unha vez presentadas, a nosa compañeira Marta, que fixo de moderadora, iniciou grupo de discusón preguntando acerca da relación destas coa emisora, o papel que desempeña cada unha, o tipo de programa que dirixen e a implicación da emisora na decisión dos contidos.
Tanto Radio Prometea como Proxecto Cárcere. coincidiron en que “o límite está na ley”. Ambas afirmaron que a emisora deixalles total liberdade de decisión para elexir os contidos dos que van a falar. Respecto aos programas que realizan, Radio Prometea emite unha hora á semana e Proxecto Cárcere cada 15 días, onde mezclan contidos de actualidade cos seus intereses. Tamén aseguraron que poden convidar a quen desexan en calidade de invitado sin ningún tipo de limitación.
O segundo aspecto que tratamos foron as repercusións positivas de emitir un programa nunha emisora de estas características. AS dúas asociacións coincidiron na idea de que colaborar con Cuac, ademáis de ser unha oportunidade para expresar os seus intereses, porporcionoulles moitos contactos comprometidos co seu proxecto.
Finalmente o grupo de discusión desembocou nun debate sobre o papel dos medios convencionais na nosa sociedade: como a súa credibilidade descende a pasos axigantados e cómo os medios comunitarios, a ollos do cidadán común, goza de maior veracidade ao trataren temas máis próximos e menos globais e interesados. Citouse en varias ocasións o termo “medios de comunicación politizados” e falouse tamén da crise do xornalismo en xeral e da prensa en particular. Un dos membros de “Proxecto Cárcere” aseguraba non ler nunca un xornal dende que descubrira o verdadeiro funcionamento deste tipo de medios.
Pouco máis queda que dicir deste evento, unicamente resaltar o instructivo e enriquecedor que resultou para o noso traballo ter a oportunidade de compartir esa hora e media con colaboradores reais da emisora. Grazas de novo a Cuac fm por brindarnos a posibilidade de levalo a cabo.

S2C
Fontán Bestilleiro
López Pereiro
Mallo Domínguez
Pereiro Fraga